#nigrán
Explore tagged Tumblr posts
Text
Vella campesiña. Nigrán. Pontevedra, Galicia, España. 1926
Photo: Ruth Anderson
47 notes
·
View notes
Text
Best mural of the world, second place
Street art. Nigrán, Galicia (Spain)
8 notes
·
View notes
Text
FERIAS NIGRÁN (2) (3) (4) by J P
2 notes
·
View notes
Photo
Streetart by Lula Goce @ Nigrán, Spain, for Concello de Nigrán More pics at: https://barbarapicci.com/2023/06/16/streetart-lula-goce-nigran-spain/
5 notes
·
View notes
Text
Ruth Anderson Vella campesiña. Nigrán. Pontevedra, Galicia, España. 1926.
0 notes
Text
0 notes
Video
youtube
CARNAVAL de BAIONA 2024 🎭 Desfile de Carrozas y Comparsas
Nos desplazamos a la localidad de Baiona (Pontevedra) para vivir el tradicional Desfile de Carrozas y Comparsas. Una tarde donde Baiona se llenó con cientos de personas por sus calles al son de música, baile y diversión en este Carnaval 2024. Sin duda el Carnaval más adelantado de la zona celebrado este Sábado - Baiona 03/02/2024. El Carnaval de Baiona 2024 en Teleame. Algunas de las comparsas que participaron en el Desfile de Carrozas y Comparsas organizado por el concello son: ✅ Os Festeiros de Bembrive (Vigo) ✅ Comparsa Arroutada (Vigo) ✅ Asociación Políticamente Incorrectos de Gondomar ✅ Asociación de Veciños Galiñeiro de Vincios (Gondomar) ✅ Comparsa Ldanzia (Gondomar) ✅ Asociación Os da Casa de San Andrés de Comesaña (Vigo) ✅ Comparsa Talisman de Budiño (Salceda de Caselas) ✅ Centro Cultural Parada de Miñor (Nigrán) ✅ Comparsa Os Furafollas (Vigo) ✅ Comparsa Os Imprescincibles (Vigo) ✅ Asociación Os Fragafestas de Vincios (Gondomar) ✅ Centro Veciñal e Cultural de Valladares (Vigo) ✅ Centro Cultural A Merced de Chaín (Gondomar) ✅ Asociación de Veciños Nosa Terra de Pereiras (Mos) ✅ O Millor de Cada Casa de Vincios (Gondomar) ✅ Asociación de Carnavales de Mañufe (Gondomar) ✅ Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva de Lavadores (Vigo) Sumérgete en la festividad mientras exploramos la magia y la diversión que caracterizan a este carnaval único. Si eres amante de la tradición, la música contagiosa y la alegría desbordante, este vídeo es tu pase VIP al corazón del Carnaval de Baiona. Si disfrutas de este vídeo, no olvides darle un 👍, suscribirte para más contenido festivo y compartirlo con aquellos que aman la magia del carnaval. ¡Que comience la fiesta en el Carnaval de Baiona!
0 notes
Text
Nigrán ofrece la obra 'Sincronizadas' de Farándula Velutina - Telemariñas
Nigrán ofrece la obra ‘Sincronizadas’ de Farándula Velutina Telemariñas
View On WordPress
0 notes
Text
O Castelo, Nigrán | Vivienda JV
#espacio5d #e5darquitectos #vivienda #reformas #arquitectura #architecture #arquitetura #design #homedesign #instagood #instafood #concretedesign #diseño #reformaintegral #hormigon #betao #concrete #nigran #minimal #whitearchitecture #sate #nature #tradicional
1 note
·
View note
Text
Bárbara Tomé de Bordóns
Encarnita terremoto.
Historia de vida da miña querida avoa Encarna, unha muller á que nunca se lle esgotan as pilas.
