#Deputación da Coruña
Explore tagged Tumblr posts
alfredoferreiro · 2 years ago
Text
O Concello de Arteixo entregou os premios do Certame Manuel Murguía
O pasado 5 de maio celebrouse a cerimonia de entrega de premios ás 20:30 no Centro Cívico Cultural de Arteixo Agustín Agra Barreiro (2º premio), Inmaculada Núñez Núñez (3º) e Anxo Sánchez en representación de Roberto Rodríguez González (1º) O xurado, composto por Ana Cabaleiro López (representante da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega), Esperanza Luz Mariño Davila…
Tumblr media
View On WordPress
0 notes
timriva-blog · 3 months ago
Text
Compostela acolle un ciclo de cinema palestino
O público poderá ver catro filmes, dúas ficcións e dous documentais, que supoñen unha fiestra á vida, ás loitas e ás historias dos habitantes de Gaza. Un fotograma de ‘Un porco en Gaza’, de Sylvain Estibal A Fundación Araguaney-Puente de Culturas organiza en colaboración coa Deputación da Coruña o ciclo de cinema palestino Gaza en 8 mm. Comezará o día 16 de setembro, e continuará con outras…
Tumblr media
View On WordPress
0 notes
onosolar · 2 years ago
Photo
Tumblr media
📢 BOTA A LINGUA FÓRA Correlingua volve ás rúas na súa edición número 23 nun momento de emerxencia lingüística. 🏃‍♀️ Despois de varios anos nos que esta iniciativa de concienciación, promoción e normalización do noso idioma nas aulas tivo que adaptarse á situación ocasionada pola pandemia, neste 2023 recupéranse as carreiras que terán lugar en 12 vilas e cidades galegas durante o mes de maio co obxectivo de superar as cifras de participantes que chegaron en 2019 a 19.000 estudantes. O calendario de todas as actividades que conformarán esta edición foi presentado esta mañá por representantes das entidades organizadoras, A Mesa pola Normalización Lingüística, a Asociación Sociopedagóxica Galega e a CIG-Ensino no Concello de Pontevedra que tamén colabora xunto coas Deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra e varios concellos galegos. 🕸 https://www.cig-ensino.gal/nova/correlingua-volve-as-ruas-na-sua-edicion-numero-23-nun-momento-de-emerxencia-lingueistica.html https://www.instagram.com/p/Cowk0Kcsn4Y/?igshid=NGJjMDIxMWI=
0 notes
massfuentes · 4 years ago
Photo
Tumblr media Tumblr media
XXI MOSTRA DE TEATRO UNIVERSIATRIO DE GALICIA
Organiza a Aula de Teatro da USC con motivo do seu 30 aniversario e en colaboración coa Deputación da Coruña
Diseño gráfico: Gerardo Fuentes    
https://auladeteatrodausc.wordpress.com/mostra-de-teatro-universitario-de-galicia/
54 notes · View notes
victorlamela · 3 years ago
Text
Nace o ‘Club da Raíña Lupa’, un club de lectura sen complexos nin etiquetas
Nace o ‘Club da Raíña Lupa’, un club de lectura sen complexos nin etiquetas
O último venres do mes de abril terá lugar a primeira sesión do ‘Club da Raíña Lupa’, un club de lectura sen etiquetas e sen complexos que nace ao abeiro do Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil da Deputación da Coruña. Un club que parte da filosofía ‘non hai idade, hai literatura’, para extender e socializar a idea de que a LIX vai máis aló do público estritamente infantil e…
Tumblr media
View On WordPress
0 notes
rubenrial · 6 years ago
Photo
Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media
Xa está publicado “Unha Historia de Vimianzo”, o libro de ilustracións no que estiven traballando hai uns meses!!!
Este é un libro infantil que narra o pasado da xente que habitou Vimianzo, percorrendo as etapas máis relevantes da súa historia, dende o neolítico ata os nosos días, a través de 20 ilustracións e 20 textos. Trátase de representar fielmente os escenarios, o patrimonio e os acontecementos polos que pasaron estas persoas, facendo énfasis nun traballo previo de documentación que lles aporte realismo e as faga máis cercanas axs lectorxs.
