#poñente
Explore tagged Tumblr posts
notasdecidade · 2 years ago
Text
Símbolos íntimos
Tumblr media Tumblr media
“Cando estiven en Nova York vivín algún tempo nun apartamento con vistas ao Central Park. Sempre que saía do edificio, vía un enorme bloque de pedra situado enfronte, ao bordo do parque. A súa cor mudaba coa meteoroloxía. Era un anaco dun deses penedos de granito sobre os que está edificada toda a cidade. Cada vez que o miraba, proporcionábame unha sensación de orientación. Era moitísimo máis antigo que toda a cidade ao meu redor. Era sólido. Transmitíame confianza dun modo peculiar, porque sentíame unido a el. Recordo que unha vez sorrinlle, como a un amigo. Irradiaba sobre min unha especie de paz; facíame sentir máis tranquilo.”
Esta misteriosa observación de Wim Wenders en Tokio déixanos pensando a diferentes niveis. Fálanos de orientación, de preexistencia, de sensación de pertenza, tamén do apego ou da seguridade máis dunha forma diferente á que confiren certos monumentos e edificios. Semella tamén referirse a aquelas cousas urbanas insospeitadas que ancórannos a un novo lugar porque nos lembran ao noso cando vivimos fóra, como o faría unha determinada árbore ou un nome próximo sobre un letreiro luminoso.
Xa no noso barrio, que símbolos funcionarían dunha forma similar? Non é sinxelo precisalos de forma urxente por desapercibidos pero decatámonos da súa importancia cando desaparecen, pois a súa eliminación equivalería a que nos arrincasen algo. E é que “a forma dunha cidade cambia máis rápido que o corazón dun mortal”.
Unha posible clasificación destes símbolos particulares podería ser: por unha banda, os xeolóxicos ou da memoria da terra; por outra, os oficiais ou da memoria democrática actual e por último, os íntimos ou da memoria persoal. “Lembrar non é acordarse”, o involuntario é sempre máis potente que o procurado. 
Sobre os xeolóxicos, salvo catástrofe urbana, podemos dicir que iso está aí e seguirá aí cando nós non esteamos. Sobre os oficiais, non é necesario espallarse, hai acertos pero cantas veces temos visto levantar e refacer, non sempre para mellor, a mesma rúa e inzala de cacharros e “esculturas”? É sobre os privados sobre os que podemos pensar devagar, xa sexan descubertos por un mesmo ou dos que imos coñecendo a súa historia a fondo. Sobre este particular aspecto, o símbolo íntimo, o útil non sempre coincide co funcional.
Os exemplos, escoitados aquí ou alá, son tan diversos e imprecisos como: algunha perspectiva que se aliña ou o peculiar confort dalgunha rúa ou pasaxe; outros atenden á ergonomía urbana dun chanzo onde máis veces nos temos sentado, un banco secreto ou unha varanda precisa; sinais de bala ou de sinistro sobre un muro; os cheiros a salitre, a peixe ou a pan; unha árbore amiga ou aquel que sostén cada ano as luces do nadal; un antigo cinema ou librería; ou elementos que coidamos desde casa: o rosetón dunha igrexa, a mesma bici aparcada ou calquera animal asiduo. 
Na habitual dialéctica entre suxeitos e obxectos, móvennos as persoas pero ancórannos as cousas. Ao saír de casa, existen elementos que permiten recoñecernos a nós mesmos na rúa, elementos intimamente nosos que provocan que pertenzamos a un lugar. Neles depositamos o amor polas cousas que pertencen á nosa cidade persoal.
