#arqueoloxía
Explore tagged Tumblr posts
carloskaplan · 1 day ago
Text
Tumblr media
Medina Azahara, Córdoba, España
31 notes · View notes
zsorosebudphoto · 2 months ago
Text
Tumblr media
Museo de Arqueoloxía, Uviéu, Asturies, 22-03-24
3 notes · View notes
bossymarmalade · 2 years ago
Photo
Tumblr media
In the Ría de Vigo estuary in northwestern Spain, the archaeologist cooperative Árbore Arqueoloxía unearthed a six-inch stone penis they think was used to sharpen weapons.
[x]
25 notes · View notes
news-wtf · 7 months ago
Photo
This rare piece of ancient craftsmanship was accidentally discovered by archaeologists investigating a site listed for construction in Rollsbo, Sweden and archaeologist Gisela Ängeby, speaking to the Göteborgs-Posten, said the carved penis was initially thought to be a paving stone. It was only after the rocks were excavated the researchers saw something that “deviated from everything else” - a 2 foot (52 centimeter) long stone shaped like a penis.
The artifact was found amidst the debris near Torre de Meira, a 14th-15th century tower that fell victim to peasant uprisings against the nobility, resulting in its destruction in 1476 during the Irmandiño War in Spain. This conflict emerged as a result of the peasants and citizens rebelling against the oppressive feudal system, leading to the destruction of approximately 130 castles, towers, and fortresses, reports Art News.
According to Peña from the Árbore Arqueoloxía team, sharpening stones are commonly discovered at medieval sites, and can have different forms. The archaeologists determined the function of the stone penis by observing a distinct pattern of wear on one side of the phallic whetstone.
Tumblr media
the best part about studying the ancient world is that, every once in a while, a new discovery will bring with it an amazing article title like this
2K notes · View notes
germtrips · 7 months ago
Text
Best Hotels in Vilalba, Lugo, Galicia, Spain
Vilalba, a charming town nestled amidst rolling hills in Galicia, Spain, beckons travelers with its rich history, medieval architecture, and vibrant cultural scene. Vilalba boasts a UNESCO-protected monument, a lively market scene, and a delectable culinary scene focused on fresh, local produce and regional specialties. Immerse yourself in the fascinating Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de…
View On WordPress
0 notes
timriva-blog · 1 year ago
Text
Homes da néboa
Detalle do xacemento de San Cibrao de Las Escrito por BIEITO ROMERO Sempre sentín paixón pola arqueoloxía e nomeadamente pola propia dada a súa proximidade e familiaridade. Dende ben novo levo visitado centos de lugares onde están situados castros, mámoas, dolmens, pedrafitas, círculos líticos, crómlechs, etcétera. Foi dende a curiosidade e o interese o que me levou a ter unha biblioteca…
Tumblr media
View On WordPress
0 notes
victorlamela · 5 years ago
Text
O Castro de Elviña permitirá que as e os universitarios se enfronten a un proxecto de excavación real
O concelleiro de Cultura, Jesús Celemín, presentou as prácticas do Máster de Arqueoloxía no Castro de Elviña, unha novidade dentro do plan educativo da Universidade, en que un grupo de dez estudantes se enfrontan ao longo deste verán a un proxecto de excavación como o do xacemento coruñés con todas as problemáticas específicas.
Neste aspecto, o edil sinalou a importancia de pór en valor este…
View On WordPress
0 notes
que-noticias · 6 years ago
Text
Descubren en Casaio (Ourense) el mayor conjunto de pintura esquemática prehistórica de Galicia
Descubren en Casaio (Ourense) el mayor conjunto de pintura esquemática prehistórica de Galicia
EUROPA PRESS
El equipo de Sputnik Labrego y Estela Arqueoloxía e Patrimonio SL, junto con la Comunidad de Montes de Casaio, ha descubierto en Casaio, parroquia del municipio de Carballeda de Valdeorras (Ourense), el mayor conjunto de pintura esquemática prehistórica de Galicia.
