#ecoloxía
Explore tagged Tumblr posts
Photo
255 notes
·
View notes
Text
No Nadal adoito poñer algo de decoración, bastante austeira. Non merco decoración nova todos os anos, senón que saco a caixiña de cousas que merquei hai uns oito ou nove anos e aínda sigo a usar.
6 bolas vermellas moi pequeniñas
unha grilanda vermella (un metriño)
unhas luces brancas (duns 2-3m)
As boliñas adóitoas poñer nun aloe vera (as que collan sen danarlle as follas) e a grilanda arredor da súa maceta. As luces dentro da casa, nunca as poño na fiestra cara a fóra. Practicamente sempre están apagadas.
Este ano puxen todo a fin da semana pasada (sobre o día 10), cando comecei a ocuparme dos agasallos para a familia.
En nadiña, pero nadiña de tempo, quedei TAN queimada da escandalosa cantidade de luces de Nadal que hai en todas partes (si, non só en Vigo, que estamos na miña zona que parece que hai un Abel Caballero en cada chalé) que vou gardar as miñas luces. Xa non as quero nin apagadas.
Todo isto ven a que se nos está a ir das mans o tema das luces de Nadal. Reitero: sen falar especificamente de Vigo ou as luces que poñen os concellos. Á XENTE nas súas CASAS estáselle a ir das mans.
Non hai vivenda sen luces que dan ao exterior.
Non hai casa con finca sen o seu reno de luces acendido toda a noite.
Non hai árbore nunha propiedade privada sen luces arredor (ou incluso propiedade pública!!! que por exemplo á nosa Pravia vilalbesa colócaselle todos os anos luces CANDO. ESTÁ. PROHIBIDO. COLOCAR. LUCES. ÁS. ÁRBORES. CENTENARIAS)
Non hai finca sen o PUTO CONO DE LUCES. QUE NON É UN ABETO XA QUE É UN CONO DE LUCES CUNHA ESTRELA, QUE PARECE QUE A ESTRELA CAGOU UN PEIDO DE LUCES. Que mal gusto que teñen, cona.
Os veciños do lado e os de atrás deixan as luces do exterior toda a noite. As habitacións da miña casa cuxas fiestras dan ás súas casas están en modo RAVE toda a puta noite. Teño que pechar as persianas para que os meus cans e mais eu poidamos pechar ollo e durmir tranquilos.
Non está o planeta para este escandaloso gasto enerxético. Cada ano póñense máis luces e máis cedo.
Négome a contribuir.
Á MERDA AS LUCES NO NADAL
ESTE NADAL NON ACENDAS LUCES, PON GRILANDAS, PON ESTRELAS DE SANTA BRÍXIDA, PINTA AS FIESTRAS CON ROTUS DE TIZA, PERO NON ACENDAS LUCES. POR FAVOR.
2 notes
·
View notes
Video
youtube
A Fundación BBVA recompensa aos ecoloxistas Duarte, Hughes e Pauly polas súas contribucións fundamentais ao coñecemento dos ecosistemas mariños e aos retos da súa conservación #FundaciónBBVA #FronterasdelConocimiento #Ecoloxía e #bioloxíadaConservación Ligazón: https://www.premiosfronterasdelconocimiento.es/…/la-fundac…/
1 note
·
View note
Photo
(via https://coreybradshaw.files.wordpress.com/2016/01/disregard-for-species-cartoon.jpg?w=510)
2 notes
·
View notes
Photo
Rodando estes días os spots para a campaña #móllate! 2017 sobre a concienciación ecolóxica nas festas de San Xoán. #ecoloxía #galicia #acoruña #peixe #sanxoan #campaign #publicidade #campaña #video #xantar (en A Coruña, Spain)
0 notes
Text
Sobresaliente cum laude para a primeira tese de doutoramento defendida de forma telemática na Universidade da Coruña
“Análise do desenvolvemento profesional dos docentes universitarios de ciencias da saúde mediante as ecoloxías de aprendizaxe” é o título da tese de doutoramento defendida o pasado mércores por Iris Estévez Blanco de forma telemática, pola que obtivo a cualificación de sobresaliente Cum laude.
Esta tese, con mención internacional, convértese na primeira en ser defendida de forma virtual na…
View On WordPress
0 notes
Text
Vieiros de deserto e de misticismo nas composicións de Alfredo Salom
A produción pictórica de Alfredo Salom é consistente, rigorosa. Semella que entre serie e serie mudan todos os seus xeitos de traballar. Pero non. Hai trazas comúns nas súas indagacións, hai ritmos manuais e coloristas que demostran a constancia na laboura creativa e a intensa formación intelectual deste artista. Nas paredes de Vinarte é doado contemplar agora novas series da rica creatividade do pintor que se deixa inspirar pola poesía, pola ciencia, polo misticismo. Acaso hai moita diferencia entre o que significan estes tres termos?
