#josep ramon bosch i codina
Explore tagged Tumblr posts
Text
Vous aurez peut-être vu une tentative, hier, de déstabilisation de la campagne espagnole de Manuel Valls par un média français. La base : le fait que Josep Ramon Bosch soit un conseiller de Valls dans cette campagne. On tente donc de prouver que Bosch est "d'extrême-droite" (TM), pour montrer que Valls l'est aussi, ou pas loin.
Quel est donc le but d'une télé française, à part si Soros et consorts les envoient, de traquer Valls qui essaie, précisément, de fuir la merde française ?
Aller interviewer le catalaniste Jordi Borras, que j'ai ici défendu lorsqu'il se fit récemment agresser (sans gravité) dans la rue par un espagnoliste, n'a pas valeur de preuve ultime, Jordi est un militant indép. d'extrême-gauche, absolument pas impartial.
Pour en savoir un peu plus sur Bosch, le Wiki catalan. J'en dirai éventuellement plus plus tard, mais je peux vous dire que, par exemple, Societat Civil Catalana n'est PAS un "mouvement d'extrême-droite" (TM), vous avez vu plusieurs de leurs vidéos ici, ils démontent les fakes et les manips catalanistes.
Basile Pesso, FreeLand, 1er octobre 2 018, 1e diffusion ce jour-là (Fb) Voir en lien en commentaires, 2 nouvelles petites analyses de 2 vidéos de Societat Civil Catalana, un meeting pacifique, une manip. indép grotesque et abondamment relayée par les médias catalans. Wikipédia catalan : Josep Ramon Bosch i Codina Addendum : ouille les mignons ! Ca se désabonne dur...j’ai encore dû tuer quelqu’un...
#basile pesso#josep ramon bosch i codina#josep ramon bosch#manuel valls#écrivains sur tumblr#écrivains anti-fascistes#sujets de société#barcelone#espagne#catalogne#analystes politiques#fight media manipulation#fight fake news#journalistes indépendants sur tumblr#contenu original#yes we are magazine
3 notes
·
View notes
Text
O pintor Ramon Casas visita a cidade de Badalona
O Museu de Badalona, esa entidade asentada sobre os restos da vila romana de Baetulo, ten a boa idea de convidar a Ramon Casas a instalarse nas súas salas e compartir coa cidade badalonesa as súas afinidades artísticas e persoais. O resultado é unha exposición congruente, centrada nas relacións do artista con esa vila, e da calidade que se merece o autor de La Càrrega, o gran pintor modernista. As creacións plásticas de Casas son inocentes?
Lito Caramés
Ramon Casas, Autorretrato, 1890
Ramon Casas visita Badalona. Museu de Badalona
Vuy toca'I dolsayner / á plassa hermosas ballas; / s'acollan ja'Is fadrins, / las ninas ja’s preparan. / ¡Y quina dansa hi há, / no's veu gayres vegadas! / —Qui'n es aquell minyó / que tréu la contradansa? / —L'heréu del Mas dels Oms, / -aquell que demà-s casa.— / Lo jove dolsayner / bé sab qui ab l'hereu balla! / Tarará, tarará, / lo so de la dolsayna, / tarará, tarará, / quans cors fá bategà (Antoni Bori i Fontestà, Lo dolsayner (fragmento), Poema ganador da Flor Natural do ano 1883. Publicado en “El Eco de Badalona”, 1 de setiembre de 1883).
Finais do malévolo 2020, tempos de pandemia, de peche social e de negritude cultural. No medio deste triste panorama, o Museu de Badalona segue coa programación de exposicións temporais, optando nesta ocasión pola mostra Ramon Casas visita Badalona. A proposta baséase nunhas 20 pezas saídas do xenio e da cualidade técnica do editor (e propietario) da revista Pèl&Ploma. Entre as creacións é doado atopar pinturas ao óleo, debuxos e, por suposto, carteis; é dicir, as técnicas e xéneros artísticos máis empregados por Casas. As obras teñen procedencias moi diversas, unhas son préstamos de coleccións privadas e outras chegan de entidades e galerías (o MNAC ou a galería Gothsland). Precisamente Gabriel Pinós, o propietario da galería Gothsland e estudoso de Ramon Casas e mais da actividade cultural programada no restaurante Els Quatre Gats, colaborou na preparación da exposición (e mesmo ía ditar unha conferencia o día da presentación, actividade que se suspendeu polo incendio e mortes que aconteceron nesa vila). As obras expostas, tamén, permiten percorrer unha ampla cronoloxía, ou o que é o mesmo: admirar a evolución deste artista tan privilexiado para a pintura e o deseño. A pintura máis antiga é un autorretrato de cando Casas contaba 17 (1883) e ía á academia do pintor Carolus-Duran en París, e a máis recente (retrato de Glòria Codina Casas, sobriña) data de 1929, tres anos antes do seu pasamento, cando xa era un afamado artista.
