#Raimon Torres
Explore tagged Tumblr posts
Text
Raimon Torres y Pierre Colin, Casa Ses Voltes (Sant Josep de sa Talaia, Ibiza, 1964)
42 notes
·
View notes
Photo
Ses Voltes, Raimon Torres and Pierre Colin, Cala Carbó, Sant Josep, Ibiza 1964
6 notes
·
View notes
Text
La competència en llengua oral és una condició prèvia per a 'Aprendre a Aprendre'
La competència en llengua oral és una condició prèvia per a ‘Aprendre a Aprendre’
eleconomista.es
View On WordPress
#Confederación Española de Familias de Personas Sordas#FIAPAS#Ignacio Moreno-Torres#Isabelle Monfort#José Luis Aedo#Purificación Llaquet#Raimon Jané#Servimedia
0 notes
Photo
Ses Voltes, Spain (1964) by Raimon Torres and Pierre Colin [950x950]
1 note
·
View note
Photo
Ses Voltes, Spain (1964) by Raimon Torres and Pierre Colin [Building] via /r/architecture https://ift.tt/36Wc24E
1 note
·
View note
Photo
Ses Voltes, Spain (1964) by Raimon Torres and Pierre Colin [950x950] via /r/ArchitecturePorn https://www.reddit.com/r/ArchitecturePorn/comments/eok972/ses_voltes_spain_1964_by_raimon_torres_and_pierre/?utm_source=ifttt
0 notes
Photo
Inflatable of Josep Ponsatí / 1971
Raimon Torres Archive
14 notes
·
View notes
Photo
Ses Voltes, Spain (1964) by Raimon Torres and Pierre Colin [950x950]
0 notes
Text
Ses Voltes, Spain (1964) by Raimon Torres and Pierre Colin [950x950] more here https://t.co/ijOWJg9OGV
Ses Voltes, Spain (1964) by Raimon Torres and Pierre Colin [950x950] more here https://t.co/ijOWJg9OGV
— Michelle Rendell (@michelle_rendel) January 15, 2020
from Twitter https://twitter.com/michelle_rendel January 15, 2020 at 10:53AM via IFTTT
0 notes
Text
Raimon Torres y Pierre Colin. Casa Ses Voltes (Sant Josep de sa Talaia, Ibiza, 1964)
39 notes
·
View notes
Text
Ismael Smith, outro artista defenestrado por provocador e heterodoxo
Que leis rexen o paso dos artistas á posteridade? Quen ou que abre e pecha as portas de parnasos e paraísos? O MNAC vén de presentar unha importante exposición antolóxica do artista Ismael Smith. Desde hai un século houbo persoas e circunstancias vitais emperradas en borrar a memoria deste mordaz, prolífico e excelente escultor e ilustrador.
Lito Caramés
O MNAC prosegue a cruzada de rescate de artistas esquecidos
O Museu Nacional d’Art de Catalunya (MNAC) presenta ao público a obra dun artista polifacético moi pouco coñecido hogano, aínda que si contou con fama e recoñecemento durante a súa vida. Mormente por persoas de mentalidade aberta e en facetas creativas “menores”: a ilustración de libros e revistas ou a caricatura satírica. O MNAC –comandado polo novo director, Pepe Serra-- segue no seu empeño de abrir os fondos do museo e presentar á poboación as creacións de personaxes ben interesantes, e que, por derivas históricas ou imposicións ortodoxas, foron esquecidas e esquecidos.
