#móbil
Explore tagged Tumblr posts
carloskaplan · 5 months ago
Text
Tumblr media
18 notes · View notes
cantoghalpon · 9 months ago
Text
A vida é dura
2 notes · View notes
manoelt-finisterrae · 2 years ago
Photo
Tumblr media
e
     atención ao veo móbil sen lograr facer diana ti intencional en límites elexibeis compatibel eu cando domines os teus actos
perfección manifestado momentos temporalidade de non apartar a vista      fechadura do espertar todo é único ao te erguer
© Manoel T, 2023
76 notes · View notes
zsorosebudphoto · 2 years ago
Text
Consellos para facer fotos chulas
Excepcionalmente, vou compartir uns poucos truquiños para que calquera poida mellorar as súas fotos no momento de tiralas. Non son unha experta nin moito menos, pero hai cousas que fun aprendendo dende que abrin esta bitácora/portfolio e que á xente lle pode ser útil. Son guías, non normas, así que por suposto que haberá persoas ás que non lles guste ou non lles funcione. 
Velaí van!
Tumblr media
Controla os parámetros ISO, velocidade de obturación e abertura de diafragma
Fedellando no modo manual podes subir e baixar a luminosidade das túas fotos a través destes parámetros, pero olliño con eles! 
Subir a ISO demasiado pode facer que a foto quede granulada. Por suposto, é posible que sexa iso o que busques.
Baixar a velocidade de obturación fai que as fotos queden máis movidas. Isto tamén pode ser bo, dependendo da fotografía!
Unha foto pouco iluminada sempre se pode mellorar, pero unha foto sobreexposta, non. Ante a dúbida, eu sempre lle vaixo un puntiño de exposición.
Tumblr media
Polo tanto, ás veces é mellor alumar artificialmente un espazo escuro (falo de focos, non de flash) que subir os parámetros até puntos nos que poda deformarse moito o resultado.
Controla a temperatura de cor
Hai dúas maneiras de cambialo: axustando a temperatura en graos K (Kelvin) ou cos filtros que adoitan ter as cámaras de predeterminado segundo a fonte de iluminación (para sol, sombra, luces fosforescentes, incandescentes, etc.). 
Eu sempre recomendo usar o espectro numérico até que atopes un punto que che gusta; nese sentido, podes optar polo naturalismo e buscar a cor que máis se axusta ao que vés cos teus ollos, ou ser un pouco pillabán e subir ou baixar un chisco a temperatura para infundir á túa foto dun determinado estado de ánimo ou estética. 
Tumblr media
Aproveita o desenfoque
A lonxitude focal é o que determina o lonxe ou preto que ves o suxeito da túa foto (usamos teleobxectivos como se fosen telescopios, para ver máis lonxe) pero tamén para determinar a profundidade de campo ou a nitidez que teñen cada un dos planos da foto (dende o máis preto até o máis lonxe); entre outras cousas que non me da a vida de explicar. O caso é que poden chegar incluso a deformar unha foto.
Os móbiles adoitan ter obxectivos moi angulares (<50mm), polo tanto fanche ver:
As cousas parecen máis lonxe, máis pequenas
Caben máis cousas na foto, porque ten un espectro máis amplo de visión
Deforman un chisco os bordes no que se adoita chamar “ollo de peixe” (isto no móbil non chega a notarse moito, pero algo de deformación hai)
Todo é nítido, dende o que está máis preto até o que está máis lonxe.
E isto limita un chisco a creatividade. Cun teleobxectivo, porén, (>50mm) podes ver:
As cousas parecen máis preto
Caben menos cousas na foto, ten un espectro menos amplo de visión
Non todo é nítido, só o plano que está enfocado (manualmente ou polo enfoque automático, tanto ten). O que está máis lonxe ou máis preto dese plano, está desenfocado. 
E isto último é PRECIOSO. Da unha sensación cinematográfica, outórgalle profundidade e subxectividade á foto. Alguén está a mirar e a deterse nese plano enfocado, como facemos nas nosas mentes. Dálle humanidade. 
Insisto que estes consellos non son normas, tamén se poden facer cousas chulas con angulares. Pero se queres intimidade, humanidade, etc. usa lonxitudes focais maiores ;)
Tumblr media
Ante a dúbida, achégate (ou afástate)
As fotos ás veces quedan mal porque non ousamos achegarnos abondo ao suxeito. Non queremos molestar á persoa que lle facemos un retrato ou nos da pereza abaixarnos a facerlle a foto a aquela flor. 
