#charlottecourbe
Explore tagged Tumblr posts
Photo
CHARLOTTE COURBE Charlotte Marionneau, ou Charlotte Courbe, é unha cantante, compositora e produtora nacida en Francia, membro das bandas Le Volume Courbe, e Noel Gallagher’s High Flying Birds. Medrou nunha pequena cidade dos Pays de la Loire, na costa oeste de Francia. Sempre lle gustou a música, e durante un breve período formou parte dunha banda da zona. As súas influencias temperás foron David Bowie, que lle amosou que tiña liberdade para ser o que quixera ser, e tamén The Stooges e The Velvet Underground. Estudou Cine e Fotografía e trasladouse a Glasgow, en Escocia, para traballar en televisión. En 1995 decidiu mudarse a Londres, pois descubriu que alí a música estaba moito máis presente na cultura; empezou a facer traballos relacionados coa música, e a cidade produciu un enorme impacto na súa experiencia musical. Charlotte non é unha música convencional. Unha vez instalada en Inglaterra, formou a súa propia banda, chamada “Le Volume Courbe”, que é o nome dunha escultura creada por un amigo seu en Francia, Marcel Marionneau. En 1997, dous anos despois de chegar, gravou un dúo con Simon Raymonde dos Cocteau Twins, o single "In My Place", que era unha versión de Robert Mitchum. Durante esta época comezou a compoñer cancións mentres recibía o apoio vital dunha serie de músicos coma Hope Sandoval, Kevin Shields, David Roback e Colm O’Ciosoig, que opinaban que debía gravar un disco e lle deron confianza; tamén fixeron contribucións ao seu álbum de debut, a maior parte do cal foi gravado na súa casa. En 2001 publicou un single, "Harmony", co selo Poptones de Alan McGee. (SEGUE NOS COMENTARIOS) @levolumecourbe @themightyi @ysee_ysee_onlinemusic @greenfieldsings #HeroínasDeTódolosDías #EverydaySheros #CharlotteCourbe #LeVolumeCourbe #NoelGallagherHighFlyingBirds #BeautifulPeople #Artivism #GenderEquality #WomensRights #EqualPay #PovertyIsSexist #GirlsCount #WomenOfTheWorldTakeOver #ArteFeminista #FeministArt #Galiza #covid19 (at Lugo) https://www.instagram.com/p/CWwQnztoASk/?utm_medium=tumblr
#heroínasdetódolosdías#everydaysheros#charlottecourbe#levolumecourbe#noelgallagherhighflyingbirds#beautifulpeople#artivism#genderequality#womensrights#equalpay#povertyissexist#girlscount#womenoftheworldtakeover#artefeminista#feministart#galiza#covid19
1 note
·
View note