Xa se sabe que a arte vai por modas --o que gusta hoxe é antiestético mañá--, ou artistas e creacións sofren censuras. Nestes necesarios traballos de recuperación o MNAC xa investigou e expuxo publicamente a obra do orientalista Josep Tapiró, acuarelista nado en Reus pero que viviu case toda a súa vida adulta en Tánxer, onde foi bo amigo da familia Cerdeira Fernández (os netos viven en Ceuta e aínda conservan algunha peza do pintor); os óleos do mozo Carles Casagemas, amigo de Picasso, morto aos 20 anos e con todo autor de obra moi persoal, e, como non! a tan xusta e necesaria restitución de Lluïsa Vidal, feminista e pintora profesional, aos postos de primeira figura do modernismo (o metódico traballo de ocultación desta artista chegou ao extremo de borrar a súa firma nalgún dos seus óleos e pór o nome de Ramon Casas, por exemplo). A recuperación seguiu cos traballos pulcros do sempre elegante e mordaz Xavier Gosé, a sociedade catalá nunca lle perdoou as súas feroces críticas sociais; para continuar co legado de Pere Torné Esquius, un artista de obra famosísima no seu tempo e hoxe descoñecida (ben puido ser ilustrador dos contos de Edgar A. Poe). E nestes meses de verán húmido e quente son as polifacéticas inventivas (cargadas de agra invectiva) de Ismael Smith ás que lle toca a presentación pública, a posta de longo. Como se pode comprobar, estes artistas non son recoñecidos como os Rusiñol, os Casas, Anglada-Camarasa, Clarà, os Nonell, Torres-García, etc., verdadeiros popes da arte máis oficialista da primeira metade de século XX en Cataluña.
Ismael Smith. La bellesa i els monstres
Ismael Smith, femení, gràcil, delicat, oferia unes figuretes de damisel·la que interessaven com un enigma i atreien com una seducció (...) Tenia el tendre estatuari tal don de simpatia per la seva joventut, per la seva finesa, per la seva distinció, que el punt exquisit de la seva obra saltava com a una conseqüència. Allò que les estatuetes en tenien d’humorisme, de sàtira, de filosofia maliciosa, ja es veia reflectit en els ulls vivíssims i inquiets del jove autor català (Raimon Casellas, 1906)
Desde hai un mes a mostra Ismael Smith. La bellesa i els monstres, sita no MNAC, pretende facer xustiza con este artista a quen os popes do Noucentisme –racional, clásico e casto-- represaliaron, obrigándoo a marchar a EE UU. En total a exposición conta con 450 obras, unha importante representación de toda a creación de Smith. Smith foi un artista, un creador, e non concibía os distintas linguaxes artísticas como barreiras no seu camiño. Ismael Smith cultivou a ilustración, onde foi moi aclamado, o cartelismo, a cerámica, a escultura, o deseño gráfico, o gravado, elaborou moitos e moi recoñecidos ex-libris, a pintura, i interiorismo, o deseño de alfaias, etc. En concreto a mostra expón setenta esculturas, cento cincuenta deseños, corenta gravados, un bo mangado de xoias, cerámicas e ex-libris.
De estas obras máis da metade son propiedade do Museu Nacional d’Art de Catalunya (MNAC), pois o propio pintor Ismael Smith doou ao museo, en 1955, despois dunha operación fracasada. A familia de Ismael, moi, moi rica, quixo mercar en Sitges, para instalarse, nada menos que o pazo de Maricel (ano 1951) onde agora está instalado o museo desa vila, xusto diante de Cau Ferrat, a que foi casa de Santiago Rusiñol.. A compra estaba totalmente acordada (entre os irmáns xa pactaran que nese pazo ía un museo dedicado á obra de Ismael --daquela xa descoñecido, e esquecido á mantenta en Cataluña-- e o propio artista xa embalara máis de 700 obras para ser trasladadas de New York a Sitges. Pero a morte a mans da mafia do irmán máis vello de Ismael, tronzou eses plans. E uns anos despois Ismael dona ese lote de obras ao MNAC. Pero o MNAC aínda posúe máis pezas de Smith. En 1988 o diplomático Enrique García-Herraiz fixo entrega de 400 obras máis de Ismael ao MNAC. García-Herraiz foi moi amigo dun irmán de Ismael, Paco, e cando morreu Ismael nun centro psiquiátrico, Paco Smith entegoulle a García-Herraiz ducias de caixas de creacións de Ismael –de balde-- coa condición que dese a coñecer a obra do seu irmán, a quen xa ninguén recordaba. Outros prestadores de obra para Ismael Smith. La bellesa i els monstres son, por exemplo o Museo Nacional Centro Reina sofía de Madrid, a Hispanic Society of America –para a que Sorolla pintou o cadro Galicia. La romería (1915) tópico e penoso--, a Fundación MAPFRE ou o Museu d’Art de Cerdanyola.