Ousade achegarvos, sempre atoparedes mais posibilidades canto máis preto esteades.
Claro que, cando usas un teleobxectivo para dar ese efecto cinematográfico do que falabamos antes, ás veces debes afastarte moito para que o teu suxeito non salga dos marxes da foto. A cuestión aquí é que, antes de cambiar a distancia focal cun zoom (iso é trampa), que valores se merece a pena achegarte ou afastarte para conseguir a foto. 
(para a foto de abaixo, metinme no mar co móbil na man!! que perigo!!) 
Tumblr media
Mira polo visor, non pola pantalla (con cámaras DSLR, sobre todo)
Non sei nas vosas, pero na miña Canon D70 teño que mirar pola pantalla para acadar os parámetros (ISO, K, obturación, diafragma, etc) perfectos para a foto. Pero despois, sempre miro polo visor para sacar a foto. O visor non ten os parámetros novos implementados, é o que ves na realidade pero encadrado na túa fotografía. 
Non sei porque motivo, iso faime ser consciente da composición da foto. 
Compón
A composición ten tantas normas como excepcións. Podería falarvos da regra dos terzos, das diagonais, do consello que lle deu supostamente John Ford a Spielberg (”cando o horizonte está abaixo ou arriba, é interesante. Cando está no medio é aburrido”) pero sería un tratado infumable e incluso podería limitar bastante ás vosas imaxinacións.
Penso que hai que entrenar o ollo a medida que vas facendo fotos. Observalas, trazar liñas sobre elas. Pouco a pouco, atopas que cando é máis interesante centrar o teu suxeito ou deixalo cara un lado, subir ou baixar a liña do horizonte, balancear o seu equilibro (refírome a que unha foto “pesa” polo lado no que hai máis ruído visual). 
Tumblr media
O meu consello aquí e deixar sempre un chisco do que se lle chama “aire”, é dicir, baleiro arredor do suxeito. Non pegar a cabeza dx retratadx ao marxe superior da foto, para entendernos. 
Tumblr media
En fin. Grazas por aguantar a chapa aos que chegastes até aquí abaixo. Se vos gusta, compartide!
14 notes · View notes
falangesdovento · 2 years ago
Text
Tumblr media
E os dias passam e assisto à minha passagem na janela do tempo dos meus olhos...
Diverso, móbil, vazio, sereno e só... fingindo vagarosamente ser ligeiro...
Sou a minha própria paisagem. Invento minhas marés e meus girassóis...
Curvo-me ao Sol...
Lucas Lima
12 notes · View notes
elblogdejavierarrufat · 1 year ago
Text
Iphone 14 y per que comprarlo
Hola yo soc Javier, son un estudiant del ies serra d'irta i vaig a exposar las caracteristiques y raones de perque el iphone 14 pro max es el millor movil que et pots agafar per a el teu proxim móbil
Tumblr media
Aquest móbil te uns components, de bona cualitat, buna dura, materials, etc.
Estes son les especificacions:
Iniciem amb una pantalla Super Retina XDR 6,7 pulgadesaum un tasa de refresc de 120hz, i aixo es algo que cride molt la atneció d'un móbil, el hz, al tindre el doble que la mojoria de movil fa que el seu ús siga més rapid pero sobre tot amb un fluidesa increile
Continuem amb el procesar i el sistema operatiu, te un procesador Apple A16 Bionic, que es un procesador molt potent amb 6 nuclis dels cuals són 2× Everest a 3.46 GHz i ela altres4× Sawtooth a 2.02 Ghz i que ha pillorar casi en un 25% desde l'any 2019 en comparacio del Apple Bionic 13 i en el sistema operatiu tenim el IOS 16 pero el cual se pot actualizar a el IOS 17 i proximament al 17.2.1, estes son los millores mes respectives del IOS 17:Millor interació amb els widgets,Compartir ubicació des d'iMessage, L'autocorrecció millorada, La pantalla de trucada com la nostra targeta de visita ,AirDrop millorat ,El seguiment de la nostra salut mental...
