#film monsters
Explore tagged Tumblr posts
Text
Á luz do candil
youtube
Á luz do candil poden ocorrer moitas cousas. Evoca un tempo -unha época na que non existía a electricidade-, un momento -a noite pecha-, unha situación -alguén conta un conto, alguén axexa en silencio- e un xénero cinematográfico -o horror-.
O lume é unha fonte de iluminación moi interesante: a súa luz ambárica foi a primeira da que fixo uso a humanidade para chegar alí onde -ou cando- o sol non podía. Alumou aos nosos ancestros durante anos con forma de fogueira, facho ou candea. Logo chegou o combustible en forma de aceites de todo tipo e, con el, as lámpadas.
No século XVIII, Aimé Argand formulou e patentou un dispositivo que foi quen de desprazar -polo menos en certos lugares e aplicado a certas clases sociais dominantes- á lámpada de aceite. Unha nova lanterna capaz de alumar dunha maneira moito máis potente e estable durante máis tempo, canalizando a chama nun tubo de vidro: falamos do quinqué.
Posteriormente, no tempo dos grandes inventos e das grandes paixóns, de acurtar distancias, o século da mecánica, dos xoguetes e do espiritismo, tamén xorde un cambio de paradigma na iluminación dos fogares: os aceites animais son substituídos polo queroseno, un derivado do petróleo, moito máis barato pero tamén máis cómodo. Xorden os quinqués de queroseno -tamén chamados de parafina- e os candís de gas, que pechan a chama herméticamente e son máis eficaces que os quinqués. Todo isto, claro, até a descuberta e aproveitamento da corrente eléctrica, que levou toda esta liña de inventos á ruína.
É normal, entón, que a novela gótica (enmarcada nesta época de quinqués e parafinas), nai dos principais arquetipos do horror occidental, estea pragada de lanternas, lámpadas, candís e candeas. Se a noite é o fogar do terror, e a meirande parte de escenas ocorren con nocturnidade, estas fontes de luz son inevitables.
O cinema de terror, por suposto, herdará da man das historias clásicas góticas este mesmo elemento. Escenas como as que aparecen no vídeo introdutorio, nas que unha personaxe -unha dama branca, quizabes- percorre un lugar escuro e silencioso coa axuda dunha lanterna. Escenas nas que a luz da candea ilumina tenuemente o rostro de quen ousa explorar o sobrenatural e o perigoso, unha luz que dá máis medo que a propia escuridade, unha luz que muda os rostros e os deforma ao compás das sombras escuras que xenera; e, falando de sombras, aquelas que perseguen á personaxe polos muros e corredores, lenemente, pintado sobre o lenzo de luz residual que tende a candea sobre a pedra. Xa o dixemos nalgunha ocasión: toda luz produce sombras.
Que arrepío! Ademais, hai moito simbolismo arredor das candeas e dos candís: poden representar o derradeiro baluarte de esperanza contra a escuridade, contra a maldade; poden contribuír a metáforas complexas como á estratexia de manipulación da psique coñecida como luz de gas, que por certo ten unha orixe cinematográfica no filme de Alfred Hitchcock titulado, precisamente Gaslight (1944).
A luz do candil, ou da candea -para o caso cumpren a mesma función- é unha luz moi ténue, cálida e difusa. Ilumina só aquilo cara onde se dirixe, deixando, como diciamos, unha saba de luz difusa detrás. Como tal, é unha fonte de luz perfecta para ocultar nas tebras todos os elementos salvo o que queiramos destacar, pintando sobre a pantalla uns trazos que poden ser os volumes alaranxados dunha face ou dun obxecto, e así dilatar o suspense até a aparición do monstro. E incido na metáfora da pintura, porque isto non o inventou o cinema: Caravaggio xa empregaba a técnica do chiaroscuro, pola cal unha fonte de luz ilumina só aqueles elementos que nós como artistas queremos destacar, ocultando todo o demais en tons escuros e desdebuxados -no cinema usaríamos o desenfoque, cecais, para substituír este efecto- e aportando unha carga dramática que non se consegue coa iluminación plena.