Lito Caramés
Alfredo Salom. Os vieiros dun artista
O mistério das coisas, onde está ele?
Onde está ele que non aparece
Pelo menos a mostrar-nos que é mistério?
Que sabe o rio disso e que sabe a árbore?
E eu, quenãosou mais do que eles, que sei disso?
(Fernando Pessoa. O Guardador de Rebanhos, 1911-12)
Hai artistas que viven a creación como unha necesidade. O papel en branco, a tela muda e retadora son principios de tensión especulativa. Alfredo Salom leva moitos anos creando, inspirándose na poesía, na ciencia, nas emocións; como tan ben escribe o poeta lisboeta: nos misterios da vida. Outra volta as salas de Vinarte Espacio Artístico (ese recuncho rexentado e mimado por Sandro Raffaelli) albergan creacións de Salom, neste caso concretadas en dúas series: Las Puertas del Tao e maisDesierto.Dúas series a cada cal máis suxestiva.
Unha das fontes das que bebe Salom é a poesía. A poesía, esa arte conceptual, que coa precisión de miniaturistas alambica emocións e revela as esencias e as fontes da alma. O artista admirador de Fernando Pessoa e dos seus heterónimos (unha galaxia de universos paralelos) leva elaborado longas series sobre este mesmo poeta, sobre Rimbaud, Baudelaire ou o sobre seu amigo Pexegueiro. Para chegar a tal comuñón pintura-poesía, Salom aclara que precisa dúas cousas: que a poesía da poetisa ou poeta o encha de imaxes, que as verbas, o ritmo lle peten nos adentros; e a outra –curiosa esta-- que a face da/do poeta lle transmita vibracións, comunicación de interrogantes primordiais.
Hai aproximadamente un mes, e nos mesmos lugares, Salom inauguraba unha mostra con outras dúas series onde se constataba a súa forte instrución intelectual. Por unha banda estaba a serie Chamanes, nacida das lecturas heteroxéneas de escritores como o antropólogo Carlos Castaneda; e principalmente do seu libro Viaje a Ixtlán. Como é coñecido Castaneda, estudante da universidade de Los Ángeles, mira de facer a súa tese sobre o uso de plantas alucinóxenas por parte dos xamáns de Mesoamérica e para iso contacta con don Juan Matus, xamán radicado en Sonora. Ao final o que recibe Castaneda é a iniciación ao xamanismo sen ter que consumir substancias con efectos psicotrópicos. A serie Chamanes vén sendo a execución cerebro-man que lle provoca a Salom a lectura das experiencias do antropólogo. Os óleos e acuarelas desta serie sacoden aos visitantes e transpórtanos do románico á mística das figuras con centros de gravidade espiritual nos ventres.
A carón de Chamanes colgaban nas paredes as formas nebulosas da outra serie: La Trama de la Vida. Neste caso Salom atopou a conceptualización precisa nos escritos do científico e divulgador Frjtjof Capra, que publica xa no ano 1975 o volume O Tao da Física, un best-seller ata certo punto difícil de xustificar ao ser un tratado (divulgador, iso si) da física, e da ciencia en xeral. Pouco a pouco Capra tamén se interesa por temas de bioloxía e ecoloxía, ao carón de certo misticismo oriental. Vendo as creacións de La Trama de la Vida mesmo semella que son as ilustracións perfectas para a explicación das orixes da vida; ese caldo primixenio de onde arrinca todo.
A. Salom, María do Cebreiro, Desierto
No deserto hai oasis e espellismos. O principal traballo
de toda vida humana é aprender a recoñecer
a diferenza. Non é doado. Por máis que da desilusión
nazan promesas, libros e casamentos, segue sen ser doado.
