#Asociación Galega da Crítica
Explore tagged Tumblr posts
alfredoferreiro · 2 years ago
Text
O Concello de Arteixo entregou os premios do Certame Manuel Murguía
O pasado 5 de maio celebrouse a cerimonia de entrega de premios ás 20:30 no Centro Cívico Cultural de Arteixo Agustín Agra Barreiro (2º premio), Inmaculada Núñez Núñez (3º) e Anxo Sánchez en representación de Roberto Rodríguez González (1º) O xurado, composto por Ana Cabaleiro López (representante da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega), Esperanza Luz Mariño Davila…
Tumblr media
View On WordPress
0 notes
Text
CARTA ABERTA SOBRE A APERTURA Á TRADUCIÓN DAS PEQUENAS EDITORIAIS INDEPENDENTES NO MERCADO EDITORIAL BRITÁNICO, E DE POR QUE A LITERATURA GALEGA DEBERÍA SABER APROVEITAR ESTA OPORTUNIDADE
En relación ás críticas do prolífico tradutor e editor Jonathan Dunne en redes sociais e listas de discusión sobre o programa do evento: http://consellodacultura.gal/evento.php?id=200826 As críticas cómpre non obvialas porque sempre se aprende delas. Neste caso, brindáronme a oportunidade de reflexionar sobre cuestións que, até o de agora, se cadra non se tiñan debatido moito en aberto. E tamén, de reflexionar sobre canto queda aínda por facer. As reflexións van a seguir, nesta Carta Aberta sobre cuestións que semellaron quedar incomprendidas e sobre as cales cómpre debater para poder avanzarmos no interese común que nos une: pór a literatura a galega a disposición do maior número posíbel de lectoras/es que non poden acceder a ela en galego. E no caso concreto que nos ocupa, póla a disposición do maior número posíbel de lectores/as en lingua inglesa.
As xornadas “The Internationalization of Galician Literature in English Translation: New Opportunities in a More Welcoming Irish/British Book Market” celébranse en Santiago de Compostela o día 17 de xuño, seguidas de obradoiros formativos sobre internacionalización dirixidos a editorais galegas e para escritoras/es galegos, impartidos por unha axencia literaria especializada en literaturas minorizadas.
Como impulsora e responsábel da programación destas xornadas, confirmo que NON SE INVITOU ÁS XORNADAS A JONATHAN DUNNE, prolífico tradutor e director da editorial Small Station Press, a cal editou “41 dos 66 títulos galegos en inglés na última década” e que por tanto artífice dun labor encomiábel a prol da tradución ao inglés de literatura galega. TAMPOUCO SE INVITOU A FALAR A TRADUTORAS/ES LITERARIAS en activo galego-inglés. Ambas as dúas foron decisións moi meditadas e reflexionadas, tomadas desde o convencemento de facer o máis acaído para lograr o obxectivo das xornadas.  
Quen lera con suficiente atención, actitude correcta e mentalidade aberta a descrición destas xornadas pode que botara en falta nun principio a Small Stations Press e ás tradutoras/es. Porén, axiña debería poder decatarse de que estas xornadas están centradas no SISTEMA META BRITÁNICO (e en menor medida, tamén no irlandés) e ademais, moi especialmente nun dos varios axentes dos proxectos de tradución: as EDITORIAIS (as GALEGAS e as BRITÁNICAS, para que se coñezan e iso frutifique en negocios, e de aí que se tivera moi en conta á Asociación Galega de Editoras na planificación da programación). Mais é tamén unha xornada para DARLLE A AXENTES CULTURAIS (incluídas as TRADUTORXS) a OPORTUNIDADE DE COÑECER MELLOR O SISTEMA EDITORIAL BRITÁNICO E GALEGO e albiscar oportunidades para facer negocio.
Este é polo tanto un acto innovador (inspirado no sistema de apoio e axudas á tradución do Instituto Ramon Llull – véxase embaixo). Até onde eu sei, nunca se fixera nada igual en Galiza. Mais é tamén un acto necesariamente limitado no enfoque, temática e tempo. Así pois, sería fabuloso que puidese complementarse con outros actos futuros. Mais o feito de non poder abranguelo todo, de non invitar a Small Stations ou a tradutoras/es para seren relatoras... pois non o invalida.