I per a finalitzar bateria i sobre tot la camera, aquest movil té una bateria de 4.323 mAh, que amb una reproducció de video por estar encese hasta 29h, amb un streaing de video 25h i amb una reproducció d'audio hasta 95h, ara anem a la part important, perque la veritat esque si algú es compre un movil com este ho fa principalmente per la camera, es veritat que el seu infoteniment es bonissim pero la que mes destaque es la camera, aquest móbil té:
Camara trasera:
Principal:48MP, f/1.78, 24mm, Sensor Shift de segunda generación
Ultra angular: 12MP, f/2.2, 13mm
Teleobjetivo: 12MP, f/2.8, 77mm, OIS
CÁMARA FRONTAL
12MP, f1.9, enfoque automático
Aço es tot per avui, graciés per la vostra atenció, m'acomiado, yo soc Javier Arrufat, un plaer
3 notes · View notes
kiki-de-la-petite-flaque · 2 years ago
Text
Tumblr media
Não sei quantas almas tenho.
Não sei quantas almas tenho.
Cada momento mudei.
Continuamente me estranho.
Nunca me vi nem achei.
De tanto ser, só tenho alma.
Quem tem alma não tem calma.
Quem vê é só o que vê,
Quem sente não é quem é,
Atento ao que sou e vejo,
Torno-me eles e não eu.
Cada meu sonho ou desejo
É do que nasce e não meu.
Sou minha própria paisagem,
Assisto à minha passagem,
Diverso, móbil e só,
Não sei sentir-me onde estou.
Por isso, alheio, vou lendo
Como páginas, meu ser
O que segue não prevendo,
O que passou a esquecer.
Noto à margem do que li
O que julguei que senti.
Releio e digo: «Fui eu?»
Deus sabe, porque o escreveu.
24-8-1930
Fernando Pessoa- 48 Novas Poesias Inéditas.  (Direcção, recolha e notas de Maria do Rosário Marques Sabino e Adelaide Maria Monteiro Sereno.) Lisboa: Ática, 1973 (4ª ed. 1993)
7 notes · View notes
zsofiarosebud · 2 years ago
Text
Veña, vai, o de poñer a lista aleatoria que me nominou @zorrxchicle​. Foime complicado porque non uso spotify nin nada unificado para escoitar música (unha mistura entre listas de reprodución en youtube, a miña biblioteca persoal virtual e mais o pendrive de música do coche haha) pero anotei as 10 últimas cancións que escoitei e saíu isto. Vou anotar tamén en que contexto a escoitei, porque me parece interesante hehe
1. The Ballad of Robert Moore and Betty Coltrane - Nick Cave & The Bad Seeds (busqueina a propósito en youtube porque me acordei de que existía e me gustaba hai anos. temaso) 
2. Black Eye Blues - Ma Rainey (radio do coche)
3. Lamprey - Rogue Legacy OST -  Judson Cowan (Un boss theme dun videoxogo, que escoito de cando en cando porque me da un boost de produtividade que flipas. Téñoa nunha lista de reprodución pública que fixen: 𝕊𝕠𝕦𝕟𝕕𝕥𝕣𝕒𝕔𝕜 𝕡𝕒𝕣𝕒𝕕𝕚𝕤𝕖 en youtube)
4. Fantasia on a Theme by Thomas Tallis - Ralph Vaughan Williams (nunha lista de reprodución que se chama Tres Grolos de Ron e que uso para ambientar o relato que estou a escribir, maioritariamente música clásica e folk europeo)
5. Abatina - Calypso Rose (pedínllo á Alexa dunha familiar nunha comida, porque o aparatiño non saía dos clásicos españois dos 80 *glups*)
6. Floral Fury - Cuphead OST -  Kristofer Maddigan (escoiteina unhas cantas veces esta semana porque a estou a aprendela nun arranxo para piano)
7. All the Pretty Little Horses -  Odetta (en youtube, un descubrimento recente clicando un link aquí en tumblr)
8. El pueblo unido - Quilapayún (versión de Inti Illimani) (outra que estou sacando no piano)
9. Bass Catch - Carol Kaye (busquei a propósito sobre esta baixista da ostia nos últimos días, este é o primeiro tema do seu disco Picking up on the E string)
10. Fire Coming out of the Monkey's Head - Gorillaz (púxena no móbil mentres cociñaba, logo, da biblioteca persoal)
Non vou nominar a ninguén porque son tímida... <3 pero paseino ben recopilando isto haha
7 notes · View notes
carloskaplan · 4 months ago
Text
Tumblr media
14 notes · View notes
kinocube · 2 years ago
Text
Quen foi?
youtube
Cando acometo a escrita desta bitácora quincenal, preparo as luvas, collo o bisturí e póñome a diseccionar con coidado o arquetipo que nos ocupa en cada episodio. Busco na escena do crime as probas da súa existencia -para demostrar que non é invención miña-, analizo o corpo do delito para determinar as súas causas e consecuencias e repaso a literatura anterior sobre o suxeito para facerme con antecedentes que me axuden a explicar as súas motivacións. Ben traída, esta metáfora pode achegar literariamente o meu método analítico ao que ven sendo unha investigación policial.
