#debuxo
Explore tagged Tumblr posts
Text

David Gilson: Jean-Marc et Sacha ont-ils froid ou sont-ils gênés?
31 notes
·
View notes
Text

Paradise. Akira.
7 notes
·
View notes
Text

Algún día aprenderei a debuxar cousas humanas anatómicamente correctas, que nin cunha referencia de min mesme puiden facer isto decente. Por algunha parte teño que practicar
0 notes
Text
Teño que xogar a isto cos meus fillos (mirade ata o final)
95K notes
·
View notes
Text
@jar-jar-ate de madrísima se nos está a ir a perola como nazón
#isto non estaba no meu libro de historia#nin na miña quiniela para 2024#ALDRAXE#hahahahaha#descoñezo o OP do debuxo pode que sexa a que o posteou quen sabe
3 notes
·
View notes
Photo

El Viaje de Chihiro (2001)
1 note
·
View note
Text

Venus, debuxo coa man esquerda. Xaneiro. Left hand drawing.
31 notes
·
View notes
Text

Debuxos soltos de quencemento de varios días desta semana. Neste caso as miñas princesas Disney favoritas do momento. Destaco a Rapunzel porque estou vendo a serie e moi moi ben polo momento.
#illustration#illustrations#digital art#art#artists on tumblr#digital drawing#digital illustration#art on tumblr#disney#dinsey fanart#fanart#fanarts#disney animation#disney princess#rapunzel#tangled#mulan#megara#hercules#anna frozen#frozen#kida#atlantis#kida atlantis#disney art#jasmine#aladdin#animation#six fanarts
34 notes
·
View notes
Text
Redeseño dun debuxo que fixera hai uns anos. Algún día farei un cómic épico de 1200 páxinas.
#ilustracions#illustration#drawing#fantasy#medieval fantasy#fantasy art#fantasy illustration#desenho
8 notes
·
View notes
Text
Els 4 Gats, referente da modernidade en Barcelona
O Museu del Modernisme de Barcelona presenta, nestes meses centrais do ano, a mostra Els 4 Gats Bressol del Modernisme,Lito Caramés unha fermosa antolóxica de obras de persoeiros que se moveron nos postrimeiros tempos do século XIX por aquela afamada taberna. Por outra banda, vén sendo unha homenaxe a Pablo Picasso, asiduo de Els 4 Gats, cando van 50 anos do seu pasamento. Sempre resulta pracenteiro comprobar que, con regularidade, a iniciativa privada supera os pulos das entidades públicas na oferta expositiva da arte. A arte, esa actividade que seica non serve para nada, pero que é tan esencial no decurso das comunidades humanas.
Lito Caramés

Graner. Personatge a la taverna, 1898
Els 4 Gats Bressol del Modernisme. Museu del Modernisme de Barcelona (MMBCN)
Sens dubte l’origen dels Quatre Gats a Barcelona va tenir la influència directa de Le Chat Noir de París. En totes dues ciutats, la capital francesa i la ciutat comtal, es van succeir una sèrie de fets històrics i geopolítics que van proporcionar el sorgiment d’una generació d’artistes i intel·lectuals que van marcar el nou rumb de l’avantguarda cultural. (...) Ells van marcar el punt de partida de la renovació cultural en les dues ciutats. (Gabriel Pinós, 2019).
Neste ano de 2023 o Museu del Modernisme de Barcelona (MMBCN) presenta unha gran exposición temporal cun título tamén bastante longo: Els 4 Gats Bressol del Modernisme. Casas, Rusiñol, Utrillo, Romeu ... i Picasso. Nas salas deste atractivo museo pódense contemplar unha duascentas obras de diversa confección: pinturas, debuxos, esculturas, carteis e mesmo mobles que brindan a oportunidade de deixarse mergullar nunha viaxe polo tempo e achegarse ao ano 1897, data na que abre as súas portas esa famosa taberna. A confección de tal actividade corre a cargo de Gabriel Pinós, coñecido activista cultural, comisario de arte e tamén o responsable da tan dinámica galería de arte Gothsland. O título vai dando pistas sobre a motivación da tal mostra artística: este ano celébranse os 50 anos do pasamento de Pablo Picasso, motivo para presentar o tobo modernista onde o artista malagueño ofreceu ao público as súas primeiras obras, a súa primeira exposición.