O polifacético Ramon Casas tivo –entre directas e indirectas-- bastantes relacións coa cidade de Badalona, localidade próxima á capital catalá e con personalidade propia. O mesmo Joan Brossa deu testemuña dese feito: On es bada l’ona. Ramon Casas i Carbó (Barcelona 1866-1932) naceu nunha familia acomodada. O seu pai, Ramón Casas Gatell, dos Casas de Torrembarra, foi un indiano que se enriqueceu na provincia cubana de Matanzas. Unha das primeiras probas do nivel económico de Ramon Casas é o feito que aos 15 anos o pai mándao a París para estudar cos mellores artistas. Con quince anos! Outra proba da posición social da familia Casas i Carbó atópase en que para o panteón da súa prima, Mercé Casas i Carbó (morta en 1907), a familia encargoulle ao escultor Josep Llimona a súa obra hoxe máis coñecida: Desconsol, da que na actualidade hai varias copias. Pola outra rama familiar, en Badalona instalouse unha empresa téxtil, Carbó y Viñas (fundada no ano 1840) --a primeira en empregar o vapor nesta vila-- e na que ese Carbó era o avó materno do artista. As procuradas relacións con esta cidade, xa que logo, existían antes de nacer.
R. Casas, Glòria Codina Casas. 1922
Retratos. Familia Codina Casa
Casas va incorporar novetats entre les quals podem esmentar l’elegància formal, una poètica amb una paleta cromàtica molt rica, versàtil i de resultats molt efectius, i unes solucions tècniques i compositives que palesaven un alt domini dels recursos tècnics, fonamentats en l’existència d’una habilitat innata, un talent inigualable per al conreu de la pràctica pictòrica i una permeabilitat a l’assimilació de propostes estètiques més innovadores. (I. Domènech e F. Quílez no catálogo da mostra Ramon Casas: la modernitat anhelada, 2016).
Como facilmente se pode deducir das verbas dos comisarios da exposición Ramon Casas: la modernitat anhelada, programada –entre outras-- para conmemorar o 150 aniversario do nacemento do pintor, Casas foi no seu tempo un artista ben dotado para as artes plásticas, feito que mellorou cos estudos e dedicación. A súa vida profesional foi de éxito en éxito. Sorprende, por contra, un comentario que deixou o artista por escrito: queixábase do duro e difícil que lle era tocar a guitarra, cando debuxar e pintar se lle daban tan ben.
Volvendo á exposición Ramon Casas visita Badalona, e á relación do autor de La Càrrega con esta vila, a meirande parte das obras colgadas nas paredes do museo badalonés son retratos –xa en debuxos, xa en pinturas ao óleo--. Ramon Casas, como pintor que acabou por ser o preferido da burguesía catalá, dedicou tempo e esforzos a facer moitos retratos nos que as súas habilidades lle permitían (mesmo nos autorretratos) exhibir as variedades cromáticas e fasquías da personalidade da persoa retratada; algúns deles son verdadeiros estudos psicolóxicos. En relación con Badalona, Casas retratou ao señor Vincenç Bosch, o dono da empresa Anís del Mono, do que non só foi cliente senón que rematou por ter unha boa amizade; e ao actor Enric Borràs, amigo co que compartir tempadas en París.
