#Vivenza
Explore tagged Tumblr posts
Photo
PRIMA PAGINA La Discussione di Oggi martedì, 21 gennaio 2025
#PrimaPagina#ladiscussione quotidiano#giornale#primepagine#frontpage#nazionali#internazionali#news#inedicola#oggi discussione#fondato#alcide#link#anno#cuore#della#democrazia#liberta#gennaio#italia#nazionale#sensibilizzare#vivenza#data#casuale#nascita#giovare#mente#colle#mentre
0 notes
Text
IGUALITARISMO.
Jean –Marc Vivenza . Le Diccionaire de René Guénon. Le Mercure Dauphinois. Grenoble 2002 p.135-136 La uniformidad engendrada por el mundo moderno es una consecuencia del Igualitarismo. Esta concepción, basado en la "cantidad*" y no en la "calidad", conduce a una negación reductora de toda verdadera jerarquía y, en última instancia, conduce a una visión en la que la injusticia es la única vencedora ya que se reduce al mínimo común denominador. En efecto, René Guénon afirma que ya nadie en Occidente "está en el lugar que normalmente le corresponde según su propia naturaleza." La causa de este desorden es la negación de las diferencias a la que conduce el igualitarismo, el resultado es una confusión social sin paralelo en la historia.
La “nivelación” como ha escrito René Guénon, produciéndose siempre por lo bajo, conduce, por un invencible efecto de arrastre, a una masificación donde lo puramente cuantitativo predomina y se convierte autoritariamente en el único criterio. Además de las influencias perniciosas de la nivelación sobre la educación y la formación de quienes deberían beneficiarse de un proceso de elevación, esta masificación conduce a las sociedades occidentales contemporáneas hacia un materialismo brutal, materialismo que es ofrecido e impuesto como el único modelo al conjunto del planeta, lo que tiene por resultado directo la caída y un "declive cualitativo" mundial extremadamente preocupante.
Guénon muestra con acierto que, además no contento con uniformar los seres, las teorías modernas basadas en la doctrina del Igualitarismo, están extendiendo esta uniformización a las cosas, creando, a través de la industrialización masiva, la masificación, la "abstracción" en serie y la cadena, ahogando a todas las sociedades modernas bajo un verdadero diluvio de bienes de consumo, bienes absolutamente u inútiles, pero que alimentan el sistema y lo conducen inexorablemente hacia la "transformación artificial del mundo". (El reino de la cantidad y los signos de los tiempos, cap. VII, "La uniformidad contra la unidad". La crisis del mundo, cap. VI, "El caos social").
0 notes
Text
Tout est conscience
Notre vision dualiste, parfaitement illusoire mais cependant inscrite nativement dans l’esprit, effectue une séparation dans les choses et phénomènes, les divisant en sujet et objet, nous rivant inconsciemment en permanence à ce mode de vision dualiste. Il faut donc nous exercer à réaliser un certain dépassement de ce mode erroné, pour que cessent de nous tromper les épaisses fumées…
View On WordPress
0 notes
Text
Vivenza – Réalités Servomécaniques(1985)
youtube
1 note
·
View note
Text
If someone is interested, I made a board in kinda hannibal core. I'm still updating it sometimes by adding more. You can send me pins or tell what do you think I guess
**it's a timeline so you can see it from childhood to current
#hannibal#hannibal lecter#mads mikkelsen#nbc hannibal#this is my design#will graham#hannigram#hannibal x will#will x hannibal#murder husbands#gay ships#my otp#pinterest#survival#timelapse#death#history#hannibal nbc#hugh dancy
1 note
·
View note
Text
Dixera algo de tempo atrás que quería facerme marcapáxinas persoalizados e este foi o primeiro.
