#calidoscopi
Explore tagged Tumblr posts
Text
📌 Kaleidoscope Visual Meditation, Radial Symmetry Artwork
A digital kaleidoscope is a virtual world of endless possibilities, where anything is possible.
#kaleidoscope#caleidoscoop#caleidoscop#caleidoscopio#caleidoscópio#caleidoscopiu#calidoscopi#calidoscopium#kaleidoscoop#kaléidoscope#kaleidoskoop#kaleidoskooppi#kaleidoskop#kaleidoskopas#kaleidoskopio#kaleidoskops#kaleidoszkop#kaleidoszkóp#kalejdosko#kalejdoskop#kalejdoskopju#kaleydoskop#kính v n hoa#kính vạn hoa#krasohled#καλειδοσκόπιο#калейдаскоп#カレイドスコープ#קאַליידאַסקאָופּ#Abstract Artwork Design Inspiration
0 notes
Text
Albert Jané i el seu «calidoscopi informal»
Edicions de la Ela Geminada publica una part molt important de la narrativa d’Albert Jané: el monumental ‘Calidoscopi informal’ Albert Jané Escrit per Joaquim Carbó L’obra d’Albert Jané és un iceberg. La part visible la formen milers de pàgines escrites -articles, gramàtiques, llibres i diccionaris- dedicades a aclarir aspectes de la llengua, a més de rondalles, còmics i pel·lícules, i de la…
View On WordPress
0 notes
Photo
Me inside ‘Calidoscopi’ by Carles Pujol (1981).
5 notes
·
View notes
Photo
Mesquita Nasir-ol-Molk.Mesquita Rosa.Shiraz.Cnostruida entre 1876 i 1888 .Una vagada dins del recinte sembla ser dins un calidoscopi.
Shiraz.Octubre 2022
©Tino Valduvieco
#shiraz#mesquitarosa#mesquitanasir#viatges#cultura#vitrals#colors#tutesperelmón#vacances#ciutatdelmón
0 notes
Photo
“La mirada en primer pla del meu carrer: els veïns, les portes obertes, proximitat, complicitat. La mirada ràpida, intensa i propera, tot a tocar, a prop, tot molt a prop, la mirada directa i senzilla dels joves veïns. Plans de colors intensos i texturitzats, de pintura a l´oli sobre tela o fusta, que envolten portes plenes de vida. La mirada en perspectiva del meu carrer: els veïns, les portes que es miren cara a cara i les portes aïllades. La mirada llunyana, calidoscòpica, complexa, la mirada llarga, molt llarga de dos eterns veïns. Calidoscopis de colors que componen carrers pintats a l´oli sobre tela.” Tomàs Sunyol. #abstract #contemporary #abstractart #abstractpainting #contemporarypainting #abstracto #abstractexpressionism #abstractartist #artsy #fineart #abstraction #instaabstract #abstractart https://www.instagram.com/p/CXZbkOnM3Xz/?utm_medium=tumblr
#abstract#contemporary#abstractart#abstractpainting#contemporarypainting#abstracto#abstractexpressionism#abstractartist#artsy#fineart#abstraction#instaabstract
0 notes
Photo
Les misérables, de Victor Hugo.
Tot el que es pugui escriure d’aquest llibre és poc. La seva grandesa té molt a veure amb la seva concepció, pausada, calma, sense presses, feta realitat sobre un parell de milers de pàgines seccionades en volums, parts, llibres i capítols que basteixen un calidoscopi noucentista i post-revolucionari posant al centre de l’acció uns personatges constantment abocats a al mal i a la misèria, amb els quals s’han d’enfrontar cada cop per discernir i decidir el seu camí.
La sacrificada vida del Jean Valjean n’és el nexe d’unió, el fil conductor, des del moment de la revelació que obté d’un capellà bondadós i que no només el fa oblidar la idea que el món (i aquí cal llegir la societat o, encara millor, el sistema pel qual aquesta es regeix) és injust i malvat, sinó que l’obliga a decidir portar una vida virtuosa, ajudant als demés i practicant l’abnegació i la justícia més absolutes. Les peripècies intenses per les que passa en Jean Valjean, les seves continuades transmutacions, les seves obsessions quasi malsanes per esdevenir bo, per ser just, el duen a patir a tort i a dret.
