#bibliotecacifpaxunqueira
Explore tagged Tumblr posts
Text
BOLETÍN DE NOVIDADES Nº 2
Xa podedes consultar todas as novidades do período xaneiro-marzo no novo boletín. Atoparás títulos relativos aos ciclos, literatura en xeral e xogos!
Está dispoñible no seguinte enlace.
0 notes
Text
Encontro con Beatriz García Turnes, autora de COMANDO SINTROM
Hoxe estiveron con nós na biblioteca do CIFP A Xunqueira, Beatriz García Turnes, autora de Comando sintrom, e Malores Villanueva, editora do libro!
👉 Sen dúbida un libro moi recomendable que se compón de diferentes relatos de mulleres que se atopan no final da súa vida e no que, con doses de humor, van reflexionando sobre a mesma.
#bibliotecacifpaxunqueira#cifpaxunqueira#fpgalicia#bescolaresgal#plambe#clubdelectura#comandosintrom#beatrizgarciaturnes#maloresvillanueva
0 notes
Text
ENTREGA DE PREMIOS
II CONCURSO DE MICRORRELATOS: Escribe a historia que hai detrás
O 21 de marzo celebramos na @biblioteca.cifpaxunqueira o acto de entrega de premios do concurso. 🤓
🥇O premio foi para o microrrelato: "A ollada do avó", de Marta (alumna do ciclo de Educación Infantil, na modalidade a distancia). Na imaxe vémola con Paula, alumna do ciclo de Atención a persoas en situación de dependencia e autora da imaxe que inspirou o microrrelato.
E no sorteo á participación realizado entre as persoas que deron a súa opinión sobre que microrrelato lle gustou máis, gañou Mateo, alumno do ciclo de básica de 1° Carpintería e moble!
Moitas grazas a todas as persoas participantes e aqueloutras que asistiron ao acto de onte‼️
#bibliotecacifpaxunqueira#edlgcifpaxunqueira#cifpaxunqueira#bescolaresgal#concursodemicrorrelatos#escribeahistoriaquehaidetrás#plambe @axunqueira
0 notes
Text
Esta foi a programación da Semana do 8M no CIFP A Xunqueira que culminamos o propio 8 de marzo cun acto reivindicativo para dar voz a aquelas cuestións das que estamos fartas. Estas actividades foron organizadas por profesorado do departamento de Servizos Socioculturais e á Comunidade e da Biblioteca.
Deixámosvos uns bocadiños do que foi esta semana:
Vídeo Semana 8M.
Playlist do Karaoke 8M.
Programación da xornada de xogos feministas.
#bibliotecacifpaxunqueira#servizossocioculturaiseácomunidade#cifpaxuqueira#8m#semana8m#bescolaresgal#feminismo#fpgalicia
0 notes
Text
SORTEO Á PARTICIPACIÓN
Estes son os microrrelatos presentados no II Concurso de microrrelatos: "Escribe a historia que hai detrás", a partir dalgunhas obras do anterior concurso de fotografía.
Están tamén expostas na entrada do edificio principal, xunto cunha urna para que introduzas nela unha tarxeta dando a túa opinión sobre o microrrelato que máis che gusta. Podes facelo ata o 20 de marzo. Se participas dando a túa opinión, poderás gañar un vale de 30 en produtos culturais! Animate a participar, aínda estás a tempo.
O xoves 21 de marzo farase a entrega de premios: daremos a coñecer a persoa gañadora do concurso e realizaremos o sorteo á participación entre as persoas que deron a súa opinión. Agardámoste o 21 ás 11.30 na biblioteca.
#bibliotecacifpaxunqueira#edlgcipfaxunqueira#cifpaxunqueira#fpgalicia#bescolaresgal#plambe#concursodemicrorrelatos
0 notes
Text
QUE LIBRO LLE REGALARÍAS A UNHA MULLER QUE ESTÁ NUN CENTRO PENITENCIARIO?
Este mércores 28 de febreiro o alumnado de Integración Social e profesorado do equipo de biblioteca fomos de visita ao centro penitenciario “A Lama”, no que puidemos coñecer un dos seus módulos convivenciais e, inspiradas polo proxecto “A las olvidadas”, organizamos un encontro con algunhas reclusas no que cada alumna/o elixiu un libro para elas e escribiu unha dedicatoria.
