#lacubanateatre
Explore tagged Tumblr posts
basalocastillo · 5 years ago
Photo
Tumblr media
Genial tarde, despidiendo al amigo Arturo, con #lacubana #lacubanateatre #adiosarturo #teatrorecomendado #teatrodelbueno (en Getafe, Madrid) https://www.instagram.com/p/B6Y8xQWiF_a/?igshid=opj0l3vthwnd
0 notes
praza-teatro · 5 years ago
Text
LA CUBANA CONVERTE O TEATRO NUN CARNAVAL EN ADIÓS ARTURO. Por Afonso Becerra de Becerreá
“No, no hay que llorar, que la vida es un carnaval...” así lle botaba azucre Celia Cruz ás desventuras e aventuras.
La Cubana, que en 2020 cumpre 40 anos e que foi unha das compañías catalás que fixo a revolución do teatro nos 80, volve agora, en 2019, a celebrar a vida desde o teatro de revista e de varietés.
Adiós Arturo, a súa última produción, de 2018, anda de xira polo Estado e recalou no Teatro García Barbón de Afundación en Vigo, con funcións desde o xoves 26 de setembro até o domingo 29.
Tumblr media
O día antes da primeira función, o mércores 25, fixeron unha presentación teatral na rúa, diante do García Barbón, travestindo a fachada de Antonio Palacios nun escenario de revista, poboado polo exotismo da imaxe de varios loros de plumaxe colorida e os rótulos lumínicos típicos de La Cubana. O loro Ernesto, que era algo máis ca unha mascota para o defunto Arturo.
Na presentación comparecía todo o elenco vestido de festa, en cores rechamantes e con moita pedrería. Alí, en plena rúa, fixeron un número musical para presentar e publicitar o espectáculo, diante dos viandantes e dos medios de comunicación locais. Logo, prestáronse a facer fotos coa xente e, desde as distancias curtas, a saudar e rir.
Tumblr media Tumblr media
O dramaturgo e director de La Cubana, Jordi Milán, estivo un rato falando comigo sobre iso do oficio e da artesanía no teatro. Dicíame que agora había un problema nas escolas porque ensinaban ao alumnado a ser artistas, pero non lles aprendían o oficio. Segundo Jordi Milán, cando hai un bo oficio a arte aparece. E todo isto viña a conto de que á cooperativa de La Cubana non lle gusta, nin pode, ficar cun espectáculo só en Barcelona ou en Madrid, sen moverse e facer xira. Gústalles xirar cos seus espectáculos porque, entre outras razóns, consideran que iso, ir de xira e poñerse en relación con públicos moi diversos, forma parte dese oficio da/o comediante. Por outra banda, non reciben subvencións de cultura e, por tanto, teñen que moverse se queren vivir de facer teatro. E diso viven. E se non vivisen diso, entón non serían profesionais.
Tumblr media
Eu achegueime cun grupo de alumnado da ESAD de Galiza para que coñecesen un pouco o traballo actoral e o estilo de La Cubana. Entre outras razóns porque, cando toca traballar a análise e composición de personaxes, en dramaturxia, tocamos tamén o personaxe estereotipo, característico no vodevil, na comedia de costumes e na comedia lixeira e popular, e eu adoito poñerlles de exemplo a La Cubana, igual que facía o meu mestre Joan Abellán no Institut del Teatre de Barcelona. Pero, resulta que teño unha boa proporción de alumnado que non sabe quen é La Cubana. Así que había que ir e ver.
Despois, presenteille a Jordi Milán a Roberto Pascual, que tamén veu, porque coincidimos en horario co mesmo grupo de alumnado. Pascual, ademais de profe na ESAD é director artístico da MIT (Mostra Internacional de Teatro) de Ribadavia. Jordi comezou a lembrar os espectáculos de La Cubana nos primeiros anos da MIT Ribadavia e eu fiquei fascinado co que contou. Naqueles anos 80, teatro a pé de rúa, un sireno metido no pilón dunha fonte, bailarinas e bailaríns que ofrecían un baile agarrado, por 1 peseta, na Praza Maior da vila, e moitas moitas gamberradas naives, xa con ese estilo camp que os caracteriza. Daquela, La Cubana, rompía coas convencións máis típicas do teatro burgués desde a comedia que se mesturaba co público, desde a inxenuidade e a picardía, desde un colorido desbordante.
