musicadeaqui
Música de aquí
96 posts
Don't wanna be here? Send us removal request.
musicadeaqui · 10 years ago
Audio
‘Revolution’ é un dos catro temas inéditos aos que Stay Pretty lles quitaron o pó para o concerto único que darán en Santiago xunto a Novedades Carminha.
Música que lle fai sentir novo a un...
(vía Novedades Carminha)
0 notes
musicadeaqui · 10 years ago
Audio
Vicky Polard tamén buscan cartos para o seu novo álbum cunha campaña de financiación crowdfunding.
De momento fícanos escoitar o se último EP, Biolise.
(vía Nao)
0 notes
musicadeaqui · 10 years ago
Audio
La Buena Nueva é un disco de 2012 de Es un Árbol. E se che gusta o 'rock absurdo' estás de noraboa, porque xa case xuntaron os cartos todos para rematar o seu novo disco En el Parlamento. Fican 3 días e 110€ para acadar o obxectivo.
(vía verkami)
0 notes
musicadeaqui · 10 years ago
Link
Esta é a primeira entrada de Música de aquí que non é unha canción.
Mulleres Galegas Kañeras é un proxecto de Patty Castro (cantante de Meigha Grupo) para gravar unha canción (e un videoclip co 'making of') entre 30 músicas galegas.
Ademais da propia Patty Castro os outros nomes que se coñecen de momento son os de Teté Delgado, Susana Seivane e Mercedes Peón (estas dúas últimas farán unha introdución con música tradicional ao que será un tema con "regusto de rock, heavy e metal, ou sexa Kañero").
Inda tedes moitos días e unha chea de recompensas para participar neste proxecto que é unha reivindicación das mulleres galegas na música en xeral e na música kañera en particular.
(vía verkami)
0 notes
musicadeaqui · 10 years ago
Video
youtube
Será a bonus track do álbum Juventud Infinita (2014) de Novedades Carminha (versión do "Pushin' too hard" de Sky Saxon e producida por Hevi) a canción deste verán?
Isto é o que pasa cando os punks flirtean cos ritmos latinos e electrónicos.
A medida do éxito será se o cantan as orquestras.
Concertos en directo estarán dando por todo o reino de Felipe VI adiante:
Sábado, 12 JUL 14 @ Bilbao BBK Live (Bilbao) Viernes, 18 JUL 14 @ PortAmérica (Nigrán) Miércoles, 23 JUL 14 @ Festas do Apóstolo (Santiago) Sábado, 2 AGO 14 @ Festival Sereas e Piratas (Razo) Jueves, 14 AGO 14 @ Marea Rock (Laxe) Viernes, 22 AGO 14 @ Desemboca Platja d'Aro (Platja d'Aro) Sábado, 23 AGO 14 @ Festas de San Bartolomeu (Noia) Sábado, 30 AGO 14 @ Plaza de San Agustín (Ibiza) Sábado, 6 SEP 14 @ Ebrovision Miranda de Ebro (Miranda de Ebro) Viernes, 12 SEP 14 @ South Pop Festival (Isla Cristina, Huelva) Sábado, 13 SEP 14 @ Fiesta Poplacara - Rockola (Córdoba) Domingo, 14 SEP 14 @ Sonora Beach (Estepona)
0 notes
musicadeaqui · 10 years ago
Video
vimeo
O Coro da Rá realiza esta impresionante versión a capella do 'Bohemian Rhapsody', de Queen (con sorpresa final).
Foi este ano no Salón Teatro de Compostela.
(vía Aitana Cuétara)
0 notes
musicadeaqui · 10 years ago
Video
youtube
'Costureiriña', de Habelas Hainas.
Poderedes velas, entre outros moitos sitios, no VII Festival Antros Pinos, en Taragoña (Rianxo), 24, 25 e 26 de xullo.
(vía Antros Pinos Fap Asociación)
1 note · View note
musicadeaqui · 10 years ago
Video
youtube
'Invisibles' é o sinxelo de presentación dun novo grupo chamado Paracaidista.
(Vía Aida)
0 notes
musicadeaqui · 10 years ago
Video
youtube
Non podían tardar en chegar aquí Loretta Martin e o seu funky, uns habituais dos festivais de verán.
Este 'As cores do solpor' é un tema do seu disco debut Paraiso distante, de 2007.
(via Festival do Castro)
0 notes
musicadeaqui · 11 years ago
Video
youtube
O pasado luns Juanito Broders presentaron o seu novo videoclip 'Mi novia se hizo lesbiana' no pub Cachán de Compostela, pero o que traemos aquí é un clásico entre os clásicos: "Churrasco", do LP de 2008 Córtate las penas.
Churrasco!!
(vía: Rainha Lupa)
0 notes
musicadeaqui · 11 years ago
Video
youtube
Tardou en aparecer por aquí, pero non podía faltar algo de Sés. Por exemplo, esta "Milonga de aquí", incluido no álbum Co xenio destrozado (Fol Música, 2013) Versión gravada en directo no Teatro Principal de Compostela en 2013.
Das que non deixan de dicir o que pensa, esta Sés...
(vía: Marta Rodríguez)
0 notes
musicadeaqui · 11 years ago
Audio
Co seu son finisecular a medio camiño entre o pop e o punk (ou era entre o punk e o pop?) chego o novo album de Los Televisores titulado Chicos i Chicas.
Veña todo o mundo a bailar movendo a cabeza!
(vía: Zezinho)
0 notes
musicadeaqui · 11 years ago
Video
youtube
Se algo sabemos da música en Galiza é que non é só entretemento. Tamén é tradición, compromiso e corazón.
García MC anda por México, onde gravou un concerto para Regeneración Radio e que comezou con este "Son un pasmón", versión do poema homónimo de Celso Emilio Ferreiro.
Aquí o concerto enteiro.
(vía: María Yáñez)
0 notes
musicadeaqui · 11 years ago
Video
youtube
'Voar' é o primeiro sinxelo da cantante Nastasia Zürcher, no que presenta a súa nova imaxe e unha espectacular voz que esperemos que estoure con forza en novos temas.
(Vía: Alba P. C.)
0 notes
musicadeaqui · 11 years ago
Video
youtube
Creo que por aquí inda non o expliquei, pero a música que vou poñendo non é buscada, atópoa día a día en Twitter, Facebook e outros. Algunhas son amostras do panorama actual, pero outras son a forma que ten a xente de expresar sentimentos, ideas... Por iso, da man destes tempos nos que vivimos, moitas cancións falan de despedidas, de carraxe...
Adriano interpreta o poema de Rosalía de Castro Este vaise i aquel vaise musicado por José Niza e retitulado "Cantar de emigração".
Versión correcta pero que non chega ás cotas de emotividade do "Iste vaise" de Fuxan os ventos.
Semella que este país irremediabelmente debe sufrir sangrías con samesugas de forma cíclica.
(vía: Richi Ricardo)
1 note · View note
musicadeaqui · 11 years ago
Video
youtube
Hai ben pouco que os Telephones Rouges se separaron e inda así a súa música segue a zoar nos nosos ouvidos.
Por exemplo, este "Ei meu", gravado por David Tombilla durante unha xira en 2011. Tema incluido no 7 polgadas MAX SPLIT que fixeron "contra" os cataláns Piñata.
(vía: José Cores)
0 notes
musicadeaqui · 11 years ago
Video
youtube
Que non vos enganen os Tanto Nos Ten coa súa suave introdución... estes só entende dúas palabras: festa e baile!
"Baila Manueliño", que xa é venres!!
(Vía: Eva B.)
0 notes