**Por que non está Small Stations Press? Ou sobre os obxectivos concretos desta xornada**
Non semella moi lóxico nin sustentábel que unha soa editorial traduza máis do 65% da literatura galega a inglés. O lóxico e sustentábel sería, semella, DIVERSIFICAR E QUE MÁIS EDITORIAIS TRADUZAN, e así, sumando esforzos, lograr unha mellor recepción da literatura galega traducida en inglés entre a audiencia anglófona en xeral (e no caso que nos ocupa, ao público británico –e irlandés– en particular).
Dito isto, Small Stations Press abofé ten cousas moi importantes que contarnos da súa experiencia de traducir moitas/os autores. Pero o obxectivo desta xornada non é visibilizar o labor (encomiábel, insisto) dunha editorial que xa traduce máis do 65% da literatura galega ao inglés (e a quen estudamos os circuítos da tradución do galego ao inglés non se nos escapa esta enxalzadora entrada de blog na famosa web de Three Percent da Universidade Rochester, que celebramos). O obxectivo da xornada tampouco é mostrar o labor dunha editorial que XA COÑECE AS AXUDAS DE TRADUCIÓN DA XUNTA e o dificultoso proceso para pedilas, e que por tanto leva practicamente todos os (poucos) cartos de tradución do galego ao inglés (malia os atrasos que as editoriais estranxeiras agraciadas padecen para cobralas); e sobre todo, o obxectivo das xornadas tampouco é ensinar o traballo de editoriais cun amplo catálogo de tradución ao inglés, pero que NON PARTICIPAN DOS CIRCUÍTOS DE DISTRIBUCIÓN E PROMOCIÓN HABITUAIS DAS EDITORIAIS BRITÁNICAS (presenza en feiras, librarías, etc) e que, por tanto, NON CHEGAN AO PÚBLICO BRITÁNICO na medida e no xeito que si teñen capacidade para chegar outras editoriais británicas. Niso inflúe, abofé, que Small Stations estea radicada en Bulgaria e que venda todo en internet a través de cinco librarías en liña (tres delas, Amazon.es, Amazon.com e Amazon.co.uk). Isto non lle quita mérito ningún ao loábel traballo da editorial, mais si que determina certas tendencias que teñen que ver coa recepción.
O obxectivo desta xornada, pola contra, si é internacionalizar a literatura galega mediante a súa tradución ao inglés, aproveitando que o MERCADO EDITORIAL BRITÁNICO ESTÁ EN PROCESO DE APERTURA Á TRADUCIÓN, sobre todo de linguas europeas. A quen estudamos o lugar da tradución no mercado editorial británico, tampouco se nos escapan noticias ben recentes coma esta de The Guardian, na que se explica como “UK readers flock to European authors”. Hai anos apenas se traducía doutras linguas ao inglés; agora non é que se traduza moitísimo, pero si hai avances importantes como o aumento significativo do índice de vendas de literatura en tradución publicada por editoriais británicas, sobre todo de literatura contemporánea (e non clásicos), e un papel clave nese cambio de tendencia téñeno as ‘small independent presses’. Varios informes (véxanse este ou estoutro) demostran que agora, o sistema británico está moi receptivo a recibir literatura doutras linguas, principalmente europeas. E polo tanto, A LITERATURA GALEGA DEBERÍA SABER VER AS OPORTUNIDADES E SACAR PROVEITO, é dicir, que EDITORIAIS GALEGAS VENDAN OS SEUS DEREITOS DE TRADUCIÓN A EDITORIAIS BRITÁNICAS (sobre todo small independent presses) ávidas por publicar traducións, que EDITORIAIS BRITÁNICAS INTERESADAS TRADUZAN LITERATURA GALEGA E QUE A SITÚEN NOS CIRCUÍTOS DE DISTRIBUCIÓN PARA QUE CHEGUE AO PÚBLICO BRITÁNICO a través dos mecanismos de promoción de literatura que funcionan no mercado británico.