Coñezome ben e sei que non me da para facer unha recensión, pero aínda así quero tratar de falar un pouco del e de cousas que me gustaron. Esta reunión do clube de lectura xusto me cadrou nunha etapa complicada da miña vida na que non era capaz de nada e non o puiden levar lido. Pero tamén foi o libro que me lembrou que me gusta ler e que tamén teño que priorizar o meu ocio e benestar. A autora é un amor, unha das que escribiu a antoloxía ''Alguén nos lembrará'', o cal me fixo darme conta de que me estaba perdendo de ler bolleras e digo moi en serio que pagou a pena lermas no momento no que puiden. Foi unha entrada na súa historia como a de unhas amigas cas cales te levas durante un par de meses ata que a vida vos separa e perdedes contacto. Descobrín algo da súa vida pasada coma lore das súas vivenzas do momento, entendinas e comprendinas dende unha perspectiva na que me identificaba naquelas cousas que compartimos coma experiencias e estiven con elas ata que o final do libro nos distanciou deixando únicamente o recordo e a curiosidade de como lles irá mentres espero que sexa ben.
#libreta artística#libreta de recordos#galego#galitumblr#recensión libro#avelaíñas elécticas#sica romero
0 notes
Video
youtube
Vivenza - Fondements Bruitistes (Official Music Video)
0 notes
Text
youtube
Vivenza - Réalités Servomécaniques
(1985/2009, full album)
[Industrial, Noise, Sound Collage, Futurism]
0 notes
Text
Ocho señales. Cuestión de vida o muerte, Noelia Míguez
Con motivo do 25N, os equipos de biblioteca e PIX organizamos unha charla sobre violencia de xénero con Noelia Míguez, coautora do libro "Ocho señales. Cuestión de vida o muerte", veunos dar unha charla sobre a violencia de xénero. Foi o 13 de novembro.
Ante un salón de actos cheo, con presenza de alumnado das diferentes familias profesionais do CIFP, soubo chegar ao auditorio e relatarnos a súa vivenza como vítima da violencia machista e visibilizar os sinais que a caracterizan.
Na primeira foto, vemos a Noelia Míguez (no medio) acompañada de dúas alumnas de 2° do ciclo de Promoción da Igualdade de Xénero; todas elas tiveron un papel importante na organización e desenvolvemento do acto, contribuíndo á transmisión de mensaxes tan necesarias como que a violencia de xénero é violencia machista que precisa de aliados para combatela, así como de profundos cambios estruturais.
Volverá a visitarnos o 18 de xaneiro en horario de tarde.
📚 Se aínda non liches o libro, na @biblioteca.cifpaxunqueira contamos con varios exemplares.
@noedorinda#noeliamíguez#ochoseñales#dorifuerza#nonáviolenciadexénero#pixcifpaxunqueira#bibliotecacifpaxunqueira#cifpaxunqueira
0 notes
Text
La filosofa Laura Boella: "Il futuro? niente paura"
Con-vivere festival al via a Carrara, dal 7 al 10 settembre, diciottesima edizione. Il tema di quest’anno è l’Umanità, concetto strettamente connesso alla con-vivenza, come spiegato all’ANSA dalla curatrice scientifica della rassegna, la filosofa Laura Boella: “L’umanità si lega direttamente alla convivenza, al modo in cui stiamo insieme. I confini dell’umano sono cambiati. La specie umana è…
View On WordPress
0 notes
Text
INÉS OLVEIRA MÍGUEZ
Non tiñamos nada pero eramos felices.
Este relato escrito por Inés Olveira Míguez, ten o fin de mostrar algunhas das experiencias vividas por Esther Pego Gonzalez ao largo da súa vida, poñendo especial atención a como o ambiente no que esta naceu influenciou o seu desenvolvemento.
Esther naceu o 13 de xulio de 1945 en Santa Uxía de Ribeira, máis concretamente na aldea de Frións, unha aldea con poucos habitantes e moi rural. Ela era a máis pequena dos seus irmáns, os cales lle levaban bastantes anos, polo que cando Esther tiña uns nove anos os seus tres irmáns xa non residían na casa familiar. Dende ese momento foron tres persoas as que habitaban esta casa, aínda que debido a que o pai, Francisco, traballaba no mar, a maior parte do tempo soamente convivían xuntas Esther e a súa nai Cipriana. A pesar desto, elas dúas non pasaban moito tempo xuntas, posto que Esther pasaba a maior parte do día na escola e a súa nai na fábrica, polo que a súa relación non era tan cercana coma lle houbera gustado a Esther, esta recorda momentos de gran felicidade ao lado da súa nai, mesmo facendo os labores da casa.