Así lo han informado responsables del proyecto a través de un comunicado emitido este viernes, en el que han concretado…
View On WordPress
0 notes
praza-catalunya · 7 years ago
Text
Faraóns, deuses, tumbas
O cinema, a literatura, as artes plásticas alimentaron e alimentan a visión mítica da figura do faraón, o monarca omnímodo e divino do antigo Exipto. Agora é doado aproximarse a unha imaxe deste mandatario máis realista na mostra que Caixaforum brinda con pezas chegadas dos inmensos fondos do British Museum. O reto é comprobar se o acugulo de obras agora exposto permite a desmitificación, ou se polo contrario van seguir tendo vixencia as verbas de Josefina ao despedir a Napoleón cando ía á campaña de Exipto: Se vas a Tebas, non te esquezas de traerme un obelisco.
Lito Caramés
Tumblr media
Deuses, tumbas e faraóns
El fixo reverdecer Exipto máis ca o gran Nilo.
El é a mesma vida que alenta nos condutos nasais;
os tesouros que dá, son alimentos para os seguidores;
O rei é a vida do país, a súa boca é abundancia.
(Fragmento de oración ao faraón Amenenheb -circa 1800 a.n.e.-, recollida en C.W. Ceram, Deuses, tumbas e sabios, 1949).
A historia do Antigo Exipto dura varios milleiros de anos. En tan dilatado espazo de tempo tivo que haber evolucións tanto na economía como no pensamento, na tecnoloxía como nas estruturas de poder. A figura do todo poderoso xefe político, militar e relixioso que rexía o Alto e Baixo Nilo, e as dúas ribeiras do feraz río tamén sufriu variacións. Non é o mesmo un faraón do Antigo Imperio ca un faraón tolemaico, de orixe grego. A vida do faraón era unha vida moi regularizada, sempre ás ordes do cerimonial estipulado. Se tivese que facer todo aquilo ao que estaba obrigado polo cargo non viviría. Cada mañá debía saudar as estatuas dos deuses dos templos de Exipto, tal e como rezan os escritos, pola boa saúde da maat. Os deuses en Exipto contábanse por centos, o mesmo que hai que dicir dos templos. Sorte que ese traballo facíano acotío certos sacerdotes e músicos/as e danzantes. O seu poder omnímodo, loxicamente, viña mediatizado polas obrigas de todo índole.
Exipto é un don do Nilo, escribiu o historiador grego Herodoto no século V a. n. e. Certamente. Daquela as medradas e inundacións que provocaba o río, aportando limos e nutrientes, permitían boas colleitas ao longo das súas ribeiras, axudadas polas obras de enxeñería que ao longo dos séculos se fixeron. O río, dependente das chuvias que se producían no centro de África, inundábase cunha sorprendente regularidade. Se algún ano esas inundacións non chegaban, a fame e a miseria estaban servidas para as poboacións nilóticas. Os exipcios adoraban e temían o río. De igual xeito que non tiñan claro que o sol que morría cada noite polo occidente, se espertase cada mañá polo oriente. Por iso cumpría celebrar e saudar cada mañá –con grandes cerimonias-- ao disco solar de Ra (Ou Amon, ou Amon-Ra), o deus solar que dá luz e calor ás colleitas e ás persoas. Que todo estivese no seu sitio, que cada cousa funcionase dentro da organización social tan clasista do Antigo Exipto, dependía do que eles mesmos denominaban co concepto: maat. Maat é moitas cousas; pero mormente fai referencia á xustiza, á verdade e mais ao orde, tanto cósmico como político e social. Case nada. De que a maatsiga establecida na vida cotiá exipcia encargábase o Faraón, como representante dos deuses na terra, e a si propio deus.