Esta historia de vida tratará sobre as miñas vivencias e experiencias, chámome Encarnación e son unha muller que, aos meus case 89 anos, sigo vivindo coa alegría e a actividade que sempre tiven, desfrutando das miñas actividades favoritas, como dar longos paseos e charlar durante horas. A miña neta Bárbara pediume que vos relatase a miña historia, polo que, querido/a lector/a, agora mesmo comezo.
Nacín un 29 de xullo de 1934 no concello de Agolada, na provincia de Pontevedra, nunha familia numerosa e moi unida. En total fomos sete irmáns, dous varóns e cinco mulleres, e grazas á boa situación económica da familia, xa que o meu pai era xuíz en Lalín e alcalde de Agolada, foi a miña nai quen se ocupou do noso coidado e atención. Durante a miña infancia residimos no Pazo de Borraxeiros con moitas comodidades, pero, cando cumprín os dez anos, trasladámonos a Panxón, en Nigrán, un pequeno concello costeiro preto de Vigo.
No meu fogar sempre houbo moito cariño, tanto entre os meus pais como entre todos os meus irmáns e irmás, e nos dedicábamos a xogar e divertirnos nos ratos nos que non estábamos na escola. Sempre agradezo e intento ensinar aos meus fillos e netos sobre dar as grazas, por haber tido a sorte que tivemos nós, xa que naqueles tempos, as cousas eran moi difíciles para a gran parte da poboación, sobre todo na nosa terra. Aínda hoxe recordo non comer a merenda diante dos demais nenos e nenas do pobo xa que moito deles non tiñan ese privilexio, e a nosa nai sempre nos quixo facer conscientes disto. Hoxe en día esas cousas case non pasan, ou polo menos non na nosa realidade, pero non por iso non se debe deixar de agradecer o que temos.
Unha das cousas que máis marcaron a miña infancia foi o nacemento do meu irmán menor, xa en Panxón, e moi previo á morte da miña nai. Debido a unha meninxite, este irmán, Kiko, tivo un dano cerebral que lle causou unha discapacidade intelectual, polo que sempre recibiu unha atención especial, pero, aínda a que os médicos dicían que non ía sobrevivir moito tempo, chegou a vivir ata o ano pasado, sempre moi feliz e acompañado por toda a familia. O meu irmán, pese a todo, sempre tivo moita carisma e era querido por todas as persoas que o coñecían, incluso alleos á nosa familia, xa que sempre tiña unha frase ou comentario co que facer rir a todos e nunca se perdía ningún evento, reunión ou festa, ata os seus últimos anos de vida.
Pese a vir dun pobo no centro de Galicia, na casa falábamos en castelán, non sei moi ben por que, pero sempre foi así, ainda que fora si que falabamos en galego ás veces. Ao principio, cando comezamos a ter idade, aprendimos a ler e recibimos educación en casa cunha profesora, xa que non había ningún colexio nin escola nos arredores, polo que esta mestra nos ía ensinando máis e máis cousas, pero cando marchamos a Panxón comezamos a acudir á escola, no colexio HH. Carmelitas de Vigo, de feito, teño unha foto dunha das miñas irmás naquel momento.
Centrándonos na escola, como xa mencionei, aos dez anos pasei a estudar no colexio HH. Carmelitas de Vigo, un centro privado, feminino e relixioso. A elección do centro foi do meu pai, xa que quería (e sempre o dicía) que as súas fillas tiveran unha educación desas características, pese a ter na nosa contorna un centro, o Instituto Público del Val Miñor. Ao ter recibido clases na casa desde os catro anos ata os dez, o ingreso no colexio non foi problemático, era unha boa estudante e pasei sen problemas os cursos seguintes, sempre con boas notas. Gustábame escribir e tiña moi boa letra, cousa que hoxe en día case non conservo, pero escribía moito e moi ben, pero as matemáticas... non me gustaron moito nunca, ainda así sempre atopaba a maneira de aprobar.
