#paisaxes
Explore tagged Tumblr posts
carloskaplan · 2 years ago
Text
Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media
Ruínas da Frouxeira (Foz. Galiza)
10 notes · View notes
castrexo33 · 2 years ago
Text
Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media
💙𝑴á𝒊𝒔 𝒂𝒍ó 𝒅𝒐 𝒉𝒐𝒓𝒊𝒛𝒐𝒏𝒕𝒆.💚
4 notes · View notes
malofor · 2 years ago
Photo
Tumblr media
Parte del cartel anunciador de mi exposición de acuarelas en A Coruña, Galicia. La sala de exposiciones está en un edificio de galerías , al cual se accede por Riego de agua. Podéis visitarla durante el mes de marzo , por las mañanas de lunes a sábado (12-14) y por las tardes de lunes a viernes (17-20) #acuarelaart #acuarelaabstracta #watercolor #artgallery #watercolor_gallery #artegalega #artistsoninstagram #landscapeart #paisaxe #arteabstracta #artecontemporanea https://www.instagram.com/p/CpGHV9ps5zO/?igshid=NGJjMDIxMWI=
0 notes
manoelt-finisterrae · 1 month ago
Text
Tumblr media
do amor
e o sol en paisaxes abatidas pérdese tras o abismo de sentir
Naveguei arrastrando as sombras das bágoas mentres o horizonte parecía burlarse do meu existir
Ata onde chega o peso do baleiro? Ata onde esta condena de illamento? as mans que desatan os cabos só atopan cinzas e a esperanza un eco morto no presente
© Manoel T, 2025
112 notes · View notes
rubenrial · 4 months ago
Text
Tumblr media Tumblr media Tumblr media
A ilustración que presentei para a expo "Toriyama en Galicia", organizada por @vinetasdesdeoatlantico en homenaxe ao autor e que estivo exposta na sala Salvador de Madariaga da Coruña.
A idea era representar ás creacións de Toriyama vivindo nas paisaxes galegas. A min tocoume o Obotchaman, de Arale, que sendo honesto non tiña nin idea de que existía xD. Sei moi pouco de anime, pero espero terlle feito xusticia!
Se tendes curiosidade por ver o resto de obras, creo que na web do Viñetas pódese baixar un pdf da revista que sacaron este ano e alí están todas (wapísimas).
13 notes · View notes
eopederson3 · 7 months ago
Text
Tumblr media
Paisaje rural en otoño, cerca de Triacastela, Lugo - Paisaxe rural en outono, preto de Triacastela, Lugo, 2001.
12 notes · View notes
shizotaku · 7 months ago
Text
Tumblr media
Paisaxe. Landscape
15 notes · View notes
eopederson · 1 year ago
Text
Tumblr media
Paisaje gallego cerca de O Cebreiro, Lugo - Paisaxe galega preto do Cebreiro, Lugo, Galicia, 2011.
8 notes · View notes
notasdecidade · 4 months ago
Text
Cidade de condutores
Tumblr media
«Te gusta conducir?». Sen querelo, un sí interior agromaba ante esa pregunta ao final dun coñecido anuncio onde un tipo aleteaba co brazo ao vento sobre diversas paisaxes alá polo ano 2000. Pero algo está a cambiar e cada vez máis persoas desprezan o «Freude am Fahren» («o pracer de conducir») e non só non lles gusta pilotar, se non que lles aburre e prefiren ser levados para gozar da viaxe, como por outra banda, acontece en calquera transporte colectivo. 
Os sociólogos alemáns están a investigar como reenganchar ás novas xeracións que xa pensan que ter coche é unha carga. Pensemos ademais, que a suposta liberdade gañada non a da realmente o carro se non a gasolina, a falta da alternativa eléctrica -se o chegase a ser-. É dicir, o coche fainos reféns do petróleo.
Ter coche é fácil, o difícil é acadar non precisalo. A distancia ao traballo, as necesidades familiares ou poder gozar do tempo libre son os tres argumentos máis empregados. Achegar a vivenda ao lugar de traballo ou viceversa a poucos lles parece unha grande idea, compartir coche é un mellora racional e teletraballar, a lo menos, reduce as frecuencias. Sobre o asunto familiar, hai países onde os colexios por lei non poden estar a máis de vinte minutos a pé da casa e de non ser así no noso país, as bicicletas, por exemplo, poden equiparse para levar as crianzas, máxime cando a media actual é dun fillo por muller. E en canto ao lecer, unha rede de proximidade ampla podería resolvelo mais obrigados polos seus percorridos como temos aumido destinos impensables grazas aos avións «low cost». Baixo custo menos para o planeta. 