A figura do rei exipcio –fose o que fose ao longo dos tempos-- mudou bastante. Faraón era unha atribución hereditaria, pero as traizóns e asasinatos estiveron ao orde do día, durante períodos longos gobernaron Exipto faraóns estranxeiros (en moitos casos borrados das listas de faraóns polos propios faraóns. Os deuses tiñan moitos templos, os mellores construídos en pedra. Entre todos eles sobresae polas dimensións e importancia que acadou ao longo dos tempos (despois de longos procesos de ampliacións que concedían os faraóns) o templo dedicado a Ra de Karnac, ao pé do que era unha das antigas capitais exipcias: Tebas, e que hoxe recibe o nome de Luxor. Algunhas fontes arqueolóxicas afirman que é o recinto sagrado máis extenso que se chegou a construír na Terra. Da importancia deste centro de poder clerical (chegou a atentar contra a vida de faraóns), e das vellas alianzas monarquía-relixión, fala, por exemplo, o Gran Papiro Harris, cando informa dos regalos que o faraón Ramsés III lle outorgou ao templo de Karnac: 421.362 cabezas de gando, 309.950 sacos de gran, 56 cidades en Exipto e 9 cidades estranxeiras, entre outras dádivas.
Se os deuses tiñan templos sen número, o rei tiña pazos, moitos pazos. A maioría deles confeccionados con adobes, polo que na actualidade se conservan poucos e en mal estado. A eles acudía o faraón nas súas viaxes polo Alto e Baixo Nilo, para asistir a cerimonias ou actos militares. A verba exipcia per-aaera a que definía aos pazos dos faraóns. Literalmente vén dicindo “casa grande”. E o curioso é que a palabra faraón provén de per-aa --pazo--, dos lugares suntuosos que habitaba. Sábese agora que a denominación “faraón” foi serodia, que non se comezou a usar (destinada a designar ao rei) ata o Novo imperio.
Tumblr media
Faraó. Rei d’Egipte, Caixaforum. Os mandados do British Museum
Celebrarase unha festa polo faraón Ptolomeo, o eterno, o amado de Ptah, o Deus Epífanes Eucaristos, anualmente en todos os templos da terra desde o primeiro de Tot durante cinco días nos que se deben lucir grilandas, facer sacrificios e os outros honores habituais; e os sacerdotes deberán ser chamados sacerdotes do Deus Epífanes Eucaristos ademais dos nomes dos outros deuses a quen serven, (Fragmento do texto da Pedra de Rosetta)
Estes meses é doado visitar en Caixaforum Barcelona a mostra Faraó. Rei d’Egipte, escolma de 164 pezas chegadas do British Museum grazas a un convenio formado entre esta institución museística e mais a Fundació La-Caixa. Nas salas da Casa Ramona hai agora estatuas de faraóns e mais de deuses exipcios, relevos e capiteis chegados de templos das ribeiras orientais do Nilo, papiros, alfaias, obxectos rituais, baldosas de pazos. A exposición está comisariada por Marie Vandenbeusch, responsable do Departamento do Antigo Exipto e Sudán do British Museum, como comisaria xefe, e por Neal Spencer, conservador do mesmo departamento e da mesma institución museística.
The British Museum é unha institución museística das más antigas de Europa. Creouse en 1753 para albergar os máis de 80.000 obxectos que procedían da colección privada de sir Hans Sloane, médico e naturalista. O carácter heteroxéneo desta primeira doazón parece definir o futuro contido do British Museum, pois na actualidade alberga obxectos de arqueoloxía, arte, etnografía ou historia (e iso porque a sección de ciencias naturais xa se independizou para conformar o Natural History Museum, outra extraordinaria institución). The British Museum custodia na actualidade máis de 8.000.000 de obxectos. Posúe a colección de arte exipcio máis importante do mundo, despois do Museo Exipcio do Cairo, que conta cunhas 136.000 pezas. Entre as pezas de especial importancia que agora están no British cómpre citar a famosa Pedra de Rosetta, atopada polos científicos franceses que acompañaban a Napoleón na vila de Rosetta, próxima a Alexandría, e coa que se conseguiu descifrar a escritura xeroglífica exipcia. Esta institución tivo que traballar moito para rematar coas falsificacións que entraron nos seus almacéns. Un exemplo, dos centos de momias exipcias que lle venderon a sir Hans Sloane, todas eran falsas. The British Museum é unha institución pública que está aberta aos visitantes todos os días e con acceso de balde. Exemplo a seguir.
