#froitas
Explore tagged Tumblr posts
Text
Nunca comades froitas verdes quentes.
1 note
·
View note
Text
en día de tempo
caemos nun sol etrusco e perdémonos entre esponxas froitas de palabras e os nosos indescifrável tremor das presente mulleres e homes sorbendo o brasón da saúde
flor que se pronuncia baixo a bóveda dos beizos canto de vivirnos sen certezas nin verdade pórtico idílico do eu inventado nada aquí
© Manoel T, 2024
95 notes
·
View notes
Text
Caravaggio: Rapaz descascando froita
29 notes
·
View notes
Text
"Next in the division of the seasons comes autumn, from the setting of the lyre to the equinox" Pliny.
In the fields, Autumn rears its head, How he takes delight in picking the grafted pears And the grapes that vie with purple, To honour Priapus, and Father Silvanus Who’ll protect his boundaries. It’s pleasant to lie now beneath some old oak-tree, Or now on the springy turf, While the streams go gliding, between their steep banks, And little birds sing in the leaves, And the fountains murmur, with flowing waters That invite us to gentle sleep.
"Sequitur ex divisione temporum autumnus a fidiculae occasu ad aequinoctium"
"Vel cum decorum mitibus pomis caput Autumnus agris extulit, ut gaudet insitiva decerpens pira certantem et uvam purpurae, qua muneretur te, Priape, et te, pater Silvane, tutor finium. libet iacere modo sub antiqua ilice, modo in tenaci gramine: labuntur altis interim ripis aquae, queruntur in Silvis aves frondesque lymphis obstrepunt manantibus, somnos quod invitet levis".
"O seguinte na división das estacións chega o outono, dende a posta da lira ata o equinoccio" Plinio.
"O outono ergue dos campos sua cabeza, fermosa con froitas suaves. Como se deleita arrincando peras e uvas púrpuras, para honrar a Príapo e ao pai Silvano gardián dos límites. É agradable deitarse agora debaixo dunha vella aciñeira, Ou agora no céspede tenaz, Mentres os regatos van planeando, entre as súas beiras empinadas, E os paxariños cantan nas follas, E murmuran as fontes, con augas que corren Que nos invitan a un sono suave". Horacio
3 notes
·
View notes
Text
Froitas
Colleita de kiwis Escrito por Bieito Romero Na miña casa, a froita sempre foi fundamental na alimentación. No día a día cómese absolutamente de todo, e a froita natural é parte esencial do menú. Mazás, peras, cereixas, figos, laranxas, pexegos, amoras, arandos ou castañas eran froitas familiares dependendo da época. Criáronme así e dende ben noviño son comedor de froita. Ao principio foi…
View On WordPress
0 notes
Text
LECTURAS FRUTÍFERAS
O pasado venres 1 de decembro realizamos na biblioteca un encontro para compartir lecturas, tempos, praceres... no que, ademais, contamos cun petisco saudable a base de froita elaborado polo alumnado de 1º do ciclo medio de Atención a persoas en situación de dependencia, colaborando tamén na loxística o alumnado de 2º do ciclo básico de Actividades domésticas e limpeza de edificios.
No encontro participou profesorado, alumnado e persoal non docente achegando diferentes recomendacións lectoras que podedes ollar no vídeo.
Na @biblioteca.cifpaxunqueira temos dispoñibles os seguintes títulos recomendados:
A culpa, de María Solar.
Hamnet, de Maggie O`Farrell.
Qué hacer con estos pedazos, de Piedad Bonnett.
Los privilegios del ángel, de Dolores Redondo.
0 notes
Text
Especial 50 Episodios ~ Primeiro aniversario da canle de Youtube
youtube
Se me chegan a dicir que iamos durar 50 episodios, 8 artigos adicados a grandes cineastas e 3 vídeos da nosa canle audiovisual, non o crería. Pero, como dicía o outro, "ver para crer" e de ver, mirar, observar, contemplar, incluso de espiar, é precisamente do que ía todo isto. Por iso o noso logotipo é un olliño estilizado, minimalista e curioso que trata de pór en relevo o concepto de ollada.