Tumblr media Tumblr media
Imaxe // fonte:
1. Ombú ou bela sombra xunto á biblioteca nuns xardíns // Google maps
2. Banco-miradoiro mudado a unha posición non oficial // Google maps
3. Zócalo de granito a poñente fundamento dun museo // Google maps
4. Gran cuberta protectora atopada baixo infraestrutura // Google maps
37 Sermos, nº 535 , páx. 29 (07/01/2023)
0 notes
relojesdesolgal · 4 years ago
Photo
Tumblr media
. [es] #Relojsolardeclinante a #poniente (#1997s) en el municipio de #Pontevedra (Pontevedra). . [gl] #Reloxosolardeclinante a #poñente (1997) no #concellodePontevedra (#PO). . [en] #Decliningsundial (1997) in the municipality of Pontevedra (Pontevedra) #Spain. . . . #gnomon #rellotgesolardeclinant #relogiosolardeclinante #decliningsunclock #mittags_sonnenuhr #cadransolairedeclinant #orologiosolare #солнечныечасы #zonnewijzer #solur #IESAXunqueira #galiciamola https://www.instagram.com/p/CGzhFTuDRbf/?igshid=1jnr8nb2k9ryt
0 notes
carloskaplan · 4 years ago
Photo
Tumblr media
Miguel Ángel Houasse: Vista de El Escorial desde poñente
2 notes · View notes
manuel-velasco-carretero · 4 years ago
Link
0 notes
filofobiainefable · 6 years ago
Link
0 notes
histagra · 6 years ago
Text
Ciclo Pasados Incómodos con Sophie Baby: “En torno ao libro «El mito de la Transición pacífica. Violencia política en España (1975 – 1982)»”
Aldara Cidrás
Grupo HISTAGRA
A excepción da de ETA, na Transición española non houbo violencia. A Transición foi un éxito porque foi pacífica.
 Esta afirmación categórica, a día de hoxe, choca e ata resulta incómoda para moitas persoas. Pero hai case dúas décadas, no ano 2000, o contexto era ben distinto e esta máxima era aceptada por gran parte da poboación. O curioso é que aceptaban este discurso da Transición “pacífica” e “modélica” mesmo sabendo que non era verídico porque viviran en primeira persoa a conflitividade dos seus anos, amosando que o pacto do esquecemento ía máis alá do golpe, guerra e ditadura.
Ao albor do cambio de milenio comezaba a investigación para a súa tese doutoral a actual profesora da Université de BourgogneSophieBaby, quen foi a poñente do último seminario de Histagra o pasado xoves 13 de marzo e veu presentar El mito de la Transición pacífica. Violencia política en España (1975 – 1982) (Akal, 2018), ensaio que chega editado en castelán despois da súa publicación orixinal en francés no 2012 e que recolle os resultados de devandita tese doutoral.Mais, cal era a realidade do Estado español no momento no que Baby comezaba a súa investigación?No ano 2000, gobernaba con maioría absoluta o Partido Popular de Aznar á vez que comezaba o auxe do movemento pola recuperación da memoria histórica impulsado pola primeira exhumación pública no Bierzo dunha vítima do golpe de 1936, Emilio Silva (as privadas, como sabemos, sucedéronse xa dende a ditadura). Noutras palabras, a de SophieBaby foi unha investigación que se desenvolveu antes da Lei de Memoria Histórica, da querela arxentina contra o franquismo e da disolución de ETA. Facendo énfase en todo isto, a autora recordábanos o importante que é o contexto histórico nunha investigación; non só en relación ao obxecto de estudo, senón tamén no que se refire á investigadora ou investigador e ao mundo que lle rodea.
Tumblr media
O interese inicial da profesora Baby no momento de comezar a investigación xiraba en torno á violencia e en como sae un país dunha ditadura. Fronte aquel relato hexemónico da Transición pacífica (do que ela, ao ser francesa, en realidade nunca fora herdeira), quería cambiar o modelo epistemolóxico do estudo deste proceso enfocándoo dende a perspectiva do conflito. Buscaba, entón, interpretar a violencia que tivo lugar neses anos, mais a falta de calquera tipo de estatísticas sobre o tema obrigouna a contabilizar dita violencia. Ademais, reflexionaba ela, non había nin hai nada mellor que a forza dos números para contrarrestar o relato dominante.
