#Para Cereixa
Explore tagged Tumblr posts
Text
Serxio Estévez Souto
Unha historia de vida contada por Mercedes Souto Rodríguez, a chispa.
Escrita por Serxio Estévez Souto, o seu fillo.
Este relato xira arredor da vida de Mercedes –Merche para os coñecidos–; nai miña e de meu irmán Xoán. As seguintes liñas son unha oportunidade para agradecerlle, ante ollos alleos e case descoñecidos, todo o que fixo por nós e pola xente do seu arredor.
Meu nome é Mercedes Souto Rodríguez (mellor se me chaman Merche), pertenzo á familia dos chispa (porque prendemos moi rápido). Nacín un 5 de abril do ano 1970, fai agora pouco máis de 53 anos, en Fornelos da Ribeira, parroquia do Concello de Salvaterra de Miño. Por cousas da época no meu DNI aparece que son do 7 de abril, pero sempre me dixeron que nacín o 5. Seica era algo habitual o de rexistrar aos fillos nun día no que non naceran.
A casa na que miña nai me trouxo á vida, e na que vivín ata os 8 anos, era pequena. En dúas habitacións durmíamos oito persoas: meu pai, José; miña nai, Rosa; e meus 6 irmáns. Por ter non tiñamos nin baño. Meu pai fixo no seu momento unha especie de váter, co que recollíamos todo o que alí se facía para despois usalo como abono nas leiras.
E como vos lavabades? Cunha tina. No verán estaba guai, porque a auga que empregabamos estaba quente, había que aproveitar.
Cando tiña 8 ou 9 anos fomos vivir á unha nova casa que miña avoa lle deixara á miña nai en herdanza. Era moi grande en comparación á anterior. De feito, tiñamos unha cama para cada dúas persoas, iso era espectacular. Debaixo dese teito pasei o resto da miña xuventude.
Figura 1. Meus pais e irmáns. Eu, á dereita.
Comecei a escola aos 6 anos, no mesmo colexio ao que foron meus fillos, o CEIP Infante Felipe de Borbón, situado na vila de Salvaterra. Os profesores non eran como os de agora. Daban leña e eran moi serios todos. Menos Doña Sara, a de naturales, a miña materia favorita. Todos queríamola ben por como nos falaba e por como se preocupaba por nós, polo que facíamos fora do colexio. De cando en vez levabámoslle flores. Houbo un curso no que tivemos unha compañeira que parecía ter algunha discapacidade ou algo así e todos os profesores a mandaban para atrás, para que non molestara (falaba moito ela; era moi cariñosa). Doña Sara facía todo o contrario, implicábaa nas tarefas que houbera que facer cada día. Facíaa partícipe e non renegaba dela.
Que era o que máis che gustaba das clases de Doña Sara? Que nos sacaba fora. Aprendiamos vendo e tocando. Ía máis aló dos libros.
Aínda agora crúzome con ela e saúdame.
Eu era mala estudanta. Non me gustaba nada o que nos mandaban aprender e tiven que repetir varios cursos. Non me acordo de cantos, pero varios. Os meses de verán miña nai mandábame a clases particulares e alí, por ser zurda, recordo que aos 7 ou 8 anos atábanme a man esquerda á cadeira, obrigándome a escribir coa dereita. Eu choraba porque non era capaz. Ao final cansáronse e quedei así.
Entre pitos e frautas, cando non estaba na escola, o que me gustaba era ir ó torreiro e xogar alí coas miñas amigas e amigos. Era o punto de encontro. Cada domingo, aproveitando que nos víamos na misa, quedabamos a tal hora nas Fraguiñas e xogábamos á pita, ao escondite inglés, ao elástico, á corda... Había días que se nos facía tarde e mamá chamábanos dende o balcón da casa.
Figura 2. O torreiro de festas As Fraguiñas.
Cando non xogaba nin estaba na escola, ía ao xornal para xente da parroquia e a axudarlle á miña avoa, Pura la molinera. Ela sempre nos daba algo, por pouco que fora. Tiña un muíño, ao que a xente da zona ía moer o gran. Tempo atrás a familia saíu adiante grazas a iso.