Por outra parte, o comisario de tan magna presentación dun artista transgresor e defenestrado como é Ismael Smith, é Josep Casamartina i Parassols. Casamartina é un dos grandes coñecedores da obra de Smith, leva traballando dez anos no seu estudo e catalogación. Co gallo da inauguración de Ismael Smith. La bellesa i els monstres publicou un artigo no xornal El País (Els ‘Decapitats’ del Noucentisme) onde explica as razóns da defenestración de Smith por parte dos ideólogos do Noucentisme, ao tempo que fai unha dura crítica sobre os resultados dese movemento cultural. De todo iso fálase máis adiante.
Paralelamente a Ismael Smith. La bellesa i els monstres o Museu d’Art de Cerdanyola (MAC), vila na que Ismael pasou moitos veráns, programa outra antolóxica deste mesmo artista, aínda que de temática reducida: Nude and Nacked. Tot despullant Smith. Este museo, que conta cunha das súas salas dedicada permanentemente a Smith, centra a exhibición nos tratamentos que Ismael fai dos nus masculinos e femininos, xa en gravados, xa en alfaias, xa en esculturas. O MAC está orientado fundamentalmente a conservar e dar difusión ao patrimonio artístico de Cerdanyola del Vallés, que se centra no modernismo e mais no Noucentisme; forma parte da Ruta Europea do Modernismo,
As purgas do Noucentisme. Paralelismos coa actualidade?
Créeme, amigo Néstor, el mundo es París y sin esta ciudad reina el planeta que habitamos sería un completo vacío. No hay duda: Montmartre es la mitad del mundo y París la otra mitad (...) El encanto de la vida de París no es más que para nosotros los privilegiados que sabemos saborear los refinamientos modernos de la belleza del arte. Los demás no tienen suficiente inteligencia ni gusto para poder respirar esa atmósfera alada del París de nuestros días (Ismael Smith. Carta a Néstor Martín Fernández de la Torre, sen data).
A carta que lle escribe Ismael Smith ao seu amigo Néstor Martín, artista canario, desde París tivo que ser redactada entre o ano 1910 e o 1914, que son os anos que Smith pasa en París estudando con bolsa de estudos. Regresa a Barcelona cando comeza a Gran Guerra. Por se Ismael aínda non era un ser libre, crítico coa sociedade catalá da súa época, provocador, a súa estada en París incrementa as súas ansias de liberación. Ismael Smith pasa de ser considerado un dos artistas novos máis prometedores de Barcelona –cun recoñecemento público de Eugeni d’Ors como compoñente da renovación estética que tiña que representar o Noucentisme--, a ser defenestrado por eses mesmos noucentistas que onte o adulaban.
Co gallo da mostra Ismael Smith. La bellesa i els monstres o seu comisario, o historiador da arte Josep Casamartina i Parasols publicou un artigo no suplemento de El PAÍS Quadern (22 de juny de 2017) titulado Els Decapitats del Noucentisme, no que referencia ese cambio de criterios respecto de Ismael Smith por parte dos noucentistas. E dá as razóns de tal defenestración. Comeza o artigo falando da creación do Noucentisme como reacción racional e clasicista fronte ao Modernismo, que xa era considerado desequilibrado e antiestético. Casamartina afirma: I l’estil que havia de definir per antonomàsia Catalunya (o Noucentisme) cada vegada era més anodí, perquè es cristalitzava en la mediocritat dels conformistes i els covards, al servei d’una burgesia, uns tecnòcrates i uns polítics conservadors i recalcitrants, mentre el talent o bé fugia cap a fora, o hi era empès a puntades de peu. Sigue dicindo que a Exposición Internacional de 1929 foi a apoteose da mediocridade do Noucentisme.