A promoción da literatura galega en tradución ten moitos atrancos. Tantos, que unha soa xornada non vai resolvelos todos. Pero unha xornada si pode centrarse nun aspecto en concreto, e achegar un grao de area para avanzarmos. Porque ESTAMOS TODXS NO MESMO BARCO: O DE SUMAR E AVANZAR POLO BEN DA LITERATURA E CULTURA GALEGA. No canto de dividir e cuestionar aquilo no que a un non o invitaron, podería terse optado por aplaudir iniciativas (si, necesariamente incompletas) e discorrer xeitos de complementalas con outras (abofé que necesarias).
**A elaboración do programa, ou de por que a escolla consciente e reflexionada das tres editoras invitadas**
Na elaboración do programa tivemos moi en conta AS ACHEGAS QUE NOS FIXERON DESDE A ASOCIACIÓN GALEGA DE EDITORAS, até o punto de dedicar unha hora a “Doing business” (das 19 ás 20h), un espazo para que as editoriais galegas e británicas manteñan reunións de traballo. Co mesmo obxectivo, a ESCOLLA MOI MEDITADA E REFLEXIONADA das tres empresas editoriais realizouse en base a UN CRITERIO moi claro: que fosen EDITORIAIS BRITÁNICAS QUE ESTÁN A TRADUCIR AUTORAS E AUTORES SIMILARES AOS GALEGOS/AS, todas elas moi centradas en traducir literatura contemporánea, e que (nos contactos informais que eu mesma fixen) amosasen moito interese por saber máis da nosa literatura con vistas potenciais a facer negocios e a poder acabar comprando ás editoriais galegas dereitos de tradución dalgunas obras.
Unha foi “PARTHIAN BOOKS” con base en Gales, que publicou en 2018 dous libros en tradución do éuscaro (un deles traducido por Amaia Gabantxo, formada con Peter Bush na británica UEA). Esta editorial ten unha colección específica dedicada á tradución doutras linguas europeas, a “Europa Carnivale”, perfecta para acoller literatura galega. Outra foi “AND OTHER STORIES” con base en Sheffield, que publicou en 2018 un libro en tradución do catalán, que ten uns principios éticos que celebramos, que foi a única editorial británica que participou en 2018 no ‘The Year of Publishing Women’, e cuxo bo facer foi avalado polo feito de unha das súas traducións ser finalista do prestixioso e selecto premio de tradución ao inglés Man Booker International Prize neste 2019. O director de And Other Stories fala brasileiro e, por tanto, terá acceso directo a ler literatura galega. Por motivos políticos e ambientais moi respectábeis, el non viaxa en avión dentro de Europa. As súas ocupacións familiares impedíanlle ausentarse da casa tantos días para desprazarse a Galiza en tren, xustamente nesas datas. Malia estar por videoconferencia, ao falar brasileiro, con el poderanse entender todos os editores e editoras galegas que, logo de teren feito as presentacións iniciais, o contacten. Amais delas, contamos con “FRANCIS BOUTLE PUBLISHERS”, situada en Londres e a única editorial británica que publicou unha narradora galega en tradución ao inglés en Gran Bretaña (foi hai dous meses, en abril de 2019, e sen axudas da Xunta de Galicia). Esa tradución si gañou un premio do PEN English Award e outro Premio Ostana de Escritura en Lingua Materna para o seu tradutor, o cal avala tamén o bo facer da editorial e lle dá recoñecemento nos circuítos de distribución e de promoción da tradución británicos. Esa editorial xa tiña publicado ensaios de autores clásicos galegos, poesía, antoloxías e libros académicos sobre a cultura galega, e agora súmase á tendencia aperturista que hai na tradución de narrativa en Gran Bretaña, manifestando un fondo interese por coñecer máis das novidades literarias, e para seguir publicando literatura galega en tradución ao inglés.
As editoriais británicas veñen a Compostela para presentar o seu “business plan” ou plan de negocio, e a DARLLES CLAVES ÁS EDITORIAIS GALEGAS DE COMO FACER PARA QUE A LITERATURA GALEGA ENCAIXE NESE SEU PLAN DE NEGOCIO e poida ser POTENCIALMENTE TRADUCIDA.