Pois cada cineasta observa o mundo dende a súa propia perspectiva, única e intransferible. Perdón! Quería dicir única, pero non intransferible pois, precisamente, que é o cinema senón o anteollo a través do cal podemos poñernos na pel do outro, nos ollos do outro, sexa das personaxes protagonistas ou das persoas autoras da historia que se nos mostra na pantalla prateada? E que é a pantalla, máis que a porta onde se reflicte o feixe luminoso dende a cabina de proxección, que é un instante de luz capturado por un cinematógrafo -ou unha cámara de cinema, de vídeo ou formatos dixitais- e que nos relata unha historia, nos emociona e nos asombra.
Algunhas persoas din que o cinema é esculpir a luz. Eu diría máis, o cinema é esculpir a luz, significala e transmitila.
Dotar un instante luminoso de significado é a mestría das persoas que se adican a facer cinema; revelar, ocultar, xogar cos nosos sentidos -falamos moito de ollos, máis non debemos esquecer o papel fundamental que ten o son no cinema- e incluso manipular, no bo sentido, as nosas expectativas. Neste senso, engadiría que non é tan importante ter unha boa historia -enténdase "unha historia orixinal e valiosa"- senón saber contala moi ben.
[...] o fume, as estradas, as multitudes, os rañaceos, as sombras, as luces da cidade que nos seducen, nos cegan e nos confunden. Como o mesmo cinema, un trampantollo, un engano para o goce dos nosos sentidos.
Os arquetipos, ou motivos narrativos, sonoros e visuais que se reiteran unha e outra vez a través da historia do cinema son tamén recursos, ferramentas, trucos e trampantollos adicados a esculpir, significar e transmitir instantes de luz: banquetes, risos, néboa, froitas, flores, multitudes, altos cumios e profundas covas, xestos, palabras, silenzos e movementos. Despois de todo, son as moving pictures, as imaxes en movemento, as que engaiolaron ao público por primeira vez un 28 de decembro de 1895 no Salon indien du Grand Café de París.
De todas estas posibilidades, gustaríame quedarme coa idea de que o cinema transforma o cotiá -a escaleira, o espazo liminar, o día a día-, transcéndeo na busca de significado, de tensión dramática e de profundidade narrativa para ofrecernos novas perspectivas. Pode ser unha simple escaleira; pero, no cinema, nunca será soamente unha escaleira.
Quedan moitas máis pictures, moitos máis motivos e arquetipos para debullar. Se con estes pequenos artigos e vídeos conseguín prender (ou manter prendida) en vós a chama da curiosidade polas películas, acompañádeme neste camiño.
Até o vindeiro episodio!
1 note
·
View note
Text
As Cincentas dos 40. A memoria de Manola e Maruja Caamaño Rodríguez.
Iria Fernández Caamaño
A Galicia rural dos anos 40 definíase por un gran atraso económico froito da Guerra Civil Española, un conflicto bélico desencadeado tras o fracaso do Golpe de Estado do 17 e do 18 de xullo do 1936, no que participaron dous bandos: o nacional, co xeneral Francisco Franco ao mando, e o republicano. Esta conflagración concluíu no 1939 co último parte de guerra asinado polo caudillo, establecendo así unha ditadura que perdurou ata o 1975 e que acarrexou unha importante crise económica, política e social.
Nesa época, as condicións de vida eran pésimas. A dieta que seguían era moi básica e pobre debido á gran escaseza de alimentos. Acostumaban a consumir froitas e legumes que cultivaban na súa horta e tomar o leite das súas vacas, porque era o máis económico. Outra das cousas que máis solían inxerir era, sobre todo no inverno, o caldo, que era como unha auga lavada, debido á escaseza de alimentos que se utilizaban para elaboralo (principalmente touciño, unto, e patacas). Este era o menú que había nas bodas, polo que con isto xa se di moito. Poucas veces comían ovos e carne dos animais que criaban, xa que isto llo levaban como agasallo tanto ás mestras como ao crego. Tamén se turnaban cos veciños para encender o forno unha semana cada casa e cocer a boroa (pan de millo) de todos, aforrando deste xeito leña.
Ao mesmo tempo, levaban os produtos que eles obtiñan á feira para intercambialos por outros distintos coas demais persoas, así como o ceboliño, a froita da horta ou o millo que moían no muíño, para o que se tiñan que organizar en quendas todos os veciños.