E vai citando algunhas das defenestracións máis sonadas, dos decapitados que provocaron máis estrañeza. Así o caso de Joaquim Torres-García en 1917, cando o pope dominador das esferas artísticas, estéticas e ata políticas de Cataluña, o arquitecto Josep Puig i Cadafalch botouno fóra da decoración do actual Palau de la Generalitat, onde Torres-García estaba a confeccionar uns grandes murais que tiñan que reflectir os aspectos da vida de Cataluña. Torres-García ofreceuse a seguir traballando de balde para rematar a súa obra, pero o pope non llo permitiu. Algúns dos murais consérvanse hoxe no Palau de la Generalitat, pero fóra da ubicación prevista orixinalmente. Seguiu a purga con outro importante artista e estudoso da arte: Josep Pijoan, valedor e divulgador da arte románica. Pero a primeira purga de todas foi a de Ismael Smith. O seu estilo escultórico provocador, esperpéntico, comezou a desagradar xa moi cedo, no ano 1907, cando presentou a unha exposición internacional un grupo escultórico de tamaño natural titulado En abundancia. A escultura foi premiada, e das súas características e mais do seu destino fálase no apartado seguinte. O boicot a Smith foi tan forte que abandonou Cataluña e foise a New York coa súa familia. Máis tarde, 1926, regresa para ver se aquí xa se lle aceptaba. Pero non foi así. En 1929 presentou un Sagrado Corazón para o templo do Tibidabo que se estaba a facer, e a estética amaneirada, queer, da imaxe de Xesús provocou tal escándalo que quixeron excomungalo. Volver marchar aos EEUU e xa non regresou. En 1960 foi denunciado por pasear espido polas rúas dunha localidade nas aforas de New York, e o seu irmán, Paco, ingresouno nun psiquiátrico, onde estivo ata a súa morte en 1972.
Esculturas de escándalo, propias dun outsider
L’obra escultòrica de Smith s’aparta del discurs oficial i homologat del Noucentisme, d’Enric Casanovas i Josep Clarà (...), i també de l’evolució classicista posterior (Joan Rebull i Josep Voladomat), tampoc encaixava en l’arcaisme elegant de Manolo Hugué, ni en la modernitat de Pablo Gargallo o Juli Gonzàlez. Era una producció bàrbara i estranya, fins i tot desigual, que va romandre oblidada als magatzems del Museu d’Art Modern (Josep Casamartina, comisari, 2017).
As pezas escultóricas de Ismael Smith que tanto agradaban aos noucentistas nos primeiros anos (Eugeni d’Ors desfaise en eloxios para o mozo esculpidor, e inclúeo no Glosari) eran unha pezas pequenas, case sempre de porcelana que demostraban as súa cualidades artísticas, pero aínda non eran “ofensivas”. Pero logo xorde o seu carácter transgresor, a súa ambigüidade sexual persoal e mais a dos personaxes que crea. Persoa e artista son todo un. Algúns críticos afirman que a súa mellor obra é a súa propia persoa. Smith logo se volve un artista incómodo para autoridades e políticos e intelectuais cataláns do noucentisme; tan conservadores todos. Smith e Josep Maria Junoy foron os primeiros homes que se maquillaron en Barcelona, segundo contou o xornal El Poble Català en 1922. Ismael Smith –a pesar de practicar moitas outras linguaxes artísticas, sempre se definiu a si propio como escultor. Escultor expresionista (mal aceptado nos círculos conservadores e clasicistas de Barcelona) que tanto podía tirar por orientacións eróticas e dionisíacas, como tamén por certa opción mística. De todos xeitos, a pesar do incómodo que era a persoa e o personaxe de Ismael Smith para os círculos benpensantes da burguesía catalá, os eloxios ás súas capacidades técnicas e estéticas seguiron durante anos. Así o manifestaba Eugeni d’Ors en 1926: Tal vez de él esperaba, más que de nadie en el mundo, una solución al grave problema de la estatuificación noble del hombre moderno, con sentido estético y buen gusto, pero a la vez, sin falsear nada, sin hacer trampa, sin hurtar las dificultades que presentan el indumento y las costumbres de nuestro tiempo (...) La potencia de estilización que ha tenido Smith sobre los detalles y modas contemporáneos en pocos lo he conocido. La magia característica, expresiva, vitalizadora de su pulgar, en ninguno.