Ao contrario, miles de campañas publicitarias privadas e ata estatais -plans Renove- están dirixidas a avivar o desexo del vehículo propio. E son constantes as carreiras do motor nas pantallas como fondo da comida da fin de semana ou a sobremesa con cinema estadounidense co carrazos como protagonistas. E a cousa deriva ata que contemplamos con horror certos agasallos infantís motorizados das marcas. 
Como resistir a tentación do carro con prezos asequibles de segunda man e nun mundo pensado para e polos condutores? Calquera escusa xustifica o noso novo aparello. Pero, é posible imaxinar hoxe unha vida sen estar acosados por los coches?
Ninguén nega que o coche é un invento incrible, un artefacto desenvolvido tecnoloxicamente ao máximo que nos permite circular calefactados e insonorizados a toda velocidade polo centro das rúas das nosas cidades. Un tremendo espectáculo a un prezo ridículo no persoal, se obviamos, como facemos, outros efectos. Pero ninguén pode discutir, por evidente, que o espazo que lle temos deixado ocupar ao vehículo privado, incluíndo o seu aparcamento, é un burrada, máis de dúas terceiras partes do total do espazo público. 
En poucos anos os condutores que aspiramos a deixar de selo lembraremos arrepentidos, por exemplo: a cantidade de tempo e espazo ocupado polo noso vehículo circulando, buscando aparcamento, paseando de forma ociosa, cando non dando bucinazos a calquer peón ou ciclista pacífico. Respondendo este noso pesar finalmente ao autor do “libro das preguntas” cando inquería: quen oe os remorsos do automóbil criminal? 
Tumblr media Tumblr media
Imaxe // fonte:
1. Catro carrís asfaltados no centro dunha rúa céntrica // Google Maps
2. Fotograma do anuncio televisivo do "¿te gusta conducir?"   // BMW
3. Cartel publicitario vendendo liberdade nos anos oitenta  // domestika.co
58 Sermos, nº 626, páx. 27 (05/10/2024)
0 notes
frohsinnfaust · 5 months ago
Text
ܛ
9/7/24:
Ese paisaxe nevado, con rekonphortantes iglúes montados aquende my ubikaziôn y en my pensamiento se viene una caterva de ideas abstrusas.
0 notes
praza-catalunya · 9 months ago
Text
Paisaxes e horizontes, límites á natureza
De certo desde o Edén (sexa iso o que fose) a humanidade pretende controlar a natureza. A creación do concepto “paisaxe” é un dos métodos a tal fin, para reducir a inmensidade a dimensións manexables. O horizonte é coutar as expectativas na portela?, ou son cancelas ao máis aló, ao alén? A mostra Horitzó i límit. Visions del paisatge convida a reflexionar sobre tales creacións.
Lito Caramés
Tumblr media
A. Gursky. Theben, West, 1993
Horitzó i límit. Visions del paisatge. Caixaforum. Paisaxes
A paisaxe é un xeito de dominar unha natureza que, sen límites, resultaría inabarcable e indeterminada. O noso ollar aprendeu a seleccionar, a determinar a distancia, a comprender a profundidade do espazo e a situar un horizonte visual na escena onde nos situamos como espectadores. (Ninfa Bisbe e Arola Valls, comisarias).
Nestes meses de plenitude do ano 2024, entre convocatorias electorais e neboeiros de populismo esparexidos por toda Europa, e outros continentes, A Fundació LaCaixa, a través do seu organismo de moitas sedes (Caixaforum) e nas salas da antiga fábrica Casa Ramona de Bacelona, presenta unha nova mostra artística; mostra inzada de plasticidade e de creacións multidisciplinares: Horitzó i límit. Visions del paisatge. A exposición permite reflexionar sobre a natureza, a súa existencia per se, a interacción humana co medio natural, e tamén tomar conciencia das agresións que lle provocamos, que están levando a un acelerado cambio climático sen precedentes. Facendo un símil pódese seguir reflexionando e pensar en accións a favor da natureza, e tamén a favor da Humanidade, se se teñen en conta as palabras que Joseph Roth lle dixo, en 1932, a un amigo: Os tempos de marchar son chegados. Queimarán os nosos libros, pensando en nós. Se un se chama Wassermann, Döblin ou Roth non pode esperar máis. Temos que irnos, para que só prendan lume aos libros. Volvemos estar nos anos 30 da pasada centuria? As ameazas para o medio natural (e para os humanos, como parte dese medio) son tan reais e inminentes?