Tumblr media
Esta é a terceira colaboración conxunta das dúas entidades (British Museum e Fundació La Caixa) dun total de catro que teñen comprometidas (préstamos do museo londiniense á entidade bancaria catalá). O custo das catro exposicións que chegarán ao público de agora a 2020 son dous millóns de euros. Medio millón de euros por exposición; case nada. As exposicións pactadas son Els Pilars d’Europa. L’Edat Mitjana al British Museum, unha amalgama de obxectos sen demasiado sentido, cunha interpretación da Idade Media europea trasnoitada, etnocéntrica, xa exhibida no ano 2017; a de Agon! A Competición na Antiga Grecia, unha boa panorámica da competitividade na Grecia Clásica, e onde se valoraba tanto a competición dos homes como das mulleres (cousa inusual); agora chega Faraó. Rei d’Egipte, e queda por executar unha sobre O Luxo na Antigüidade, título que non augura nada bo. Non se debe preocupar o público barcelonés, e visitantes, pola próxima finalización da colaboración devandita. Na presentación de Faraó. Rei d’Egipte xa se informou que as dúas entidades están a ultimar a firma dun novo convenio; o culebróndos almacéns e rochos do British Museum continuará. En xuño ambas entidades xa firmaron un novo convenio que incluirá cinco novos proxectos de colaboración, que chegará ata 2024. Entre as novas remesas de fondos do British que se poderán ver por estas latitudes hai reincidencias: momias exipcias (Exipto vende moito), hai exotismos: Oceanía, arte das illas (como non!), haberá deusas, o que será toda unha novidade, ou arte norteamericano.
Referindo, outra volta, á mostra actual, Faraó. Rei d’Egipte, poida que as persoas que a visiten rematen coa perspectiva de que acaban de asistir a un paseo pola vida do Exipto antigo, máis ca pola figura faraónica como eixo central dunha exposición. En realidade trátase dunha miscelánea de cousas que van desde tamaños mínimos a pezas megalíticas, como un capitel da deusa Hathor; de pedras graníticas a ouro e prata. Traballar cunha institución tan mastodóntica como o British Museum ten as súas peaxes. O British pacta unha exhibición de obxectos dun período ou dun aspecto específico, e logo resolve “que” pezas interesa pór en circulación. Neste caso, Faraó. Rei d’Egipte,  o que acontece ao transitar polas salas de Caixaforum Barcelona (e que dentro duns meses será o de Madrid, ou Sevilla, ... ) é que non se sabe ben se se está a seguir un fío condutor sobre a figura monárquica e teocrática do faraón, ou se se contempla unha panorámica sobre a vida no val do Nilo hai uns cantos milleiros de anos.
Tumblr media
Eternidade, u-la revolución osiriaca? Mulleres faraonas?
Entón, cando fomos arrestados, Khaemipet, o escriba do distrito, arrimouse a min e dinlle 4 kite de ouro, que me corresponderan no reparto. Pero escoitouno Setejmes, o escriba dos arquivos reais, e ameazounos con estas verbas: Vou informar de todo isto ao sumo sacerdote de Amon. Así que trouxemos 3 kite de oure e démosllos a Setejmes, o escriba dos arquivos reais (Fragmento do papiro nº 10054, British Museum).