Tumblr media
Adiós Arturo dálle a volta á cerimonia luctuosa dos funerais. Arturo era un bon vivant, un vividor, e nas súas últimas vontades deixou escrito que non quería un enterro triste, con loito etc., que quería unha gran festa. Ningunha funeraria se quixo facer cargo da organización desa esmorga, porque non están preparadas para iso, así que, La Cubana, que estaba sen traballo nese momento, accedeu a organizar o “jolgorio”. Este é o punto de partida ficcional para un espectáculo que se move nos lindes do parateatral (un tipo de posdramaticidade que entronca cos xogos de simulacro dos Entroidos e Carnavais, nos que non hai unha asunción afectiva psicolóxica dos personaxes por parte dos actores e das actrices, senón unha simulación divertida e transgresora a través da caricatura e da parodia).
Así pois, Adiós Arturo é unha parodia dos funerais, unha inversión carnavalesca, na que o público tamén participa. Quince minutos antes de que comece a función propiamente dita, as actrices e actores de La Cubana, organizan, na platea, grupos de espectadoras e espectadores que se queiran disfrazar de monxas, xeques árabes, indios, un bispo, gaiteiros, aristócratas, embaixadoras/es de diversos países... que, en determinados momentos do espectáculo, serán iluminados polo canón de luz de cabaré, poñeranse en pé e subirán ao palco para desfilar por diante do féretro, etc.
Así que a animación do escenario tamén se dá na platea, cun constante trasego de comparsas e personaxes. Ademais, como en toda festa de hoxe en día, os teléfonos móbiles conectados para o que fose, facer fotos, vídeos... (As que ilustran este artigo son as que fixen co meu teléfono na presentación do 25 e na primeira función do xoves 26 de setembro).
Tumblr media
Entre todo este folklore carnavalesco, que é unha grande caricatura dos diferentes estamentos sociais, as actrices e os actores de La Cubana, desbordan simpatía e virtuosismo na súa capacidade para mudar de personaxes estereotipo: Herminia Soler Paredes, a veciña de toda a vida, lercha e aqueixada de parkinson; a diva da ópera, unha anciá con sobrepeso e coxa; Lupita Olivares, cantante de rancheras e corridos mexicanos, que vén en cadeira de rodas e cun goteiro, acompañada dun mariachi; Marcel Crussoe, mimo de fama internacional, un octoxenario que se ampara nun andador e que é unha parodia de Marcel Marceau, coa típica camisiña de mariñeiro e a cara maquillada de branco; Lady Oliva Peterson, unha anciá inglesa que preside unha asociación de tauromaquia e que se traviste en toureira, para cantarlle ao féretro “El Relicario” en inglés; Alberto San Román, o famoso barítono que, no Café de la Ópera das Ramblas, nunha noite de infortunio, cando o deixou a súa esposa, encontrou o consolo de Arturo e o acicate para desfrutar con outras mulleres; Don Ignacio Búho, o notario e presidente da Asociación “Arca de Noé”, que nos vai sorprender cos motivos desa asociación polos animais; Rashid El-Halili, chófer particular do defunto, que nos baila “El pincho moruno”; a ex-vedette do Tropicana, anciá e medio cega, alter ego de Celia Cruz; a Asociación de transformistas de Vigo; a familia dos sobriños do defunto, todos de loito, expulsados do teatro, pola organización da festa, porque o seu tío Arturo non quería loito nin prantos na súa despedida.
Toda esta recua de personaxes pasan polo palco, para realizar diferentes números de comedia, desde o cliché caricaturesco, para contarnos, moi brevemente, a súa relación co defunto. Sempre relacións nas que mediaba a festa ou/e o sexo. Fronte a éstes, a familia, as sobriñas e os sobriños, aparentando dor e buscando as xoias e os números da combinación que abre a caixa forte do seu multimillonario tío.
Hai aí unha irreverente crítica á familia, concibida como unha especie de empresa, na que as comenencias pesan moito. Porén, Arturo era un home libre, que nunca se atou a unha parella, nin tivo fillos.
As actrices e actores de La Cubana: Jaume Baucis, Xavi Tena, Toni Torres, Nuria Benet, Àlex González, Babeth Ripoll, Montse Amat, Toni Sans, Edu Ferrés e Virginia Melgar, son virtuosos do “fregolismo”.
O “fregolismo” é unha arte que provén de Leopoldo Fregoli (1867-1936), actor, transformista e cantante italiano, que levou á máxima complexidade espectacular o xénero parateatral do transformismo.