(María do Cebreiro, Fragmento do poema As ilusións. En O Deserto, 2015)
Seguindo na súa creatividade especulativa, Salom presenta agora en Vinarte Espacio Artístico, un espazo ben atractivo e anexo ao ristorante Raffaelli, outras dúas series inspiradoras de arte, transitadas por misticismos. A primeira leva por título Desierto. A secas, sen adxectivos. O xeito de traballar deste artista conceptual é ben peculiar. Da súa curiosidade por todo deveñen as súas ansias lectoras; e desas lecturas (e/ou visionado de imaxes) chegan os primeiros trazos sobre papel ou sobre lenzo. Moitas veces o pintor non acaba de revelar que son eses iniciais riscos e, é reiterando o traballo, como os seus miolos comprenden o que está a celebrar a súa man. No caso de Desierto o proceso foi o mesmo. En Vinarte están agora algúns dos primeiros resultados do que executaba a man en liberdade. Os resultados son liñas ondulantes, policromas, debedoras de dunas e xeografías áridas, pero vivas, suxestivas de vieiros ao coñecemento. O deserto como metáfora da existencia primordial.
E conta Salom que cando andaba argallando esta serie de Desierto recibiu por correo un libro que viña de ser publicado pola súa amiga e poetisa galega María do Cebreiro. Había tempo que non tiña noticias súas e, ao abrir o envurullo, descubre que o libro que lle manda María do Cebreiro titúlase O Deserto. Esa coincidencia emocionou a Salom que aínda se envorcou máis na execución da serie, agora coa iluminación da poetisa. O poemario de María do Cebreiro é magnífico; versos longos, lectura pausada, imaxes crúas e reveladoras. No poema Deucalión, María do Cebreiro comeza escribindo: A paixón é o deserto. Erra na experiencia do seu pensar aquel / que identifica o deserto coa sede. O deserto é unha forma / brutal da plenitude. Na presentación da exposición Salom tivo o acerto de que se lesen varios poemas do libro de María do Cebreiro, en galego e mais nunha tradución ao castelán executada pola propia poetisa.
Deserto, paixón, forma brutal de plenitude
O deserto semella a nada, e tamén é todo. O deserto non é sede, como reza a poetisa, e tampouco é a nada. Nos desertos hai vida. Hai plantas, animais, humanos que se acabaron adaptando ás duras condicións. E son vidas básicas, retidas na súa condición de primordiais, austeras e mínimas. O deserto é espazo, é luz, é o silencio do baleiro. O deserto, como o horizonte, é metáfora da existencia, promesa de materialidade, suxestión de realidades inmateriais. As referencias ao deserto son incontables desde hai moitos séculos. A espiritualidade refúxiase no deserto, lugar de meditación, de confrontación a si propio, sen intermediarios físicos. No deserto as e os eremitas practicaron o xexún á procura das respostas primordiais. Por alí pasou Cristo, María Magdalena, tantas e tantos santos (por exemplo san Xerónimo, tan ben pintado polo mestrte Caravaggio) e anacoretas anónimos. Nesas xeografías extremas buscouse o sentido da vida. Incluso Boccaccio no seu inmortal Decamerón se permitiu xogar cun ermitaño no relato Meter o Demo no Inferno.
... aquel casal deulles aos deuses unha lección de soberbia e de humildade. Tal reza o derradeiro verso do poema anterior (Deucalión). Humildade e soberbia tamén aprenden os desertos aos humanos. O deserto, que nada ten de baleiro nin de estéril, vén sendo –no imaxinario da humanidade-- referente primario, como a lagoa Estixia ou a caverna de Platón. Son eses lugares onde se aprende o autocoñecemento, onde as ideas veñen representadas no espello (ou no outro lado do espello?). Se o escritor se pode atopar atrapado polo deserto da folla de papel en branco, o pintor é refén do lenzo amplo, longo, onde a brancura manifesta o non-ser, a non-creación. Os espazos en branco son desertos evocadores e atractivos. En occidente máis: o horror vacuié un feito na nosa sociedade, igual que molesta o silencio. Explica Malevich que cando elaborou un cadro en branco (1916), estivo noites sen durmir do desacougo que sentiu. Non é para menos: arrincar da tela en branco, traballar na elaboración dunha pintura, e que saia o mesmo, branco, pode ser aterrador.
Deserto é inmensidade. O deserto non sabe de estremas, nin lindes. As beiras áridas e resecas do deserto negan a propiedade, a humanización dos espazos. Quizais os océanos (desertos de auga) e o propio deserto sexan as fronteiras físicas e mentais máis evidentes e máis formidables.
O mundo interior tolera mal o exceso de equipaxe Alfredo Salom é un artista lixeiro de equipaxe, destemido e arriscado. A súa serie Desierto é unha aposta contra si mesmo, contra o ruxe-ruxe dos miolos abarrotados de ideas, pensamentos, imaxes. É unha concesión á memoria. Salom gosta moito desas paisaxes áridas que saen nos filmes clásicos, en westerns como Stagecoach (A Dilixencia), The Searchers (traducida aquí –de xeito literal???-- por Centauros del Desierto). Na súa serie Salom mostra os seus espazos de recordos, momentos únicos, proclives á creación onde se manifestan todos os tempos neses silencios que agariman as liñas onduladas ricas e coloridas.Desiertoé unha ollada ao mundo –inmensidade que supera os límites--; non para explicalo, mais tal vez para aprender a soportalo.