Os faraóns pasaban a ser definitivamente deuses á súa morte; reencarnábanse en Osiris, o deus da morte, o deus da agricultura; o deus que foi asasinado e logo resucitou grazas ao amor da súa muller, Isis. Para o seu descanso os reis construían monumentos funerarios tan impresionantes como as mastabas e as pirámides, metáforas da escada que sube ao ceo e permite ao faraón ir a carón de Ra, o deus sol. Na concepción dos monumentos funerarios e mais das cerimonias de momificación e similares que se realizaban arredor dos corpos dos faraóns, houbo tamén un importante cambio ao longo dos séculos. No primeiro Período Intermedio, despois do Imperio Antigo, houbo un cambio substancial respecto dos privilexios dos monarcas. Neste período histórico produciuse arevolución osiríaca, que vén representando o cambio de mentalidade polo que non é suficiente con conservar en perfecto estado o corpo do faraón para a outra vida, e con iso xa se salvan todos os seus súbditos. Non. Agora debe ser momificada toda persoa, acompañada de textos que lle axuden a pasar ao outro mundo con éxito. Un dos textos máis coñecido, e máis atopado nos enterramentos é o Libro dos Mortos, un guía de bondades como xeito de convencer ao tribunal do Ka de que a alma a xulgar fora boa nesta vida. Persoas e animais sagrados; a nómina de ibis, gatos, cans, crocodilos e máis animais momificados é incontable.
Tumblr media
Na práctica a revolución osiríaca provocou, tamén, que os monumentos funerarios dos faraóns fosen menos pretensiosos e ostentosos. Quizais a iso tamén axudaron os roubos de tumbas que desde ben antigo xa se producían en Exipto. Ao comezo deste apartado cítase un anaco dun texto que fala dos ladróns de tumbas (incontables), pero tamén da corrupción xeneralizada que, xa daquela, ilustraba toda a administración faraónica. A partir do imperio Medio os enterramentos de faraóns e principais autoridades fanse de xeito discreto, no que se deu en chaman hipoxeos, tumbas baixo terra, disimuladas, como as que había intactas (hoxe violadas reiteradamente) no Val das Raíñas e no Val dos Reis, na ribeira occidental do Nilo, fronte a Tebas. O Nilo, que viaxa de Sur a Norte, dividía a vida dos exipcios: na ribeira oriental --a vida-- establecíanse os templos, os pazos, as grandes cidades; ao oeste, a morte, as necrópoles.
Un dos acertos da mostra Faraó. Rei d’Egipte é facer mención, aínda que non sexa excesivamente, ao feito de que tamén houbo mulleres que exerceron todas as funcións do cargo de faraón. Que houbo faraonas. Un dos casos máis claros, por máis coñecido, é o de Hatshepsut. Sábese que non foi a primeira muller en gobernar Exipto, pero tamén se coñece que esta muller reivindicou a súa condición de “faraón”, e non simplemente de persoa quer provisionalmente ocupa o cargo. Hatshepsut era filla de Tutmosis I, e a muller principal de Tutmosis II, do que enviuvou axiña. Mentres o seu fillastro Tutmosis III foi neno, Hatshepsut asumiu a rexencia, e pouco a pouco foi ocupando todos cos rangos que lle correspondían como “faraón” da dinastía XVIII (circa 1500 a. n. e.). Deste xeito, as súas estatuas mostran fasquías masculinas e a barba postiza que levaban todos os faraóns. Cando deixou de ser faraona, o nome de Hatshepsut foi borrado e esquecido. Curiosa coincidencia co destino das mulleres noutros tempos, noutras latitudes. Outras mulleres da corte real ocuparon cargos de responsabilidade importantes, sen chegar ao título de faraón. A raíña Tiye, muller de Amenhotep III, mantivo correspondencia diplomática con monarcas estranxeiros.
Lito Caramés
EXPOSICIÓN:Faraó. Rei d’Egipte
Caixaforum Barcelona
ata o 16 de setembro de 2018
0 notes
dietariovienes · 8 years ago
Text
HUGO VON HOFMANNSTHAL, DESPEDIDA DA LINGUAXE?