Aquelxs que queirades un exemplar (gratuito), achegádevos se podedes ao Concello de Vimianzo. Os exemplares son limitados!
Ilustracións e deseño da edición: Rubén Rial. 
Textos: Manuel Rial (Técnico Municipal de Patrimonio do concello).
Encargo feito para o Concello de Vimianzo. 
Impreso pola Deputación da Coruña. 
5 notes · View notes
gatuchinhos · 3 years ago
Video
Este polo de gaivota leva enganchado (cremos que non empalado, porque non tivera sobrevivido) nun pincho antipombas dun edificio de Fonteculler (ó lado da estación de servicio de Repsol) dende onte á noite. Os pais andan revolando arredor pero non poden sacalo, e se non pode saír pronto, morrerá de inanición ou deshidratado. Os veciños do edificio non colaboran, e o dono do piso máis preto non está localizable para acceder a onde está (e xa se lle viu anteriormente tentando matar ós pichóns que aniñan no tellado, polo que tampouco podemos contar coa súa colaboración). O concello de Culleredo di que non ten a obriga de intervir e que non teñen servizo de recollida de aves (nin protexidas nin sen protexer), aínda que alardean públicamente de ter un dos mellores observatorios de aves de Europa e que hai unha directiva que os obriga a ter un servizo de recollida de aves por lei. A policía local, que non ten competencia. O Seprona, que levan asuntos de maltrato animal, non animais feridos. Os bombeiros, que non poden actuar a nivel particular, só por emerxencias (humanas). Os do centro de Recuperación non poden facer nada sen unha petición do Concello, e tampouco teñen medios para un rescate destas características. Medio Ambiente da Deputación da Coruña infórmanos que non teñen medios tampouco, pero que o Concello sí ten a obriga de asistir ás aves, tanto silvestres coma domésticas; e que se non teñen medios propios, deben de contratar a unha empresa que poida descolgarse ata alí para rescatar ó pichón. Como podedes ver, chamamos a tódalas portas, pero necesitamos facer forza para que o Concello cumpra coa súa obriga e rescate á gaivotiña. ¡Por favor, difundide e axudádenos! https://www.instagram.com/p/CRUcqQKCuL7/?utm_medium=tumblr
0 notes
Text
Tumblr media Tumblr media
Encontro co Secretario de Estado de Memoria Democrática
Esta mañá a A.C. Memoria Histórica Democrática, invitada pola Delegación do Goberno, en A Coruña, estivo presente no Encontro mantido entre o Secretario de Estado da Memoria Democrática, Fernando Martínez, a Subdelegada do Goberno, María Rivas e varias Asociacións e Fundacións Memorialistas.
Valoramos moi positivamente o contido da reunión e as extensas explicacións que do proxecto de Lei da Memoria Democrática deu o Secretario de Estado, e de todas as posibilidades de aplicación desta norma legal como vehículo de recuperación, reparación, pedagoxía e prevención para a non repetición de feitos que deixaron tráxica pegada na historia deste país e dos seus habitantes. Así como da súa extensión orzamentaria e do protagonismo das distintas institucións para levalo a cabo.
Tivemos oportunidade de abordar temas importantes para a nosa Asociación e a nosa Comarca, que xa planteáramos ao Secretario de Estado, nun encontró virtual o pasado día 2, convidados pola Agrupación Socialista Ferrolá, como son o demandado Centro de Interpretación da Memoria que o Concello de Ferrol se comprometeu a manter no Castelo de San Felipe, no seu acordo plenario de abril de 2017, froito dunha vella solicitude nosa do 2015 e dunha Moción do G.M. Socialista.
Tamén o tema de recuperación e dignificación dos Cemiterios do Norte de África onde descansan moitos mariños republicanos, boa parte deles galegos e ferrolterráns.
Mañá estaremos tamén presentes no Pazo de Meirás, na firma do Convenio de Usos, entre o Estado, a Xunta de Galicia, A Deputación de A Coruña e os Concellos de A Coruña e Sada, acto ao que asistirá a Vicepresidenta do Goberno e Ministra da Memoria, Carmen Calvo.