Como xa se dixo, Smith comezou a coñecer os prexuízos sociais e estéticos moi cedo, en 1907. ese ano celebrábase en Barcelona a V Exposició Internacional d’Art. A esta exposición Smith presentou o xa referido grupo escultórico En abundancia. A peza, de xeso e tamaño natural, presenta a unha muller totalmente espida, á dereita do grupo e rodeada e abrazada por dous seres monstruosos, de deformes, de extremidades enormes que a observan con ollares libidinosos e con expresivas mostras de desexo sexual. A tal obra tamén foi chamada, daquela, Susana e os anciáns, en referencia á pasaxe bíblica tantas veces reproducida e recreada na pintura occidental. Para aminorar o escándalo que previsiblemente ía provocar, Smith pediulle ao seu amigo, o pintor Ignacio Zuloaga, que pintara o xeso, pois Zuloaga xa era un artista ben coñecido e respectado. O curioso do caso é que, fóra mostras de rexeitamento e de desagrado pola obra, o tribunal premiou En abundancia, pasando a ser propiedade do Concello de Barcelona, coa finalidade que acabase formando parte da colección do Museu d’Art Modern que se estaba a crear neses anos. Cando Smith regresou dos EEUU, ano 1926, interesouse pola localización do grupo escultórico. Ninguén sabia nada. Escribiu cartas ao alcalde, daquela Joan Antoni Güell i López, coleccionista de arte entre outras cousas; nunha delas exprésase Smith nestes termos, en terceira persoa: De regreso a la patria, ha procurado contemplar su obra, que representa una fecha decisiva para su vida artística, pero sin éxito alguno, por cuanto dicha escultura no se halla en el Museo de Bellas Artes, ni en las Casas Consistoriales, y al preguntar por ella no sólo no se le ha dado razón de ella, sino que alguien ha indicado haber oído el rumor de que la Junta de Museos había destruído o hecho destruír la obra de arte. No puede el que suscribe imaginar tal mostruosidad. Como as respostas que recibía non satisfacían a Smith, seguiu mandando cartas ao alcalde esixindo explicacións, indemnizacións e actos reparadores para el e mais para o “maestro Zuloaga”, coautor de En abundacia. Resumindo este culebrón reaccionario: o grupo escultórico fora destruído. E hoxe quedan algunhas fotos en branco e negro de En abundacia. Como ben di o estudoso Josep Casamartina, Smith non estaba homologado polas “autoridades” noucentistas, e de pouco valeu ser propietario de la magia característica, expresiva, vitalizadora de su pulgar.
Manolas e toureiros. A arte do español. Similitudes con Xavier Gosé?
Ismael Smith sempre se definiu a si propio como escultor, incluso esa era a identificación que enviaba aos dicionarios de artistas. Pero traballou en moitos outros campos. Entre Barcelona e París cultivou amplamente o deseño, a ilustración para a prensa escrita e a caricatura satírica. Neste sentido pódese falar de semellanzas coas andanzas doutro gran ilustrador e crítico social que foi Xavier Gosé, hoxe tamén totalmente esquecido, a quen o MNAC dedicou unha antolóxica hai un ano. Como Gosé tamén traballou para revistas satíricas parisienses, como Le Rire, Cocorico, L’Assiette au Beurre, La Vie Parisienne. Xa en Barcelona Smith tivera éxito como satírico social, e volverá telo á volta de París, tendo contratos con revistas como Cu-Cut!
Ao moverse por eses ambientes de comezos de século foi atopar coa moda do momento, as españoladas, deseños de bailaoras, de flamenco, de tauromaquia. Para facerse unha idea do atractivo que tiñan e da súa rendibilidade económica, baste dicir que unha das atraccións con máis éxito da Exposición Universal de París de 1900 foi o espectáculo L’Andalusie au temps des Maures, que recreaba lugares como a Giralda, os leóns da Alhambra, un museo de tauromaquia e baile. A españolada é un tema que foi abordado por moitos artistas, desde medios diferentes; desde a pintura e a escultura: Picasso, Anglada Camarasa, Zuloaga, Hugué, Gosé. A Smith tamén era ben caro o mundo fantástico de Cervantes. Son moitos os bustos que elaborou dentro dunha estética que se pode considerar seguidora dese francés que inventou a figura de Don Quixote e acompañantes: Daumier. Honoré Daumier estableceu a estética do cabaleiro da triste figura, unha estética que chega ata hoxe. Pois Smith creou bustos coa maxia do seu polgar que actualmente non se sabe con certeza se se trata de Quixotes ou de Cervantes.