A l’altra banda, el comissari Javert, policia incorruptible, amorrat a la llei, decidit a fer-la complir i a no desviar-se’n ni una coma. La seva obsessió per caçar Valjean és l’altra cara de la moneda d’aquesta lluita per establir unes normes de joc més justes, molt en particular quan la Revolució Francesa i el seu llegat han estat colpejats i bandejats incessantment en el moment en que l’acció transcorre.
Farcida de digressions enormes i prolixes en què Hugo ens descriu amb tot detall i convenciment des de la batalla de Waterloo fins al sistema de calvagueram parisenc de l’època, passant per reflexions sobre la moral, els sistemes de govern, els monarques, les revoltes urbanes i un llarg etcètera, Les misérables és una obra enorme i complexa, polifacètica que no té cap pressa per dur-te cap on vol. Al contrari, es pren el seu temps, s’encalla voluntàriament en detalls que semblen inútils, s’enroca en precisions mínimes, i demora l’acció tant com li plau per augmentar l’ansietat i la tensió del lector, així com posar a prova la seva paciència.
Florida i exuberant en les seves descripcions, mil·limètrica en una trama rocambolesca que Hugo fa passar per plausible, Les Misérables és un exemple notable de la literatura del seu moment, rebutjant algunes de les particularitats dels fulletons (però no deixant de ser-ne un) i del romanticisme (però no deixant de beure’n clarament) i alhora pintant un fresc indissoluble de la seva història més recent, quan encara els mosquetons fumegen i la misèria s’escampen per França.
0 notes
Photo
Cover illustration I made for the compilation book in charge of Josep Maria Orteu "Calidoscopi de la Llibertat" (A Caleidoscope about Freedom). Ed. Llibres de l'Índex. Barcelona.
#Illustration#bookcoverillustration#books#freedom#catalonia#catalunya#politics#separatism#lighthouse#art
1 note
·
View note
Text
Alta tecnoloxía e clasicismo na videoarte de Bill Viola
No edificio histórico de La Pedrera estes meses está instalada unha mostra retrospectiva das creacións do artista audiovisual Bill Viola. Persoa meticulosa e perfeccionista, déixase influír por acontecementos persoais e mais polo impacto que a arte de hai séculos vai provocando nel. Unha exposición de grata e recomendable visita na que as novas tecnoloxías son empregadas a maior gloria da beleza e mais para procurar respostas ás cuestións transcendentais dos humanos. Por que unha catedral exhibe vídeos de Viola?
Lito Caramés
Bill Viola. Miralls de l’invisible. Fundació Catalunya-La Pedrera
Cando entramos nun templo gótico decatámonos de seguida que o son impera sobre o espazo. Non se trata dun simple efecto de resonancias, máis semella que todos os sons, xa próximos, xa afastados ou fortes, proceden dun punto distante. Parece que están ao marxe do ámbito máis próximo, que están planando nun punto no que a perspectiva converteuse na totalidade do espazo (Bil Viola. The Sound of One Line Scanning, 1995).
De tanto en tanto na cidade de Barcelona emerxen mostras artísticas de primeira magnitude. Nestes intres acontece con Tocar el color. La renovació del pastel nas salas da Fundación MAPFRE, ou con Venezia 1958, na Galería Mayoral. Pola súa parte a Fundación Catalunya-La Pedrera vén de abrir as portas do piso principal de La Pedrera a Bill Viola. Miralls de l’invisible, unha antolóxica do artista da videoarte de alta calidade. Conforman a mostra unhas corenta obras audiovisuais, das que a metade aproximadamente están na Pedrera e outras tantas en diferentes espazos da cidade de Barcelona e mais de Cataluña. Como exemplo da expansión de Bill Viola. Miralls de l’invisible máis aló de La Pedrera iranse facendo actividades no Palau da Música Catalana, ou no Liceu, en Barcelona. Así mesmo, na cidade de Girona no Centre d’Art Contemporani; tamén no Museu de Montserrat, na Fundació Sorigué, etc. No portal web do artista indícase que hai pezas expostas en La Pedrera, co título Mirrors of the Unseen.