0 notes
north-explorer · 4 years ago
Photo
Tumblr media
El día llegó... y ya estamos aquí.... Os esperamos en el mundo de las "sensaciones por vivir" de North Explorer.... Montaña Palentina, Costa da Morte o la Serra da Capelada,.. son algunos de los espacios donde os guiaremos en multitud de vivencias desde mañana 1 de Julio, síguenos en nuestras RRSS o página WEB: www.northexplorer.es y elegid donde y cual os apetece vivir. También damos la bienvenida a nuestras nuevas compañeras de trabajo que a buen seguro much@s conocéis con el que completamos el equipo humano de esta familia..... 🤫 pero mejor esto lo contamos mañana ⏳👀👀 #hemosdadolavueltaalcalcetin #TurismoSeguro #CuidateCuidanos Galicia Senderismo Página: Galicia Senderismo Concello de Camariñas Concello de As Somozas Salinas de Pisuerga Ayuntamiento de San Cebrian de Muda Ayuntamiento de Velilla del Río Carrión Hotel Molino de Salinas Posada Santa Maria la Real Cafe bar playa Hotel Playa de Camariñas Luxevan Doctor Aventura 360º Objetivo Trail Norterapia Camp Base Outdoor Earth360 Corax Fauna Reserva del Bisonte Europeo "Bison Bonasus" San Cebrián de Mudá" Museo Herminio Revilla Visit Montaña Palentina Palencia Turismo CASTILLA Y LEÓN ES VIDA O Camiño dos Faros Serra Da Capelada Turismo da Deputación da Coruña Turismo de Galicia Bien hallados en el Paraíso !!!..... cuantas ganas. https://www.instagram.com/p/CCE4V0hj2Iu/?igshid=120h9ouit1u8c
0 notes
lacronicacoruna · 5 years ago
Text
Oleiros y Sada desprecintan sus pistas polideportivas para permitir el deporte individual
Tumblr media
Ayuntamientos como Oleiros y Sada han procedido a desprecintar sus pistas polideportivas cubiertas para permitir a los vecinos la habilidad del deporte individual, aunque la medida no se ha implantado todavía en todos los municipios del ámbito.
En el caso de Oleiros entienden que estos espacios pueden estilarse perfectamente por personas en solitario y en Sada ayer manifestaban estar preparando todo para habilitar sus zonas. La medida fue recibida con reacciones desiguales entre la población, alegando que podría suponer un peligro de contagio.
Con más reparos se muestran en Culleredo, Bergondo y Cambre, donde los alcaldes señalan que las pistas deportivas todavía no se van a destapar al manifiesto. Alegan que la reglamento obliga a usarlas con cita previa y solo permite a dos personas en la instalación por un tiempo menguado, por lo que ven “muy complicado” regular esta habilidad e implantar un sistema “justo” para todos los vecinos y usuarios de estos recintos de ocio y actividad física.
En el caso de Carral, los responsables municipales se encuentran valorando la posibilidad de destapar estos enclaves en las próximas semanas, por otra parte de otros espacios como la biblioteca locorregional.
Obras de la Diputación
Por otra parte, el Ayuntamiento de Oleiros pondrá a disposición de la Diputación el suelo necesario para ampliar la carretera de titularidad provincial que une Santa Cruz y Montrove, a la mérito del pazo de Lóngora. El Ejecutivo municipal consiguió estos terrenos mediante un acuerdo con los propietarios.
“Hai un tramo xunto ao pazo de Lóngora que é estreitísimo, moi perigoso tanto para peóns como para vehículos. Falamos cos propietarios e imos poñer a disposición da Deputación o solo necesario para ampliar a estrada e crear beiravías”, apuntó el corregidor, Gracia García Seoane.
from La Crónica Coruña https://lacronicacoruna.com/oleiros-y-sada-desprecintan-sus-pistas-polideportivas-para-permitir-el-deporte-individual/
0 notes
lacronicacoruna1 · 5 years ago
Text
Oleiros y Sada desprecintan sus pistas polideportivas para permitir el deporte individual
Tumblr media
Ayuntamientos como Oleiros y Sada han procedido a desprecintar sus pistas polideportivas cubiertas para permitir a los vecinos la habilidad del deporte individual, aunque la medida no se ha implantado todavía en todos los municipios del ámbito.