 Polo tanto, a violencia política durante os anos da Transición é o obxecto de estudo e eixo vertebrador de El mito de la Transición pacífica. Unha violencia política que é integrada na análise fose quen fose o seu axente executor: tanto a instigada polo Estado como aquela provocada por grupos contestatarios ao novo réxime que se estaba a fraguar. Resultan interesantes tamén as reflexións da propia autora en torno á definición de violencia política, en tanto que as consecuencias desta van máis alá da morte. Por iso, como detrás de cada cifra hai un traballo de interpretación da mesma, inclúe a SophieBaby no libro un amplo capítulo dedicado en profundidade á metodoloxía da investigación e á teoría das tipoloxías que manexa na súa investigación, facendo a obra atractiva incluso para persoas cuxo interese non estea exclusivamente centrado na época da Transición.
 En relación á análise sobre a violencia política en España entre 1975 e 1982, outra das ideas fundamentais do libro é a de “mito” (termo que non estaba incluído no título da tese doutoral da investigadora, mais si que aparece xa na publicación en francés no 2012). Con “mito” non se refire a profesora Baby a unha mentira ou manipulación, en tanto que ela non busca facer valoracións políticas da Transición; refírese pola contra a un relato interpretativo dun período histórico que se convirte en hexemónico. Ou dito doutro xeito, para ela, un mito é un metarrelato compartido pola sociedade que inclúe elementos identitarios da mesma e que ademais se vai actualizando segundo as necesidades do presente. Así, o discurso dominante da Transición como pacífica e modélica trátase do mito fundacional da democracia española após 1978.
Tumblr media
El mito de la Transición pacífica. Violencia política en España (1975 – 1982)recolle unhas conclusións en moitos aspectos polémicas. A propia autora comentaba á saída do seminario que, a diferenza da recepción do ensaio en Francia, onde pasou a formar parte directamente do corpus académico de obras de referencia sobre a Transición española pero non chegou a penetrar noutras esferas, no Estado español o libro está tendo unha notable incidencia na sociedade (feito do que dan mostra as múltiples presentacións da obra e entrevistas en xornais que está realizandoSophieBabynos últimos meses con motivo da edición de El mito de la Transición pacíficaen castelán). Incidencia nunha sociedade que se sinte directamente interpelada e que se incorpora no debate dende un amplo espectro de posturas, ás veces incluso máis persoais que académicas. E é que o tema da Transición segue estando moi presente na actualidade, como puidemos ver hai pouco coa celebración do 40º aniversario da Constitución do 78: fronte ás voces críticas co relato da Transición modélica, xorden outras aínda máis fortes que o defenden. Porque a forza hexemónica dese discurso, aínda que cuestionada, aínda non desapareceu. É por ese motivo polo que seguimos precisando investigacións que, ao igual que a da profesora Baby, centren o seu foco de estudo neste período para continuar dando respostas a corenta anos de preguntas.
0 notes
diasinluna · 7 years ago
Text
Este pasado mércores 18 puiden asistir a presentación do Coworking “Managment Musical”.
Os poñentes, Kin Martínez e Carlos Galán, falaron sobre a industrial musical actual. Como pese a estar nunha época de crise fan falta profesionais no sector que estén cualificados. Tamén se falou de cambios que houbo no sector en pouco tempo; unha canción como single en vez das 10 de antes…
Cada proxecto é diferente polo que cada artista tamén o é. “Cada artista ten o seu camiño e a súa forma polo que cada un necesita un trato diferente”- remarcaba Kin. O importante é un compromiso tanto por parte do músico como por parte do manager.
Carlos Galán comentaba que un grupo ten encherte persoalmente tanto como banda como o proxecto que eles teñen porque ao final verase como un só, un equipo.
Nesta ponencia presentouse tanto o contido do curso de “Managment Musical” como os profesores que impartirían cada un dos bloques. Algúns dos nomes son: Javier Liñán, Inma Grass, Anxo Bautista, Almudena Herrera…
Deixovos o enlace onde obter máis información e algunha foto do evento.