Picasso.Carta de Plats de la cerveceria Els 4 Gats. 1899
Els 4 Gats Bressol del Modernisme está ideado e presentado con todo un fato de simbolismos. Por exemplo Pinós decidiu incluír nesa mostra catro obras de moitos dos artistas aí representados (que son moitos). E precisamente de Picasso tamén se poden observar catro das súas pezas iniciais. Els 4 Gats, catro obras. A exposición é un luxo, é unha antolóxica digna do mellor centro museístico público da cidade.
É de agradecer que a familia Pinós faga estes esforzos para poder ofertar nesta vila exposición retrospectivas tan excelentes. E non é a primeira. Foi a primeira entidade (privada ou pública) que decidiu presentar unha antolóxica sobre a xenial pintora Luísa Vidal, coetánea de Ramon Casas ou Santiago Rusiñol. Vidal foi tan boa que en varias obras (que foron atribuídas a Rusiñol ou Casas) xa se puido comprobar que fora borrada a firma dela, e substituída pola dun destes dous pintores; moito máis valorados, evidentemente, por seren homes. Non dixeron os críticos -perante séculos- que as mulleres non pintan tan ben coma os homes? De ser así, como é que atribúen a pintores (homes) algunhas das telas que se sabe con precisión que foron elaboradas por mulleres artistas? A ver se vai resultar que as mulleres son tamén grandes artistas; cousa que contradiría (¿¿??) o indicado por Linda Nochlin no seu famoso artigo Why Have There Been No Great Women Artists? A mesma familia Pinós é a responsable de ter programado moitas outras exposicións memorables (moitas delas arredor das décadas nas que o Modernismo impuxo as súas estéticas por Europa e outros continentes) como se acredita no seu portal web. Baste como exemplo a magnífica antolóxica Ramon Casas. La mirada moderna.

Planella. La nena obrera, 1899
Els 4 Gats Bressol del Modernisme. Casas, Rusiñol, Utrillo, Romeu ... i Picasso
Els Quatre Gats s’inspirà en un local ben diferent, el cabaret Le Chat Noir. L’aparició gairebé simultània d’aquests dos espais ens serveix per entendre una realitat social tan complexa com la Barcelona del tombant del segle XIX al XX. Malgrat la seva aparent disparitat (...) ens trobem que aquí, com en altres indrets de la Barcelona d’aleshores, la població els convertí en punts de trobada i confluència (Juan Carlos Bejarano, 2019).
O establecemento hoteleiro Els Quatre Gats abre no ano 1897, na rúa Montsió (antes de Sant Josep), nunha das rúas do chamado Barri Gòtic. O tal Barri Gòtic semella ter bastante máis de Neogótico que propiamente de barrio baixomedieval. As probas están publicadas en extenso, con teses doutorais e todo polo medio. Esta taberna, froito da iniciativa de xente nova e artística como Santiago Rusiñol, Ramon Casas, Joaquim Mir, Miquel Utrillo (e a figura estelar e empresarial de Pere Romeu), pasou a ser a imaxe viva da bohemia barcelonesa. Els Quatre Gats (tal e como se pode ver na pintura-cartel de Ramon Casas que presidía o local: Ramon Casas i Pere Romeu en un tandem) estaba situada nos baixos da coñecida co nome de Casa Martí, tal era o apelido de quen a mandou construír. A tal casa Martí é o primeiro proxecto executado polo novo arquitecto Puig i Cadafalch, un dos grandes do modernismo catalán, no ano 1896. O seu estilo xa entra dentro do modernismo e, por suposto, do neogoticismo que xermolaba por toda Europa (Puig i Cadafalch era admirador da arte flamíxera das terras flamencas e xermánicas. Como anécdota dicir que Eugeni D’Ors –o que foi pope do Noucentisme (autoproclamado Genius), que logo nas súas erráticas derivas chegou a ser voceiro do franquismo– definiu o estilo da casa Martí como gótico-puigcadalquesco mozo de escuadra-catalán.

Opisso. A l'interior d'Els 4 Gats, 1898
Els Quatre Gats seguiu aberta ata o ano 1903. En total seis anos que deixaron pegada na vida desta cidade. Alí facíanse tertulias, exposicións, ceas, xuntanzas artísticas, así como espectáculos de sombras chinesas, que tanto agradaban daquela pola novidade. Polos seus locais pasaron con asiduidade músicos como Albéniz, Granados e Millet. Outro dos habituais foi Antoni Gaudí, xunto co artista polifacético Torres García, o pintor de xitanas Nonell ou o debuxante Ricard Opisso. Todo un luxo; a mestura de creatividade e bohemia. En 1899 Pablo Picasso, con 17 anos, presentou alí a súa primeira exposición de arte, na sala grande, e fixo o cartel que se empregou portada do menú de Els Quatre Gats. E aínda se publicou unha revista co mesmo nome da taberna, Els Quatre Gats.
Na mostra que agora se comenta Els 4 Gats Bressol del Modernisme é un modelo de bo e importante traballo realizado para non só presentar obras de excelente calidade, senón de argallar o necesario para que, quen visite estes meses o Museu del Modernisme, se sinta arroupado por muebles, carteis e outros elementos que axuden na viaxe a finais do século XIX, ao corazón dos tempos modernistas. A Barcelona que xa sentía a industria na súa estrutura urbana (e arredores), pódese afirmar que entra na modernidade coa celebración da Exposición Universal de 1888. Ese evento significou a presentación internacional da vila, a chegada de novas modas (o xaponismo), de novas propostas estéticas. A primeira exposición universal que se celebra en Barcelona foi unha iniciativa privada e arriscada do empresario ferrolán Eugenio Serrano de Casanova, un enxeñeiro entusiasta desas exposicións internacionais. Cando todo ía rodado na preparación da mostra, a urbanización de toda a zona da Ciutadella (as portas de entrada estaban instaladas no Arc de Triomf), o concello da cidade de Barcelona decide retirar a Serrano de Casanova da xestión e organización. Hogano son outros os que levan a fama de teren artellado semellante evento que concitou a presenza de máis de 5 millóns de persoas.