En el caso de Oleiros entienden que estos espacios pueden estilarse perfectamente por personas en solitario y en Sada ayer manifestaban estar preparando todo para habilitar sus zonas. La medida fue recibida con reacciones desiguales entre la población, alegando que podría suponer un peligro de contagio.
Con más reparos se muestran en Culleredo, Bergondo y Cambre, donde los alcaldes señalan que las pistas deportivas todavía no se van a destapar al manifiesto. Alegan que la reglamento obliga a usarlas con cita previa y solo permite a dos personas en la instalación por un tiempo menguado, por lo que ven “muy complicado” regular esta habilidad e implantar un sistema “justo” para todos los vecinos y usuarios de estos recintos de ocio y actividad física.
En el caso de Carral, los responsables municipales se encuentran valorando la posibilidad de destapar estos enclaves en las próximas semanas, por otra parte de otros espacios como la biblioteca locorregional.
Obras de la Diputación
Por otra parte, el Ayuntamiento de Oleiros pondrá a disposición de la Diputación el suelo necesario para ampliar la carretera de titularidad provincial que une Santa Cruz y Montrove, a la mérito del pazo de Lóngora. El Ejecutivo municipal consiguió estos terrenos mediante un acuerdo con los propietarios.
“Hai un tramo xunto ao pazo de Lóngora que é estreitísimo, moi perigoso tanto para peóns como para vehículos. Falamos cos propietarios e imos poñer a disposición da Deputación o solo necesario para ampliar a estrada e crear beiravías”, apuntó el corregidor, Gracia García Seoane.
from La Crónica Coruña https://lacronicacoruna.com/oleiros-y-sada-desprecintan-sus-pistas-polideportivas-para-permitir-el-deporte-individual/
0 notes
alfredoferreiro · 2 years ago
Text
Víctor F. Freixanes e Bibiana Candia
Víctor F. Freixanes e Bibiana Candia
Victor F Freixanes e Bibiana Candia na livraria Lume, em 28 de julho de 2022.
Tumblr media
View On WordPress
0 notes
praza-teatro · 5 years ago
Text
ESCENAS DA MEMORIA (a propósito de “Despois das ondas”). Por Iván Fernández
Despois das Ondas é unha produción de Butaca Zero que tiven a ocasión de poder ver o pasado 11 de outubro, no Auditorio Municipal de Vigo, logo da súa estrea absoluta o 3 de maio na Coruña.
Esta produción xorde do texto homónimo de Ernesto Is (Xixón, 1988), premio Rafael Dieste de textos teatrais no 2017 e publicado pola Deputación da Coruña. Este premio, ademais consta dunha dotación económica que axuda á produción escénica do texto, grazas ó cal temos a sorte de poder ver en escena a vida de María Casares, actriz emblemática francesa de orixe galega, e na memoria da cal se entregan tódolos anos os premios teatrais co seu nome.
Tumblr media
Temos memoria? Esa puidera ser a pregunta que un se faga tras ver Despois das ondas. Onde está, a memoria dos finados, dos exiliados, de María Casares? Esta produción, levada a cabo por un equipo ben mozo pero con ampla experiencia xa nas táboas, mostra a memoria a través da beleza poética do texto (adaptado polo propio autor), transformada para a escena cunha linguaxe fílmica (“un filme feito en directo”, reza o cartaz) e audiovisual, con sons e xogos lumínicos que salientan a poética do texto, o xogo da memoria en que se mete a propia María, protagonista única e absoluta da peza.
Única? Ben, están María e as súas lembranzas, a memoria da súa nai, do seu pai (Santiago Casares Quiroga, temos memoria?), da súa experiencia como refuxiada dunha guerra que a leva ó exilio, a memoria do amor e, sobre todo, a memoria do teatro. Aparece María nesta produción coma o enorme animal de teatro que era, a través do desdobramento do personaxe en dúas: a María que retorna, por primeira vez, a España; a María nena e moza que revive esas lembranzas, repasadas pola viaxeira María nun tren que a trae de volta do exilio.