Quixemos, ademais, que todas as editoriais fosen ‘SMALL INDEPENDENT PRESSES’ ou pequenas editoriais independentes, polo labor fundamental que están a ter estas no activismo en tradución, até o punto de que haxa quen as defina como “cultural talent scouts” (ligazón aquí). De novo, quen coñeza o sistema editorial británico saberá que 11 das 13 obras preseleccionadas (long-listed) e 6 das 6 finalistas (short-listed) do prestixioso premio de tradución Man Booker International Prize foron publicadas por pequenas editoriais independentes británicas, como ben destaca en marzo deste ano o xornal británico The Guardian. O potencial público lector da tradución galega en inglés a publicar en Gran Bretaña está nelas.
Abofé, poderían ter vido moitas outras. Como coñecedora que son do sector editorial británico que se dedica á tradución, teño trato cunha vintena de editoriais. Se tivese os cartos para invitalas a todas e o tempo para que todas puideran falar, non estaría mal traelas a todas. Pero OS CARTOS E OS TEMPOS SON LIMITADOS: nunha xornada dun día, só podemos dedicar a isto un panel no que falan tres, logo da introdución de 10 minutos que eu mesma farei. O vicepresidente da Asociación Galega de Editoras retrucará nese panel, apuntando a onde están as oportunidades pero tamén os desafíos para as editoriais galegas. Por certo, os cartos das viaxes de quen vén de Gran Bretaña non saen dos petos das galegas e galegos (vaia, do Consello), senón que VEÑEN DA MIÑA UNIVERSIDADE BRITÁNICA, a través dunha partida que conseguín para fomentar “synergies between British and Galician stakeholders” e ligado a un proxecto de investigación que dirixo.
Conclúo reiterando o que xa é obvio: o programa foi moi meditado e reflexionado, mais tamén ten que ser necesariamente limitado.
**Por que Gran Bretaña (e un pouquiño de Irlanda) en particular?**
Por varios motivos. Primeiro, polo feito constatable de apertura á tradución que vivimos neste momento no sector editorial británico, o cal converte á actividade en moi oportuna. E segundo, porque EU SON A IMPULSORA DESTA INICIATIVA, e a actividade xurdiu ao abeiro do meu proxecto de investigación financiado con cartos británicos polo prestixioso organismo British Academy / Leverhulme Trust, titulado “STATELESS CULTURES IN TRANSLATION: THE CASE OF 21st CENTURY BASQUE, CATALAN AND GALICIAN LITERATURES IN THE UK”, para o que traballa como axudante de investigación a experta Laura Linares, que está a rematar a súa tese de doutoramento en Cork. O meu proxecto “Stateless Cultures ” levoume a ter conversado xa con axentes da tradución en Cataluña, Valencia e Euscadi, tanto institucionais (Ramon Llull, Etxepare, etc) como empresariais (as respectivas Asociacións de Editoriais destes tres territorios). Por certo, as vascas e as valencianas xa se inscribiron na xornada do día 17, porque consideran un acerto e unha actividade totalmente novidosa a de traer editoriais británicas a Galiza para que coñezan de primeira man a literatura galega. Agradecen que se retransmitan en ‘streaming’, mais non queren perder a oportunidade de poderen participar nos debates e facer ‘networking’, con intención de poderen facer algo semellante nos seus respectivos territorios. Desta vez, a cultura/literatura galega non van por detrás!
O meu proxecto “Stateless Cultures” levoume tamén á FEIRA DE FRÁNCFORT en outubro de 2018, o principal encontro a nivel internacional onde se venden e compran dereitos de tradución. Alí constatei a axuda institucional (en formas e contías diversas) que recibían as editoriais vascas, catalás e valencianas para acudiren á feira e poderen facer negocios; en contraposición á situación das editoriais galegas. Logo de varias comunicacións coa Asociación Galega de Editoras, o meu activismo a prol da literatura galega e da tradución fíxome intentar buscar o xeito de axudar.