Torres García El gato negro, 1898
A valía de Els 4 Gats Bressol del Modernisme vaise vendo no seu percorrido. Hai carteis que nada teñen que envexar aos que, daquela, se facían en París ou noutras capitais. A obra que Picasso elabora para o menú da taberna é moi moderno: emprega uns volumes na indumentaria, as cores uniformes, planas, que xa daquela ían presentando Casas e moitos outros artistas barceloneses. Para dar idea dos traballos e os días da vila, está La nena obrera (de Planella) que obvia a explotación infantil e os perigos que representan esas máquinas ante as que traballaba moitas, moitas horas, unha rapaza (de 11 anos?). O risco de accidentes e a insalubridade dos locais eran pan de cada día. (Hogano non acaban de ser historia pasada estas explotación; hai pouco sóubose que McDonald’s emprega agora a nenos de 10 anos, en xornadas interminables). Non é o único, Rusiñol está representado co lenzo La fábrica, e Pellicer a unha muller pasando o ferro nun interior doméstico.
Tampouco poden faltar as referencias á vida bohemia. Un retrato de Rusiñol do músico Eric Satie, por exemplo, onde semella que a bohemia non ofrece a face máis amable, ou a fermosa tela de Graner que representa un home na taberna (sería a mesma de Els 4 Gats?). Graner, de certo sen querelo, pinta na parede do fodo a bandeira de Ucraína. Opisso, un dos asiduos ao local de Romeu está representado cun debuxo no que retrata a algúns dos habituais de Els 4 Gats; perfectamente identificables Romeu (esquerda) ou Picasso, ao fondo e de pé, con certo aire de enfant terrible.
Para rematar, a exposición Els 4 Gats Bressol del Modernisme. Casas, Rusiñol, Utrillo, Romeu ... i Picasso xustiza aos bos traballos de Gabriel Pinós e demais traballadores do Museu del Modernisme e tamén da galería de arte Gothsland. Unha visita desde calquera xeito que se queira mirar totalmente recomendable.
Lito Caramés

Casas. Entre llums, 1894
EXPOSICIÓN: Els 4 Gats Bressol del Modernisme
Museu del Modernisme
ata o 14 de xullo de 2023
2 notes
·
View notes
Text
crecín [mentido. para aprender a chorar [espido. para temer á masculinidade e pendurar dun fío de lexitimidade ou iso dicía meu pai cando meu esperpento amencía diurno nos poros das miñas fazúlas [avermelladas subindo o sangue baixando a cordura, ninguén obtivo resposta para o meu ventre florecido mais morto [ gotea, pechei as pernas [ gotea. causei un alboroto [o chan síntese frío dixéronme ca o vermello era a cor da calor. mordín o asfalto e sabía a arte a miña vida será o canvas da túa perpetuidade quixen aprender a como entrar nas salas de debuxo onde a mulelr reposaba indistinta [ morrendo por descubrir o ceo máis alá do pavimento. que teñen eles que faga que a miña llaneza carnal non poida ser un nudo de continuidade ante o privilexio da súa mezquinade?

0 notes
Text

Boyfriend came to visit but he has a test tomorrow
36 notes
·
View notes
Text

Debuxo aleatorio N° 5.742. ASDF
2 notes
·
View notes
Text



A portada, a contraportada e o feito de que no proceso de sacar as fotos se me rompeu un pouco, pero nada que non poda arranxar rápido con un pouco de pegamento
4 notes
·
View notes
Text
PRESENTACIÓN DO MINIDICIONARIO DE XUSTIZA SOCIAL