Nesta exposición sobre as paisaxes e as súa interpretacións, é doado observar creacións de moi diversa procedencia e medios plásticos empregados para as súas creacións. Hai fotografías, pinturas, vídeos, intervencións con/sobre tarxetas postais, manipulacións de paisaxes naturais, etc. E as obras son de moitas e moitos creadores: os fotógrafos Bleda&Rosa ou Hiroshi Sugimoto ou Andreas Gursky, Tacita Dean, o pintor Miquel Barceló, Perejaume, Patricia Dauder ou Julius von Bismark. A meirande parte das pezas presentadas agora nas salas de Caixaforum Barcelona proceden da colección da propia Fundació LaCaixa; pódese dicir que é unha mostra “doméstica”.
Que vén sendo a paisaxe? Segundo estudosos a paisaxe é un invento da arte. A paisaxe vén sendo a “necesaria” domesticación da natureza. O medio natural (bosque, deserto, pradeira) é ilimitado; unha pintura, unha fotografía son mecanismos que os humanos utilizan para reducir as inmensidades, para conseguir certezas, seguridades. Ao tratarse de crear imaxes de figuras sagradas (como aconteceu no que se coñece como pintura románica, ou na bizantina) esas figuras non estaban situadas en ningún medio, en paisaxes. Pero as propostas de Francisco de Asis (entre outros acontecementos) de respecto pola natureza, de irmandade co resto de animais e plantas, fixo virar os modos de situar persoas nunha pintura. E comezan a xurdir os fondos, as paisaxes. E por tanto, os horizontes.
A chamada pintura gótica e logo o Renacemento “inventan” as paisaxes e as súas leis: a perspectiva xeométrica, os puntos de fuga. Así nace a coñecida como pintura figurativa, aquela que, sobre superficies planas, con dúas dimensións, é quen de provocar a ilusión o trompe l’oeil da fondura, a terceira dimensión.
Tumblr media
A. Imhof. Cloud IV, 2023
Agora na interesante mostra Horitzó i límit. Visions del paisatge pódense contemplar varias obras do fotógrafo xaponés Hiroshi Sugimoto pertencentes á súa serie Seascapes. En declaracións pasadas, Sugimoto afirmou: Na serie Seascapes cheguei ao concepto da eternidade, ao sentido do tempo ilimitado. Como logra tal cousa? O fotógrafo comenta que, con exposicións tan longas, alcanza a sentirse en contacto con humanos que hai milleiros de anos contemplaron o mar igual ca el. Visión eterna da mar oceana. A serie está conformada por fotografías impresionantes de mar e ceo en branco e negro que remiten obrigatoriamente á liña que está no medio, a liña do horizonte. O horizonte é confín, é fronteira determinada pola vista, afastada á mantenta. Horizonte é porta ao alén. As instantáneas dos Seascapes convidan a pensar noutros artistas. Por exemplo en Marc Rothko nos seus anos de plenitude, cando reducía as cores da súa creación a dúas tonalidades, e unha liña polo medio; ou no pintor romántico Gaspar David Friedrich, autor da inquietante obra Kreidefelsen auf Rügen.
Outras das pezas presentes na exposición que se comenta pertencen á serie Campos de batalla, que os fotógrafos María Bleda e José Rosa (Bleda&Rosa) encetaron en 1994 e que a seguiron ata 2014. Vinte anos de traballo. Sobresae o interese pola paisaxe e mais pola memoria, fotos en cores partidas en dúas metades iguais. Por que esta fenda no medio e medio da imaxe?, para que se elide esa migalla de espazo?, para sementar interrogantes? a dúbida sobre a veracidade da historia? Cómpre lembrar que as imaxes presentadas nesta serie tan potente ofrecen vistas panorámicas sobre as paisaxes onde aconteceron batallas importantes no decurso da vida de colectividades; batallas tan significadas como Trafalgar, Lepanto, Austerlich, Bailén, ou Waterloo, as Termópilas, ou Ayacucho, ou Otumba. Fotografías que reiteran o baleiro que deixan nelas as persoas que non están; baleiro que será unha constante nos seus traballos destes 30 anos.