Figura 1. Esther, o seu pai Francisco, a súa nai Cipriana e o seu irmán Francisco.
Nota. Imaxe extraída de arquivos propios.
Aínda que ambos proxenitores traballaron sempre fora da casa, a súa situación económica non era a mellor, inclusive Esther recorda que na súa infancia houbo momentos moi duros nos que, por exemplo, faltaban cartos para comprar comida.
A relación entre o seu pai e a súa nai era moi boa, os dous apreciábanse moito e raramente tiñan peleas. Pola parte de Esther, a súa relación cos seus pais baseábase no respeto, nas súas propias palabras “había moito respeto claro, se miña nai me berraba eu non contestaba, e a meu pai xa nada, se se lle contestaba a meu pai non as quería, tiña un xenio moi pronto”. Ademáis do respeto e a disciplina severa na que basaban a súa educación, ela comenta como ningún dos dous foi violento, nin física nin verbalmente, con ela.
A pesar do gran carácter que tiña o seu pai, Esther mostra un cariño especial hacia él, expresando cousas como “meu pai cando viña á casa para min era unha festa”.
Dende moi pequena, Esther tivo que asumir unha gran cantidade de tarefas na casa, o que con gran esforzo conciliaba ca escola e, a maioría das veces, co tempo de lecer. Nos fins de semana a súa responsabilidade era limpar a súa casa e ir cas súas amigas ao rio e máis a fonte a limpiar a roupa e os utensilios da cociña.
A súa situación socioeconómica precaria e a gran cantidade de responsabilidades domésticas que Esther tivo que asumir, provocou que dende unha temprana idade tivera desenvolvera unha madurez e un comportamento non correspondente a súa idade, ainda que según ela, esto era o habitual, xa que a maioría non tiñan a oportunidade de permacer nenas por moito tempo.
Independentemente do anterior, Esther puído tamén disfrutar da infancia e das vivenzas que esta lle trouxo. Pola semana iba a escola durante case todo o día, e, despois do colexio, se a súa nai traballaba ou tiña permiso da mesma podía ir ao campo cos veciños e cas veciñas da aldea para xogar a “ser tan alta como la luna”, “jardinero”, ao né, a corda, etc.
Figura 2. Esther de pequena co seu primo.
Nota. Imaxe extraída de arquivos propios.
O ocio, ao igual que outras moitas cousas eran diferenciadas por sexos, os nenos tiñan outros xogos coma a “villa”, os cales soamente eran xogados por homes dado a que as nenas lles daba medo e “non eran para nos”.
De vez en cando podían ir ao cine ou as festas do pobo, ainda que esto último non era moi frecuente, debido a que, “non tiñamos as vacacions como tedes vos, íbamos al cole en verano”.
Sobre o tempo de lecer máis “caseiro”, este, para Esther consistía en escoitar música dunha vitrola, regalo do seu pai, na que lle encantaba poñer cancións de Antonio Molina, Manolo Escobar, Juanito Valderrama, etc., así coma xogar con bonecos. Un boneco que marcou especialmente a infancia de Esther foi o “Pepón”, un boneco de cartón, o cal ela bautizou, e debido ao seu material, destruíuse. Como conclusión sobre os momentos de ocio, Esther fai unha comparación ca actualidade, “pa vos e diferente, as muñecas xa non lles fan gracia, solo televisión e tequele tequele”.
Por máis que estas actividades de ocio non parezan especialmente entretidas, sobretodo en comparación as opcións que teñen os nenos e nenas na actualidade, Esther non mira hacia atrás con tristeza, ao contrario, en palabras dela “non tiñamos nada, pero eramos felices co que tiñamos”.