O meu pai era, para aquel tempo, bastante avanzado, procurando a mellor educación para nós e non só para os rapaces, aínda que o maior acudiu a un internado masculino fóra da cidade e máis tarde á universidade. O meu irmán pequeno, debido á súa discapacidade intelectual, non acudiu á escola, pero na casa sempre intentamos que fose o máis independente e autónomo posible, e de feito, conseguímolo bastante. Todas nos aprendemos a escribir e os coñecementos que naquela época se consideraban básicos, e aínda que a min me houbera gustado estudar como os meus netos e a gran maioría da xuventude fai agora, pero naquela época todo era distinto e tampouco lle din moita importancia.
Nas aulas do meu centro éramos entre 12 e 14 alumnas da mesma idade (aproximadamente) e nos colocaban as mesas e cadeiras dispostas para que nos sentásemos en parellas. Pese a que existía unha pequena diferencia na idade, podería dicir que non recordo moita diversidade entre as miñas compañeiras, xa que máis ou menos todas éramos da mesma clase social e situación económica, e de Vigo ou, como eu mesma, dos arredores.
O horario de clase era de 9 da mañá a 7 da tarde e comíamos na escola, polo que pasábamos moitas horas do día no centro. As profesoras eran monxas e a verdade que eran moi boas e pacientes, deixábanos xogar coa corda e demais xogos da época e incluso nos levaban a pasear polo campo no recreo da comida, ademais que non eran moi esixentes nin nos castigaban frecuentemente, aínda que tampouco nos portábamos mal normalmente. Neste colexio fixen moi boas amigas, que conservei durante moito tempo e algunhas coas que incluso ás veces quedo a tomar un café, collinlle cariño tamén a algunhas das mestras, xa que, como xa dixen antes, eran simpáticas e agradables.
Como vivía en Nigrán e o colexio estaba en Vigo, para ir e volver utilizábamos todos os días o tranvía, que xa non existe en Vigo. Tras isto, unha vez chegábamos a casa, realizábamos as tarefas de clase e, dependendo do tempo, saíamos ao xardín a xogar ou tiñamos que facelo dentro da casa. Este viaxe sempre gustoume moito, xa que o tranvía pasaba zonas moi fermosas, sobre todo cando facía bo día, e mirando pola ventá se pasaba moi rápido, aínda que era case unha hora de traxecto.
Coa morte da miña nai paseino moi mal, xa que aínda era unha moza e a botaba moito en falta, pero entre todas as irmás maiores conseguimos seguir adiante e coidar dos máis cativos, sempre co apoio e cariño do meu pai, que estivo sempre atento ás nosas necesidades. Soían dicir que me parecía moito a ela, eu penso que si que tiñamos un parecido, aínda que algunha irmá se asemella máis ca min, vos diredes (eu son a de abaixo).
Sempre fun unha persoa moi sociable, gustábame facer novos amigos e ao ter tantos irmáns non tiña moito tempo para aburrirme. Xogabamos a moitísimas cousas diferentes, xa que naquela época non tiñamos nin televisión nin maquinitas como agora, polo que inventábamos xogos novos cada vez que nos aburríamos do anterior. En Borraxeiros había moitos menos nenos que en Vigo, entón non era tan fácil ampliar o grupo, pero aínda así nos divertíamos moito correndo polo campo xogando a atoparnos, ás carreiras, bañarnos no regato, e tamén xogábamos cos animais que había na granxa.
Unha vez rematei a escola obrigatoria, quedei na casa axudando no coidado dos meus irmáns e facendo a miña vida desde casa. Teño moi bos recordos deses anos, todas as irmás íamos xuntas a pasear, de compras, ou a Vigo a visitar ás nosas amigas, foi unha época moi divertida, ás veces saíamos a bailar pola noite ou a cear.
Recordo que nas vacacións de verano volvíamos a Borraxeiros, e nese momento tardábamos moitísimas máis horas en chegar, case parecía unha viaxe interminable. Cando estábamos alí facíamos moitas excursións polo campo e gustábanos moito descubrir novos paisaxes, incluso ás veces levábamos a comida e facíamos pequenos pícnics. Gustábame moito cociñar coas miñas irmás, facíamos uns doces riquísimos que ao noso pai lle encantaban, e ese pasa tempo o mantiven toda a miña vida, xa que aínda hoxe os meus netos e netas adoran a miña bica, o flan e as orellas de carnaval que fago.