"Ao igual do que as ruínas de Troia cos estratos das nove cidades ou unha formación calcárea, calquera fragmento de realidade necesita dun arqueólogo que o descifre, e pode que a literatura non sexa máis ca esta arqueoloxía da vida.”
(Claudio Magris)
Tumblr media
  A pesar da súa brevedade, un dos textos que mellor presentan e acompañan a crise da Modernidade en lingua alemá - que é na verdade unha crise da Linguaxe e tamén unha crise dunha Weltanschauung desde unha época que esfarelaba irremediabelmente -, é a Carta de Lord Chandos, no seu título orixinal Ein Brief (Brief des Lord Chandos an Francis Bacon), 1902.
Nese escrito, o seu autor, Hugo von Hofmannsthal (Viena, 1874 – Rodaun bei Wien, 1929) crea o personaxe de Lord Chandos como unha sorte de alter ego, un personaxe que dirixe unha carta ao filósofo Francis Bacon na que naufraga entre o absurdo ou a imposibilidade da Linguaxe e o silencio crecente perante a incomprensibilidade do mundo. Porque tamén Hugo von Hofmannsthal, que acreditara no isomorfismo do mundo e a linguaxe, na súa relación íntima - tal e como postulara Wittgenstein - entra nunha deriva, nunha descrenza dramática sobre o sentido e a veracidade da Linguaxe, achegándose ao mesmo tempo a uns abismos que son os da propia desintegración como individuo.
Tal vez ese sexa un dos dilemas capitais da Contemporaneidade: é posíbel ficar nos límites da linguaxe para entender así os do propio mundo, seguindo o coñecido aforismo wittgensteinián? Ou é realmente a linguaxe unha pura invención humana que non pode dar conta da complexidade e contradiccións do mundo, como, por exemplo, Nietzsche puxera en evidencia…?
Tumblr media
  Todo ese fondo conflito ideolóxico e estético está no centro da obra de Hofmannsthal, un Hofmannsthal que durante unha década (de 1891 a 1901) escribira unha exquisita e perfecta poesía simbolista, dunha delicadeza extrema, central para o Modernismo en lingua alemá e definida por Hermann Broch como de „panestetismo“.
A Carta é tamén, dalgún modo, unha despedida de Hofmannsthal da súa poesía, a constatación dunha canella sen saída na súa propia creación… Pode que o vienés sexa lembrado máis ben polos seus dramas, polos seus libretti para ópera ou polos seus ensaios, pero  deixounos poemas dunha perfección exemplar na súa linguaxe, cunha capacidade para a evocación (cualidade esencial da poesía segundo Baudelaire) e unha sinestesia e ritmo verdadeiramente extraordinarios.
Porque, aínda que a Linguaxe afunda, aínda que o mundo se convirta nun labirinto sen sentido onde perderse de xeito fatal sexa sinxelo demais, é posible tamén, sen embargo, que unha outra linguaxe, a da sensibilidade extrema perante as manifestacións cotiáns do real (como a que confesa o propio Lord Chandos estar a desenvolver…), sexa un xeito de non perder o centro de vez, para se confrontar, pois, con outra ollada perante a faciana máis lúgubre do mundo. 
Tumblr media
   Así, a continuación, queremos achegar, en tradución propia ao idioma galego, un dos exemplos máis significativos e fondos do discurso poético de Hofmannsthal; estamos a falar da súa magnífica ‘Ballade des äußeren Lebens’ (‘Balada da vida exterior’) onde se condensa unha lacónica e fermosísima reflexión sobre os ciclos perpetuos que marcan a vida e a morte, a contemplación do devir do mundo e o xeito en que o tempo se encarna en palabras para tentar reter ese mundo e, dalgún xeito (e aínda que sexa moi efemeramente) ancorarnos nel e non perdernos en nós mesmos.
 Ballade des äußeren Lebens
Und Kinder wachsen auf mit tiefen Augen, Die von nichts wissen, wachsen auf und sterben, Und alle Menschen gehen ihre Wege.