Paralelamente, nesta época tamén cobraron moita importancia as cartillas de racionamento, uns cupóns suministrados e controlados polo réxime que lle proporcionaban ás persoas alimentos básicos e de primeira necesidade, tales como azucre, aceite, café, etc, a cambio dun prezo fixo, para tentar facer fronte a esos anos de fame e miseria que estaban atravesando.
Pero a escaseza e a mala calidade destes produtos acabaron desencadeando a corrupción e o mercado negro, mais quen accedía a el era castigado ata con penas de morte.
En canto aos modelos de hixiene e vestimenta podemos dicir que os dous eran moi miserables. En primeiro lugar, dispoñían duns zocos e de moi pouca roupa, concretamente de tres mudas: unha para diario, outra para os domingos e enterros, médicos, etc, e a última para o día da festa. Ademais, as mulleres cando ían á misa tiñan a obriga de levar un velo. En segundo lugar, non dispoñían de facilidades para asearse, polo que se lavaban nunha palangana con xabón feito á man a base de produtos naturais.
Xusto ao remate da Guerra Civil e sufrindo plenamente as consecuencias desta posguerra naceu a protagonista desta historia, Manola, que era a menor de dúas irmás, xa que Maruja lle levaba catorce meses. Maruja era tímida e vergonzosa, mentres que Manola era descarada e vivaracha. Os proxenitores, Carmen e Ramón, xa perderan unha filla previamente, polo que lles costou moito ter estas dúas.
Imaxe 1: Manola e Maruja na eira da casa.
Ambas eran orixinarias do Freixo, un pequeno pobo costeiro pertencente ao concello de Outes. Nesta aldea, ao igual que en gran parte do rural galego predominaban a agricultura e a gandaría, e a maiores, como era un lugar do litoral, a pesca e o marisqueo tiñan un importante papel na economía. Esta última labor era á que se adicaba o pai, mentres que a nai atendía á familia e á casa.
Tiveron unha infancia moi dura, posto que cando cumpriron catro e cinco anos, unha enfermidade respiratoria arrebatoulles a súa nai, quedando ambas a cargo dos avós maternos e do pai.
Dos poucos momentos que a nai tivo a ocasión de desfrutar delas, decidiu levalas a unha romaría que se facía nunha pradaría chamada Calvón. De camiño a ela, atopáronse no lugar de Ánceres cunha boa amiga.
Veciña: Onde vas Carme?
Carmen: Onde vou, onde vou, … Vou levar as miñas fillas á festa. Elojo ti non has de vir?
Veciña: Eu non vou non, as miñas xa as levou Cachicán e viñeron comendo cadanseu milindro.
Imaxe 2: Romería de Calvón.
Ata cumpriren os sete anos, as súas infancias foron do máis normal, como as de calquera rapaz da súa idade; máis foi este momento o punto de inflexión que lles marcou a súa traxectoria vital, pois faleceron ambos avós maternos. Este feito desencadeou o casamento do pai cunha nova muller, Manuela da Santola, unha solteira quedada dun lugar próximo que herdara dos seus antepasados moitas propiedades.
Imaxe 3: Voda de Ramón e Manuela da Santola.
Os primeiros anos de matrimonio, continuaron vivindo na casa matriz que herdaran as rapazas tras a morte da súa nai. Era unha vivenda humilde de pedra construída por dúas prantas: abaixo, sobre un piso de terra batida, situábanse as cortes dos animais e a lareira e arriba, sobre un piso de madeira, as habitacións, aproveitando deste xeito a calor producida polas reses para quentarse. A casa dispoñía dunha eira na cal sembraban as colleitas e soltaban os animais para que pastasen.
Tamén se atopaba unha pequena escola pública de mulleres na parte baixa do secadoiro, a cal estaba adosada á vivenda principal. Os homes ían a Catasueiro, á de Canay, mentres que as mulleres quedaban na do Xastre. Na escola da casa da protagonista, as leccións impartíaas unha mestra nada en Santiago de Compostela chamada Dona Elvira, que veu destinada para Siavo; mais antes de instalarse definitivamente na casa de Manola, estivo exercendo a súa labor noutra casa veciña. O problema surxiu cando a mestra quixo traer o seu home para vivir con ela na casa da escola, pero aos donos non lles parecía ben esa idea, polo que tras varias discusións, remataron botándoa fóra e viuse obrigada a pedirlle a outros veciños un espazo ao que poder trasladar a escola.