Con respeto as amizades, grazas a que a súa aldea era pequena e todos se coñecían, todos os veciños e veciñas da aldea eran amigos/as, o que ela persoalmente considera que hoxe en día non pasa. Para ela era tan fácil coma “falar con elas un pouco e xa ibamos xuntas a todolos sitios”, no que tamén influía, según ela, que eran bastante infantís, o que provocaba que non se enfadaran entre elas e non tiveran discusións, ainda que, de vez en cando tiñan riñas.
Sobre este aspecto, tamén influiu o largo tempo que moitos dos pais pasaban fora das casas, o que motivaba que moitos e moitas buscaran amigos/as para non facer as cousas sós, tales como ir limpar a roupa ou ir ao colexio. A pesar do gran apoio e axuda que estas amistades significaban para todos e todas, Esther explica que na súa época as amizades tomaban un espacio moi secundario na vida máis adulta, xa que entre a vida familiar, o traballo e as precariedades propias da vida rural daquela época en pleno franquismo, estas pasaban a un segundo plano, “ facéndonos un pouco maiores cada unha colleu o seu mozo e xa partiuse a mitade todo.”
En canto a súa breve etapa educativa, Esther empezou á acudir á escola aos nove anos, idade na que se soía empezar no colexio na súa aldea, a causa de que para as idades anteriores non había clases as que se puideran acceder coma na actualidade, “tiñas a escola e non había máis opcións”. Dende os nove anos ata os doce estivo en varios colexios de Ribeira, sendo todos estos casas con aulas moi pequenas e instalacións moi pouco preparadas e adaptadas aos nenos/as. As aulas nas que estaba Esther solían ter de entre quince e vinte nenas de diferentes idades e os nenos estaban separados noutras aulas.
Todas as escolas as que ela acudeu tiñan os mesmos materiais, sendo estes un silabario, co que aprendían a escribir e ler, unha enciclopedia con todos os contidos teóricos restantes e un caderno para facer problemas. Ela destaca que case todo o dado nas clases consistía no exercicio da memoria, polo que agora non ten moitos recuerdos sobre o dado.
O colexio non era algo que lle gustara especialmente, pero si recorda o ben que o pasaba no recreo, xa que alí podía pasar tempo cas súas amigas.
Esther: “Eu sacaba raspado todo”.
Eu: “Si?”
Esther: “Tampouco non enseñaban como ahora eh, e mais non tiñamos nada, e caso nos facían pouco, eran bos pero daban cada reglazo aos rapaces. O que tiñamos era o que che dixen, nada máis, total para o que fun a escola, a min aínda me deu a vida ir a barcelona, se non nin fu nin fa”.
Eu: “Pegabanbos?”
Esther: “Aos homes mais ben, as mulleres non nos pegaban, tamén nos tiñamos mais medo e estabamos mais atentas, aínda que no colexio das monxas si que me teñen castigado cos libros na man, como doian os brazos…, ay as monxas eran rudas”.
Todos os colexios aos que ela asistiu tiñan unha gran influencia relixiosa. Lles ensinaban a rezar, tiñan que presignarse antes de entrar e mesmo rezaban nas propias clases. En canto a ideoloxía, a súa educación veuse moi marcada polo franquismo, incluso conta con gran normalidade que “cantábamos cando era o día da guía, saliamos todos da escola, e ibamos cantando cara al sol con la camisa nueva cas banderias ata a iglesia”. Esta imposición tan forte da ideoloxía franquista nos colexios tamén afectaba a aspectos coma o idioma, nesta caso a prohibición que había naquel momento sobre as linguas que non foran o castelán. Explica que na súa casa falaba galego e que lle resultou complicado ter que falar castelán no colexio, ainda que a pesar de esta obligación ela non recorda ningún castigo por falar galego.