Inspirada polo programa de axudas á tradución do RAMON LLULL (que inclúen ESTADÍAS EN CATALUÑA DE VARIOS DÍAS, PARA EDITORIAIS ESTRANXEIRAS CON INTERESE EN COMEZAR A PUBLICAR LITERATURA CATALANA), discorrín estas xornadas, con todas os acertos e limitacións que teñen. Facendo horas extras fóra do meu traballo remunerado e con boa vontade fixen esta proposta no Consello da Cultura Galega en xaneiro deste ano. O INNOVADOR, reitereilles, é CENTRARNOS NO MERCADO DA TRADUCIÓN EN GRAN BRETAÑA E IRLANDA, en apertura, E TRAER A 8 PERSOAS QUE FALEN DESE SISTEMA CULTURA DE CHEGADA, 6 delas que nunca antes estiveran en Galiza. As introducións e retruques si os facemos xente ‘da casa’, porque é aí onde trataremos de contextualizar o caso galego (introducións) e de ver a aplicabilidade do que nos contaron esas persoas expertas no sistema meta (retruques).
Dada a achega económica que conseguín da miña Universidade primeiro e tamén dunha Universidade irlandesa despois, e dada a colaboración da Asociación Galega de Editoras e da Asociación de Escritoras e Escritores en lingua galega (e así continuar as xornadas con dous días de talleres formativos para editoriais galegas e para escritoras-es galegos, impartidos por unha axencia literaria especializada en literaturas minorizadas á que cheguei durante o meu traballo de campo na Feira de Fráncfort), O CONSELLO APROBOU A MIÑA PROPOSTA. Desde o Consello ratificáronme o seu interese prioritario nesta liña de traballo, e viron esta xornada ESPECÍFICA SOBRE O MERCADO DA TRADUCIÓN BRITÁNICO, como unha continuación a unha xornada que organizaran en setembro do 2018, coordinada por Xosé Ballesteros e dispoñíbel aquí. 
**Pero entón, quen fixo o programa?**
Quedou xa dito que fun eu a impulsora desta iniciativa. Unha vez aprobada, Laura Linares sumouse á súa organización, avalada polo seu fondo coñecemento das políticas de tradución da literatura galega ao inglés, do sector editorial galego, irlandés e anglófono en xeral, e tamén pola nosa relación profesional frutífera que cristalizou xa noutros proxectos académicos.  
Non entro aquí a debater as funcións do Consello da Cultura Galega, o seu orzamento, os seus acertos e os seus erros, mais si debo aclarar que neste caso en concreto, O CONSELLO ACEPTOU TODAS AS NOSAS PROPOSTAS SOBRE O PROGRAMA, e deixounos facer e desfacer ao noso antollo, respectando o noso papel de coñecedoras dos sistemas meta. As nosas foron sempre PROPOSTAS MOI MEDITADAS, XUSTIFICADAS E RAZOADAS, EN BASE A COMO CONSEGUIR OS OBXECTIVOS PROPOSTOS. Xustamente por iso, compartimos os nosos borradores coa Asociación Galega de Editoras, que fixeron suxestións que tratamos sempre de termos en conta. O obxectivo último, e isto cómpre non perdelo de vista, é SER DE AXUDA para que o SECTOR EDITORIAL GALEGO aproveite a situación de apertura á tradución no sector editorial británico e poida facer negocios e vender alí dereitos de tradución.
**Por que non hai tradutoras/es?**
Hai moitas e moitos axentes culturais partícipes nun proxecto de tradución. Todas e todos son necesarios para que a tradución exista e chegue á audiencia meta (británica e irlandesa, neste caso). Estas xornadas céntranse desde un principio no eido das empresas EDITORIAIS GALEGAS que venden os dereitos de tradución e nas EDITORIAIS BRITÁNICAS que son as que teñen que compralos, normalmente antes de que a obra poida traducirse.
Constatamos a preocupación de que non participe case ningunha tradutora ou tradutor literario en activo do galego ao inglés nestas xornadas como relator/a (porque algún si que hai). Abofé, as tradutoras/es moitas veces teñen un papel primordial en ser ‘iniciadores’ dun proxecto de tradución, ao lle faceren propostas de tradución a editoriais. Xustamente por isto último, valoramos facer unha mesa coas experiencias de tradutoras/es-iniciadoras/es.