Dona Elvira: Andrés ..., véñovos pedir un favore un mundo de jrande.
Andrés: Ven muller, se está na nosa man...
Dona Elvira: Mira para aí... botáronme fóra da casa de Repipe e se vós quixeras viña ca escola para aquí e despois xa comunicarei eu á Inspesión.
Andrés: Eh... pero nós non temos donde che acobixare.
Dona Elvira: Bueno home bueno, para min calquer currucho é bo.
Andrés: Bueno lojo, pois falo con Lela e xa che damos rasón.
Imaxe 4: Foto da escola.
Mais o destino de Dona Elvira non era Siavo, posto que cando apenas levaba cinco anos aquí, o home tivo un accidente nun serradoiro no cal traballaba, polo que decidiron regresar ao seu lugar de orixe para coidar do home ao cal lle tiveron que amputar un membro inferior.
Nesa tempada, na escola quedaron sen mestra, debido a que lles supuxo un gran problema buscar unha substituta por mor de que naquel intre era moi difícil atopar unha mestra cualificada que posuíra o título que lle permitira exercer a súa labor profesional, xa que simplemente era unha persoa que tiña máis coñecementos e que se encargaba de transmitirllos a elas. Pasaron nove meses ata que apareceu Dona Pilar, procedente de Padrón, a cal botou uns cantos anos ata que lle asignaron un novo destino.
Na escola era practicamente todos os días a mesma rutina: comezábase ás nove da mañá e rematábase ás cinco da tarde, cun pequeno descanso de por medio. Mentres as outras rapazas gozaban do recreo, elas tiñan que ir estrar os porcos, botarlle herba ás vacas, sacar auga do pozo, carrexar leña e vaciar os ouriñais, polo que se converteron en dúas pequenas Cincentas a pesar da súa curta idade. Mais cando podían desfrutar algo, xogaban na estrada á mariola, á rueda, á pelota, ó caracol, ás peonzas, á churra, e tamén ensaiaban para unha pequena banda de música que formaran algunhas delas coa que despois ían tocar ás romarías, como podía ser a do Pampallín, a do Rial ou o San Campio. A este último recitábanlle:
San Orente e máis San Campio
están xuntos no altar.
San Orente foi obispo
e San Campio militar.
Coa banda de música que armaran, na cal Manola e Maruja tocaban a pandeireta, tamén ían cantar villancicos e pedir o aguinaldo na época do Nadal. Mais non sempre lles daban cartos, xa que escaseaban, polo que ás veces lles regalaban ovos ou froita da horta.
A Belén camina la Virgen María,
lleva a San José en su compañía,
compañía máis noble no la pudo hallar.
Se fueron andando en conversación,
hablando palabras de gran atención,
palabras muy santas dignas de alabar.
Si quieres esposa que aquí nos quedemos,
a amparo del cielo algo tenderemos,
que una noche sola buena es de pasar.
Aínda que poidera parecer moi escaso, o pouco “tempo libre” que tiñan era no recreo, pois as tardes non era para xogar, se non que tamén tiñan que continuar coas labores que deixaran sen rematar pola mañá e a maiores tiñan que ir ao monte buscar piñas e leña co carro das vacas. Os sábados despois da escola, tamén ían ao río lavar as sábanas con xabón, feito con graxa de porco, e logo poñíanas ao clareo, é dicir, estendíanas nunha eira para que fosen blanqueando e secando co sol.
Imaxe 5: Manola coas vacas.
As instalacións eras moi pobres e escasas, polo que cando chegaba algunha rapaza nova á escola tiña que levar un pequeno banquiño no que poder tomar asento, pois un día Maruja e Lola da Loura chegaron e non tiñan onde sentarse, polo que Dona Pilar castigounas de pé todo o día. Mais estes non eran castigos se se comparaban a cando as mandaban ir á praia buscar area ou á leira por ortigas perillentas para poñerse de xeonllos encima das mesmas cos brazos abertos e cun libro en cada unha das mans, así como lle pegaban co punteiro e coa regra xa que lles dicían que a letra con sangue entraba. Manola experimentou esta sensación moitas veces xa que os sábados á mañá viña Don Joaquín, o cura, darlles o catecismo á escola e, como non o sabía, sancionábaa deste xeito tan severo e temible pola súa crueldade. E si, aínda que soe estraño, a escola era de luns a sábado.