R. Casas, Santiago Codina Casas. 1917
Pero a parte máis ampla de pezas (e retratos) presentes en Ramon Casas visita Badalona son os que representan persoas da familia Codina Casas. Elisa Casas, irmá de Ramon, casou con Josep Codina Prat, de Badalona, de onde se deduce a relación do artista cos sobriños e demais familia. En concreto, na exposición hai un retrato de Josep Codina (debuxo coloreado sobre papel), outros de Elisa e dos fillos da parella. Dos fillos, Glòria e mais Santiago, hai concretamente dous debuxos a carbón que non foran exhibidos con anterioridade; son por tanto novidade total. De Glòria tamén hai unha pintura ao óleo. E de Elisa, a irmá, tamén se poden admirar outros dous retratos, moi diferentes entre si. Un deles é de Elisa como viúva, unha peza de corpo enteiro e de rigoroso negro, sobre o que emerxe a face abrancazada da muller apesarada. Exhibición de capacidades retratistas. Pola contra, Elisa é a protagonista doutro retrato ben distinto: colorista, de medio corpo, lucindo a xuventude. Nesta peza (préstamo da galería Gothsland) Casas fai gala da riqueza cromática que lle agrada: a cadeira presenta a tela dese amarelo que tanto admirou o artista nos cadros de El Greco, e o vestido de Elisa é unha sinfonía coral de azuis que clarean e escurecen ao ritmo das luces que inciden nas telas. Sabendo das querenzas de Casas por pintores españois, este retrato remite (aínda sen ser ningunha réplica) á excelsa pintura de Goya La Condesa de Chinchón).
O cineasta Harun Farocki (magnífica exposición hai catro anos na Fundació Antoni Tàpies) afirma contundente: unha imaxe nunca é inocente. Haberá algunha imaxe, algunha iconografía das moitas que creou Casas, que sexa inocente? Na mesma dirección o artista Golucho, comisario da mostra EROS. Tu cuerpo como excusa (MEAM), asevera no catálogo desa exposición: Lo que de bueno hay en un cuadro, nunca está pintado. Que agochan as múltiples pinturas de Casas? O sentido da vida? A alegría de vivir?
R. Casas, Gloria Codina Casas, 1929
Ramon Casas, debuxos e cartelismo
Però si en un material, tècnica o suport Casas va captar l’esperit del seu temps va ser als cartells. La publicitat neix en aquell moment i Casas es converteix en un dels grans cartellistes de casa nostra. Al cartellisme es representen els canvis d’hàbits d’una societat. (Vicente de la Fuente Bermúdez, Vida quotidiana, Ramon Casas observador del seu temps, no catálogo da exposición Ramon Casas. La Vida Moderna, Museu del Modenisme, 2016).
Ramon Casas i Carbó pasa por ser o mellor pintor modernista de Cataluña. En cambio, moitos estudosos e estudosas das súas creacións -sen negar tal aserto- inclínanse por definilo máis como unha persoa moderna máis ca modernista. As liñas anteriores de V. de la Fuente Bermúdez van nesa liña: Casas tivo a habilidade de saber cara onde ían as sociedades pois en calquera faceta da vida apostaba polo novidoso: as bicicletas, os automóbiles, presentar ás mulleres libres, autónomas, conducindo, fumando, lendo, pintando.
As armas estéticas coas que contaba Casas para cativar ás familias burguesas eran a súa elegancia formal, austera incluso, que se apoiaba en boas solucións técnicas baseadas no dominio do seu oficio. Axudado por esas dotes especiais que posuía, Casas foi un pintor prolífico: cóntanselle máis de 1.000 óleos e o dobre de deseños, por non falar dos moitos carteis que confeccionou ao longo da súa vida. En Badalona, na exposición Ramon Casas visita Badalona tamén hai carteis, evidentemente. Casas bebeu directamente das influencias de Toulouse-Lautrec e a exactitude do trazo que define volumes de xeito sintético. Os poucos trazos -maxistrais- ao servizo da claridade da mensaxe.