Ademais, xunto a meus irmáns íamos roubar cereixas por aí; participaba no coro da igrexa; e gustábame ler as novelas románticas que vendían no quiosco ao lado da escola. No meu grupo de amigas era o cotilleo, falabamos das personaxes e das historias. Compartiámolas entre nós. Á miña nai non lle gustaban nada, ao mirarmas sempre as tiraba. Nunca tiven tempo para aburrirme, a verdade. Incluso, aproveitando que meu pai era condutor de autobús, puidemos facer algunha viaxe á Illa da Toxa ou a Carnota sen pagar nada.
Figura 2. De dereita a esquerda: avoa materna, avoa paterna, avó paterno, miña nai e meu pai. O neno é meu irmán Alfredo.
En sétimo de EXB deixei os estudos, aproveitando que miña nai enfermara e que as fillas tiñamos que facer por ela as labores da casa (discutíamos bastante por iso, sempre eramos as mulleres as que traballábamos no fogar, os homes nunca). A min dábame igual con tal de traballar. Todo, menos estudar, aínda que ao final saqueime o certificado da educación básica pola Radio ECCA. Por ese tempo foi cando tiven o accidente.
Figura 3. Con 16 anos.
Eran as festas en Fornelos, no 85 ou 86, se mal non lembro. Estabamos na recta, vindo de Salvaterra cara Ponteareas, onde estaba a carnizaría antes. Había alí 13 persoas. Manolo o Baralloco, José, Margarita e eu estabamos na carreteira, xa que había pouca acera, e os demais estaban cara dentro. A partir de aquí non me lembro moi ben. Polo que me contaron un coche levounos por diante aos catro. Espertei xa no hospital, na mesma habitación que Manolo e que José. Preguntei por Margarita pero dicíanme que falecera momentos despois de ingresar.
Figura 4. Ingresada. Meu irmán Alfredo dándome de beber.
Estiven no hospital 2 meses. Nese tempo sempre estiven acompañada por alguén. Todos os días. O único bico que recordo de meu pai foi nada mais espertar da anestesia. De miña nai non me lembro nese momento.
Cando ingresei lémbrome de que as árbores estaban sen folla. Cando saín estaban cheas delas. Estaba todo moi verde.
Despois dun tempo, cambiáronnos de hospital e fomos para o San Francisco. Alí foi onde coñecín a Juan, o meu primeiro amor e o meu marido ata hoxe. A el ingresárano despois de ter un accidente co tractor, e na súa habitación foi onde estaba Manolo O Baralloco. A partires de aí comezamos a intercambiar algunha conversa. As persoas que ían visitalo a el ían tamén a verme a min e viceversa. Pero a cousa quedou aí.
Algúns meses despois de saír do hospital, aos 17 anos (cumprinos durante o ingreso), comecei a traballar nunha empresa de madeiras, por consello dunha de aquí de Fornelos. Nesa fábrica botei dende o 1987 ata o 1999, cando tiven ao meu primeiro fillo, Xoán. Dese ano cara adiante xa falarei máis tarde, volvamos ao salseo.
Meses despois, de saír do hospital cadramos por Fornelos e falamos para ir ás festas de Pesqueiras, unha parroquia bastante achegada aquí. Dende ese día de festa comezamos a vernos ás agochadas a miúdo (aínda que estou case segura de que meus pais algo cheiraban). Aproveitando que miña nai non estaba eu levábao á casa e facíamos cositas.
Figura 5. Juan á esquerda i eu á dereita, de mozos, na voda duns amigos.
Isto seguiu así ata que no 1992 (eu con 22 e el con 24 anos), despois de pasar máis tempo por aí fora que na casa, decidimos casar e, polo tanto, ir vivir xuntos. O día antes recordo que me emborrachei e non quería facelo. En fin, a clásica.
Xusto despois de casar, comezamos a construír a nosa casa. Como de momento no tiñamos onde meternos estivemos de aluguer nun piso en Ponteareas, un pobo a 5 minutos de Fornelos. Durante varios anos estivemos traballando no eido, herdanza de miña avoa, para poder vivir nel o antes posible e deixar o piso (nin eu nin el eramos de piso, sempre preferimos a liberdade dunha casa). Unha vez tivemos a primeira planta rematada fomos vivir para aí. Meus pais sobre a voda nunca me apoiaron nin tampouco se puxeron na contra. O vello sempre me dicía: o que ben fai a cama ben se deita nela, e éche ben certo.
Figura 6. Juan i eu no día da voda.