Don Joaquín: Venga niñas, vamos. Hoy vamos a empezar cantando la Salve.
Todas: Dios te salve, María.
Llena eres de gracia, el señor es contigo.
Bendita tú eres entre todas las mujeres
y bendito es el fruto de tu vientre: Jesús.
Santa María, Madre de Dios,
ruega por noso...
Don Joaquín: Marité, recita en alto como tus compañeras y deja de mover los labios, porque si no lo sabes el domingo te pones a mi lado en la misa castigada.
(Marité baixa a cabeza e queda avergonzada diante de todas as compañeiras.)
Ademais do catecismo dos sábados, pola semana a mestra impartíalles outras materias que viñan recollidas en libros como o Silabario e o Raias no que se ensinaba o abecedario, ou o Catón que xa recollía actividades máis complexas como eran as contas e os problemas matemáticos que tiñan que resolvelos nos pizarrillos. Conforme ían avanzando, ían estudando outras materias como Historia Sagrada, Historia de España, Xeografía, Aritmética, Manuscrito e Lingua Española, o idioma que impoñía o réxime, posto que a educación estaba moi influenciada polo nacional-catolicismo, o que se vía reflexado en elementos como a bandeira de España, o himno, a foto do caudillo, os crucifixos e unha infinidade de símbolos identificativos da nación que se atopaban nas escolas da época. O galego, pese a que estaba sustentado polo movemento galeguista, estaba prohibido no ámbito formal, e polo tanto tamén no escolar, xa que a dictadura puxera en risco a lingua propia.
Unha vez máis sucedeu a mesma situación, quedáronse sen docente porque a Dona Pilar lle asignaron un novo destino, polo que o posto pasou a ocupalo unha veciña que, tras estar exercendo en Venezuela a súa labor como mestra, regresara a causa de que comezaron as invasións cubanas neste territorio. Esta era Dona Manuela da Carracha. Esta mestra tamén impartía clases de costura ás que ía Manola aprender a coser á man, a bordar co bastidor, a ganchillar e a calcetar.
Maruja era das maiores da clase, polo que moitas veces tiña que axudarlle á mestra cas máis pequenas, porque si, había unha única aula na que estaban as rapazas de todas as idades, dende os sete anos que comezaban ata os catorce que remataban. Cando Maruja rematou a súa andaina escolar, o olliño dereito da mestra pasou a ser Manola, porque era a veciña, e este favoritismo reflexábase na ausencia de castigos por parte de Dona Manuela cara ela, que xa os experimentara en repetidas ocasións coa anterior mestra, coa cal non tiveran moi boa experiencia. Con todo, tíñanlle moito respecto e cando entraba e saía da escola saudábana todas dicíndolle “Buenos días, señora maestra” e “Adiós, señora maestra”, ademais de tratala de dona cando se dirixían directamente a ela.
Dona Manuela e Manola tan só puideron compartir un ano de escola, posto que cando esta última cumpriu os catorce anos, tivo que abandonar o colexio debido a que esa era a idade regulamentaria de remate da etapa escolar. Tras este acontecemento, a única opción posible era a de poñerse a traballar, posto que non había posibilidade de acceder a estudos superiores polo gran esforzo económico que supoñía afrontar eses gastos.
Os de María de Benito, unha casa veciña da parroquia, eran de familia adiñeirada, polo que os fillos tiveron máis oportunidades de seguir formándose que as que tiñan o resto dos seus iguais, que basicamente eras nulas. Ambos fillos marcharon para Santiago, Juan a estudiar medicina e a Fernando internárono no Seminario Menor da Asunción para que obtivera formación para ser sacerdote.
Máis alá de que os da casa de María de Benito tiveran máis poderío económico que o resto da veciñanza, o feito de que mandaran aos fillos a estudar fóra tiña que ver coas distincións que existían entre a educación dos homes e das mulleres, xa que estas últimas quedaban encargadas do coidado do fogar e dos animais e, polo tanto, “amarradas á casa”, mentres que os primeiros tiñan máis liberdade e ás veces brindábaselle a oportunidade de continuar formándose, sempre e cando a familia fora acaudalada.