Und süße Früchte werden aus den herben Und fallen nachts wie tote Vögel nieder Und liegen wenig Tage und verderben.
Und immer weht der Wind, und immer wieder Vernehmen wir und reden viele Worte Und spüren Lust und Müdigkeit der Glieder.
Und Straßen laufen durch das Gras, und Orte Sind da und dort, voll Fackeln, Bäumen, Teichen, Und drohende und totenhaft verdorrte…
Wozu sind diese aufgebaut? und gleichen Einander nie? und sind unzählig viele? Was wechselt Lachen, Weinen und Erbleichen?
Was frommt das alles uns und diese Spiele, Die wir doch groß und ewig einsam sind Und wandernd nimmer suchen irgend Ziele?
Was frommts, dergleichen viel gesehen haben? Und dennoch sagt der viel, der ”Abend” sagt, Ein Wort, daraus Tiefsinn und Trauer rinnt
Wie schwerer Honig aus den hohlen Waben.
 Balada da vida exterior
E con profundos ollos medran nenos, Que nada saben, medran e morren, E todos os homes proseguen seu camiño.
E os froitos agres viran doces, E caen ás noites como paxaros mortos E xacen uns poucos días e apodrecen.
E sempre sopra o vento, unha e outra vez Escoitamos e dicimos moitas palabras E sentimos pracer e cansanzo no corpo.
E os vieiros cruzan a herba e hai lugares, aquí e aló, cheos de fachos, árbores, estanques, ameazantes e mortalmente murchos…
Para que foron creados? E nunca se asemellan entre eles? E moitos son inumerables? Que muda rir, chorar, palidecer?
De que nos serve todo isto a nós e estes xogos, nos que estamos enorme e eternamente sos, E ao camiñar non procuramos xa obxectivo algún?
De que serve ter visto decote semellantes cousas? E, no entanto, moito di quen di “anoitecer”, Unha palabra da que escoa melancolía e dor
Como espeso mel dos panais baleiros.
 (Trad. Carlos Penela)
0 notes
carloskaplan · 3 months ago
Text
Tumblr media
lamassu (s. VIII a.C.) desenterrado na cidade neoasiria de Dur Sharrukin (Khorsabad, Irak)
27 notes · View notes
oninha · 10 years ago
Link
A doctoral thesis breaks with the traditional conception of the hierarchical structure of the hillforts.
1 note · View note
doceasubio · 11 years ago
Link
0 notes
nexusenorion · 11 years ago
Link
magago | Notas arqueolóxicas
Maanuel Gago fala hoxe de castelos baixo a frouma e de recintos defensivos medievais recentemente descobertos na comarca de Compostela. Se eu fose arqueóloga...
1 note · View note
alicerces-praza · 12 years ago
Text
E ti,... de quen vés sendo?
Estamos sen dúbida ante unha das lendarias sentenzas que marcaron o devir do pobo galego, posiblemente dende tempos inmemoriais. Se obra de Castelao foi xusta merecedora de seren declarada Ben de Interese Cultural na categoría de patrimonio inmaterial, esta frase non debería ser menos.
A inocente –aparentemente- pregunta ten unha clara finalidade. O inquiridor sinte a irrefreable necesidade de encadrar ao ruborizado aludido na súa cosmogonía particular: saber de quen é fillo e neto, facer un veloz repaso mental de imaxes, vivencias, liortas, vodas e conflitos,... en fin, situar no seu universo inmediato a ese individuo (e a súa familia), que a estas alturas xa se sinte espido e vulnerable. Pese ao incómodo da pregunta, o pasado desa persoa –xunto ao seu clan ou familia-, condiciona a súa actual presenza no mundo e a relación cos seus semellantes.
Se abrimos o foco e variamos un pouco o sentido da pregunta, xurde unha cuestión de máis difícil resposta: e nós,... de quen vimos sendo?