Cando non volvíamos ao pobo en verán, estábamos en Panxón e de vez en cando nos quedábamos cos meus tíos, alí nos divertíamos moitísimo, xunto cos meus primos e primas, polo que se pasaba moi moi rápido o verán. Cando estábamos alí comíamos moito no xardín ou na praia, e como era una pequena illa, para volver á terra tiñamos que chamar a un barqueiro para que nos cruzase, algo que tamén desfrutabamos como nenos que éramos. Como meu aniversario cadraba no verán, o celebrábamos todos xuntos con comida riquísima, música e diversión, e aínda hoxe en día encántame celebralo e facer unha gran festa con todas as persoas que quero ("non imaxinades a festa que penso facer cando cumpra os 90 anos").
Cando coñecín ao meu marido, Raúl, casámonos e fomos moi felices (mirade que guapos) , xa que estabamos moi namorados. Tardamos un pouco en celebrar a voda xa que ao ser médico, nesas épocas non estaba na cidade, pero unha vez estivemos xuntos, non nos separamos máis. Tivemos 4 fillos, Encarna (coma min), Paloma, Raúl (coma meu marido) e Ana, que nos fixeron felicísimos e aos que quixemos moito, aínda que eu sei que el houbera querido dedicarlles máis tempo e non traballar tanto, pero á vez desfrutaba moitísimo do seu traballo e era a nosa fonte de ingresos. Pese a isto intentábamos pasar moito tempo en familia, e el era moi cariñoso polo que aproveitaba moi ben os tempos cos nenos. Aqui tedes unha foto dos seis nalgún evento que non lembro.
Cando nos casamos mudámonos a Vigo, nun piso no centro da cidade, xusto enfronte do colexio das nenas e moi preto do colexio do meu fillo, xa que eran un feminino e o outro masculino. Gustábame moito ter os colexios tan preto porque así podían ir eles solos e non dependían de nos, o barrio era moi tranquilo e céntrico, co Corte Inglés ao lado, polo que escapábame a facer compras sempre que podía. Neste barrio era moi fácil ter vida social, xa que todos nos acabábamos coñecendo por unha cousa ou por outra, e incluso amigas miñas da infancia vivían pola zona. Para ter un pouco máis de independencia, saquei o carné de conducir, aínda que para as miñas amigas do pobo era unha tolería, e Raúl regaloume un coche, polo que eu ía dun lugar ao outro todo o día, non tiña tempo nin para aburrirme.
Unha vez os nenos foron máis maiores, grazas as oportunidades que tiñamos polo bo posto de Raúl, compramos un piso na illa de Toralla cando ían a construír e alí vivimos moi felices, vendo crecer aos nosos fillos, e eu tamén aos nosos netos e netas, xa que sigo vivindo alí. O bo de vivir alí, ademais de ser un lugar privilexiado e preto da cidade, era a praia, que a min tanto me gusta. Pasaba horas xogando alí cos nenos, e eles se divertían moito, bañándose e tirándose area para molestarse uns a outros. Ademais de xogar, eu tamén podía ler e pasear tranquilamente, xa que había outras moitas nais, incluída unha das miñas irmás, que sempre tiñan os ollos postos nos nenos, e así podíamos descansar un pouco entre todas, ou cotillear e falar de mil cousas.
Recordo que polas tardes sempre esperaba a Raúl no final da ponte, pescando peixiños cun sedal, xa que dábaseme xenial e me entretiña moito, pasaba horas alí falando cos pescadores que me ensinaban trucos de pesca e contábanme as súas historias. Cando Raúl chegaba ao ponte me recollía alí e subíamos a casa, as veces cuns pescadiños para cear. Gustábanos moito ir a cear os dous xuntos xa que ambos éramos amantes da gastronomía, el incluso fixo un receitario que aínda conservo, pero que ninguén consegue descifrar pola súa letra de médico...