A primeira, a eterna viaxeira, é interpretada por Belén Constenla nun traballo de mímese absoluta co personaxe real. A segunda, é interpretada por Nerea Brey cun traballo de tremendo esforzo físico, pasando polas alturas e baixuras das memorias da moza María, a humanidade do mito. Ambos traballos están apoiados polo baile de personaxes que interpreta Sonsoles Cordón, sombras (algunhas anónimas, outras suxeridas) que interactúan con María na recreación das súas lembranzas.
O traballo das tres actrices vese apoiado polos elementos audiovisuais, un enorme aparato técnico que deciden mostrar espidos de todo artificio, cunha cámara que filma e presenta en directo a María e ás súas reflexións, mesturando documentos reais (entrevistas, imaxes, fotografías) e creados na propia representación, algo que a fai única no seu sentido. Este equipo técnico, amosado tamén no propio directo (están todos en escena e aparecen e interveñen durante a representación), composto por profesionais como Esther F. Carrodeguas, Javier Quintana ou o propio Ernesto Is, non resulta, curiosamente, unha interrupción ou obstáculo para a poética que se propón, senón un apoio e contraste coa linguaxe metafórica, que nos leva alén da realidade. Estamos ante un xogo teatral onde se amosa a tremoia espida, sabemosen todo momento que se trata dunha ficción, e iso é, precisamente, parte da súa maxia. Unha tradución á linguaxe teatral que debemos ó director Xavier Castiñeira.
Unha mágoa que un espectáculo tan recomendable, tan para apoiar como proposta diferente e xenuína do novo teatro galego, non conte precisamente cun meirande apoio institucional, cun maior número de representacións e xira polos auditorios e teatros galegos. Debémoslle, coma sociedade, ese esforzo á memoria de María, á súa altura teatral e ó seu mito coma referente cultural galego do século XX. Temos memoria?
Tumblr media
DESPOIS DAS ONDAS
Ficha artística
ELENCO: Belén Constenla, Nerea Brey e Sonsoles Cordón
ESPAZO ESCÉNICO: Beatriz de Vega
VESTIARIO: Carlos Pinilla
ILUMINACIÓN: Javier Quintana
AUDIOVISUAIS Roi Fernández (Sr. Pausa Cinescapismo)
DRAMATURXIA: Ernesto Is
PRODUCIÓN: Esther F. Carrodeguas
AXUDANTE DE DIRECCIÓN: Ernesto Is
DIRECCIÓN: Xavier Castiñeira
*Iván Fernández é alumno da especialidade de Dirección escénica e dramaturxia, na Escola Superior de Arte Dramática de Galiza.
(Coordinación e supervisión de Afonso Becerra de Becerreá.)
0 notes
campamentos · 6 years ago
Photo
Tumblr media Tumblr media
El Gabinete de #Deportes de la Deputación da Coruña organiza los #campamentos deportivos de verán 2019 en el Colegio Calvo Sotelo de #ACoruña para niños y niñas de 9 a 14 años https://www.campamentos.info/noticias/campamentos-deportivos-de-veran-2019-diputacion-da-coruna
0 notes
praza-unclaronobosque · 6 years ago
Text
O Goberno dalle vida á central de carbón das Pontes
O Goberno de Pedro Sánchez presentou o 22 de febreiro a súa proposta de Marco Estratéxico de Enerxía e Clima, xa sen tempo para a aprobar antes das próximas eleccións xerais. Inclúe o chamado Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima (PNIEC) 2021-2030, un documento programático que define os obxectivos de redución das emisións de gases de invernadoiro, de expansión das renovábeis e de eficiencia enerxética. Será avaliado pola Comisión Europea e sometido a debate público durante este ano.
As principais organizacións ecoloxistas de ámbito estatal demandaron que un dos obxectivos do PNIEC fose o abandono da produción eléctrica en centrais nucleares e de carbón antes do fin de 2025. Diversos estudos sosteñen que tal obxectivo sería viábel a través dunha implementación ambiciosa, pero realista, de accións de promoción das enerxías renovábeis e do aforro e a eficiencia enerxéticas. Un obxectivo partillado no seu día polo Consello Asesor para a Transición Ecolóxica da Economía do PSOE, presidido por Teresa Ribera, agora ministra para a Transición Ecolóxica.  