Coworking
Presentación curso de “Managment Musical” (Paideia) Este pasado mércores 18 puiden asistir a presentación do Coworking "Managment Musical". Os poñentes, Kin Martínez e Carlos Galán, falaron sobre a industrial musical actual.
0 notes
nievesvidueira · 8 years ago
Photo
Tumblr media
Multitudinaria asamblea, algo sen precedentes en Viana do Bolo, para intentar buscar solucions os tremendos daños nesta zona pola xeada, a seca etc. Agardamos tamen que algun tecnico evalue os danos e facer algun tratamento ou experimento pa intentar recuperar as árbores afectadas. E sabemos que e un problema sen precedentes, pero co cambio climático posiblemente pase mais veces osea que temos que entre todos precurar unha solución. Graciñas a todos os asistentes, tanto poñentes como publico. Seguiremos a loita por o bienestar do noso rural. Nieves Fernández Vidueira
0 notes
relojesdesolgal · 5 years ago
Photo
Tumblr media
. [es] ...terminamos con el que yo conocía y que quizás no esté catalogado o inventariado en ningún sitio. Además tiene un cuadrante #septentrional, y creo que solo se conocen, con este, tres en toda #Galicia... 4º #relojdesol (#1991s) y último, por ahora, en el #CascoVello de #Vigo (#Pontevedra): #Relojdesolmúltiple; #ortomeridiano, #meridiano a #poniente (O), y septentrional (le falta el #gnomon) en la plaza de..., ¿reconocéis la plaza? Autor: @escultorpadin . [gl] ...rematamos co que eu coñecía e que quizais non estea catalogado ou inventariado en ningún sitio. Ademais ten un cadrante #setentrional, e penso que so se coñecen, con este, tres en toda Galicia... 4º #reloxodesol (1991) e derradeiro, por agora, no #CascoVellodeVigo (#PO): #Reloxodesolmúltiple; ortomeridiano, meridiano a #poñente (O), e setentrional (fáltalle o gnomon) na praza d..., ¿recoñecedes a praza? Autor: Xesús Méndez Padín . [en] #Multiplesundial in the municipality of Vigo (Pontevedra) #Spain. . . . #rellotgedesol #relógiodesol #sundial #cadransolaire #sonnenuhr #cascovellodevigo #secretosdevigo #segredosdevigo #vigooculto #vigomola https://www.instagram.com/p/B4me5Nlil_B/?igshid=la3rkc74dluo
0 notes
relojesdesolgal · 5 years ago
Photo
Tumblr media
[es] #Relojdesol múltiple (1797) en el municipio de #AGuarda (#Pontevedra). Tiene tres cuadrantes, uno orientado al #sur (S), otro a #levante (E) y otro a #poniente (O). . [gl] #Reloxodesol múltiple (1797) no concello da Guarda (#PO). Ten tres cadrantes, un orientado o sur (S), outro cara o levante (E) e o outro cara o #poñente (O). . [en] #Multiplesundial (1797) in the municipality of A Guarda (Pontevedra) #Spain. . . . #relojdesolmultiple #relojdesolvertical #verticalortomeridiano #relojdesolmeridiano #reloxodesolmultiple #reloxovertical #sundial #multifacesundial #piedra #pedra #stone #patrimoniogalego #salcidos #concellodaguarda #obaixomiño #baixomiño #baixominho #galiciamola https://www.instagram.com/p/B3ZQz_DIxQR/?igshid=19xxn6ihqh6k7
0 notes
notasdecidade · 2 years ago
Text
987 beiras de mar
Tumblr media
A beira das nosas praias crea o paseo máis extraordinario que se poida imaxinar. Este paseo cambiante é un agasallo natural que ningunha obra pública pode igualar, “paseos marítimos” incluídos. Segundo un catálogo recente, este patrimonio natural peonil, está constituido por 987 praias moldeadas polo traballo incesante do mar ao longo dos 1.700 quilómetros das nosas costas. Os nosos areais son moi diversos, atendendo ao seu tamaño, forma, pendente, tipo de area, orientación solar ou exposición ao vento. Calquer intento de procurar o mellor é inútil.