O final do seu camiño educativo tivo lugar entre os doce e os catorce anos, os cales os pasou en Barcelona, xa que se mudaron alí para estar máis cerca do porto base do seu pai. Ela di que ir a Barcelona lle “deu a vida”, posto que si ela seguira eses anos vivindo en Frións, debido a situación familiar e as oportunidades laborais para os menores no seu pobo, seguramente houbera deixado o colexio. Para ela a educación e máis a vida alí era bastante diferente ao que ela estaba acostumada, pese que aspectos coma a separación entre sexos e a violencia por parte do profesorado ao alumnado acontecían en ambos lugares. Alí os profesores tiñan unha forma de ensinar máis adaptada aos nenos da súa idade, ademáis de que parecían estar máis formados, as escolas tiñan unhas instalacións mellores e materiais máis diversos e preparados para o alumnado e as actividades que facían no colexio. Non todo era bo, coma os cambios na maneira de vivir alí, e en especial no aspecto da socialización, como o non poder xogar na calle como facía na súa aldea, por medo dos “golfos que andaban detrás das criaturas”, a relación non tan cercana que tiñan entre veciños, o difícil que lle resultaba formar relacións de amizade cas compañeiras ou mesmo algo tan simple coma non ter que ir á fonte a limpar a louza e facelo na propia casa e o acostumado que estaban os nenos/as de alí a non participar nas tarefas da casa.
A os 14 anos Esther volveu de Barcelona a Frións. Ela comenta:
Esther: “Deixin aqui o colexio e cando volvin xa non fun a escuela máis.”
Eu: “Houberache gustado seguir no colexio?”
Esther: “Home, eu xa tiña 14 anos, daquela o que tiña escola ata os 14 coidado.”
Eu: “Tiñades idades mínimas ou máximas para seguir no colexio?”
Esther: “A ver, empezábamos aos nove, e se cadra moita xente xa non iba a escuela, nin minimo nin maximo, se había que ir traballar ibase para traballar e punto. Quizáis con 16 os nenos seguían na escola, pero nas capitales, aquí non.”
Esther deixou o colexio en gran parte pola situación económica que estaba atravesando a súa familia, polo que tivo que empezar a traballar. O comezo do traballo a esta temprana idade era causado, entre outras cousas, pola normalización do exercicio laboral dos menores de idade e a incluso “vergoña” de que naquela época, sobretodo nas zonas máis rurais, os fillos e fillas seguiran no colexio sen axudar aos seus país, posto que se veía incluso coma “unha falta de responsabilidade e de respeto”.
O seu primeiro traballo foi nunha fábrica de pescado, xa que non tiña acceso a otro tipo de profesión. Ela encargábase de estar no conxelador limpando peixe, facendo caíxas, empacando, descargando camións, etc.
O feito de que ela xa tivera os seus propios cartos, non cambiou moito a súa vida, posto que ela non tiña control sobre os anteriores. Un exemplo simple e claro sobre esto é: “a comida e a bebida era a que era, tiñas que comer o que había” e non podía utilizar os seus cartos para cambiar esto.
A súa vida cambiou a medida que foi cumplindo anos máis que pola entrada no mundo laboral, sobre os quince/dezaseis ela tiña un pouco máis de liberdade, xa podía ir a sitios coma o “baile” cas súas amigas, onde a maioría acaban encontrando a súa parella, o que sucedeu no caso de Esther, a cal coñeceu un día de baile ao seu futuro marido. Dende este primer baile, ambos xa consideraban que estaban nunha relación, o que era moi común daquela, posto que non era habitual e incluso non se veía ben que unha muller tivera varios mozos ao largo da súa vida ou que estivera coñecendo a un home sen formalizarse como parella, o que agora é moi pouco común, e que según ela “xa non é posible, os homes xa non teñen respeto”.
Eles dous casaron moi xóvenes, tendo ela soamente dezaoito anos e tendo a súa primera filla ese mesmo ano. Ambos mudaronse a outra casa en Frións, na cal vivirían eles dous máis os cinco fillos e fillas que terían nas dúas décadas seguintes.
Figura 3. Esther e o seu marido Xosé ca súa primeira filla María.
Nota. Imaxe extraída de arquivos propios.