Hoxe estivo con nós Clara Grech, investigadora da Universidade de Vigo para presentarnos o libro "Minidicionario de Xustiza Social", coordinado por Carmen Verde, Iria Vázquez e Brais Suárez.
Foi unha xornada na que o alumnado do ciclo de Integración social estivo a reflexionar sobre algúns dos termos que inclúe o Minidicionario, tales como necesidades básicas, pobreza infantil, teito de cristal, igualdade efectiva, discapacidade, desigualdade norte-sur, fenda salarial, violencia vicaria…
E é que o libro inclúe 72 termos para a transformación social divididos en varios capítulos relacionados con xustiza social, interseccionalidade, pobreza, mercado laboral, movementos migratorios, infancia, saúde, dependencia, discapacidade, igualdade de xénero, violencia machista, violencia intrafamiliar e soidade.
Ademais, pasamos un momento distendido co xogo Xustiza Social que servíu para afianzar algúns dos termos. Trátase dun xogo de cartas que acompaña ao libro con termos, películas, personaxes… que adiviñar mediante mímica ou debuxo, fomentando así a aprendizaxe lúdica.
bibliotecacifpaxunqueira #cifpaxunqueira #fpgalicia #bescolaresgal #plambe #minidicionariodexustizasocial #xustizasocial #uvigo
@axunqueira
0 notes
Text
Unha cuberta que camiña

Qué poderíamos empregar para camiñar sen mollarnos? O mesmo que para quitar o sol, foi a resposta chinesa e orixe do paraugas no século XI a.C. durante o imperio de Quin Shi Huang.
Daquela o sol era o maior enemigo e as follas da palma unha solución á man. Impermeabilizar un parasol, todo un enxeño que protexe -«parare»- da choiva. A lenda atribue a descuberta a Lu Mei, unha rapaza chinesa que para gorecer ao seu irmán da choiva argallou un obxecto con 32 bastóns. A súa orixe daquela, estaría baseada nos coidados.
Madeira no puño, metal no bastón e nas varillas, poliéster na capota: son os materiais máis empregados. De cada unha das partes téñense ensaiado miles de sistemas e de materiais, mais é dificil atopar unha variante que non se pensado antes; humildade. E con todo, rexístranse cada ano unhas 3.000 patentes activas.
O paraugas é unha cuberta lixeira portátil que cubre o noso metro cadrado con escasos 300 gramos, unha maravilla do deseño cunha física tan abraiante coma a da bicicleta, 15 kilos con dúas rodas que transportan ata dez veces o seu peso.
A escolla das súas particulares características e materiais supón outra descuberta. Como queremos que sexa o tacto e o seu dominio ca man?, que rixidez precisamos no eixe e que número de varillas?, que tipo de cor de luz, en que cantidade, con que transparencia?, que tipo de son?, pregable?, automático?, etc.
As limitacións e o confort relativo pode provocar un boa escolla axeitada, nin moi grande, nin moi lixeiro. Alonxarse sempre dos extremos cando se trate da nosa superficie cóncava flexible, do noso ceo protector pregable para case todas as circunstancias.
Son moitas as leccións que acubilla o paraugas. Se é moi grande, incómodo. Se é pequeno, inútil. Se é malo, desbotable cun so uso e un despropósito. Se é de calidade, unha preocupación necesaria para sempre. O costo nunca pode ser só económico. Se é pregable, este descapotable de peto esixe máis tecnoloxía e posibilidade de avaría. Como adoita, canto máis elegante, menos práctico; canto mais técnico, menos versátil.
É indiscutible que este octógono fráxil e rebelde sintetiza os mellores valores da modernidade como a lixeireza, a flexibilidade, a portabilidade ou a transparencia. Que podemos aprender deste aparello? So un exemplo, a arquitectura de toldos e invernadoiros, perfeccionan, no seu papel, o aprendido polos paraugas en relación o seu desplegue, a resistencia-durabilidade precisa, o tipo de luz, etc.
Canto máis afinado un obxecto máis se asemella en calquera parte e máis preto está da perfección. Agora ben, semellante non é igual, atopar as diferencias sutís no que teñen moitos en común é outra aprendizaxe posible. O paraguas posúe a tranquilidade da forma inevitable, é unha referencia totémica e anticaprichosa. O noso museo nacional do paraugas chegará.
Como pensar de novo este obxecto? Ten aparecido sen moito éxito algún prototipo. Por exemplo, un bastón que proxecta unha cortina de aire. Como evitar ter que sostelo cun brazo? Muchos objetos inmellorable ata que xurde unha nova solución indiscutible. Ata 1989 a ninguén lle parecera evidente poñerlle unhas rodas a unha maleta. Cales serían «as rodas» do paraugas por inventar?


Imaxe // fonte:
1. Debuxo síntese para a patente dun paraugas no 1880 // A. H. Ege
2. Deseño de cuberta de 45x45 m en aceiro e nylon en 1974 // Frei Otto
3. Deseño de catavento en forxa con figuras baixo o trebón // A. de la Sota
59 Sermos, nº 630, páx. 27 (02/11/2024)
0 notes