Hai, con todo, dous tipos de praias extremas. Por unha banda, as quilométricas, que permiten paseos longos e solitarios polas súas beiras como: A Frouxeira, San Xurxo, Baldaio, Traba, Carnota, Corrubedo ou A Lanzada. E noutra, as urbanas e máis activas como: Riazor-Orzán, Barraña, Silgar, Samil, Panxón ou Patos. A súa condición urbana, á marxe das coñecidas actividades e concesións no verán, fai que pensemos que teñen case todo por descubrir. Usámolas menos que outros países con peor clima. Como convertelas en espazos vivos todo o ano e acotío?
Cada ano, as mareas vivas apañan o que non é esencial. Que poden aprender as nosas prazas e parques deste espazo natural en movemento e da súa extraordinaria dinámica? E da súa poderosa abstracción? 
«Aínda non existe un zapato que campe mellor que a fina area dunha praia». Os pés abrandan a beira e a area masaxea os pés. A beira é un bordo inquedo e ondeante, sen forma ou cuxa forma é o propio movemento. A configuración curva ofrece unha perspectiva en arco que contrasta coa monótona recta dos esgotadores paseos marítimos. Xa no atardecer «latexa o mar de aceiro» sobre os areais encanonados polo poñente. Que fai este espazo tan atractivo, cambiante, sensorial e misterioso?.
A beira é un espazo vivo que muda en cada marea. O mar repavimenta o chan de area como un cristal dúas veces ó día. As mareas limpan e reinician a partida despois de servir de soporte a mil actividades: algunhas excitantes como xogos, papaventos ou construccións de area e outras máis relaxantes como: lectura, paseo, conversa ou recolleita. Todas estas actividades quedan impresas sobre esta área intermareal que é hábitat de grande variedade de seres vivos. 
O paseo pola beira nunca cansa e sempre custa abandonalo. Este espazo intermedio é testemuña da nosa insignificancia fronte ao mar. Mais, cantas preguntas difíciles teranse resolvido neste paseo? Pensar e pasear. Pasear pensando ou pensar paseando son accións moi próximas.
O mar desborda sobre a area, sempre comezando de novo. «La mer, la mer, toujours recommencée !». «Quen o mira veo por vez primeira, sempre. Co asombro que deixan as cousas elementais»
Tumblr media Tumblr media
Imaxe // fonte:
1.2. Dous intres da marea no mesmo beiramar // L.A.
3. Poñente de verán nunha beiramar urbana // L.A.
4. Diversos areais urbanos obedecendo ó poñente // Google maps
32 Sermos, nº 512, páx. 29 (30/07/2022)
0 notes
relojesdesolgal · 5 years ago
Photo
Tumblr media
[es] #Relojdesol múltiple en el municipio de #ORosal (#Pontevedra). Tiene tres cuadrantes, uno orientado al sur (S), otro a levante (E) y otro a poniente (O). . [gl] #Reloxodesol múltiple no #concellodoRosal (#PO). Ten tres cadrantes, un orientado ó sur (S), outro cara o levante (E) e o outro cara o poñente (O). . [en] #Multiplesundial in the municipality of O Rosal (Pontevedra) #Spain. . . . #gnomon #relojdesolmultiple #relojdesolvertical #verticalortomeridiano #relojdesolmeridiano #reloxodesolmultiple #reloxovertical #reloxodesolmeridiano #sundial #stonesundial #multifacesundial #piedra #pedra #stone #patrimoniogalego #ocalvario #santamariña #obaixomiño #baixomiño #baixominho #galiciamola https://www.instagram.com/p/B4M0dr1oO4P/?igshid=1374vclibu0tw
0 notes