Como contrapunto ás paisaxes, os humanos, na súa teima de reducir e controlar o mundo natural, inventan os xardíns. Seguramente hai no fondo dos tempos a pretensión de reproducir a pequena escala o Edén nos xardíns privados e públicos. Ou non? Que vén sendo, senón o parque Pasatempo que leva máis de cen anos instalado na vila de Betanzos? En 1903 o polifacético artista Santiago Rusiñol publica o libro de pinturas Jardins d’Espanya, e no prólogo do mesmo escribe: I és que’ls jardins són el paisatge posat en vers; són versos vius, versos amb saba i amb aroma, i com el jardiner poeta, per rimar els llargs caminals ombrívols, per estilisar els boixos fent-los seguir simètriques harmonies, pera posar en estrofes de verdor les imatges de les plantes i les teories de figures, per versificar la Natura i fer cants d’ombres i clarors, necessita de l’alegria dels temps i la prosperitat dels homes. Rusiñol viaxou por toda a península con tal de coñecer moitos dos xardíns que se podían atopar medio arruinados ou esquecidos. O seu libro é unha homenaxe a esa pretensión humana de ter preto unha miniatura daquel paraíso do que foi expulsada a humanidade.
Tumblr media
A. Galvani. The End, 2015
Horitzó i límit. Visions del paisatge. Horizontese límites
O sonho é ver as formas invisíveis / Da distância imprecisa, e, com sensíveis / Movimentos da esp'rança e da vontade, / Buscar na linha fria dohorizonte.(Fernando Pessoa,Pensamentos,1911).
Dentro do universo da paisaxe, o horizonte é confín, é fronteira determinada pola vista, afastada á mantenta. Horizonte é porta ao alén. É fiestra para a imaxinación (isto entendérono perfectamente os románticos na súa pintura), e metáfora do futuro. No conto de Manuel Rivas, A lingua das Bolboretas, Pardal (o neno protagonista) foxe da escola para ir A Coruña, e así poder migrar a Bos Aires, pero cada vez que chega ao alto dun monte, máis aló hai outro horizonte montuoso máis alto. Quizais por iso no álbum do grupo musical irlandés U2 No Line on the Horizon, a letra da cantiga que lle dá nome reitera no retrouso: No line on the horizon, no line… / No line on the horizon, no line…
A todas horas se contemplar horizontes. Moitas pinturas, deseños e fotos exhiben as súas liñas de demarcación, onde se intúen as intencionalidades de moitos artistas ao apostar por un horizonte baixo, ou alto, curvilíneo ou recto, esa liña, que parece nítida e que realmente confronta aos humanos coas súas obxectividades e imaxinacións. O horizonte é confín. Cada sentido ten o seu límite: o tacto teno ben preto, igual ca o gusto; mentres a vista e o oído poden afastarse á mantenta. Pero non é un confín físico, detrás do que hai ren; non é definido: ao mudar de lugar, a liña do horizonte (a portela) muda de sitio. Horizonte é a porta ao que pode haber máis alá, despois; para o que non se coñece. Se non ten unha localización física concreta é Utopía. O horizonte é indeterminado, enigmático, ceibe, emocionante, atractivo. Por iso os surrealistas o asociaron cos soños.
De horizonte vén horizontal. Na lingua xa cualificamos o concepto. Horizontes mariños, de infancia, na serra; horizontes pasados, múltiples, satisfactorios, … A verticalidade no mundo occidental, por contra, sempre foi vieiro de comunicación coas divindades; coas positivas que están no alto, e coas negativas que se atopan por baixo dos nosos pés. Na arte dita románica, por exemplo, as liñas dominantes son verticais. Aínda máis, o vórtice de horizontes tanxibles, imaxinados, soñados, reais, a mestura do externo coas vivencias propias, invita a definir (quizais coas influencias dos traballos de Christo) calquera horizonte que se contemple unha mañá bretemosa, ou unha tardiña fría, como unha instalación de land art. (xa as pinturas do Renacemento encetaron as feituras do land art?). Moitas veces (en fotografía máis) a sucesión dun determinado tema dá a información -certa ou non- de que máis aló desa liña final, desa portela, hai outra paisaxe similar, que acaba rematando nunha paisaxe humanizada. O horizonte como liña que pecha e abre visións, como eixo de simetrías. Paga a pena contemplar a obra de Gonzalo Chillida, a macroescultura que Eduardo Chillida fixo para Xixón: Elogio del Horizonte (1985). Toda unha declaración de principios.