As limitacións de tempo non nos permitían máis ca tres mesas de debate. De novo, as decisións tomáronse volvendo aos obxectivos das xornadas E PENSANDO COIDADOSAMENTE DE QUE XEITO SE PODERÍAN CONSEGUIR MELLOR ESES OBXECTIVOS. Consideramos, por tanto, que sería máis acaído priorizar tres:
A primeira, con estudosos e estudosas da tradución que puidesen ofrecer unha PERSPECTIVA ACTUAL DA APERTURA DO SISTEMA EDITORIAL IRLANDÉS E BRITÁNICO EN POESÍA E NARRATIVA, con especial atención ás posibilidades para as narradoras galegas (segue a ser inexplicábel como, se realmente temos un “boom das narradoras” no sistema editorial galego e elas gañaron 9 premios Xerais nos últimos 17 anos, elas continúan a ser discriminadas e non traducidas mentres eles si o son).
A segunda, con estudosos dos sistemas de AXUDAS Á TRADUCIÓN QUE HAI EN GALIZA, pero como esas non son as únicas que se poden pedir, pois tamén as que hai no SISTEMA LITERARIO META (IRLANDA E GRAN BRETAÑA), así como NOUTRAS ‘NACIÓNS PEQUENAS’ DE EUROPA. Isto presentarase desde unha perspectiva crítica, para que as editorais galegas e británicas os coñecesen; e con tempo para debate sobre os acertos e posíbeis desafíos ou dificultades que existen con estas axudas na actualidade e contando, por suposto, en diálogo con cargos da Xunta de Galicia, como organismo convocante dalgunhas das axudas das que se van falar e coa responsabilidade de velar pola nosa literatura.
A mesa con PEQUENAS EDITORIAIS INDEPENDENTES BRITÁNICAS que están a publicar traducións e que amosaron un INTERESE por potencialmente traducir do galego, e das que xa falei.
Malia non termos ‘tradutoras-es invitados’, si temos 1 hora e 30 minutos de debates públicos e 25 minutos máis de pausa café, na que desde o público a participación desas tradutoras/es será non só moi benvida, senón moi necesaria. Por iso, hai xa unha semana eu mesma enviei a información das xornadas á ASOCIACIÓN DE TRADUTORES (SIC) GALEGOS, á ASOCIACIÓN GALEGA DE PROFESIONAIS DA TRADUCIÓN E INTERPRETACIÓN e á LISTA DE TRADUTORXS TRADGAL, explicando o programa e invitando á participación como asistentes en persoa ou a facer o seguimento da retransmisión en streaming, para quen teña interese en saber máis do mercado editorial británico da tradución, das axudas existentes en Galiza e en Gran Bretaña e Irlanda, e dos plans de negocio en concreto das editoriais británicas invitadas. Até o de agora, só recibín emails de comprensión e agradecemento como resposta, e mesmo emails individuais de tradutoras-es que nos escribiron para manifestarnos de maneira individual que alí estarán.  
Xa que logo, non invitarmos a tradutoræs en activo que poidan falar do seu papel como “iniciadoras” de proxectos de tradución ao inglés británico pode verse como unha limitación, porque si o é; e desta limitación falarei xustamente na benvida e presentación das xornadas. Sería un aspecto mellorábel se as circunstancias fosen outras e houbese máis tempo. Ora ben, dúas puntualizacións: Unha, non invitar a tradutores-as a falar desde a palestra implica non darlles voz, pero non implica necesariamente invisibilizar o seu labor. E dúas, estas xornadas non teñen vontade de resolver todos os ‘problemas’ da promoción da tradución, senón en centrarse no MERCADO EDITORIAL BRITÁNICO, así que ben poderían complementarse con outras xornadas específicas sobre AS TRADUTORAS-ES COMO INICIADORES DE PROXECTOS DE TRADUCIÓN. Animo a quen queira a organizalas, dándolle xa de antemán todo o meu apoio.