Las Puertas del Tao.Alfredo Salom, Vinarte
Vida e morte son abstraccións do crecemento;
Dificultade e facilidade son abstraccións do progreso;
Cerca e lonxe son abstraccións da posición;
Forza e debilidade son abstraccións do control;
Música e fala son abstraccións da harmonía;
Antes e despois son abstraccións da secuencia.
(Lao Tse. Tao Te King)
Para Alfredo Salom pintar é unha necesidade fundamental. Salom é persoa curiosa e inquieta; sabe de física cuántica, de poesía, de mística. Salom pinta como podía traballar eternamente formando e conformando un deses xardíns xaponeses que só ten area e pedras, como podería pasarse medidas de tempo e tempo compoñendo mandala tras mandala. Segundo confesa o propio artista comeza trazando liñas sobre papel ou sobre o lenzo, sen saber cal será o resultado final. No fondo da figura de Salom hai un dadá, un rebelde, ao que lle motiva moito o automatismo, o trazo nacido das fonduras subconscientes.
Na mística, na filosofía oriental, ten moito predicamento a lectura da natureza, da vida e da existencia en xeral como unha loita de contrarios. A vida e a morte son complementarias. No libro Tao Te King, do pensador Lao Tse, explicítase continuamente esas dualidades anverso/reverso, ese positivo/negativo, que se alberga dentro de cada ser, de cada obxecto. O Tao é camiño, vieiro nacido como resultante da confrontación de forzas contrarias, o yin o yang. O yin e mais o yang son os dous principios básicos dotao, do que xorden, son os principios da dualidade que se atopa en todo. Son o feminino e o masculino, son a terra e o ceo, a claridade e a escuridade. Da loita de contrarios xermola a vida, otao, o camiño. Esta concepción mística do mundo non é privativa das filosofías orientais, o marxismo tamén establece como bases do materialismo dialéctico e do materialismo histórico as loitas dos contrarios: o pensamento e a evolución histórica. Xa Marx e Engels tiñan claro que da loita entre proletariado e burguesía sairá a futura sociedade socialista.
El Tao y su holograma son la misma cosa. / Se llaman profundidad oscura, también. / La aceptación de todo es la puerta de entrada al Tao. Na exposición que Salom fixo tamén en Vinarte hai pouco tempo, para argumentar as orixes da serie La Forma de la Vida, o artista remitíase ao libro divulgativo, ben coñecido, El Tao de la Física, do físico Capra. Que teñen que ver a mística coa física actual, científica? Segundo Capra, moito. Ambos vieiros (tao) –presuntamente tan afastados-- buscan o mesmo: explicar o universo, a vida e o máis curioso é que están chegando a conclusións similares. O mesmo fai Salom: nos seus miolos combina curiosidades e coñecementos para que a man trace as liñas, as cores de series tan dispares como Las Puertas del Tao ou a de La Forma de la Vida. Na execución da serie do Tao, a pintura de Salom faise primaria, elemental. Branco e negro, trazos verticais e horizontais. Nalgunha das pezas mesmo se albiscan as portas, cos espazos cegados de branco, como que fai o camiño para chegar a un nirvana que está xusto ao traspoñen. No monte do Seixo, monte da parroquia de Caroi (Cotobade) existe a porta do alén (Portalén), a porta de entrada ao máis aló. Será tamén unha porta do Tao? Pasando a Portalén pódese comunicar cos mortos, pero sempre hai que entrar de norte a sur, senón non ten efecto. Logo de comunicarse cos mortos da familia hai que volver saír do mesmo xeito. Todas as sociedades humanas tiveron e teñan as mesmas preguntas, as mesmas necesidades e as mesmas urxencias existencialistas.
Deserto, tao, dous xeitos de espiritualidade? As faquías externas das dúas series mostran elementos ben diferenciado: Desierto aposta por liñas ondulantes, unha paleta ben colorida; mentres que as pezas de Las Puertas del Tao prefiren as liñas rectas e perpendiculares, o misticismo reducido á escala de grises. Pero Salom non dá puntada sen fío, e no fondo as dúas series remiten ao mesmo: a esa obra múltiple e polimorfa que o artista leva elaborando unhas cantas décadas.