Ademais desta bonita actividade, tamén compartimos vivencias e experiencias, reflexionando sobre a súa situación e posición dentro da prisión. Quedamos moi agradecidas por esta oportunidade, tamén un chisco removidas a nivel emocional, pero foi unha experiencia moi enriquecedora para todas.
Grazas a todo o persoal por recibirnos e ás mulleres pola acollida. Agradecemos tamén á equipa de @alasolvidadas polo seu traballo e por permitirnos replicar esta iniciativa.
Non queremos esquecernos tampouco da doazón de libros que fixo o CPI de Cuntis, ademais dos que achegamos dende a nosa @biblioteca.cifpaxunqueira.
Máis información sobre o proxecto "A las ovidadas" no enlace.
#bibliotecacifpaxunqueira#servizossocioculturaiseácomunidade#cifpaxunqueira#fpgalicia#bescolaresgal#doazóndelibros#alasolvidadas#compartirlibros#centropeniteriarioalama#integraciónsocial
0 notes
Text
Préstamos a cegas
Atréveste a ter unha cita a cegas cun libro?
Durante esta semana atoparás na biblioteca uns libros envoltos para que non se poida ver a cuberta e non saibas de cal se trata.
A dinámica é sinxela: colle un libro (no exterior atoparás un fragmento do mesmo) e rexistra o préstamo (indicando o número de rexistro que figura fóra). Non o podes abrir ata chegar á casa. O tempo de préstamo é o de sempre, 15 días.
Haberá citas cun toque de suspense, crítica, poético...
0 notes
Text
Obradoiro de ilustración con Zaida Novoa
O 16 de febreiro estivo con nós na realización dun Obradoiro de ilustración Zaida Novoa, autora de cómic, ilustradora e profesora na escola de banda deseñada O Garaxe Hermético; actividade á que acudíu alumnado de diferentes ciclos.
Non só nos deu a coñecer o traballo que se agocha no proceso de deseño de personaxes e nos guiou na posta en práctica da técnica do entintado e na ilustración, senón que tamén nos deixou como agasallo un libro do que é coautora: As 9 cruces, unha novela gráfica sobre a memoria histórica (a Volta dos 9 da Bobardeira, Baiona).
#bibliotecacifpaxunqueira#cifpaxunqueira#fpgalicia#bescolaresgal#plambe#ilustración#bandadeseñada#@axunqueira#@zaida_novoa_art
0 notes
Text
E-LBE.2
Plataforma de contidos dixitais
Queres ter acceso á plataforma de contidos dixitais ELBE.2? https://bega-elbe2.edu.xunta.es/
Se é así, escribe un correo a [email protected] indicando o teu nome e apelidos para que che enviemos as claves de acceso.
Trátase dunha ferramenta con máis de 3000 títulos dispoñibles en diferentes linguas e estruturados por temáticas, linguas, autoría, etapas educativas, xéneros (informativos e de ficción). Poden utilizarse en diferentes soportes de lectura (computador ou dispositivos móbiles), tendo en préstamo 2 libros simultaneamente.
0 notes
Text
BOLETÍN DE NOVIDADES
Para que non perdades detalle das novas adquisicións dispoñibles na biblioteca, editamos o primeiro número do Boletín de novidades, onde atoparedes variadas lecturas e xogos, así como outra información de interese!
Podes consultalo online no seguinte enlace.
0 notes
Text
LECTURAS FRUTÍFERAS
O pasado venres 1 de decembro realizamos na biblioteca un encontro para compartir lecturas, tempos, praceres... no que, ademais, contamos cun petisco saudable a base de froita elaborado polo alumnado de 1º do ciclo medio de Atención a persoas en situación de dependencia, colaborando tamén na loxística o alumnado de 2º do ciclo básico de Actividades domésticas e limpeza de edificios.
No encontro participou profesorado, alumnado e persoal non docente achegando diferentes recomendacións lectoras que podedes ollar no vídeo.
Na @biblioteca.cifpaxunqueira temos dispoñibles os seguintes títulos recomendados:
A culpa, de María Solar.
Hamnet, de Maggie O`Farrell.