Bill Viola (New York, 1951) é un gran artista actual que combina con xenial mestría o uso das máis avanzadas tecnoloxías para investigar sobre as grandes preguntas que se fai a humanidade: que é o tempo, a morte, o espazo. E a toda esa transcendencia achégase en moitas ocasións botando man das mitoloxías, das tradicións artísticas orientais e occidentais e das escolas místicas budistas, sufís e cristiás. Por iso, en moitas das súas pezas sorprende a perfección técnica dos vídeos á vez que as figuras que neles se moven están bañados por unha pátina de pintura renacentista ou barroca; ou de referencias a Goya (véxase para iso The Sleep of Reason (1988), onde, sobre unha plácida escena, vanse superpondo imaxes oníricas, catastróficas). Bill Viola. Miralls de l’invisible é a primeira retrospectiva que, sobre as creacións de Bill Viola, se mostra na cidade de Barcelona. Está comisariada por Kira Perov, artista tamén e a compañeira de Viola durante décadas, e mais por Llucià Homs, art advisor, curator e comisario de exposicións.
Nos traballos audiovisuais de Viola teñen influído –segundo ten contado o propio artista-- avatares persoais. Entre eles sobresaen as sensacións que percibiu aos seis anos, cando estivo a piques de morrer afogado; o impacto que recibiu cando chegou a Florencia (1974) e quedou totalmente impactado polas imaxes artísticas de creadores renacentistas e barrocos (ata entón non lle interesaban as estéticas do pasado); e tamén a morte da súa ani en 1991.
Bill Viola é un artista moi persoal, que nada a contracorrente en moitas ocasións. Por iso é inconformista, e a moita xente resúltalle incómodo. Viola non vai polos regos que dita a posmodernidade pois busca a calidade das novas técnicas e, ao tempo, acepta como referentes inescusables toda a arte anterior, xa de occidente, xa de oriente. Chantarse diante dalgunha das súas creacións é como asistir á animación das creacións artísticas clásicas: ver moverse a figuras de Mantegna ou Masaccio, de Caravaggio ou de Pontormo. Algo similar fixo no seu día, e en teatro, o director e artista polivalente Iago Pericot, dando puxo a camiñar á Venus de Willendorf , como nai da humanidade, como muller que se ergue contra a violencia; unha peza que debe figurar entre as grandes obras da arte actual.
Viola é clásico nas formas e nas interrogantes que, case sempre en silencio, proxectan as súas personaxes.
A beleza e a auga. The Reflecting Pool
Quan tenia sis anys, (Bill Viola) va anar amb la seva família a passar un dia de festa a un llac al nord de New York. Es va llençar a l’aigua sense flotador, però ell no sabia nedar i, en aquells minuts que l’atzar o el destí determinen la vida o la mort, el nen va veure un calidoscopi líquid extraordinari de colors verds i blaus, i plantes que es movien amb el corrent. Va estar al fons del llac, assegut com un petit Buda tot contemplant la revelació d’un paisatge irreal, quan el braç gegantí del seu tiet el va agafar i el va treure d’allí ... (Artur Ramon, Bill Viola: l’últim clàssic, no catálogo desta exposición).
Esta anécdota que relata Artur Ramon no seu artigo dentro do catálogo da mostra Bill Viola. Miralls de l’invisible que nestes meses finais de 2019 é doado visitar na Pedrera, o emblemático edificio que Antoni Gaudí levantou para a familia Milà, é moito máis ca unha anécdota. En moitas das pezas de videoarte que foi creando Viola desde os anos 70 fai a súa aparición a auga. A auga como elemento que permite os xogos estéticos, a auga que lle permite ao artista dialogar con rituais de nacemento, de resurrección.