Aínda que non desempeñei un oficio, sempre traballei coidando, primeiro dos meus irmáns e irmás pequenos e do meu pai, máis adiante dos meus fillos e do meu marido, e tamén dediquei moito tempo e esforzos a obras benéficas, traballando voluntariamente nunha asociación en Vigo, case desde os seus inicios, chegando incluso a dirixila. Podía dedicarme a isto xa que o meu Raúl era médico e director nun hospital na cidade, polo que vivíamos acomodados e eu podía permitirme non traballar ou non ter un salario. O seu traballo era moi importante xa que era cirurxián de urxencia e tiña que estar moitas horas no hospital, ademais de que moitas veces tiña que estar dispoñible por si había algunha emerxencia. Recordo que moitas veces o chamaban a altas horas da noite e tiña que ir moi rápido a operar a algunha persoa que sufrira un accidente ou que estaba moi enferma, esta parte non era tan boa e nos quitaba moito tempo para desfrutar de el, pero todos comprendíamos a necesidade.
Por desgracia, deixounos moi pronto, debido a un cancro de colon que non lle puideron curar, polo que quedei viúva moi cedo, xa que eu tiña case 10 anos menos que el. Os nosos fillos xa eran bastante maiores, polo que nos apoiamos moito uns a outros e conseguimos superar esta perda, aínda que sempre, incluso hoxe en día, o botamos moito de menos e o recordamos con cariño.
Dos meus catro fillos, tres me deron netos e netas, a miña maior alegría. Os dous primeiros chegaron moi pronto, aínda estaba vivo Raúl, e foron un neno primeiro, e, tres anos despois, unha nena. Eu estaba encantada, xa que ademais vivían moi cerca de min, polo que podía velos case todos os días. Logo chegaron case de seguido as dúas seguintes, cun mes de diferencia, e foi unha alegría para todos, xa que facía xa sete anos que nacera a última neta. A seguinte viño só un ano e medio despois, e naquel momento eu era moi feliz. Aos catro anos viñeron os dous últimos, con tamén menos dun mes de diferenza, e desde entón a familia xa está completa.
Hoxe en día, seguimos sendo unha familia moi unida e nas datas especiais xuntámonos na casa de Borraxeiros, para celebrar ou simplemente para estar xuntos, aínda que a maioría de domingos, os que vivimos en Vigo, comemos na miña casa.
Non vos pensedes que por ter 88 anos non son unha moza, que todos os días camiño un par de quilómetros e fago os exercicios que o fisio me manda, xa que operei os dous xeonllos un fai dous anos e outro fai catro, e agora os teño falsos. Mira se era deportista, que antes do Covid ía facer aquagym dous días á semana, pero o tiven que deixar e agora solo o practico no verán na casa de Borraxeiros. Aínda que xa non vou á piscina, mantéñome en forma cos meus longos paseos, ás veces soa e ás veces acompañada, pero intento ir case todos os días salvo que polo tempo non poda, que entón paseo só pola illa con coidado de non caer.
Como eu sempre digo, “son vella pero non estúpida” polo que obrigo a todos os meus netos e netas a ensinarme a ser unha muller tecnolóxica, e xa sei usar o móbil perfectamente, ata leo o periódico e escoito a radio nel, mando emoticonos e chateo no Whatsap, coa tele e o Netflix manéxome moi ben tamén, aínda que sigo tirando polo tradicional e a lectura a prefiro en papel.
Creo que non me deixo nada sen contar, espero que desfrutaras moito da miña historia, se me buscas, probablemente estarei por ahí de paseo ou buscando algo que facer para non estar queta. Un saudo e bicos!!
PD: para a miña avoa Encarna, a mellor avoa que podería ter, quérote moito, sempre <3.
Bárbara Tomé de Bordóns.