Por estas datas é doado contemplar na vila de Barcelona unha ampla e cuidada exposición do fotógrafo xaponés Shomei Tomatsu (Fundación MAPFRE). Nas instantáneas de Tomatsu, aínda que reflectidoras de realidades duras (Nagasaki despois da bomba atómica, a ocupación de EEUU, ... ) intúese unha ollada zensobre persoas e obxectos. É un fotógrafo moi respectuoso. E na Fundació Miró están colgadas agora as pinturas de Itô Shinsui, un pintor de mediados de século XX (contemporáneo de Tomatsu), que fai unha pintura tan tradicional como se estivese a pintar a mediados do século XVIII. A súa especialidade son as estampas bijinga (mulleres idealizadas e tradicionais que xa non eran referentes de ninguén nos anos que Shinsui pintaba). Nese trato delicado e de trazos mínimos tamén bebe do taoísmo, da meditación zen.
Aínda máis. Estes meses de verán a galería Artur Ramon enche as paredes das súas salas coas Variacions de Tintoretto de Jorge R. Pombo. Este artista formado por medio mundo define as súas pezas como unha loita de contrarios. Outro artista prendado da mística oriental?
Lito Caramés
EXPOSICIÓN: Las Puertas del Tao, Desierto
Vinarte Espacio Artístico
0 notes
Video
vimeo
Dende o 2013 temos novas da produción do documental Tesouro de Corcoesto sobre o conflito creado coa pretendida apertura da mina. Pois ben, a equipa do documental acaba de publicar en aberto e baixo licenza Creative Commons odocumental completo que xa podedes ver no seu web.
#corcoesto#galiza#galicia#ecoloxía#medio ambiente#natureza#mina de corcoesto#explotación mineira#megaminería#documental#documentario
0 notes
Text
Derradeira Chamada - O Manifesto (galego)
Derradeira Chamada – O Manifesto (galego)
O Manifesto (galego).
View On WordPress
0 notes
Photo
ARQUITECTURA CESTEABLE _ SOSTIBILIDADE E BAIXA TECNOLOXÍA. WarkaWater: unha cesta de grande escala que recolle auga para beber. http://goo.gl/QAM0vE
0 notes
Text
Interesante.
#redestróficas#ecoloxía#culturacientífica#ElCamarotedeDarwin#profesbioxeo#oposbioxeo#oposbioxeo2022#Spotify
0 notes
Link
Cada vez máis, a sociedade toma conciencia da necesidade de coñecer e poder participar como consumidores de bens e servizos de iniciativas de Economía social. A que esperas para facer o cambio?
0 notes
Text
Ecoloxistas, Afectados polas Infraestruturas e políticos alzan a súa voz en defensa da protección do medio ambiente na área metropolitana
As voces en defensa do medio ambiente na área metropolitana chegaron a María Pita. A alcaldesa, Inés Rey, e os concelleiros de Urbanismo e Medio Ambiente, Juan Díaz Villoslada e Esther Fontán, arrouparon coa súa presenza a lectura dun manifesto en defensa da ecoloxía na área metropolitana e en contra da destrución da área húmida da Gándara. As e os veciños afectados estiveron acompañados por…
View On WordPress
0 notes
Text
A creación conceptual de Alfredo Salom. Pintar a pintura
Calquera espazo é bo, cando o que se ofrece paga a pena. Entusiasmarse coas creacións dun artista –como sucede cun bo viño-- pode acontecer en galerías de arte e noutra sorte de locais abertos á arte. Na Enoteca Raffaelli están agora obras de Alfredo Salom, o artista lúcido, que se inspira na ciencia, na poesía. Na vida. Que hai deromániconas figuras que compón Alfredo Salom?
Lito Caramés
La Trama de la Vida. Dadaismos
Cando descubrín os paralelismos existentes entre a visión do mundo dos físicos e mais a dos místicos --paralelismos xa insinuados anteriormente pero nunca explorados a fondo-- tiven a sensación de que simplemente estaba descubrindo algo que era totalmente obvio e que no futuro sería do dominio público. Algunhas veces, mentres escribía OTao da Físicaincluso sentín que o libro escribíase a través de min, e non por min. Os acontecementos posteriores confirmaron estas sensacións(Frjtjof Capra. Prólogo a OTao da Física, 1982).