Isto pódese conseguir con calquera tipo de lámpada ou candea, pero hai quizabes unha diferencia decisiva: a estabilidade. Non trema o mesmo a chama dunha candea que a dunha lámpada de aceite, que o dun quinqué ou dunha lanterna de parafina; todo depende da mecha ou do combustible, do aire ou do espazo arredor da chama... e o tremor da luz é importante á hora de reflectir, por exemplo, o medo ou as tribulacións dunha personaxe.
A nivel produción, aquí xorde o complexo: alumar toda unha escena de cinema cunha soa candea é todo un desafío para as persoas encargadas da dirección de fotografía nunha rodaxe. É sonado o empeño de Stanley Kubrick por alumar de maneira ultranaturalista o seu filme Barry Lyndon (1975), que o levou a utilizar unhas lentes moi especiais: as Carl Zeiss planar 50mm f/0.7 que, para resumir, deixan pasar moitísima máis luz que calquera outra lente. Kubrick tívoas que ir buscar á NASA, pois foran inventadas expresamente para utilizar no programa Apollo de exploración espacial.
Non todo o mundo pode botar man dunha Carl Zeiss planar 50mm f/0.7, mais hai moitas maneiras de alumar escenas con candeas e lanternas; para comezar, as propias candeas e lanternas. Poñamos que queremos rodar unha cea romántica cunha veliña no medio: precisaríamos catro ou cinco para alumar ben os rostros das personaxes, non si? E se as poñemos en ringleira, de maneira que a cámara só poda ver a que está diante? É só un tema de perspectiva.
O máis habitual, porén, é desviar a luz con reflectores cara os rostros para conseguir as sombras e o ángulo axeitado; e incluso engadir fontes de luz cálidas e ténues que complementen á vela de maneira indirecta. Nese momento, o importante é sincronizar o movemento dos focos externos co da fonte de luz en plano, ao desprazarse ou ao consumirse.
Nestas datas arrepiantes, coidádevos de ir sós polas corredoiras. Ao mellor atopades o lene fulgor dunhas candeas na distancia... mais non vos preocupedes, pois así como a luz eléctrica matou ás lámpadas de parafina, ás de aceite, aos fachos e ás candeas; tamén matou á Compaña.
Ou non?
Até o vindeiro episodio!
#Youtube#cinema#horror movies#horror cinema#horror films#horror#cinema tropes#film monsters#movie monsters#chiaroscuro
2 notes
·
View notes
Text
#marvel comics#tomb of Dracula#classic horror#universal monsters#universal studios monsters#classic universal monsters#halloween#tomorrowverse#horror films#dwight frye#bela lugosi#elsa lanchester
53K notes
·
View notes
Text
Kate Bush as the Sound Monster in Experiment IV (1986)
#Kate bush#Halloween#horror#monster#music#Pop culture#music video#film#aesthetic#spooky#1980s#1986#80s#fashion#women in music#aes#costume#bts#behind the scenes
8K notes
·
View notes
Text
Jennifer Tilly playing poker
#jennifer tilly#poker#bound#chucky#bride of chucky#seed of chucky#cult of chucky#tiffany valentine#monsters inc#stuart little#the fabulous baker boys#liar liar#music from another room#the haunted mansion#cinema#00s#2000s#y2k#horror#film#movie#1k#10k
18K notes
·
View notes
Text
#mothra#godzilla#toho godzilla#toho#toho films#toho monsters#toho studios#fairies#japanese sci fi#japanese movies#japanese culture#kaiju#toho kaiju#kaiji
48K notes
·
View notes
Text
BEETLEJUICE (1988) Directed by Tim Burton
#beetlejuice#beetlejuice film#beetlejuice 1988#beetlejuice beetlejuice#scene#scary#horror#horroredit#film#movie#filmedit#movieedit#filmgifs#moviegifs#gifs#gif#michael keaton#funny#humor#monster#tim burton#beetlejuiceedit#1988#80s
3K notes
·
View notes
Text
“2 tickets for Beetlejuice Beetlejuice pls”
#beetlejuice#funny#lol#haha#humor#meme#memes#goth#gothic#dank memes#dark humor#alternative#soft grunge#halloween#spooky#grunge#movies#tv shows#monsters#films#cinema
3K notes
·
View notes
Text
#scream#scream movie#ghostface#scream mask#horror fan#horror franchise#horror figures#horror family#horror series#horror flicks#horror film#horror#ghost#scary#scary movies#scary monsters#horror aesthetic#horror addict#scream franchise#creepy vibes#creepy aesthetic#creepycore#horror slashers#slashers#horror halloween#spooky month#halloween is coming#spooky season#moviegifs#horror movies
2K notes
·
View notes
Text
Mothra
Art by Daniel Warren Johnson
2K notes
·
View notes
Text
Person One: All Monsterfuckers have to love Studio Ghibli
Person Two: What makes you say that?