**As expertas e expertos das universidades**
Ora ben, unha “preocupación” que nin comprendo nin comparto é a de que na xornada vaian “falar da TRADUCIÓN REPRESENTANTES DE SEIS UNIVERSIDADES, COMO EXPERTOS (sic)”. Primeiro, non van falar da tradución en abstracto, senón de cuestións concretas sobre as políticas editoriais de tradución no mercado británico (e irlandés) das que saben bastante porque é o seu tema de investigación. Por dar un exemplo, o checo Ondrej Vimr é investigador posdoutoral en Bristol cun prestixioso proxecto Marie Curie sobre esta temática. Se as estudosas da tradución non estamos capacitadas para falar de maneira divulgativa, pero sempre desde a análise rigorosa das situacións e con suficiente distancia crítica, pois non entendo cal é o noso labor. Amais, lonxe están os tempos nos que as profesoras/es universitarios estaban nas súas torres de marfil e non falaban coa sociedade. Hoxe, no sistema universitario británico no que eu traballo, o noso labor investigador réxese por xerar “IMPACT BEYOND ACADEMIA”, algo que, polo que sei, no sistema universitario galego vén sendo a “transferencia de coñecemento á sociedade”. Neste caso en concreto buscando SINERXIAS DO ACADÉMICO CO MERCADO EDITORIAL (o que na miña universidade entenden como “stakeholders” ou partes interesadas, e de aí que financien as súas viaxes).
**Coda**
O tempo é limitado e non é posíbel colaborar con todas as causas que unha considera xustas. A nivel profesional, as loitas que escollín facer miñas, desde o meu traballo académico na disciplina dos Estudos de Tradución e desde a miña posición de migrante galega traballando nunha institución educativa de Gran Bretaña, son a do FEMINISMO (como movemento transformador e revolucionario co que lograr a xustiza social e que máis ten mellorado a vida das persoas de maneira pacífica), e a da DEFENSA DAS CULTURAS NON HEXEMÓNICAS E MINORIZADAS COMO É A GALEGA. De aí o esforzo, enerxía, afán e empeño en co-organizar xornadas como as “Translating Women... in the English-language book industry” que terán lugar no prestixioso IMLR da Universidade de Londres no outono, e tamén as xornadas das que aquí falei sobre “New Opportunities in a More Welcoming Irish/British Book Market” para a literatura galega en tradución a inglés. Estas últimas considéroas útiles para que a INDUSTRIA EDITORIAL GALEGA poida SACAR PROVEITO da actual APERTURA CARA Á TRADUCIÓN DO MERCADO EDITORIAL BRITÁNICO e conseguir VENDER DEREITOS DE TRADUCIÓN de obras galegas contemporáneas a editoriais británicas. E isto todo, ao abeiro do proxecto de investigación financiado polo organismo británico British Academy / Leverhulme Grant “Stateless Cultures in Translation”.
Ratifico tamén que a pena polas reaccións levadas ás listas de discusión e ás redes non é paralizante. Mais ben ao contrario, transfórmase en AZOS PARA SEGUIR, PORQUE SI, HAI MOITO QUE FACER. Tanto, que as moitas dificultades para a tradución desde o galego non se van resolver todas nunhas xornadas dun día, como xa dixen. Pero esas xornadas si ASPIRAN A CONTRIBUÍR A SUMAR coas experiencias desde o eido británico. 
Só podo animar a outras e outros colegas, activistas e axentes culturais a que sigan sumando e discorrendo xeitos de organizar outros eventos e iniciativas que complementen este e axuden a seguir internacionalizando a nosa literatura. Todas e todos terán, sempre e desde xa, o meu total apoio.
Olga Castro, 3 de xuño de 2019
1 note · View note
nimbartgallery · 2 years ago
Text
Crítica literária de Xosé M. Eyré, Membro da Asociación Galega da Crítica, ao livro «FORA DI NOS»
Crítica literária de Xosé M. Eyré, Membro da Asociación Galega da Crítica, ao livro «FORA DI NOS»
Tumblr media
View On WordPress
0 notes
salvemoscabana · 7 years ago
Text
No Dolmen de Dombate ladran, logo cabalgamos
"Cando os cans ladran, sabemos que cabalgamos" nunca foi unha cita do Quijote de Cervantes como moita xente pensa, senón que pertence ao gran poeta alemán do século XIX Goethe. Hoxe en día converteuse nunha expresión proverbial que significa que cando en calquera ámbito da vida se reciben críticas voraces é sinal de que as cousas se están facendo na dirección correcta.