O físico austríaco Frjtjof Capra pasa por ser, non só un gran físico con experiencia en moitos proxectos punteiros en tal disciplina, senón que tamén se ten por un dos grandes divulgadores actuais da física. Capraa partir do ano 1975, ano no que publica o que acabará sendo un verdadeiro best-seller: O Tao da Física, interésase pola divulgación da física e da ciencia en xeral, e especialmente polas relacións entre os descubrimentos que vai facendo a física e o misticismo. Pouco a pouco os seus traballos literarios pasan a tratar temas de bioloxía e mais de ecoloxía, pois, tanto nos estudos da ciencia como nas reflexións da mística vai atopando as mesmas preocupacións, e as mesmas conclusións: o universo é un todo. É imposible comprender o funcionamento das partes dese universo total, se non se arrinca da aceptación das interconexións entre realidades; calquera fenómeno está inmerso na globalidade. Todo ten relación con todo. No ano 1996 Capra publica The Web of Life(A Trama da Vida). Neste novo libro Capra procura combinar os estudos e avances de disciplinas como a bioloxía, a física, a psicoloxía, a ecoloxía e outras, para buscar unha síntese integradora que describa as interrrelacións dos fenómenos que tratan esas ciencias. A vida; o universo complexo.
O artista Alfredo Salom vén de abrir unha atractiva exposición de obras na Enoteca Raffaelli(VinArte), un espazo anexo ao ristorante Raffaelli. E unha das series que agora mostra Salom leva por título, precisamente, La Trama de la Vida.Segundo confesa o artista, esta serie é unha homenaxe ao físico Capra. Alfredo Salom é unha persoa inquieta, culta, preocupada por todo. Devora libros de poesía en varios idiomas, interésase polas teorías do coñecemento de filósofos e pensadores en xeral. E, por suposto, é un entusiasta da física cuántica: organiza faladoiros sobre as dificultades e achegas desta disciplina que pretende explicar o funcionamento do mundo exterior e mais das implicacións do pensamento humano.
A serie de pinturas citada presenta traballos sobre papel, con tinta chinesa. Traballos con cores terra, ocres; cores cálidas, que xeran no centro do papel formas arredondadas e elípticas. ¿A elipse dopanta rei, dos movementos astronómicos, da interconexión de todos os astros? Esas cores que se moven polas superficies de celulosa, flutúan en dimensións e mundos que tanto poden ser físicos como místicos. Á vista desas composicións os miolos oriéntanse cara a interpretación das orixes da vida, das iniciais masas en flutuación constante. Non Espazo, non Tempo.
Nalgunhas das pezas da serie La Trama de la Vidahai cores azuis, verdeazuladas. Son cores que rodean –como coroas elípticas-- as masas flutuantes e cálidas devanditas. En tales casos a técnica pictórica empregada é a acuarela. Eses azuis. Masas acuosas definindo porcións de terra. Segundo Salom esas cores averdugadas ou azuis son en realidade as primeiras acumulacións de bacterias que neste planeta (ou en calquera outro lugar con vida similar) comezaron a chuchar CO2 para evolucionar e foron emitindo osíxeno, permitindo así que outros xeitos de vida comezasen a ser posibles.
No ano 1916, en plena Gran Guerra Hugo Ball e mais a súa compañeira Emmy Hennings fundan en Zurich (á raxeira da neutralidade suíza) oCabaret Voltaire. O establecemento nace con pretensións artísticas e políticas, como reactivo contra a guerra e as vangardas anteriores. En pouco tempo o cabaret é un foco de excentricidades e novos xeitos de creatividade. Tanto que alí inícianse as veladas dadá, palabra que Ball usou para xogar coas verbas e non querer dicir ren: a orixinalidade consistía en facer salmodias cacofónicas (incongruentes); declamacións nas que o único que se pretendía era poetizar a propia palabra. Liberdade absoluta. Nas elaboracións que Salom presenta en La Trama de la Vidanon é pertinente dicir que buscou unha pintura automática, un deixar vagar os pinceis untados na tinta chinesa polos papeis. Non semellan creacións a modo surrealista. (¿Poden ter, tales trazos, algo de caligrafía oriental; unha danza flutuante, entre mística e especulativa? No filme Heroo protagonista busca escribir cunha palabra nova para o conceptoespada). Pola contra, na serie La trama de la Vida si que se adiviña o xogo dadá: un poetizar o proceso pictórico. Pintar a pintura.
Viaje a Ixtlán. Románicos
Genaro te contaba su historia –dijo don Juan-- porque ayer paraste el mundo, y él piensa que también viste, pero eres tan tonto que tú mismo no lo sabes. Yo le digo que eres un ser muy raro, y que tarde o temprano verás. De cualquier modo, en tu próximo encuentro con el aliado, si acaso llega, tendrás que luchar con él y domarlo (Carlos Castaneda. Viaje a Ixtlán. Las lecciones de don Juan, 1972).