Tumblr media
O cinema precisa de conflitos para nutrir as súas narrativas e, por razóns evidentes, o amor e a morte son cecais os grandes temas dos que extraer ditos conflitos. Cando ocorre unha morte violenta na pantalla, en segundo que xéneros, a continuación pode acontecer -e é moi habitual que o faga- unha investigación. As forzas e os corpos policiais poñen en marcha un proceso, unha cadea de procedementos polos cales se busca un resultado: un culpable. "Quen foi?" E aínda podería dicir máis -parafraseando a certos policías da ficción-: "por que ocorreu?". Cando escoitamos unha historia de crimes, é máis interesante incluso descubrir o móbil do crime que o culpable. Detras dun móbil hai sempre unha historia oculta que temos gañas de coñecer, que nos atrae, que adoita ser máis intensa e profunda que a propia historia da investigación.
Iso si, hai que aclarar que a representación destes procesos no cinema non adoita seguir as pautas do realismo. Hai de seguro podcasts, canles e programas adicados a desmentir os mitos da investigación policial nos medios de comunicación, concretamente na ficción, e ínstovos a que procuredes información pola vosa banda. Nós non imos afondar.
Tumblr media
O que podemos asegurar é que unha boa historia precisa ás veces desmarcarse do camiño do realismo. Ocorre que ás veces un corpo policial non é a personaxe máis interesante para seguir a través dunha historia, así que a investigación levaráa a cabo un detective privado -esa figura que inventou realmente Arthur Conan Doyle cando creou ao inmortal Sherlock Holmes- con métodos pouco ortodoxos e grandes dotes dedutivas ou, por exemplo, unha personaxe protagonista que se ve na necesidade de emprender a investigación pola súa banda debido á ineptitude das institucións que se supoñen encargadas de velar pola seguridade do cidadán -o que se me antolla realista, por que non negalo, en certos casos. Entre os motivos que poden levar a un ou unha amateur a emprender a investigación dun crime pola súa banda ocórrenseme: a) A personaxe é acusada do crime e quere limpar o seu nome, como en moitos guións dirixidos por Alfred Hitchcock.
b) A personaxe asasinada é un ser querido da personaxe que decide investigar.
c) Hai motivos políticos que converten ás forzas policiais en inimigos, que os corrompen ou os impiden traballar con normalidade.
d) A personaxe ten como hobby o true crime e ilusiónalle formar parte dun caso.
e) A personaxe que investiga é xornalista. Sempre se meten até fondo da cuestión!
Por suposto, nunha historia poden ter cabida moitas delas a un tempo. Tamén teñen cabida unha serie de clichés e motivos visuais que son comúns a este tipo de tramas: o encontro fortuíto da vítima, o levantamento do cadáver, a investigación da escena do crime, a autopsia na morgue, os interrogatorios a posibles persoas sospeitosas -en ocasións, rodas de recoñecemento con "sospeitosos habituais"-, carreiras detrás de persoas que teñen algo que ocultar, falsas pistas e, por suposto, o clímax no que se descubre á persoa culpable do crime.
A presenza ou as distintas presentacións posibles destes motivos veñen dado tamén polo xénero onde se enmarcan. Na novela policial do século XIX, baixo a tradición do Auguste Dupin de Edgar Allan Poe, o Holmes de Doyle ou o Poirot de Agatha Christie. É esta última autora a que converte o whodunit na marca da casa, tendo unha grande influenza na literatura e cinema posterior. Whodunit non é máis que unha sorte de abreviatura de "Who's done it?", é dicir, "quen o fixo?". Propio do xénero whodunit é o presentar un cartel cheo de personaxes variopintas con diferentes coartadas e motivacións; e deixar que o investigador ou a investigadora reúna a todas elas, unha vez deducido o que aconteceu na noite de autos, para facer a derradeira revelación públicamente. Christie tamén ten o mérito de colocar no papel de investigadora a personaxes moi lonxe do standard de Dupin ou Holmes, con protagonistas únicos no xénero como Poirot -unha figura pouco heroica- ou Miss Marple -unha muller-.