O machismo na escola era moi evidente, pois ademais destas diferenzas, tamén había materias unicamente destinadas ás mulleres nas que se lles ensinaba cociña, traballos domésticos e costura, mentres que a eles os instruían para o traballo fóra da casa. Franco dicía que “El niño mirará al mundo, la niña mirará al hogar”, de aí́ que elas tiveran que abandonar a escola aos catorce anos para traballar na casa e eles puideran continuar os seus estudos se o desexaban ou se o podían permitir.
Como Manola era muller, xa sabía cal era o seu destino, polo que, tivo que buscarse a vida inmediatamente. Posto non tiña moi boa relación coa madrasta, cando abandonou a escola marchou da casa e foise para Noia a vivir cun tío materno unha tempada. Pasado un tempo este ofreceulle a posibilidade de levala para Palmeira, unha parroquia do municipio de Ribeira, xa que el tiña alá un irmán, que viña sendo tío da protagonista. Pepe, o tío de Palmeira, a cambio de mantela e darlle aloxamento, vendeu as mellores leiras que a Manola lle quedaran en herdanza para cubrir eses gastos, polo que se quedou con gran parte do capital obtido.
Con apenas quince anos, xa empezou a traballar por alá de criada para varias casas que tiñan máis poderío económico. Ese traballo englobaba tarefas que aprendera na escola, como costura, cociña, limpeza do fogar, atender os animais, e unha infinidade delas máis. Un ano despois, tamén comezou a traballar nunha conserveira de noite, polo que tiña que compaxinar ambas labores e apenas tiña tempo para ela. Como tan só estudara ata a idade que marcaba a obrigatoriedade, non posuía coñecementos nin destrezas para acceder a outros traballos de máis prestixio e mellor remunerados.
Continuou con esta rutina cinco anos, pois aos vinte e un quedouse embarazada e regresou ao Freixo para dar á luz na súa terra. Parecía que o ambiente na casa se calmara un pouco, xa que un ano antes falecera a madrasta ca cal tiña bastante mala relación. Estivo tres anos alí co seu fillo Pepe, posto que se volveu a quedar embarazada e seu pai volveu a casar por terceira vez con outra muller dunha parroquia veciña, Elviriña. Do mesmo xeito que coa primeira madrasta, con esta segunda non había moi boa relación, polo que se marchou a vivir á casa dunha veciña cos dous fillos, Pepe e Lola, exercendo unha vez máis de criada. Uns anos despois naceu Sonia, a terceira filla e, como de aquela Ramón e Elviriña se mudaran á casa desta última, Manola regresou ao seu fogar co seu fillo e as súas dúas fillas. Alí, xa non había escola, polo que montou unha taberna na parte baixa que mantivo aberta ata que volveu a traballar a outra conserveira, pero esta vez foi a Esteiro. Mentres tiña o bar aberto, tivo a última das fillas, Estela.
Pese ás consecuencias da crise e aos problemas familiares, foi unha muller feliz que sempre loitou por sacar adiante aos seus fillos e por darlles todas as oportunidades que estiveran na súa man, polo que unha das fillas chegou a ser perruqueira e outra enfermeira. A outra, aínda que tivo oportunidade, non quixo estudar, polo que decidiu aprender o oficio de costureira, sobre o cal lle ensinara súa nai unhas nocións básicas.
0 notes
Text
Un meniño rebuldeiro
que fale na lingua nai
que suba nos pexegueiros
a froita verde a roubar.
Un vello que de consellos
un rostro de fume e pan
que conte contos ós nenos
do cuco e do paspallás.
(...)
1 note
·
View note
Link
Check out this listing I just added to my Poshmark closet: Just Fab Froita Black Gold Floral Sequin Ankle Boots Size 11W.
0 notes
Text
Mérito de Martín Fernández
7 notes
·
View notes
Photo
Sorry for the shameless self-promotion, but I liked this designs enough to put them in my redbubble account.
https://www.redbubble.com/shop/ap/90625856
9 notes
·
View notes
Text
Rousseau: Natureza morta con cafeteira e froita
18 notes
·
View notes
Photo
A mamá diría: "Moito vicio é o que hai. ..!" __ #pexegos #froita #apodrecer #magoa #freshfood #ecologic #organicfood #organicgarden #eira (en Dornelas, Galicia, Spain)
3 notes
·
View notes
Photo
Fruits.
Froitas na feira.
292 notes
·
View notes