Agora na Pedrera está, poe exemplo, a obra The Reflecting Pool, de 1977-79, unha das primeiras e máis coñecidas. Neste grupo de cinco pezas sucesivas, Viola –con estética e coa distancia dos seus case 30 anos-- vai reproducindo o que lle aconteceu aos seis anos naquel lago do norte de New York. No medio dunha foresta exuberante, verde (que mesmo parece tirada dos cadros impresionistas de Monet, Renoir, ou mesmo de Dejeuneur sur l’herbe, de Manet), o propio artista chega á beira dun estanque, no que se ve reflectido e mentres se poden escoitar os ruídos ambientais, o que máis o canto da propia auga. A seguir salta sobre a auga en quietude. Queda suspendido no ar, en posición fetal, mirando a superficie da auga. Durante minutos o artista está colgado no ar, fóra do tempo e do espazo. Neses intres que é Viola? É un Narciso que se recrea na contemplación de si propio, como se volvese estar no fondo da lagoa mirando se o seu sino é quedar alí para sempre, ou non. A calidade técnica do artista permite que, mentres observamos longamente ao home-neno en posición fetal inmóbil sobre a auga (un narciso eterno?) a superficie da mesma e as follas da fraga circundante móvense por efectos do aire e segue a sentirse o balbordo da auga. Despois, devagar, o home vaise diluíndo no ar, como se se tratase dunha ánima translúcida que se desintegra na paisaxe impresionista. Ou como unha resposta á pregunta: vive ou non? E, por último, acaba saíndo da poza, pouco a pouco, espido, para perderse pola fraga; por onde viñera. É dicir: a resurrección. Máis aló das choscadelas ao mito de Narciso, The Reflecting Pool é unha elaboración vital: nacemento, vida, morte, resurrección.
Por que Viola crea esta peza, sendo como é unha referencia directa á súa infancia e ao episodio no que a piques estivo de morrer afogado? É un exorcismo? Pretende así aos 28 anos superar o trauma daqueles minutos eternos no fondo da lagoa? Un dato sorprendente desta peza é que o protagonista que se enfronta co tanque de auga é el mesmo, é o propio Viola. Por que? Cando, ao final, emerxe das augas, espido, é unha resurrección, ou é máis ben un re-nacemento desde a pura nudez, sen equipaxes?
Técnica e beleza na recreación das estéticas cristiás: Martyrs
Hoxe, dada a evolución acelerada e permanente dos medios electrónicos e a tecnoloxía dixital, o computador, e con el o vídeo dixital, converteuse na “lingua franca” da cultura planetaria, e para os novos estudantes de arte, nunha ferramenta tan coñecida e imprescindible como un lapis (B. Viola. Discurso na recollida do XXI Premi Internacional Catalunya, 2009).
O artista Bill Viola é persoa de ampla cultura e coñecementos, como proba as afirmacións que explicita no parágrafo anterior: traballar cunha tecnoloxía determinada e, ao tempo, ter a suficiente distancia crítica da mesma como para poder valorar que, hogano, o vídeo dixital é a lingua franca deste tempo. Non importa o idioma no que se fale dentro desa escolma audiovisual (se é que se emprega algún); o formato, a posibilidade de captar imaxes con calquera artiluxo (cámaras, teléfonos móbiles) está por riba da comprensión dun código idiomático falado (como pode ser o idioma inglés).
A madurez intelectual de Viola abrangue calquera dos seus proxectos. En concreto hai un proxecto de 2014 que lle permite combinar tradicións culturais diversas, mesturándoas coa beleza que sempre atesouran as creacións de Viola. Trátase da serie Martyrs. No ano citado Viola inaugura oficialmente a instalación permanente Martyrs na St. Paul’s Cathedral de London. Esta catedral anglicana é un dos referentes fundamentais da cidade de Londres, e un espazo ben relacionado coa historia da Gran Bretaña. Destaca nela, mormente, a súa gran cúpula de finais do século XVII e comezos do XVIII, e que logo tantas veces foi imitada. En que consiste a instalación? Son catro grandes pantallas nas que se van repetindo as imaxes doutras tantas creacións de videoarte, catro exemplos de posibles martirios vividos por persoas nas voltas do cristianismo. Pero a sorpresa é que Viola, para recrear aquilo que xa dicía Lord Byron, ao ver as pinturas de José de Ribera, L’Espagnoletto, en Nápoles: “nas súas telas está todo o sangue dos mártires cristiáns”, bota man dos pensadores presocráticos gregos, ou da astroloxía, ou das tradicións hindús. Os martirios personalízanse en 3 homes e unha muller que son violentados polos catro elementos que conforman todos os modos de natureza: o vento, a terra, o ar e o lume. Segundo outras tradicións, que Viola tamén coñece, falta outro elemento, pois semella apropiado considerar que algunhas cousas non poden ser froito de substancias tan terreais; por iso cómpre engadir o ���éter”. Dentro da catedral de St. Paul, ese espazo litúrxico e espiritual, o éter non se percibe nas súas dimensións?