0 notes
Link
La Guía de los Mejores Profesionales en Vigo, Porriño, Tui, Baiona, Mos, Redondela, Nigrán, Gondomar, Moaña, Salceda, Mondariz, Cangas y Ponteareas.
0 notes
Text
FERIAS NIGRÁN (2) (3) by J P
0 notes
Text
Seleccionados e finalistas dos XX Premios COAG de Arquitectura | COAG
Seleccionadas 31 obras da Coruña, Vigo, Santiago, Coristanco, Oleiros, Cambre, Nigrán, Pontevedra, Outes, Ourense, Ribadeo, Moaña, Cangas, O Rosal, A Pobra e Ribeira como finalistas dos XX Premios COAG de Arquitectura.O Colexio de Arquitectos de Galicia dá a coñecer as obras finalistas da XX edición dos Premios COAG de Arquitectura, que contou coa candidatura de 224 propostas visadas, executadas…
View On WordPress
0 notes
Photo
. [es] #Relojdesol en el municipio de #Nigrán (#Pontevedra). . [gl] #Reloxodesol no #concellodeNigrán (#PO). . [en] #Sundial in the municipality of Nigrán (Pontevedra) #Spain. . . . #gnomon #reloxodesol #rellotge_de_sol #relógio_de_sol #sundial #sonnenuhr #cadran_solaire #orologio_solare #meridiana #aurinkokello #zegarsłoneczny #солнечныечасы #zonnewijzer #solur #saulėslaikrodis #päikesekell #horloge_solaire #aramallosa #ramallosa #ovalmiñor #valmiñor #galicia https://www.instagram.com/p/B-esQLnC-LN/?igshid=1oqypfgf5jlav
#relojdesol#nigrán#pontevedra#reloxodesol#concellodenigrán#po#sundial#spain#gnomon#rellotge_de_sol#relógio_de_sol#sonnenuhr#cadran_solaire#orologio_solare#meridiana#aurinkokello#zegarsłoneczny#солнечныечасы#zonnewijzer#solur#saulėslaikrodis#päikesekell#horloge_solaire#aramallosa#ramallosa#ovalmiñor#valmiñor#galicia
1 note
·
View note
Text
La Guardia Civil investiga penalmente a un vecino de Arbo por la posesión de billetes falsos de 50 y 20 euros
Se intervinieron trece billetes falsos de 50 euros y veinticuatro de 20, cuya procedencia se sigue investigando.
15/febrero/2020.- La Guardia Civil ha investigado a un vecino de Arbo, como presunto autor de un delito de tenencia de moneda falsa para su distribución o expedición. Al investigado se le intervinieron 1.130 euros en billetes falsos de 50 y 20 euros.
Las investigaciones llevadas a cabo por efectivos del Puesto Principal de la Guardia Civil de Baiona-Nigrán, se iniciaron a finales del año pasado cuando se tiene conocimiento de que una patrulla de la Policía Local de Nigrán había identificado al ocupante de un vehículo que les había resultado sospechoso. En el interior del turismo los agentes habían localizado, entre otros efectos, un fajo de billetes falsos: trece de 50 euros y veinticuatro de 20.
Las pesquisas realizadas, una vez constada la falsedad de los billetes, determinaron la posibilidad de que este dinero, cuya procedencia se desconoce, estaba predestinado para hacer frente al pago del importe del remolque de un vehículo que pretendía comprar la persona que lo tenía en su poder.
Esta persona resultó ser un vecino de Arbo, de 30 años, que finalmente sería localizado y notificado, por efectivos del Puesto de la Guardia Civil de esta localidad, como presunto autor de un delito de tenencia de moneda falsa para su distribución o expedición.
Las diligencias fueron entregadas en el Juzgado de Instrucción de guardia de Vigo, donde deberá comparecer el investigado cuando sea requerido.
La investigación continúa abierta para conocer el origen y la procedencia de los billetes falsos intervenidos.
1 note
·
View note