#hoxe síntese coma un día de estío i estou. brandiña
Explore tagged Tumblr posts
Text
encántame buscar a miña aldea e a miña casa no google maps porque o coche que fai as rutas coa cámara non ven por eiquí dende o 2014 ou así e daquela tiña 12 anos e meu avó seguía con nós e a leira da casa familiar nom estaba pechada e a horta estaba chea pero ben chea e o carballo aínda tiña as polas que lle saíron esporádicas na metade do toro e a maceira dabaixo seguía caída rodeada desa planta cuxo nome descoñezo pero que tiña chores brancas que só crecían aí e o regho aínda tiña auga e as rás aínda visitaban o lavadoiro e o millo estaba plantado e os pozos seguían conectados á baixada na terra xusto antes dos limoeiros e ao percorrer a leira aínda vías restos da antiga canalización algo desfeitos e a filloeira seguía tirada e toda enferruxada ao lado das rodas do carro e o meu pexegueiro aínda seguía alí e a roda da carballeira seguía colghada e os gatos da catuxa aparecían alí onde mirases e a casa verde ao lado da froitería seguía en pé co seu hórreo e quería moito ás miñas amigas de quinto curso as que aínda hoxe quero moitísimo e non sei, non me podo crer que en apenas dez anos a miña vida cambiara tanto coma o fixo a pesaren de que eu mesma non me movera
#hoxe síntese coma un día de estío i estou. brandiña#boto en falta ser unha meninha cuxo maior desvelo era saber cando a abu ía volver votar as patacas e sacar a pasear os cans no nintendogs#e negociar cos meus pais sobre que disco poñamos no coche vello porque sempre quería escoitar á selena :(#e rematar de ler a colección de fairy oak...... mimadriña hoxe non podo coa saudade#dara.t
2 notes
·
View notes