Tumblr media
A. Gursky. Les Mées, 2006
Na mostra Horitzó i límit. Visions del paisatge a heteroxeneidade de propostas é moi ampla. Unha artista chinesa (Su-Mei Tse) toca o violoncello nun val alpino e agarda a que lle chegue o eco das súas propias notas. Noutros casos trátase directamente de manipulación da propia paisaxe, como fai von Bismark en Landscape painting, o artista pinta unha canteira abandonada na illa de Lanzarote para así resaltar aínda máis as marcas do terreo; ou directamente os creadores denuncian as agresións da humanidade sobre as paisaxes, o medio ambiente.
Lito Caramés
EXPOSICIÓN: Horitzó i límit. Visions del paisatge.
Caixaforum Barcelona
ata o 1 de setembro de 2024
0 notes
carloskaplan · 2 years ago
Text
Tumblr media
Castela
2 notes · View notes
kinocube · 1 year ago
Text
Imos no mesmo barco
youtube
Todo ten cabida no pequeno mundo interior dun barco. A convivencia, despois de meses de limitarse a un espazo, a unha paisaxe e a unha tarefa máis ou menos repetitiva pode volverse fina e crebadiza como unha folla de papel abaneando sobre a superficie da auga; ou o contrario, forxar lazos humanos máis fortes que os que terman e dirixen as velas da nave.
O cinema gosta destas dinámicas entre personaxes. A miúdo, de feito, unha idea para un guión xorde da pregunta: "que pasa se misturamos persoas de diversas capacidades, características, virtudes, defectos e carencias en tal situación?".
Imos bogar por estes mares, hoxe, na nosa bitácora. E deixo as piadas náuticas por hoxe, prometido!
O que ocorre habitualmente nos barcos da ficción é a tensión entre dúas forzas: a disciplina contra a rebeldía, a lealdade contra a liberdade, incluso o colectivo contra o individual -e as súas posibles variantes-. A disciplina foi historicamente unha ferramenta de poder sobre os demais, mais tamén para manter unha orde ante empresas especialmente duras como a que nos ocupa, a de convivir forzadamente nun espazo pechado, durante certo tempo, cunhas persoas coas que podemos levarnos moi ben ou moi mal.
Por iso, unha parte importante da ficción cinematográfica con barcos -boat media en inglés, polo menos para a xente que forma parte deste niche tan específico*- ten como conflito central o contraste, o choque entre estas dúas vertentes: a da lei, a disciplina e o orde, quizabes representada pola autoridade marítima, por un capitán ou por unha frota, contra a criminalidade, a rebeldía e a liberdade, materializados nun motín ou nun grupo de piratas da peor caste.
Tumblr media
*P.S.: Confirmo e non desminto que estou metida de cheo no nicho en cuestión, coa auga até o pescozo. Dixera que deixaba as piadas náuticas...?
A narrativa, en tal caso, pode poñerse de calquera dos dous lados, dependendo dos valores que os filmes traten de transmitir. O código Hays penalizaba o saírse do redil, tamén nestes casos, dirixindo o compás cara as virtudes morais aceptadas pola xente de ben, incluída a disciplina e a lealdade; os valores do american dream, porén, promoven a individualidade e a liberdade. Neste contexto, un chisco contraditorio, non é raro atopar filmes swashbuckling, o xénero de aventuras do Hollywood dos anos 30 até os 50, nos que as personaxes protagonistas caian dun ou do outro lado da lei. Sempre, iso si, encarnando os valores correctos.
Tumblr media
Filmes modernos como Master and Commander (Peter Weir, 2003), que adapta libremente as personaxes e temas da saga de Aubrey e Maturin, presenta o conflito dunha maneira máis matizada e profunda: cando os océanos son campos de batalla e o teu barco é Inglaterra, onde está o límite que divide a autoridade e a tiranía?