Tumblr media
Seguindo o fío anterior, e como mencionamos antes, con Holmes xorde o detective privado ou private eye, figura que collerán a novela e o cinema noir e o convertirán no detective hardboiled, que xa non é tan listo nin serio, pero é duro de pelar, inquedo e eficaz. Como o Philip Marlowe de Raymond Chandler, un tipo taciturno e con moitos conflitos internos, pero que sempre chegará até a fin da investigación.
Máis tarde, no thriller á maneira de Alfred Hitchcock, a investigación materializarase no navegar entre coartadas, espellos e trucos, como en Vertigo (1958) ou en Rope (1948), para desvelar como -máis que "por que"- fixo a persoa asasina para crear o crime perfecto. E mostrar, por suposto, as súas imperfeccións.
Tumblr media
Directo en liña dende Agatha Christie e o thriller hitchcockiano, aparece nos 70 o xénero do giallo italiano, no que afondaremos máis adiante, pero que conta coa investigación dun crime por parte dunha persoa amateur no centro da súa trama, por definición. Como particularidade, aquí o "quen foi?" é máis ben "quen está a ser?" pois falamos sempre dunha asasina ou asasino en serie, que segue a matar; o que aporta aínda máis tensión á trama, porque a investigación convértese nunha carreira contrarreloxo, nunha cuestión de vida e morte.
As modernas series policíacas son denominadas copaganda polos círculos máis críticos, para sinalar a tendencia destes produtos audiovisuais de emitir mensaxes de marcado carácter antidemocrático, a prol das cadenas perpetuas e das penas de morte e incluso excusando o abuso policial contra as persoas sospeitosas "porque sen os métodos pouco ortodoxos non teriamos pillado ao culpable". Todas estas series siguen rigorosamente o esquema: encontro do cadáver, escena do crime, autopsia, interrogatorios, falsa pista, novo interrogatorio, detención -e ás veces proceso xudicial-.
Tumblr media
Quen o fixo? Quen foi? Por que? Todas estas preguntas disparan conflitos que, na súa resolución, conforman historias. E a linguaxe cinematográfica iranos dando pistas para que investiguemos nós, ás veces levándonos por camiños errados, pero sempre atrapándonos como nunha tea de araña.
Até o vindeiro episodio!
2 notes · View notes
kikotapasando · 2 months ago
Text
Cameratoezicht tijdens Regatta // Vigilansia di kamara durante Regatta
Vigilansia di kamara durante Regatta Debí na e eksitoso proyekto piloto anteriormente e aña aki riba Dia di Rincon, Kuerpo Polisial Hulanda Karibense (KPCN) lo hasi uso di vigilansia di kamara durante aktividatnan di Regatta tambe. For di djárason 9 di òktober 2024 te ku djadumingu 13 di òktober 2024, lo usa kamaranan móbil pa vigilá diferente aktividat na okashon di Regatta. E vigilansia di…
0 notes
notasdecidade · 3 months ago
Text
Ser vixiad@s
Tumblr media
Un número cada volta maior de cámaras rexistran os nosos movementos. Impórteche ou non, grávanche no teu portal e dende o do teu veciño, no supermercado ou no banco pero tamén na rúa. O descontrol e permisividade sobre estes métodos de control ubicuo traspasa hoxe calquera diferenciación interior-exterior. 
Nun percorrido dende casa ao traballo de 15 minutos nun entorno urbano denso, é posible que nos gravaran máis dun centenar de cámaras privadas -as máis- pero tamén públicas. Se a visión destes dispositivos mollase, chegariamos as nosas casas enchoupados. É lóxico que intentemos que non nos importen pero existen, empréganse as nosas imaxes e utilízannos. Canto tempo somos gravados en relación ao que somos conscientes de que o somos?
Como non nos van a condicionar?, só hai que lembrar a nosa reacción cando nos advirten de que “esta conversación está a ser gravada”. Ou a seguinte microsocioloxía, saque o seu móbil e déalle a “gravar” na seguinte rifa na rúa que teña e espere reaccións.
O dano é maior ca o beneficio, canto gañamos grazas ás cámaras? a presa é unha miseria comparado con todo o que estragamos. Por cada ridículo rexistro que punir e unha fantasiosa sensación de seguridade, temos 24/7 de represión. Coa escusa de rexistrar catro trastadas modificouse substancialmente a saúde da nosa experiencia en común, pasando a ser todos sospeitosos. 