Fronte á serie La Trama de la Vida, Alfredo Salom presenta outra serie ben diferente: Chamanes, do ano 2005. Son pezas algunhas de amplas dimensións e creadas coa tradicional técnica de pintura ao óleo sobre tela. O pintor informa de que esa serie, onde abundan as figuras humanas frontais, reiteradas, comezou a facela sen saber moi que facía. Pero, cando levaba varios lenzos decatouse que aquilo que lle saía reflectido eran xamáns. A orixe da serie está na lectura que Alfredo fixo de varios libros de Carlos Castaneda. En especial do titulado Viaje a Ixtlán. Las lecciones de don Juan (1972). Juan Matus é un xamán da etnia iaqui, asentada no estado de Sonora (México) ao que Carlos Castaneda, estudante de antropoloxía en Los Ángeles acudiu para que lle explicase as propiedades das plantas, do peyote, por exemplo, e os seus efectos psicotrópicos. Don Juan acaba por tomar a Carlos como aprendiz para introducilo no coñecemento doutras realidades ás que os xamáns teñen acceso. Os xamáns saben ver.
As pinturas ao óleo da serie Chamanescase sempre teñen unha estrutura similar: varias figuras humanas, moi xuntas, miran directamente ao fronte. Certo que mudan as cores (vermellos, azuis, verdes, negros, laranxas), pero non as posicións. Vendo esas figuras humanas, de faces alongadas e presentadas sobre fondos uniformes, non queda outra que pensar nas pinturas románicas. Desde Exipto, pasando pola Gracia Arcaica, polo imperio Bizantino e mais polos séculos X, XII e XII en Europa, a frontalidade, a rixidez no trazo das figuras é indicativo de condición divina. Deuses, emperadores, santas. Algunhas das figuras que compón Salom fan pensar en figuras sacras. ¿Estará indicando o artista que, despois de ler e procesar as leccións de don Juan, as formas humanas que se lle xeran entre os dedos –xamáns-- son figuras que comparten esencias divinas?
As figuras humanas de Salom levan no ventre un círculo. Para don Juan e demais bruxos iaquiso ventre é a parte máis importante do corpo; o centro cognitivo. E por iso nas pinturas que agora se poden ver na Enoteca Raffaelli (VinArte)aparecen os tales círculos. Son círculos que mesmo nalgúns casos levan dentro manchas de pintura que semellan fetos, espirais, larvas... Formas de canto á vida. Son moitas as civilizacións que lle deron moita importancia ao ventre e ao sistema dixestivo. Os gregos consideraban que a alma atopábase no fígado, calquera xeito de misticismo basea boa parte do coñecemento no ventre. O ventre fonte de vida. Alfredo Salom vai polos mesmos carreiros. As últimas investigacións da neurociencia confirman que a serotonina, a hormona da felicidade, responsable dos estados de ánimo e comportamentos, é fabricada nun 10% no cerebro; pero o 90% --case toda-- elabórase nas tripas, no intestino. Misticismos e ciencia outra volta da man.
Esta serie Chamanes, que pode parecer anecdótica, convértea Salom nunha sorte de método de coñecemento. A divindade nas faces, os círculos cognitivos no ventre. Visión e transcendencia. Como lle dicía don Juan a Castaneda, os xamáns ven. Ven máis aló, transcenden a realidade cotiá e chegan a outros mundos. As figuras de Salom teñen os ollos románicos e grandes. Tamén por esta vertente intelectual Salom conecta con constantes humanas. No Tibet buscábase o Terceiro Ollopara comunicar con outras realidades, Platón legounos o fermoso mito da Cavernacomo particular teoría do coñecemento. A mística europea establecía conversas coas divindades.
Alfredo Salom, entre o espello e o finximento
O poeta é un fingidor
Finge tão completamente
Que chega a fingir que é dor
A dor que deveras sente.