O PNIEC non obriga a pechar as térmicas de carbón
As presións exercidas polas grandes eléctricas ou por baróns do propio PSOE (como Valentín G. Formoso, presidente da Deputación da Coruña e alcalde das Pontes) acabaron por temperar as “veleidades ecoloxistas” do consello asesor do PSOE da oposición. O PNIEC adía 10 anos o apagón nuclear e non pon data de peche obrigatorio ás centrais térmicas de carbón. Serán as eléctricas as que decidirán cando queren pechar as maiores fábricas de cambio climático.
A falla de ambición á hora de limitar as emisións -e non só no sector eléctrico- tradúcese nun obxectivo mínimo de redución de gases de invernadoiro para 2030 de tan só o 20% con respecto a 1990. De se atinxir finalmente esta meta, en catro décadas decisivas para determinar o alcance da crise climática que marcará o futuro, un estado desenvolvido como España só terá sido capaz de diminuír nunha quinta parte as súas emisións territoriais de gases causantes de cambio climático. 
Abofé que os nosos fillos e fillas e as xeracións futuras hannos agradecer o que, para Alberto Núñez Feijoó, sería un esforzo “quijotesco”.
As emisións acumuladas importan
Ademais do obxectivo de redución para 2030, tamén é moi importante a traxectoria a seguir para acadalo, pois diso dependerá o volume de emisións acumuladas até entón. Estas serán menores canto antes se produciren os cortes nas emisións. A aceleración do peche das centrais de carbón diminuiría moito as emisións acumuladas.  
A central de carbón das Pontes contribúe tanto á crise climática como Uruguai
A clausura das centrais de carbón é a medida singular que, de lonxe, posibilita maiores reducións a curto prazo das emisións de dióxido de carbono (CO2), o principal gas de invernadoiro. Por exemplo, a central das Pontes, a máis potente do Estado español, emitiu de media 7,1 millóns de toneladas anuais de CO2 en 2013-2017. 
A térmica de carbón das Pontes contribúe ao quentamento global tanto ou máis que algúns estados. En 2016, as emisións de Uruguai procedentes de combustíbeis fósiles ascenderon a 6,9 millóns, segundo o Atlas da Enerxía da AIE. O impacto climático positivo dun ano sen actividade na térmica de carbón das Pontes equivale a un ano con consumo cero de petróleo, carbón e gas natural nun país como Uruguai. Ou a que deixen de circular vehículos en todas as estradas e rúas do noso país durante algo máis dun ano!.
A central de carbón de Meirama pechará en 2020, mais a das Pontes non
Naturgy solicitou o peche da térmica de Meirama e do resto das súas centrais de carbón españolas para antes do 30 de xuño de 2020, ao non querer adaptalas aos límites de emisións  impostos pola Directiva de Emisións Industriais (DEI).
Endesa solicitou o peche de tres das súas centrais de carbón, e optou por prorrogar alén de 2020 a vida das que opera nas Pontes e en Carboneras (Almería), adaptándoas á DEI que, após catro anos e medio de exención, se lles aplicará a partir de xullo de 2020. A adaptación á DEI reducirá emisións tóxicas (SOX, NOX, partículas) pero non as elevadas emisións de CO2 inherentes á queima de carbón. A central das Pontes está entre os 20 maiores focos emisores de CO2 de toda a UE.  
Cando pechará a central de carbón das Pontes?
En 2020, eliminaranse no Estado español perto de 5 GW (xigavatios) de potencia eléctrica con carbón (incluíndo os 0,55 GW da central de Meirama). A partir de 2020 seguirán operativas 6 centrais de carbón, que sumarán unha potencia duns 4,5 GW, dos cais 1,47 corresponden á central das Pontes. O PNIEC prevé que toda esa capacidade de produción se manteña até 2025, para despois irse reducindo a 0-1,3 GW en 2030. Non concreta que centrais poderían chegar a sumar eses hipotéticos 1,3 GW, pero ben podería entrar aí de un a tres dos catro grupos que forman a central das Pontes. 