No 1999, ao ter a Xoán, deixei de traballar na fábrica de madeira para poder coidar del. Dende ese ano ata que Serxio, o meu segundo fillo, nado no 2000, comezou a Educación Primaria, estiven na casa. Mentres, Juan mantivo o seu posto de traballo na empresa de cementos na que xa levaba un tempo.
Figura 7. Dándolle o peito a Serxio, horas despois de nacer.
Polo tanto, vímonos con 2 fillos e un soldo que malamente pasaba dos mil euros ao mes. Como dicía, cando Serxio comezou Primaria, volvín a traballar. Unha cuñada precisaba a alguén para limparlle a casa algunhas horas á semana, polo que estiven alí durante uns anos. Posteriormente, deixei ese traballo e comecei novamente na fábrica. Esta vez con horario nocturno (de 22:00 a 6:00), para non deixar aos fillos solos durante o día. Estiven así varios anos, ata o 2014. Chegaba ás 6 da mañá, durmía ata as 7:30 (se durmía), espertaba aos rapaces para coller o autobús do colexio, volvía durmir e facía a comida. Pola tarde, algúns días tiñan piscina e outros tiñan adestramento de fútbol; e os fins de semana partido. Sempre para adiante e para atrás.
Pero entón cando durmías? Moitos días quedei sen durmir.
Figura 7. Meus fillos. Serxio, no remolque; e Xoán, conducindo.
Despois de estar nesa empresa, probei a botar currículum a outra de pizzas en Salvaterra. Nesa estiven de xeito intermitente: traballaba 20 días, mandábanme 1 semana para casa; traballaba 30 días e outra semana para casa. En total quizais estiven 4 anos aí. Finalmente, volvín de novo á empresa de madeira xa para quedarme de maneira definitiva ata hoxe, en horario de mañá e de tarde, alternado por semanas.
De xeito paralelo a estes traballos, sempre busquei outras cousas por aí. Coidei a unha señora de Pesqueiras durante algúns anos varios días á semana. Tamén traballei nas leiras e coidei das galiñas, porcos e vacas da casa (sígoo facendo); e na actualidade estou indo algúns días á semana á casa dunha vella, que me trata coma unha filla. Por último (de verdade que sí), as fins de semana estou traballando de cociñeira nunha bodega, algo que me gusta facer porque o paso ben, vexo caras e falo coa xente.
Queda un pouco estraño rematar esta historia de vida falando de traballo, pero é o que coñezo e é o que sempre fixen: traballar. Tamén é certo que entre unha cousa e a outra imos por aí e desfrutamos da vida (ultimamente máis que antes, nunca é tarde).
Figura 8. A miña familia (e Porky).
Algo que sempre lle digo ao meu fillo Serxio é que aproveite, que o bo remátase cedo. Que estude. Que os cartos son moi bonitos, pero que estude e que o siga facendo.
Hola. Si, son Serxio. Non cabe dúbida de que máis de 50 anos de vida non collen en tan poucas liñas. Dicir que en todos este tempo non coñecín a unha persoa con tanta capacidade de seguir adiante e de esforzo como miña nai. Aínda que a vida a fixera parecer pouco sensible -por algunhas cuestións non comentadas neste relato- tampouco coñecín nunca a ninguén con tanta vontade de facer cousas boas polos demais a pesares de que, como Chispa, perda as formas de cando en vez.
A ti, mamá, grazas por todo o sacrificio, por todo o amor incondicional, por todas as túas noites sen durmir, por todo o traballo, pola túa convicción en criarnos da mellor maneira, por querer sempre o mellor para nós, e por antepoñernos en tantas decisións. Polos valores e pola humildade que, xunto a papá, nos transmitiches. E perdoa por tan pouco. Quérote.
