#Manel Rosés Moretó
Explore tagged Tumblr posts
pier-carlo-universe · 11 days ago
Text
Ákrì" – Oltre il confine: poesia, acrobazia e trasformazione in scena. Venerdì 24 gennaio 2025 - ore 21:00 | Teatro Comunale di Monastero Bormida (AT)
La stagione Teatro nelle Valli Bormida vi invita a un’esperienza unica con "Ákrì", uno spettacolo che esplora i concetti di limite, equilibrio e trasformazione, ideato e interpretato da Manel Rosés Moretó, artista di fama internazionale.
La stagione Teatro nelle Valli Bormida vi invita a un’esperienza unica con “Ákrì”, uno spettacolo che esplora i concetti di limite, equilibrio e trasformazione, ideato e interpretato da Manel Rosés Moretó, artista di fama internazionale. Una serata che unisce circo, teatro e movimento acrobatico per raccontare storie di transizione e scoperta. Il significato di Ákrì.Ispirato alla parola greca…
0 notes
praza-teatro · 6 years ago
Text
inTarsi DA COMPAÑÍA DE CIRCO “eia” NA 35 MIT RIBADAVIA. Por Afonso Becerra de Becerreá
Tumblr media
Moito desfrutamos, na noite do sábado 20 de xullo de 2019, no Auditorio do Castelo de Ribadavia, coa sorpresa constante dun circo novo baseado na habelencia de catro actores e un espazo mutante, grazas á manipulación que fan de diferentes módulos xeométricos de madeira e metal (tarimas, rampas, básculas e trampolíns).
Vestidos con roupa de rúa, sen ningún sinal estilizado na súa aparencia externa que os poida distanciar de calquera persoa do común, a arte do movemento, con acrobacias, secuencias próximas á ximnasia, á danza ou ao parkour, fan que apareza sobre o palco un circo extraordinario que nos asombra.
É certo que puidemos recoñecer algúns números míticos da historia do circo, como o do home bala, que sae disparado polo ar; o dos saltimbanquis; o do domador de feras, etc. Pero todos eles re-elaborados desde o simulacro ou ben substituídos pola metáfora xestual e corporal que os volve moito máis suxerentes que aqueles obvios do circo clásico. Aqueles que, como quen di, se esgotaban no exhibicionismo do máis difícil aínda. Porén, aquí, “eia” inTarsi, converte as acrobacias, por obra e gracia da dramaturxia, nun teatro no que as rivalidades, as comparacións, as ansias de ter poder e a masculinidade acoirazada na forza violenta se esfarelan. Sae sempre gañando o compañeirismo, a solidariedade, a tenrura.
Dá gusto, ademais, observar, malia as simetrías e imitacións, a riqueza diversa nas personalidades cinéticas e rítmicas de Armando Rabanera Muro, Fabio Nicolini, Fabrizio Giannini e Manel Rosés Moretó.
A dirección escénica colaborativa da propia compañía e Jordi Aspa e a coreografía de Michelle Man, fan dos 60 minutos que dura esta peza unha viaxe chea de sorpresas, con momentos pantomímicos case de banda deseñada ou slapstick, incluso un momento moi atrevido no que o actor máis corpulento fica semi-nu e xoga a facer movementos coa súa barriga, a base de inchala e desinchala, para rematar subido a un podio facendo unha versión queer da danza do ventre.
inTarsi é unha inxección de bo rollo, unha desactivación de prexuízos e unha celebración dos corpos masculinos que impugnan as vellas masculinidades nesa relación necesariamente próxima e atenta entre os catro homes que xogan no palco.
Xogar na vida, a pé de rúa, tal cal estes catro actores van vestidos de persoas da rúa, tamén debería, quizais, implicar esa atención e proximidade co outro, para que as rivalidades e as competicións ficasen fóra de servizo.
Tumblr media Tumblr media
0 notes