Qué hacer con estos pedazos, de Piedad Bonnett.
Los privilegios del ángel, de Dolores Redondo.
0 notes
Text
DESEÑO DUN PUNTO DE INTERCAMBIO DE LIBROS NO CIFP A XUNQUEIRA
Dende o equipo de biblioteca do CIFP A Xunqueira propuxemos a elaboración dun punto de intercambio de libros ou “bookcrossing” para situar na zona exterior da biblioteca, proposta á que rapidamente se sumou o departamento de Madeira, que capitaneou o seu deseño e se encargará tamén da elaboración do moble.
Concretamente, foi o alumnado do departamento de 2º do ciclo superior de Deseño e amoblamento quen estivo neste primeiro trimestre a traballar na elaboración de posibles deseños. Ao respecto, o pasado 28 de novembro realizouse a selección dos mesmos, contando cun xurado composto por representantes do equipo de biblioteca, de profesorado do departamento de Madeira e das empresas: FINSA, Celso Tomé e Ceyeda.
Entre os 13 deseños presentados, o xurado acordou propoñer catro obras finalistas:
1º Joel Calviño.
2º Daniel Rodríguez e Lucas Galván (empatados a puntos).
3º María de los Ángeles Saavedra.
Parabéns!
Moitas grazas ao alumnado e profesorado do departamento de madeira, así como ás empresas colaboradoras pola vosa implicación!
0 notes
Photo
MALETA VIAXEIRA DE ÁLBUM ILUSTRADO
Dispoñemos temporalmente desta maleta con 31 álbums ilustrados para a cativada facilitada pola Asesoría de Bibliotecas Escolares. É de interese tanto para alumnado dalgúns ciclos como para aquelas persoas que queiran compartir novas lecturas coas súas crianzas. 👌
Podes ollar a relación de títulos no enlace.
0 notes
Photo
FALLO DO XURADO DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA!
Esta mañá reuníuse o xurado do concurso de fotografía! Aquí tedes as fotos elixidas! 🏆🏆
Parabéns ás gañadoras e grazas a todo o alumnado, profesorado e PAS que participou.
0 notes
Photo
Hoxe tivemos a visita de Eva Mejuto na biblioteca do CIFP A Xunqueira.
A autora fixo un percorrido co alumnado do ciclo superior de Educación Infantil fantil por algúns dos álbumes ilustrados máis interesantes para traballar coas crianzas, desde a literatura, sobre a realidade na que viven.
Porque realidades complexas como a guerra ou a inmigración tamén lles afectan ás crianzas, é importante axudar a comprendelas.
Tamén nos ensinou (e contou) varios exemplos de álbum ilustrado onde a diversidade (funcional ou de xénero) está integrada na historia, de xeito que as crianzas aprenden a ollar con naturalidade as condutas ou os corpos diferentes.
Un pracer e un luxo compartir un par de horas con esta autora de literatura infantil e xuvenil!
0 notes
Photo
Voces rebeladas son podcast nos que alumnado de 1° de Integración Social entrevista a profesionais do ámbito vencelladas/os con distintas obras lidas no club de lectura "Libros imprescindibles na caixa de ferramentas de toda integradora social", dirixido pola profesora Comba Campoi.
A través do enlace accédese ás entrevistas realizadas (co apoio técnico de alumnado de Mantemento de Equipos Electrónicos):
Santiago Barros, de Boa Vida Inclusión; vencellada á lectura "Silencio administrativo".
Tatiana Conde e Lourdes Pazo, do Programa Vagalume; libro: "Las ocultas".
Pedro Solla, de IGAXES; libro: "Los niños perdidos".
Tania Vázquez, da Asociación Xaruma: libro: "Manicomio".
Ana Pardo, responsable do programa Provivenda; libro: "Aquí vivió".
Fran del Buey, da Fundación SenEsquencer; libro: "Fuxe, home fuxe".
Zaida Jiménez, da Fundación Secretariado Xitano; libro: "Ni putas ni sumisas".
A continuación de cada entrevista, o grupo e a persoa convidada reuníanse co resto do alumnado do club de lectura na biblioteca para conversar sobre o tema do libro.
Acompañánse algunhas imaxes das entrevistas e das conversas.
0 notes