Non é moi habitual atopar creacións de últimas tecnoloxías dentro dun espazo sacro e cristián. Aquí Viola, poida que consciente, quizais porque o encargo vén a el, semella seguir a agachada senda doutros artistas, por exemplo de Marc Rothko que decorou as paredes da Rothko’s Chapel das Houston University (impresionante a espiritualidade que poden transmitir unhas pigmentacións específicas). En Bill Viola. Miralls de l’invisible están as catro creacións, ese xogo entre o sufrimento humano provocado a cristiáns e polos cristiáns e a referencias aos catro elementos da natureza. Sobresae, pola súa significación, a obra dedicada ao aire. No vídeo unha muller con vestido branco atópase atada cunha corda polos pulsos e mais polos pés, de tal xeito que parece que case non se pode mover. Pouco a pouco vai chegando a ela refugallos de vento que a moven, ata que ao final o vento é tan forte que a move ao seu antollo. Nos outros tres elementos as persoas representadas son masculinas; por que neste unha muller? Para comeza o vestido branco da muller pode estar facendo referencia aos traxes “sanbenitos” que as inquisicións cristiás impuñan ás persoas condenadas polos seus tribunais. Será unha muller acusada de bruxería? O vento que a move é a acusación dos frades que lle atribúen que en certas noites sae da súa casa montada nunha vasoira? O vento gurra con ela, pero ao final non a vence, quere isto representar as negativas da muller a tales acusacións? Ou representa todo o contrario: unha santa no seu martirio, xa coa vestimenta da salvación, da superación da vida terreal?
Moi recomendable a visualización das catro pezas de Martyrs: novas interpretacións, superacións de barreiras ideolóxico-relixiosas.
Walking on the Edge, Three women: a auga e a súa carestía
O poder que ten o deserto é que reduce as dimensións e a importancia do individuo ata convertelo nun diminuto punto negro. Os sentidos amósanse ridiculamente incapaces de captar un medio de inmensidade tan abafante. A morte está en todas partes; dentro del a persoa toma conciencia da súa propia mortalidade (B. Viola. The Poetics of Ligth and Time,1987).
De entre as numerosas obras presentes na antolóxica Bill Viola. Miralls de l’invisible chaman a atención aquelas nas que está presente, moi presente a auga: rememoranzas do transo sufrido aos seis anos? Xa se falou de The Reflecting Pool, alusión directa ao xogo entre a vida e a morte, pero quedan moitas máis: Self Portait, Submerged, (2013), onde o propio artista semella levar o xogo máis aló ao mergullarse pracidamente en auga (outro exorcismo?). The Sleepers (1992): bidóns metálicos cheos de auga nos que están mergullados uns monitores que mostran as cabezas de persoas que están durmindo, alleas á montaxe nas que o autor as implica. Ou Three Women (2008). Nestas creacións, Viola fai camiñar a tres mulleres, afastadas da cámara, lentamente. Camiñan pouco definidas e en tons grises porque entre a cámara e elas hai unha cortina de auga que esvae as figuras. A muller do medio, a nai chega á auga e atravésaa; logo unha filla, e logo a outra, quedando as tres figuras ben definidas e con cores. A cortina de auga é a barreira do tempo, esa liña que tamén se emprega nalgúns filmes de ciencia ficción para pasar dunha dimensión a outra (Viola aos seis anos estivo diante desta porta a outras dimensións?). As mulleres, logo de reunirse na luz (esta beira da auga) regresan á grisalla do tempo. Unha fermosa reflexión sobre o paso do tempo. As tres figuras –tanto no fonda da escena como na luz do primeiro plano-- adoptan movementos e actitudes que lembran figuras pintadas polos artistas renacentistas (Mantegna, Ucello, Botticelli).