O tema favorito de Casas –como de case todos os modernistas na súa fasquía publicista e ilustradora (paradigmático o caso de Alphonse Mucha)– é a figura feminina. A utilización da figura feminina para as imaxes das marcas industriais ten varias lecturas. Presentar as mulleres como membros da sociedade “moderna” (que fuman, beben, conducen) crea o efecto positivo de que as mulleres participan da vida activa, que son independentes, liberadas. Pero, esa mesma imaxe feminina, romántica, lánguida, sensual, que acompaña tabacos, licores, automóbiles, tamén insiste na imaxe de “muller-floreiro”. Os medios de comunicación social actuais non están libres destas imaxes estereotipadas e controvertidas. En Ramon Casas visita Badalona inclúense tres deseños que representan tres donas, unha cun volante nas mans, outra lendo, e outra pintando.
R. Casas, Vicenç Bosch, 1897
Ramon Casas foi o gañador do concurso de carteis (1897-98) que a empresa do señor Vicenç Bosch convocou para publicitar o seu produto estrela, o Anís del Mono (na botella deste licor preséntase un mico coa face de Darwin, en clara referencia ás teorías da evolución. Desde hai uns anos, unha escultura dese simio adorna o Pont del Petroli). Casas presentou tres modelos e o vencedor foi, ademais, o que rematou por ser impreso en formato grande para a publicidade do licor. O cartel ganador -coñecido como Mona y Mono- forma parte agora da “visita” de Casas á vila baetuliana. Nesta obra, Casas presenta unha muller, vestida de manola, portando na man dereita unha copa de licor e coa outra vai agarrando un mico; sobre fondo azul, a muller loce un mantón amarelo-greco con forte contraste co resto da creación. A influencia de Mucha semella evidente.
Como curiosidade paga a pena lembrar un dos traballos que fixo Casas: o cartel para o Champagne Kola. Vigo. Desde 1900 o empresario vigués Salvador Aranda elabora unha mistura entre champagne e cocacola, un refresco que pasa por ser o primeiro champán fabricado en Galicia (como explica este artigo publicado na Voz de Galicia), e encargoulle a Ramon Casas un affiche para promocionar a súa bebida. Tamén está na mostra outro cartaz da empresa badalonesa: Silicatos Fuster (1897), empresa radicada en Badalona. Fuster, socio de Vicenç Bosch e o dono, daquela, do hotel Casa Fuster de Barcelona, seguramente fíxolle o encargo a Casas por mediación de Bosch.
Para completar a revista polos carteis presentes na mostra Ramon Casas visita Badalona cómpre facer referencia ao dos Jochs Florals de Barcelona (1908). Esta litografía tamén vai na liña dos cartelistas modernistas europeos, Mucha entre eles, e a muller reproducida alude a esculturas da época (á Estatua da Liberdade, regalada anos antes por Francia á cidade de New York?). A dona que serviu de modelo para este cartel é Júlia Peraire, a que foi modelo e logo muller de Ramon Casas. Júlia tivo ata hai ben pouco tempo mala prensa, fama de muller aproveitada, incluso desagradable. Júlia Peraire non foi ben vista nin pola familia Casas nin polos amigos do pintor, como mostra este parágrafo dunha carta que Joaquim Folch i Torres escribe a Miquel Utrillo: Casas corria per aquí amb la Júlia. No’ls he vist, en primer lloc per que no corro gaire pels bulevards, i en segon lloc perque la troballa amb tal companya tampoc m’era interessant. No ano 2016, coincidindo co Any Casas, nos Cercles del Liceu presentouse unha magnífica exposición sobre esta muller: Júlia, el desig. Isabel Coll, a comisaria desa mostra --tratando de liberar a Júlia do peso da súa fama-- escribiu no catálogo: El meu desig és posar Júlia al seu lloc, una noia molt lliure, sí, però perquè a la seva família li semblava bé el seu comportament. M'agrada això, la seva llibertat. Vull reivindicar-la com una dona de 17 anys a la qual em cansa que es dediquin adjectius que no són certs, i a la qual es menysprea per la seva llibertat.
A exposición Ramon Casas visita Badalona, no Museu de Badalona, é unha nova oportunidade para gozar da mestría artística deste artista que gostaba pedalear en biciv¡cleta e mais en tándem. Badalona ben val unha visita.
Lito Caramés
R. Casas, Mona y Mono, 1898
EXPOSICIÓN: Ramon Casas visita Badalona, Museu de Badalona.
0 notes