Os datos demostran ademais que a videovixilancia non consegue reducir significativamente o que combate: vandalismos, furtos, etc. E doutra banda, os indicadores da delincuencia actuais son baixísimos, é dicir, máis que asumibles no noso país. Os lugares máis seguros son sempre os máis frecuentados, os de maior número de “ollos na rúa”. Por contra, calquera con medo pode colocar os seus aparatiños case de balde e seguirnos en directo dende o seu móbil, sen demasiado control sobre el, paradoxalmente. 
Un espazo videovixiado é un espazo asimétrico -controlador vs controlado- e de experiencia distorsionada. Pénsase sempre peor cunha pistola apuntando á nosa cabeza. Sabemos que a cousa non vai a menos, é fácil imaxinar co recoñecemento facial incorporado a estas cámaras cal semáforo funcionando como un matón de discoteca; vermello ou verde sen ámbar. Ou xa postos, lembrar como verosímil aquela realidade alternativa da serie Black Mirror, no que todos nós rexistrariamos a nosa vida nun dispositivo implantado ao nacer, para reevaluala, axusticiala ou recreala cada noite nun fenomenal sen vivir.
O aparello “civilizador” que pretende representar cada cámara é unha mirada fixa despreciable que converte ao observado en sospeitoso dicíndolle: “obedeza, compórtese”. Todas esas imaxes almacenadas só servirán de algo o día que deixemos de pensar que “o esencial é invisible aos ollos”, e xa non digamos, ao ollo da estúpida cámara.
Tumblr media Tumblr media
Imaxe // fonte:
1. A acollida hostil na entrada dun Patrimonio da Humanidade // Google Maps
2. O fastío xeral da sala de control ao outro lado das cámaras // uss.com
3. Cámaras no alto do espazo público "dedicadas ao tráfico" // clui.org
57 Sermos, nº 622, páx. 27 (07/09/2024)
0 notes
urbanoscar · 5 months ago
Text
Tumblr media
morte dun móbil
0 notes
pacosemnoticias · 8 months ago
Text
Detido suspeito de homicídio em Albufeira ocorrido em 2019
Um homem foi detido pela PJ por fortes suspeitas de homicídio qualificado, ocorrido no concelho de Albufeira, em outubro de 2019, e que vitimou o proprietário de uma indústria de fabrico de pastelaria tradicional, informou polícia.
Tumblr media
Segundo a PJ, o proprietário, de 61 anos, foi abordado no interior das instalações da empresa quando se encontrava sozinho.
Depois de ser agredido com violência, foi amarrado e amordaçado. Acabou por sucumbir às lesões provocadas, tendo sido localizado já cadáver por funcionários.
O móbil do ilícito terá estado relacionado com o roubo de avultadas quantias de dinheiro que a vítima guardava na empresa e na residência contígua.
O suspeito, de 40 anos, ficou em prisão preventiva após interrogatório judicial.
A PJ realça que foi em resultado de um trabalho de investigação da Diretoria do Sul da PJ, com o auxílio de perícias realizadas pelo Laboratório de Polícia Científica da PJ, que por possível identificar o suspeito, determinando a emissão de mandados de detenção pelo Departamento de Investigação e Ação Penal (DIAP) de Albufeira.
0 notes
gciencia · 1 year ago
Link
A Internet das Cousas (IoT, polas súas siglas en inglés) é un proceso mediante o que os teus dispositivos se conectan á rede para a transferencia de datos. Non só o teu teléfono móbil, tamén o teu asistente virtual ou a información que ofreces para facer unha compra en liña. Cales son os riscos e beneficios desta hiperconectividade? Como mellora a nosa vida? Como se garanten os nosos dereitos como usuarios? Estas e moitas outras preguntas respondémolas en O teu móbil escóitate? Estas son as tecnoloxías que hai detrás dos teus dispositivos, o novo episodio de pódcast de GCiencia en colaboración con atlanTTic, o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo
0 notes
ferrolano-blog · 1 year ago
Text
Mimatruck, o camión musical que conecta artistas e público... “Na MIMÁtruck poden actuar tanto djs como bandas emerxentes de ata 4 ou 5 persoas. Con ela tratamos de que sexa un evento itinerante e poder estar presentes en festas, festivais ou eventos culturais... dando cabida a picadiscos e distintas bandas locais”
0 notes