No extremo contrario, Viola sente moita atracción polo deserto, pola inmensidade da nada, pola representación da morte. En Walking on the Edge, por exemplo, Viola sitúa no deserto de Mohave unha cámara inmóbil que comeza a captar dúas figuras –pai e fillo-- que, desde os extremos camiñan en dirección á cámara lentamente, con traxectorias converxentes, movemento que se fai case imperceptible. Ao chegar ao centro camiñan unha miga xuntos, para logo separarse e seguir vieiros opostos. Nun medio hostil, que ben pode representar a morte ou a constatación da propia mortalidade, as relacións paterno-filiais pasan por intres de proximidade, para logo cadaquén seguir o seu destino.
Lito Caramés
EXPOSICIÓN: Bill Viola. Miralls de l’invisible
La Pedrera
ata o 5 de xaneiro de 2020
0 notes
Text
calidoscopi
Successió de coses vàries i multicolors, d'impressions o de sensacions que canvien ràpidament.
0 notes
Photo
Calidoscopi Cultural 2018 https://ift.tt/2rIr5MX
0 notes
Text
Dos anys
Avui fa dos anys que un càncer salvatge va assassinar la Natàlia Molero. És difícil, encara, oblidar aquell any i escaig de males notícies rellevades per notícies pitjors, uns mesos de silenci informatiu… «Se’n sortirà. De vegades els metges s’equivoquen», pensava. Però no.
Després d’un temps sense notícies va arribar la notícia final. Era un diumenge de calor enganxosa i asfixiant, la meva tia Anna, amb qui havia viscut fins al moment, s’havia mort de cop encara no feia ni un mes. Era el dia de Santa Anna, com avui. El forat que tenia a dins es va fer tan gros que durant un temps em sembla que dins meu ja només hi havia el buit.
He estat rellegint antigues columnes seves a La Vanguardia. Ella hi publicava el dijous i jo el divendres. Més tard, ella hi escriuria el diumenge i jo mai més.
Per casualitat, he trobat aquesta columna estiuenca, que va escriure un juliol, que no havia llegit fins ara (si més no, no ho recordo) i on em cita. No recordo si finalment em va ensenyar les botes. M’encantava com vestia, la seva relació amb el que duia posat en una altra persona s’hauria considerat art conceptual. Me la puc imaginar triant una brusa o una jaqueta amb un estampat amb un joc òptic sortit després passar un Vasarely per 3 calidoscopis per assistir a una reunió avorrida.
Potser algú hauria de publicar les columnes que va escriure la Natàlia… Les de Directe.cat no m’agraden gaire, crec que les millors són les de La Vanguardia. I de les que escrivia en la seva última etapa, a El Punt, se n’hauria de fer un llibre sobre sèries. Ella, que segurament va ser la primera fan gironina de Twin Peaks gràcies al fet que algú la hi passava en cintes de VHS ja que aquí Telecinco encara no arribava, no podrà veure el retorn de la sèrie.
El buit encara hi és. I fa mal.
0 notes
Link
0 notes
Text
Acabo de tenir una revelació divina: Facebook coorp. ens dóna la generosa oportunitat de convertir-nos en emisors en directe de telebasura! Alguns hem viscut l'època daurada d'internet: recorrent els oceans de coneixement de link en link, la feinada que calia per penjar continguts, les apasionants hores de son perdudes, l'enginy espremut per trobar o pagar l'aparatu de so o de video... els calidoscopis i bucles corregits...
from Facebook via IFTTT
0 notes
Text
💖 Click to watch more beautiful kaleidoscope art @ 📺 Kaleidoscope Art Visuals - Colorful Visuals https://www.youtube.com/c/KaleidoscopeVisuals
#kaleidoscope#calidoscopi#カレイドスコープ#קאַליידאַסקאָופּ#만화경#Kaleidoscope Mandala Meditation Music#Kaleidoscope Fractal Meditation#Kaleidoscope Color Therapy#Kaleidoscope Visualization Meditation Music#Visual Relaxation#Kaleidoscope Visual Meditation#Kaleidoscope Calming Meditation#Kaleidoscope Brain Improvement#Kaleidoscope Visual Art#Kaleidoscope Visual Relaxation#Sensory Visual Therapy#Kaleidoscope Mind Movie#Kaleidoscope Mandala Visualization#Kaleidoscope Visual Meditation Music#Kaleidoscope Background#Kaleidoscope Third Eye Meditation#Kaleidoscope Screensaver#Third Eye Activation#kaleidoscope visuals
5 notes
·
View notes