Ata hai pouco, na Galicia rural, non había maior inquedanza por estas disquisicións metafísicas: éramos cristiáns, en contraposición aos mouros –outro día falaremos deles-, aqueles seres que vivían baixo terra, nun mundo telúrico e descoñecido. Hoxe en día, os mouros foron arredados e regresaron co rabo entre as pernas ás profundidades en espera de tempos mellores, e cambiaron as tornas. Agora, o lugar común é que somos descendentes dos celtas.
Pero, quen eran os celtas? É verdade que foron os nosos devanceiros?
Temos que comezar aclarando conceptos. O primeiro, ineludiblemente, é definir que entendemos por “celta”. Os celtas, dende un punto de vista histórico, eran un conxunto de pobos (é máis correcto referirnos a “pobos célticos” e non a “pobo céltico”), bastante heteroxéneos, pero cuns mínimos denominadores comúns: lingüística, relixiosidade, organización socioeconómica,... Habitaron a Europa central ao longo do primeiro milenio a.C., e esa gran continuidade no tempo e a súa ampla difusión territorial fan que haxa que ser moi prudentes á hora de referirse aos “celtas” como si dun único grupo étnico se tratara.
Agora que xa os temos situados no tempo e no espazo, abramos a porta á polémica: de verdade habitaron os celtas os castros do noroeste peninsular?
Dende unha óptica arqueolóxica parece bastante claro que nunca houbo unha “invasión celta”. O rexistro material – e dicir, os restos que atopamos nas escavacións arqueolóxicas- non marca rupturas apreciables entre a Idade de Bronce e o comezo da cultura castrexa; non hai pegadas arqueolóxicas da chegada de grandes grupos de poboación, senón que as sociedades locais foron evolucionando por dinámicas internas ou por puntuais contactos externos (neste últimos anos, a investigación arqueolóxica esta enxergando cada vez con máis claridade a presenza en solo galaico de pequenos emporios comerciais púnicos, dotados incluso de lugares de culto para as súas divindades orientais). O mito do celtismo galego se afianza (aínda que xurdira con anterioridade, na época da Ilustración) na segunda metade do século XIX, no contexto da historiografía romántica, co fin de dotar ás nosas terras duns antepasados gloriosos e puros, implantando unhas sinais de identidade que marcaran nítidas diferenzas co resto da poboación peninsular (particularmente de Castela). Ademais, servía para estender lazos cara a outros pobos atlánticos (bretóns, escoceses, irlandeses,...) tamén aplacados por potencias centrais. Foi así como o mito do celtismo fíxose dogma, sendo agora un caixón desastre no que se mesturan moitas cousas: simboloxía presuntamente celta (trisqueis, esvásticas,...), música folk, tradicións, etnoloxía,... O concepto do “celta” é moi difuso, e quizais non o entende igual un arqueólogo, que un lingüista, que o gran público.
De todos os xeitos, é xusto dicir que a cuestión sobre o caracter céltico da Idade de Ferro galega non está de todo resolta. Aspectos como a celticidade dalgúns topónimos, os influxos célticos no galego, ou o culto ao deus Lug fan que posiblemente esteamos ante unha realidade moi complexa para ser resolta con un celtas-si ou celtas-non.
Pero volvamos á cuestión inicial: entón,... de quen vimos sendo? Pois nin máis nin menos que fillos do mestizaxe: aos alicerces dos orgullosos castrexos –co sempre polémico verniz dos bravos curmáns europeos-, sumáronse as pegadas dos paisanos tardorromanos e dos inmigrantes suevos -pobo inxustamente tratado pola Historia-,... e así ata o día de hoxe. Isto é o que hai: tataravós cun interese histórico excepcional, mais sen o glamour e a épica que aderezaban aos bardos das idades e aos fillos de Breogán.
1 note · View note
carloskaplan · 3 months ago
Text
Tumblr media
Casa do Diadúmenos en Delos (1894)
23 notes · View notes