Hai máis posibilidades en canto a conflitos cando imos no mesmo barco: que o barco pode ir á deriva, ou o que é peor, a pique. Que o barco pode converterse nun pequeno bote salvavidas sen víveres nin posibilidades. Nestes casos, falamos de películas de desastres, un xénero en si mesmo, no que abandonamos á súa sorte ás personaxes para observar que é o que farían unhas ou outras ante as adversidades cando están en xogo as súas vidas. Filmes de supervivencia, algúns incluso baseados en desastres reais, que reflicten os dilemas morais e os traumas derivados destas situacións límites e que resultan moi interesante cando, por exemplo, desvelan que baixo a máscara dunha personaxe boa e valente, hai un covarde e un egoísta; ou viceversa. Trátase de filmes corais que, aínda que poidan contar cunha personaxe protagonista, adoitan desviar o foco dunha a outra personaxe para que teñamos unha ampla perspectiva do que é capaz o ser humano cando o enfrontas á peor das situacións. Cando un colectivo se enfronta a unha traxedia, vólvese unha mostra que representa a toda a humanidade. Da mesma maneira, en ocasións, pérdese a individualidade e o grupo compórtase como un só, como unha masa.
O do barco pode ser máis literal ou máis metafórico. Podemos falar dun navío enfrontándose a un motín, ou dun submarino. Ou dun grupo de persoas sitiadas nunha cidadela, agardando polo inimigo, como no caso de 七人の侍 (Shichinin no Samurai, Akira Kurosawa, 1954). Ou da redacción dun xornal.
Ou dunha sala de cinema, por que non. E na multiplicidade de olladas diante dun filme, hai tamén unha multiplicidade de voces, de monólogos interiores. "Se eu estivese na súa pel, faría isto", pensa a rapaza da butaca tres, fila cinco. "Que valente!" pensa o da primeira fila. "De seguro que eu estaba entre as primeiras en ser trabadas polos zombies". "Había de ser eu!".
Crear este tipo de personaxes e situacións corais, é unha maneira moi efectiva de introducirnos a nós de cheo na trama. Realmente, pertencemos a ese grupo que vemos sufrir na pantalla. Non temos que idenfiticarnos cunha personaxe principal e proxectar nela as nosas ilusións. Cando entramos na narrativa como espectadoras, podemos ser aquela valente que se enfronta ao lume na sala de máquinas, ou a personaxe que convence aos demais de continuar, ou ao que se sacrifica polo grupo, ou ao que se deixa salvar. Ou podemos ser nós mesmos e observar a todas as personaxes que conforman o coro, o grupo, o colectivo, dende dentro. Hai un mar de posibilidades.
Desculpade esta derradeira brincadela e até o vindeiro episodio!
1 note · View note
timriva-blog · 2 years ago
Text
A pataca, moeda e tubérculo
Francisco Coimbra ambienta en Macau unha historia chea de contrastes Francisco Coimbra ambientou a súa novela en Macau, onde os casinos forman parte da paisaxe cotiá da cidade. Por X. F. Unha muller galega arriba ao porto de Macau para visitar a súa filla, á que lle leva como agasallo unha saca de patacas. O que ignora é que pataca, na antiga colonia portuguesa e hoxe territorio chinés, pode ser…
Tumblr media
View On WordPress
0 notes
manoelt-finisterrae · 2 days ago
Text
soño e esquecemento
Tumblr media
Non debía asombrarme, pero fíxeno cando o crepúsculo tomou o rostro do onte. Non era a cor salvaxe dos meus soños, nin o reflexo dourado que algunha vez imaxinei.
Como se soña co que xa se perdeu? Que pregunta pode soster un corazón baleiro? Era bo ter un lugar ao que volver, pero non quedaba máis que a sombra dun desexo.
Sobresaltado, vin a túa imaxe na brisa, unha figura incerta entre a néboa do tempo. Eu quería alcanzarche, suxeitar o imposible, pero a calor do instante desvaneceuse nas miñas mans.
Por que soñei co que xa non existe? Viaxei na saudade dunha paisaxe inventada, conxurando lembranzas que nunca foron miñas, como un mariñeiro perdido no seu propio soño.
Sentín a distancia abrirse como un abismo, azul e profundo, como o esquecemento mesmo. Alguén chamou o meu nome na brisa, pero a súa voz perdeuse antes de alcanzarme.
Sabía que nada podía deter o tempo, sabía que todo era flexible, fugaz, incerto. E aínda así, quedei alí, bañado na ausencia, sabendo que o soño e a realidade eran un.
© Manoel T, 2025
61 notes · View notes
chainapost · 2 years ago
Text
Tumblr media
Paisaxe de ascensor
1 note · View note