Tumgik
#vexetariano
castrexo33 · 3 years
Text
Visualiza "Salsa de anacardos estilo César" en YouTube
youtube
Imos aló! Salsa de anacardos, estilo César.
1 note · View note
ouhyesh · 8 years
Photo
Tumblr media
Cando Galiza non cabe no conxelador, mais apañas.
1 note · View note
acasadasreceitas · 7 years
Text
Lasaña vexetal
A receita que vos traio hoxe é ideal para as persoas vexetarianas ou simplemente para as que desexedes coidarvos e comer con menos carne. Unha lasaña 100% vexetal e con apenas pasta, que resulta moito menos calórica e máis saudable, pero que mantén a mesma esencia que as lasañas de sempre.
Tumblr media
Os ingredientes que utilicei (para tres persoas) foron:
Tres placas de pasta para lasaña precocidas (eu utilicei as de Carrefour)
Unha berenxena
Unha cabaciña (calabacín)
Un pemento (verde ou vermello)
Un manoxo de espinacas
Tres cogomelos
Medio allo porro
Unha cebola
Queixo relado (eu optei por Emmental)
Salsa de tomate
Viño branco
Aceite de oliva
Leite
Fariña de trigo
Noz moscada
Pementa moída
Ourego
Sal fina
Malia a longa lista de ingredientes, a elaboración foi sinxela:
1. Nunha tixola co fondo cuberto de aceite, refoguei a cebola. Cando esta tornou transparente, engadín o allo porro e o pemento ben picadiño, para minutos máis tarde engadir tamén os cogomelos en láminas e regar todo cun chisco de viño branco.
2. Por outra banda, puxen a ferver as espinacas cun chisco de sal.
3. Noutra tixola, preparei unha bechamel (podedes ver o post aquí).
4. Cando as verduras abrandaron, engadín un chisco de sal e ourego e uns 100 ml. de salsa de tomate.
5. Despois, lavei a berenxena e a cabaciña e corteinas
6. Tras todo isto, nunha fonte para o forno, cubrín o fondo cun par de culleradas de salsa de tomate e outras tantas da auga de cocción das espinacas. Sobre isto, coloquei as placas de pasta, e sobre estas, estendín as espinacas cocidas. Enriba das espinacas dispuxen unha capa de cabaciña e despois unha da salsa de verduras que tiña preparada. Despois coloquei unha capa de berenxena, e de novo outra de salsa de verduras e outra de cabaciña.
7. Finalmente, cubrín todo coa bechamel e espolvoreei o queixo relado sobre ela, para logo introducir no forno a 200ºC e deixar cociñar, con calor só abaixo durante 15-20 min e para rematar con calor arriba e abaixo durante outros 10 min máis para gratinar.
Tumblr media
E pola miña parte nada máis, agora vós: mans á obra! ;)
0 notes
kiro-anarka · 6 years
Link
A CNT de Compostela celebra no comezo do outono a súa Asemblea Xeral con toda a afiliación do Sindicato. Neste importante comicio pretendemos valorar a actividade desenvolvida ata o momento e elaborar planos de traballo para o futuro.
A data escollida para a súa celebración será o sábado 6 de outubro, comezando pola mañá as 10:00h e rematando ás 14:00h, facendo unha interrupción para xantarmos todas xuntas no local, o xantar será de balde e estará composto de petiscos vexetarianos, tortillas e empanadas principalmente. Coméntanos sen problema calquera cuestión alimentaria (alerxias, intolerancia...). Reanudaremos a Asemblea pola tarde a partir das 16:00h.
Trátase dun evento importante para o noso Sindicato, pois nel valoraremos a xestión do Comité  elixido na anterior Asemblea Xeral, e marcaremos entre todas e todos o camiño que seguiremos de aquí en diante. É por iso que necesitamos contar con unha grande asistencia.
0 notes
cantoghalpon · 6 years
Photo
Tumblr media
Colaboración de: Paddín
1 note · View note
cantoghalpon · 8 years
Photo
Tumblr media
4 notes · View notes
cantoghalpon · 10 years
Photo
Tumblr media
5 notes · View notes