Person One:
#monster fucker#studio ghibli#howls moving castle#monster lover#monster blog#monster romance#monster lust#ghiblifilm#ghibli films#ghibli aesthetic#ghibli movie#howlscastle#howl pendragon#howl jenkins pendragon#howlsophie#monster fuqqer#monster fluff#monster fudger#monster bf#monster boyfriend#hybrid furry#hybrid creature#bird hybrid#demihumans#demihuman#harpy#meme#funny memes#monster meme#monster talks
1K notes
·
View notes
Text
(Exerpt from Eureka: Investigative Urban Fantasy.)
#ttrpg#rpg#ttrpg tumblr#ttrpg community#indie ttrpg#roleplaying#tabletop#torture#threats#horror#police#interrogation#film noir#neo noir#call of duty#cod#modern warfare#police officer#police brutality#cops#eureka#monsters#eureka: investigative urban fantasy
2K notes
·
View notes
Text
I keep coming back to this shot in Godzilla Minus One because it's basically perfect. As a classic Kaiju scale shot, it honestly can't be beat.
From the perspective of those beneath him, the only thing larger than the monster is the shadow of destruction left in his wake.
Normally the scale shot compares humans and their buildings to the monster, but in this one the monster is dwarfed by its own devastation, and I just think that's beautiful on so many levels.
#godzilla#godzilla minus one#godzilla minus 1#gojira#godzilla movies#kaiju#kaiju films#tokusatsu#monsters#monster movies#science fiction#scifi
3K notes
·
View notes
Text
A Nightmare on Elm Street 3: Dream Warriors (1987)
#a nightmare on elm street#80s horror#freddy krueger#horroredit#slasher movies#slasher horror#scary#horror movies#horror classics#slasher film#horror edit#horror film#monsters#creepy#1980s horror#horror fans#skeleton#skull#stop motion#macabre
1K notes
·
View notes
Text
Doctor Who Season 7 Minisodes
Rain Gods
#doctor who#dwedit#moffatedit#timelordgifs#riversongedit#river song#eleventh doctor#alex kingston#matt smith#userbbelcher#tvarchive#chewieblog#dailyflicks#romancegifs#otpsource#otp: stay with me#when your signature move that you've been using for over a thousand years fails to impress your wife lol#also just in case anyone asks yes this is post angels take manhattan but before the snowmen christmas special#this takes place in the offscreen adventures 11 and river had when they travelled together#as he asked her to travel with him in 7x5 after amy and rory left#this is our ONLY filmed sneak peak into those adventures#this is also one of if not my favorite doctorriver scene in the entire show#just them being married and having fun together; no monsters to fight or worlds to save; just date night gone wrong bc the doctor can't fly
1K notes
·
View notes
Text
I put together a label for my Film Noir blind bags :)) the pins just shipped to me and I hope to have them ready for the October Etsy shop update.
5K notes
·
View notes