Como xa se comentou, hai quen afirma que a mellor creación de Smith é a súa propia persoa (nisto seguro que tivo paralelismos con Dalí, a quen aínda hoxe non se sabe con certeza se coñeceu en EEUU). A súa obra gráfica, por tanto, vai tinguida do seu espírito transgresor, provocador e satírico contra a burguesía; todo animado pola ambigüidade sexual persoal e mais dos personaxes que crea. Persoa e artista incómodo para autoridades e políticos e intelectuais cataláns do Noucentisme; tan conservadores todos. Observando as súas ilustracións e caricaturas –elaboradas coa firmeza e seguridade de trazos dun Bagaría ou dun Castelao-- salta á vista a estética queer que emana de figuras, tratamentos e estéticas. Esa estética próxima á homosexualidade, permite aventurar que Smith segue o ronsel do inglés Aubrey Beardsley, autor dunha obra renovadora, crítica coa sociedade victoriana de finais de século XIX. Morreu aos 25 anos, de tuberculose, deixando xa unha obra gráfica que impactará nas xeracións seguintes. É obvio, vendo os deseños de Beardsley –entrambilicados na estética modernista-- que Smith admirou a súa obra, e imitou o seu estilo.
Entre 1906 e 1912 Smith foi un dos debuxantes máis celebrados da prensa barcelonesa, e considéraselle –polas súas influencias de artistas ingleses e centroeuropeos-- como un dos máis innovadores nas áreas da ilustración de libros e revistas. Foi amigo de Enrique Granados, e mais da súa filla Laura, con quen expuxo na Sala Parés. E tamén gustou das músicas de Albéniz e mais de Manuel de Falla. Todas estas querencias evidencian o gusto polo español, xa música, xa estéticas tópicas, xa folclóricas. Dentro destas afinidades é onde cómpre situar os seus numerosos deseños de manolas e mais de toureiros. Pero... Smith non podía crear imaxes convencionais; máis ben o mundo ao revés. E así, nas imaxes de tauromaquia o touro é quen de destripar aos toureiros e aos cabalos. Os toureiros van maquillados e levan zapatos de tacón; e as manolas preséntaas espidas de van para riba, en topless que se diría agora. A parodia lévaa Smith ata o seu propio personaxe. E en 1922 o seu amigo Mariano Andreu Estany faille un retrato en acuarela titulado Ismael Smith vestido de torero. Efectivamente, Smith aparece de corpo enteiro, e a tamaño real, vestido de toureiro, con capa e todo. Pero... ten un sorriso sarcástico e provocador, leva na boca un caravel vermello, e nos dedos luce aneis, nunhas mans ben delicadas. Smith en estado puro.
Os esforzos pola recuperación da obra e mais da valía artística de Ismael Smith
Ismael se convierte en un artista sin público que con su cuidada imagen de dandi se pasea por las galerías de Manhattan importunando a diestra y siniestra y criticando las nuevas tendencias del arte, arremetiendo especialmente contra el arte abstracto. Provocó un escándalo en el Museo Guggenheim en su inauguración en 1954 con los grandes cuadros de Pollock, Kline, Rotkho ... “¿Dónde está el director? ¡Esto no es arte!” La contundente policía neoyorquina lo expulsó (Enrique García-Herraiz, 2017).
En paralelo con outros artistas, Ismael Smith pasou de ser un importante escultor e debuxante ( e cartelista, cerámista, gravador, ex-librista, pintor, ...) a desaparecer. As mentes pensantes do Noucentisme, esas ás que Josep Casamartina acusa de apostar pola mediocridade e expulsar a excelencia, esas son culpables do esquecemento de tan orixinal creador. Tamén puido axudar o propio artista ao retirarse a New York e abandonar o traballo artístico. Pero non o tiña nada fácil. Por riba pasa os derradeiros 12 anos da súa vida pechado nun hospital psiquiátrico, e alí morre en 1972.