Os ataques que a Plataforma Salvemos Cabana está a recibir en datas recentes por parte do ámbito social máis infame de toda a Costa da Morte e quenes o defenden só poden ser entendidos nesa dirección, dun poder que se revolve cando a denuncia está máis que xustificada.
Porque Salvemos Cabana naceu como agrupación veciñal no concello (Cabana de Bergantiños), cunha das maiores maiorías absolutas do Partido Popular en Galicia. Cunha cabeza visible pero con moitas mans que axudan, e cunha previsa básica: fronte ao caciquismo asfixiante que se respira a nivel municipal, a protección da xente como prioridade absoluta.
Porque abrirse ao mundo, no contexto no que nos movemos, supón ter consecuencias. E non se trata dun clube gastronómico, senón que como figura desde a súa fundación, o seu obxectivo "é a defensa ambiental e sociocultural" e o seu ámbito de actuación a comunidade autónoma de Galicia.
Por iso, aínda que a Plataforma Salvemos Cabana naceu como asociación contra o frustrado proxecto mineiro de Corcoesto, a súa actuación no Dolmen de Dombate circunscríbese tanto aos seus obxectivos fundacionais como ao seu ámbito de actuación.
Porque si, rexeitamos e seguiremos rexeitando o uso que a nivel municipal está a facerse do Centro Arqueolóxico do Dolmen de Dombate mentres siga nesta liña.
Porque nunha democracia que se considere tal é lícita a discrepancia, e porque as cousas, en determinados momentos, non puideron facerse peor no que debería ser un xacemento neolítico de referencia para todos os galegos e galegas, e que en determinados momentos pareceu converterse nunha caseta de feira. Porque no Dolmen de Dombate confundir a cultura co sainete é vulgarizar o legado dos nosos ancestros.
Cabe lembrar, doutra banda, que só grazas á actuación administrativa da Plataforma con diversas solicitudes por vía oficial á Deputación da Coruña foi posible tanto o control periódico das pinturas como dos accesos e mesmo a restauración do neodolmen, factores todos eles que anteriormente non foran considerados.
0 notes
alfredoferreiro · 2 years ago
Text
Ditame do 32º Certame de Narracións Breves Manuel Murguía de Arteixo
«Reunido o xurado, a organización do Certame anuncia os finalistas e céntrase na cerimonia de entrega de premios que se celebrará o próximo 5 de maio, venres, ás 20:30 no auditorio do Centro Cívico Cultural do Concello de Arteixo O xurado, reunido o 25 de marzo de 2023 ás 10 horas en dependencias do Concello de Arteixo, e composto por Dona Ana Cabaleiro López (proposta pola Asociación de…
Tumblr media
View On WordPress
0 notes
alfredoferreiro · 5 years ago
Text
Arteixo: premios do 29º Certame Manuel Murguía
Arteixo: premios do 29º Certame Manuel Murguía
A Concellaría de Cultura publicou as obras gañadoras en 2020
O xurado composto por Alba Cid Fernández (representante da Asociación Galega da Crítica), Daniel Barral Calvo (gañador da 28ª edición), María Canosa Blanco (representante da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) e Alfredo Ferreiro Salgueiro(director literario do Certame, que asistiu como secretario, con voz e sen…
View On WordPress
0 notes
alfredoferreiro · 6 years ago
Text
Finalistas do 28º Certame de Narracións Breves Manuel Murguía de Arteixo
Finalistas do 28º Certame de Narracións Breves Manuel Murguía de Arteixo
A cerimonia de entrega de premios celebrarase o próximo 9 de maio, xoves, ás 20:00 no Centro Cívico e Cultural de Arteixo, e contará coa actuación de Quico Cadaval e Celso F. Sanmartín.
O xurado composto por Charo Pita Villares (gañadora da 27ª edición), Inmaculada Otero Varela (representante da Asociación Galega da Crítica), Xabier López López (representante da Asociación de Escritoras e…
View On WordPress
0 notes