Nin o borrador do PNIEC nin o da Lei de Cambio Climático fixan un calendario de peche obrigatorio das centrais de carbón. O PNIEC simplemente fai unha previsión do que podería acontecer sen mediar a intervención gobernamental. O Goberno do PSOE optou claramente por lavar as mans nesta cuestión. Era o máis fácil, e o máis agardado, perante as presións procarbón no seo do propio PSOE e  as contradicións existentes no espazo dos seus aliados parlamentares de Podemos e as confluencias (con En Marea a porse de perfil). Por non falar do apoio ás “estratéxicas” centrais de carbón por parte da Xunta ou do BNG, que rexeitan o peche da central de Meirama en 2020.  
O Goberno estatal non pretende impor o fin das centrais de carbón durante a próxima década. Acha que o farán as empresas propietarias, forzadas polo mercado. O PNIEC coida que para 2030, “as centrais térmicas de carbón deixarán de ser competitivas dado o prezo previsto da tonelada de CO2 no sistema europeo de compra venda de emisións, 35 €/t”.  Un prezo que se mantivo en niveis moi baixos até 2018, cando o prezo medio chegou aos 16 €/t.
O Goberno non quere garantir o abandono rápido do carbón
O Goberno fundamenta a súa previsión sobre o futuro da xeración eléctrica con carbón na evolución dun instrumento europeo de mercado en vigor desde 2005. Ferramenta de loita contra o cambio climático que até hoxe se ten revelado pouco eficaz na desincentivación da queima de carbón, malia ser o combustíbel fósil máis intensivo en emisións de CO2. 
Coas modificacións recentemente introducidas, semella probábel que o prezo da tonelada de CO2 tenda a aumentar mais, é responsábel deixar en mans do mercado de emisións “planificación” do abandono do carbón? Non é tan urxente a mitigación da crise climática como para asegurar e acelerar todo o posíbel o desmantelamento das maiores fábricas de cambio climático?.  
Tumblr media
O Goberno confía en que o mercado europeo de emisións e a crecente competitividade das renovábeis obriguen as eléctricas a deixaren de queimar carbón (case) totalmente no horizonte de 2030. Esperábase algo máis dun goberno que di asumir a loita contra a quentamento global como unha prioridade. 
Cando menos, unha taxa sobre as emisións de CO2 que reforzase o impacto do mercado europeo de emisións, como existe xa nalgúns estados. Mais en materia de “nova fiscalidade verde”, a proposta de PNIEC non recolle nin unha soa medida concreta. O Ministerio de Facenda “liderará o estudo en profundidade” e, no seu caso, adoptará cambios no sistema tributario. Máis nada.
Abandonar o carbón antes do fin de 2025
Alongar a vida da central de carbón das Pontes, xa innecesaria para atender o consumo eléctrico galego, aumenta a súa pesada herdanza de cambio climático, acumulada ao longo de máis de catro décadas. 2030 sería moi tarde para pechala. 2025 sería o ano límite. 2020 debería ser o ano no que pechase xa, polo menos, algún dos seus catro grupos.
Hoxe non hai maior irresponsabilidade climática en Galicia que prorrogar a vida dunha industria sucia que xera un desorbitado impacto climático a cambio dunha xeración de emprego e riqueza na súa contorna moi limitada: 80 millóns anuais, a través do  pagamento de salarios e da compra de bens e servizos, segundo a propia Endesa. 
A aplicación a tempo dun adecuado Convenio de Transición Xusta, figura prevista no propio paquete de enerxía e clima do Goberno, podería compensar eses beneficios que tan caros están ser para a vida no noso planeta. 
@xoseveiras
0 notes
victorlamela · 3 years ago
Text
A Deputación da Coruña promociona a gastronomía como un produto turístico de alto nivel
A Deputación da Coruña promociona a gastronomía como un produto turístico de alto nivel
“Traemos a Madrid algo que vai máis aló do pruduto gastronómico, porque a estas alturas xa sabemos que o produto galego ten unha calidade incontestable, e o que queremos é dar un paso máis e convertir a cociña unha experiencia turística de alto nivel”, asegurou o vicepresindente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, esta tarde no restaurante NaDo de Madrid. O vicepresidente foi o encargado de…
Tumblr media
View On WordPress
0 notes