A situación económica da súa familia seguía sendo complicada a pesar de que ambos traballaran, ocupando os mesmos traballos que os pais de Esther, o home navegando e ela seguía traballando nunha fábrica. O patrón dos pais de Esther e dela mesma vólveronse a repetir en tódolos seus fillos/as a excepción do caso de María. Todos os demáis deixaron os estudos a moi temprana idade, influíndo aquí os dous factores que se produciran no propio caso de Esther, a normalización do traballo do menor e as dificultades económicas da familia.
Figura 4. Foto da familia de Esther na boda da súa filla Maria. A súa nai Cipriana, o seu marido Xosé, a súa filla Esther e os seus fillos Juan Carlos, Francisco e Antonio.
Nota. Imaxe extraída de arquivos propios.
A súa filla María, a maior, foi a única que se graduou en estudios superiores para traballar con maiores nas residencias, os demáis irmáns comezaron a traballar sobre os dezaseis/dezasete anos, todos os homes coma mariñeiros e a outra muller coma caixeira nun supermercado.
A pesar das dificultades da familia e o feito de que ela soa tivo que encargarse da educación de todos os seus fillos e fillas, Esther fixo todo o que pudo para formar a “persoas boas”. Todos os seus fillos homes foron foi revoltosos, intranquilos e con “ganas de festa” polo que según ela levaron unhas cantas “vareadas”, aínda que son o seu orgullo, posto que saliron xente “moi boa e traballadora”. Sobretodo recalca que lle houbera gustado que non tiveran que empezar a traballar tan xóvenes, pero “naquel momento non tiñamos outra cousa que facer”. Todos os fillos independizáronse moi pronto cas súas propias familias, salvo a máis xoven delas que a día de hoxe sigue vivindo na casa da familia, onde ela mesma tamén creou a súa propia.
No momento no que os netos e netas de Esther foron crecendo, esta seguía traballando na fábrica, Xosé xa estaba na casa xubilado e Esther estaba cada vez máis cerca de poder facelo, polo que decidiu, tamén grazas a que a súa situación llo permitía, xubilarse. E así poder descansar o seu corpo, dado que xa tiña certas dolencias físicas e quería poder coidar e pasar tempo cos seus netos e netas.
Figura 5. Esther ca súa neta Inés.
Nota. Imaxe extraída de arquivos propios.
Esther expresa que lle houbera gustado non pasar polas situacións que tivo que vivir, tanto na infancia coma a súa adultez, xa que a súa situación fixo que tivera que tomar certas decisións non moi agradables e privarse de experimentar certas cousas. Así como tamén lle houbera gustado darlle unha vida mellor e con menos responsabilidades aos seus fillos e fillas, pero actualmente está moi contenta ca súa vida e, en especial, cas persoas cas que a está disfrutando.
Figura 6. Esther na actualidade.
Nota. Imaxe extraída de arquivos propios.
0 notes
Video
youtube
Sopravvivenza e orto – come spurgare e cucinare lumache di terra prima d...
#lumache#spurgare#cucinare#spurgo#cucina#chiocciole#sopravvivenza#vivenza#orto#come spurgare#come cucinare#come#terra#condire#pioggia#carne#cibo#prima#trovare#campagnia#giardino#campi#campi incolti#piante#incolti#foglie#verdura#umide#raccogliere#cogliere
1 note
·
View note
Video
youtube
Vivenza - Le Système De La Sueur from: VA - Émergence Du Refus Vol. 5 (Émergence Du Refus, 1986)
#1980s#france#vivenza#electronic#industrial#noise#experimental#cassette#cassette culture#émergence du refus#1986
0 notes
Link
TRIPLE HEADER & SUR5VAL / LUTECE DESTROYEUSES | 26 & 27 MAI.
#Event#Roller Derby#Matchs#Bout#Triple Header#Lutèce Destroyeuses#Paris#France#Nice#Vivenza#Vicence#Encastreuses#P'tites Frappes#Rookies#French Derby
2 notes
·
View notes
Video
youtube
Vivenza – Réalité De L'Automation, 1983
0 notes