As actrices e actores de La Cubana, mudan a caracterización externa e interna, desde vestiarios moi vistosos e complexos, deseñados por Cristina López, e a maquillaxe e caracterización por La Bocas, até as maneiras de moverse e falar, e fano cunha axilidade e unha fluideza desbordantes.
Os ritmos lizgairos de comedia, así como a vis cómica, son outro dos selos do traballo de La Cubana. Un teatro popular e divertido.
Tumblr media
Outra das peculiaridades relevantes desta última peza de La Cubana, moito máis acentuada ca nas anteriores, é a adaptación do argumento ás circunstancias locais de cada lugar no que fan o espectáculo. Isto é outra das figuras retóricas dos xéneros cómicos, a súa aproximación ao local, o emprego de sketches que recollan persoeiros e circunstancias do lugar.
No caso de Vigo, por suposto, apareceu a caricatura do alcalde Abel Caballero e de algunhas das súas iniciativas máis populistas, desas coas que reforza o viguismo e semella querer meternos no libro Guinness dos Records, como o alumeado do Nadal, co que intenta superar a New York, Paris, Londres ou calquera outra megalópole. As festas populares da Reconquista, do San Roque... as asociacións folklóricas, o marisco, o sector da pesca e do naval, etc. Para iso, sitúa ao protagonista ausente, o defunto Arturo, nunha importante época da súa vida, na cidade olívica, de aí a súa decisión de que a despedida final fose no teatro García Barbón, que agora se rotula co título de Afundación.
A realidade local, nos xéneros cómicos máis populares, como o cabaré e a revista, entra dentro do guión. Por iso encontramos no escenario algunhas actrices de La Cubana falando galego e citando asuntos da propia cidade e dos seus barrios e parroquias.
Tumblr media
En definitiva, Adiós Arturo é un canto carnavalesco ao carpe diem, unha peza non só para rir, senón tamén para divertirse participando nesta despedida.
Tumblr media
0 notes
danielgarciaperis · 3 years ago
Photo
Tumblr media
El gran èxit "I want to go to Andorra" a "Adéu Arturo" de @lacubanateatre al #teatrecoliseum #Barcelona #BCN (at Teatro Coliseum Barcelona) https://www.instagram.com/p/CdlETmWMpiI/?igshid=NGJjMDIxMWI=
0 notes
aliguesdecatalunya · 4 years ago
Photo
Tumblr media
#Repost @rosa.merce • • • • • • Part Alta De Tarragona Disfrutant amb el Seguici! Vigília de Santa Trecla. Som-hi amb l'Amparito! VISCA SANTA TECLA! La millor festa major del món sencer!!!! T'estimo Tarragona! @descobreixcatalunya @lacubanateatre #gentdc #santatecla #santatecla2016 #quelateclatacompanyi #tgn #tgncultura #festesdesantatecla #amparito #somcultura #aligatgn #seguicidesantatecla #tarracofestes #tarragonaenamora #tarragonaexperience #raconsde_tarragona #elmeupetit_pais #igerstgn #calendaridc17 @ferrovial #urbanpeek __________________________ #AligaDeTarrega #AligaDeCatalunya #AliguesDeCatalunya #Aliga #Aguila #FiguresZoomorfiques #ImatgeriaFestiva #CulturaPopular #BestiariFestiu #BallDeLAliga https://www.instagram.com/p/CBWTHhAIOrX/?igshid=vn9xjah0aic0
0 notes
artrossi · 5 years ago
Photo
Tumblr media
Adiós a mi 🦜
0 notes
elcazadordetendencias · 6 years ago
Photo
Tumblr media
Buenas noches desde Altea , un fragmento de Adiós Arturo la cubana muchas risas y buen espectáculo #altea #lacubanateatre #jpstyls (en Teatro Palau Altea Centro de Artes) https://www.instagram.com/p/Bpx0kXTgjx0/?utm_source=ig_tumblr_share&igshid=1vv1trg5m2awy
0 notes
basalocastillo · 5 years ago
Photo
Tumblr media
En el #teatrocalderon de #madrid colocándome los atuendos monárquicos para "ser" Jasmine la reina de Kuwait y algún territorio más 😂😂😂😂 con el miembro de #lacubana que anda que no tuvo paciencia conmigo ni ná 😂😂😂😂😂 que me convenció. Gracias por hacernos partícipes de vuestra genialidad #megustaelteatro #lacubanateatre (en Puerta del Sol) https://www.instagram.com/p/B6YvZj9CD7Y/?igshid=zcre19y6lslm
0 notes