1 note
·
View note
Photo
Coller a cereixa da cerdeira á boca. Mordela e viaxar polo sabor cara o tempo da sombra fresca e a chuvia de ramallos. “Recobrar mi alma dulce , mi confianza, el fuego aquel sin humo ni agonía”. Un cesto, #idavidale
“Se va la tarde de hoy,/ voy a perder las gracias ofrecidas./ La memoria entreabierta/ señala una pradera fresca de tiempo antiguo/ para por él hundirse,/ para tornar por ella,/ hacia la edad sin risa ni cansancio,/ despertarla, pedirle sus promesas,/ recobrar mi alma dulce,/ mi confianza,/ el fuego aquel sin humo ni agonía./ pero el atardecer llega/ como lluvia total, a disolver/ el tiempo en el que pude tenacer/ -o morir- hacia algo eterno./ Todo tiembla:/ un último rayo de sol en las terrazas,/ una isla de nube, un sólo pájaro;/ Todo corre, se ordena, se concierta/ en un signo preciso de abandono/ para apagar la fiesta aquí,/ para ir más lejos,/ a dar en otras manos las antorchas./ Todo estaba a mi alcance,/ Todo de pronto es nada”
5 notes
·
View notes
Text
En tiempos de Mariacastaña/In mariacastaña's time
En tiempos de Mariacastaña/In mariacastaña’s time
De Wikipedia:El 18 de junio de 1386 María Castaña, mujer de Martín Cego, Gonzalo Cego y Alfonso Cego, confiesan haber hecho muchas injurias a la Iglesia de Lugo, y haber matado a Francisco Fernández, mayordomo del Obispo. Para satisfacción de estos delitos, hicieron donación a la Catedral de todas las heredades que tenían en el coto de Cereixa y se obligaron a pagar mil maravedíes de la moneda…
View On WordPress
0 notes
Photo
Cuantas cereixas me gardas meu cereixal maroviño, tantas como o escambron que inxertei de pequeniño. Oxe dame catro clases que fan encher de gozo, unhas saldais outras guindas e as que de alforxa conozo. Todas tein un gran sabore as melliñas con ardite, se as cereixas son fermosas coas flores ninguen compite. Estaremos en contacto para ollar a evolución, que agradable e ver a vida en perfecta ebullición. Se hai un cereixal pequeno, coidao que el a medrar, dandolle muto cariño fruto bermello ache dar. Nieves Fernández Vidueira
0 notes
Text
Rodeados polo lume e sós...
Rodeados polo lume e sós…
Esta noite declaránronse diferentes incendios perto de Cereixa, no concello da Pobra do Brollón. Eu non me dei conta da gravidade da situación até esta mañá, pero xa pola noite espertei arredor das 3 por mor do cheiro a fume que había na habitación.
Ao encender unha linterna puden comprobar como a habitación estaba chea de fume. Levanteime e sain para ver se pasaba algo. Non vin nada, só ao…
View On WordPress
0 notes
Photo
#tomates #cereixa listos para deshidratar #vegan #veganfood #veganfoodporn #veganfoodshare #plantbased #plantstrong #instafood #instafoodie #tomato #tomatoes #cherrytomatoes #rawfood #rawvegan #dehydrator
#instafoodie#cherrytomatoes#tomatoes#rawvegan#cereixa#veganfood#veganfoodporn#instafood#tomates#vegan#veganfoodshare#tomato#rawfood#dehydrator#plantstrong#plantbased
0 notes
Photo
Para Cereixa
Título: It's Butters!
Autor: yaahoooo.
Personaje/pareja(s): Leopold ‘Butters’ Stotch.
Rating: K (5+)
Disclaimer: El personaje le pertenece a Trey Parker y Matt Stone.
Advertencias: --
Notas: Tenía que dibujar a Butters en uno de sus trajecitos, pero llevada por mi permanente indecisión para todo lo convertí en perchero de todo un popurrí de sus más monos trajes. Podría escribir una interminable lista de las cosas que he incluido pero prefiero que juguéis a encontrar todos los personajes!
45 notes
·
View notes
Photo
#Neveirachea co #menú desta semana #quinoa #verza #fideos de #arroz con #verduriñas #mango e #mollo #thai #cachelos #cogumelos #tofu #mariñado #salsa de #sandía para #tacos #gazpacho #macrobiótico #encurtido de #nabo e #rabaniños #hummus #cereixas e #mirabeis #neveira #vegan #veganfood #veganfoodporn #veganfoodshare #plantbased #plantstrong #instafood #instafoodie #mealmentor #fridge #batchcooking #senglute #glutenfree
#mollo#veganfoodshare#tacos#salsa#tofu#plantstrong#arroz#macrobiótico#cachelos#quinoa#glutenfree#mealmentor#rabaniños#cereixas#mirabeis#sandía#cogumelos#nabo#plantbased#mango#batchcooking#neveirachea#fideos#instafood#fridge#thai#senglute#neveira#hummus#veganfoodporn
0 notes