Desde hai uns anos algunhas persoas van facendo esforzos por recuperar a este artista. Algúns exemplos. A sala Rovira de Barcelona, hoxe desaparecida, organizou unha exposición dos deseños de Smith feitos entre os anos 1906 e 1911. Era o ano 1973, xusto un ano despois do pasamento de Ismael. As obras escollidas procedían dun amigo de Smith de xuventude, Manuel Rius i Rius (fillo de Antoni Rius i Taulet, alcalde de Barcelona –que “din” que foi o responsable da organización da Exposición Universal de 1888, cando en realidade foi o señor Serrano de Casanova). Era esta a primeira vez que en Barcelona se organizaba unha mostra monográfica, individual, de Ismael Smith. Houbo que esperar a que morrese para que desaparecese a rabia?
A persoa que seguramente máis leva feito por recuperar a memoria de Ismael Smith é o señor Enrique García-Herraiz. García-Herraiz –que estivo presente na inauguración de Ismael Smith. La bellesa i els monstres e ten un interesante artigo no catálogo desta exposición-- coñeceu en New York a Paco Smith, irmán de Ismael e responsable de internalo nun psiquiátrico ante os comportamentos do irmán. Paco deulle a Enrique García-Herraiz moitas caixas con obras de Ismael, coa condición que dese a coñecer a obra de quen fora un artista renomeado e agora desaparecido da memoria dos humanos. A tal fin, Enrique García-Herraiz comeza a facer doazóns de obras de Ismael Smith á Hispanic Society de New York, á Biblioteca Nacional de España, ao Centro de Arte Reina Sofía, á Biblioteca de Catalunya e ao Museu d’Art Modern, precedente do actual MNAC. Obxectivo destas doazóns?: que estas institucións organizasen exposicións sobre a obra de Smith, que catalogasen as súas creacións e que editasen estudos sobre a obra dun dos defenestrado polo Noucentisme. Así apareceron artigos e traballos sobre Ismael Smith, e exposicións en New York e mais en Madrid.
Unha das promocións máis grandes, máis sonada e que sacou realmente a Ismael Smith da escuridade foi a exposición que en 2001 organizou a Fundación MAPFRE e presentou en Madrid: Ismael Smith, Cuaderno de París. Colecciones Fundación MAPFRE. A mostra arrinca da compra dos debuxos que Smith fixera en París entre 1910 e 1914, e que MAPFRE compra a Enrique García-Herraiz. O catálogo da exposición conta con textos importantes e cunha cronoloxía e unha bibliografía smithiana moi completas. E agora chega Ismael Smith. La bellesa i els monstres, esta nova e ampla exposición sobre as creacións e avatares vitais de Ismael Smith, no Museu Nacional d’Art de Catalunya, unha mostra na cidade onde comezou a crear, onde tivo éxitos e de onde o botaron por enfant terrible e xóstrega da burguesía. Quizais a partir de agora se comece a recoñecer de verdade la magia característica, expresiva, vitalizadora de su pulgar.
Lito Caramés
EXPOSICIÓN: Ismael Smith. La bellesa i els monstres
MNAC
ata o 17 de setembro de 2017
0 notes
Photo
Ses Voltes, Raimon Torres and Pierre Colin, Cala Carbó, Sant Josep, Ibiza, Balearic Islands (ES), 1964
43 notes
·
View notes
Photo
Ses Voltes, Raimon Torres and Pierre Colin, Cala Carbó, Sant Josep, Ibiza, Balearic Islands (ES), 1964. From Mid-Century Modern Houses
45 notes
·
View notes
Photo
Ses Voltes, Spain (1964) by Raimon Torres and Pierre Colin
0 notes
Text
Ses Voltes, Spain (1964) by Raimon Torres and Pierre Colin more here https://t.co/ijOWJg9OGV
Ses Voltes, Spain (1964) by Raimon Torres and Pierre Colin more here https://t.co/ijOWJg9OGV
— Michelle Rendell (@michelle_rendel) January 15, 2020
from Twitter https://twitter.com/michelle_rendel January 15, 2020 at 08:53AM via IFTTT
0 notes