(Fernando Pessoa. Autopsicografia.1930)
O proceso creativo de Alfredo Salom é o froito maduro que vai das súas inquietudes intelectuais ata as plasmacións plásticas sobre un lenzo ou pepeis. Lecturas científicas, poéticas, autobiográficas; páxinas de acreditada obxectividade e mais de veraces emotividades. Con toda esa carga literaria, o artista chega ante o lenzo en branco e comeza a deixar correr o brazo atado a un pincel, seguro de que os submundos abandonarán o mergullo e brotarán como flores en primavera. De seguro que Salom concorda con Antonio Saura, que en 1968 escribiu: Un cuadro es ante todo una superficie en blanco que “es preciso llenar con algo”. La tela es un ilimitado campo de batalla. El pintor realiza, frente a ella, un trágico y sensual cuerpo a cuerpo, transformando con sus gestos una materia inerte y pasiva en un ciclón pasional, en un energía cosmogónica, ya para siempre irradiante.A batalla, a loita sensitiva, as enerxías telúricas que se convocan diante da superficie virxe.
E, que opcións ten quen observa? Que ten que vera persoa contempladora dos traballos de Salom? A lo menos quen visite estes días a Enoteca Raffaelliten, entre outras, dúas opcións. A primeira, a que aflora aos ollos e á epiderme é a de sentirse diante dun espello. Esas figuras frontais, tensas, esas nebulosas de cores que anuncian a complexa trama da vida, interactúan co visitante. Calquera se pode sentir identificado con algunha das figuras pintadas. O propio artista recoñece que, nalgunha, recoñécese a si propio. Como non! Hai un fermoso conto xaponés que ilustra a identificación dun humano cun reflexo nun espello. Un matrimonio vive nun lugar moi afastado; viven para coidar á súa única filla. Dunha viaxe a unha cidade o home tráelle á muller un espello, aparello que ela non vira nunca. De cando en vez mírase nel, pero logo o garda nunha caixa. A filla vai medrando en fermosura e en parecido á nai, que non lle mostra o espello para que non se faga vaidosa coa súa propia fermosura. A nai enferma e, antes de morrer, dille á filla que colla o espello no fondo da caixa, e dille: cada vez que mires aquí verasme a min, e non estarás soa. Así foi. Des que morreu a nai a filla búscaa no espello e fala con ela; e nunca está soa. Quen se sinta aludido diante dalgunhas das obras de Alfredo Salom saberá que é o que ve. Que imaxe revive desde o interior e se materializa no lenzo loitado.
Outra opción, tamén posible, que se lle ofrece a quen observa a obra de Salom é virar a face cara o artista. E preguntarse: e se o pintor caeu na rede tecida polo gran poeta? No proceso de deixar ir a man, de dar voo ao pincel inzado de cores --de pintar a pintura-- o creador pode ser posuído polos versos do poeta. Entón tamén oartista é un fingidor.De ser así, o visitante que comunique coas pezas do pintor sofre o engado de ser abducido pola ficción que espontánea e emotiva transmite o xamán dos pinceis.
Pessoa, Baudelaire, Pexegueiro
Boca. O home foise da terra e fíxose estraño, estranxeiro. Quedo mar de luz e tempo. Quedo mar sen quillas, boquexante. Tempo a petar nas pernas. Reloxos nos seios a comer no tempo. (Alfonso Pexegueiro. Seraogna. Tempo.1976)
A poesía fonte de vida, de inspiración. Desde hai moito tempo, Alfredo Salom dedica series enteiras a poetas que realmente lle atraen. Segundo declaracións do propio artista, para que a poesía dun vate lle sexa atractiva hanse dar dúas circunstancias: unha, que a poesía lle chegue, que as verbas, o ritmo lle peten nos adentros; e a outra, que a face do poeta lle transmita vibracións, comunicación de interrogantes esenciais.
Seguindo estas directrices, Salom ten confeccionado amplas series de pinturas e deseños a partires dos escritos de Arthur Rimbaud ou de Fernando Pessoa. Quen se pode resistir a eses heterónimos, creadores dun universo lúcido, palpitante? Outro tanto xa lle aconteceu con Charles Baudelaire e mais con Alfonso Pexegueiro. Salom é amigo deste último poeta e coñece polo miúdo todas as súas creacións poéticas, mormente o libro A Illa das Mulleres Loucas.Salom tamén se inspira noutros escritores a máis de poetas. Por exemplo Franz Kafka. Para ter unha idea da fondura e exhaustividade das pescudas de Salom a partires da literatura valla con saber que, inspiradas nas verbas de Pessoa e mais de Kafka, ten elaborado series de máis de 100 pezas, en cada caso.
Que será o seguinte? Que vieiros buscará Alfredo Salom para camiñar polas rotas especulativas?, polas estradas de sensacións? Tal vez Dante Alighieri concitará as forzas, as visións que o artista precisa para seguir creando?
Lito Caramés
EXPOSICIÓN:Alfredo Salom
Enoteca Raffaelli
0 notes