#curmáns
Explore tagged Tumblr posts
Note
Badalona historia: ao meu curmán asaltouno un paiaso nun calello. Tipo, talmente un paiaso co traxe de seu, perruca e todo iso mais no canto dun globiño pois navalla
Ah, un pallaso de verdade, non un PAIASO (As in "puto paiaso")
#Teu curmán saiu ben parado? 😦 ai coitado#entendo que asalto neste caso é que lle roubaron a punta de navalla... non??#eu pasei un ano en Bcn e pensaba que indo a Badalona me sentía máis segura...
3 notes
·
View notes
Photo
#Aniversário #Uxía #14 #14anos #Héctor #Marco #primos #curmáns #cousins #família #family #torta #cake #chocolate #chocolatecake #tortadechocolate #candles #Pontevedra #GZ #Galiza https://www.instagram.com/p/BuG-eu2Hiil/?utm_source=ig_tumblr_share&igshid=1tn72pe734mfe
#aniversário#uxía#14#14anos#héctor#marco#primos#curmáns#cousins#família#family#torta#cake#chocolate#chocolatecake#tortadechocolate#candles#pontevedra#gz#galiza
1 note
·
View note
Text
O demostrativo
Para esa tarefa non me cómpre ese trebello, senón este outro e mais aqueles outros de alá.
Iso vaiche resultar moi difícil.
Despois de se decataren diso tiveron que desaparecer daquela casa.
Eu prefiro iso, mais é algo máis caro que iso
Estes vídeos están algo pasados de moda, eses están moito mellor.
Nese mesmo lugar saíuse da estrada meu pai cando tiña aquel deportivo vermello.
Con esa amplificación non se escoitan nada ben estes grupos folclóricos.
Todo isto que ves fíxeno eu con estas manciñas tan xeitosas.
Esta bicicleta estática custoulle á Mila moitas suores.
Se o fas desta maneira conseguirás mellores resultados.
Colle eses�� pasteis e deixa este para teu curmán.
Este verán moito nos divertimos; aqueles italianos eran do máis simpático.
Nesta aquela casa faise o que eu mando, non vos esquezades diso
Tráeme aquilo de alá, que con isto non me arranxo.
O gañador non é ese nin este nin aquel outro; son eu, así que a enfastiarse.
Este ano os do Breogán gañaremos a liga ACB grazas a estes dous reforzos americanos tan altos e anotadores.
Daquela auga non beberei eu.
Con esas cartolinas vaiche resultar moi feitiño.
Esta banda deseñada é tan boa como aquela que me ensinaches o ano pasado.
Aquilo si que era vivir, todo o día estomballado co bandullo ao sol.
Deixa iso aí onde está.
Que ben saben esas galletas! Déixame probar unha...
Daquela aínda non se tiña ás mesas.
Con aquilo do aniversario chegou o módem soñado.
E nestas rompeu a chover
Posesivos
Os teus falcóns son bos cazadores.
As súas camisas están esfarrapadas.
As túas chaquetas son de la.
As nosas medias son moi finas.
Non encontro os meus xerseis.
Aínda non recolleron os seus calzóns.
As súas saias son vermellas.
Empréstame o teu abrigo.
Podes pendurar aí o seu chapeu.
Bota na pía de lavar os teus calcetíns.
A túa gravata é negra.
Os vosos suxeitadores xa están enxoitos.
As nosas calzas son de boa calidade.
Podes pór a súa bata.
A nosa casaca está raxada.
As vosas mandiletas teñen unhas cores moi sufridas.
O teu cinto é de coiro.
Puxen unha flor na súa lapela.
Son bos cazadores eses furóns teus
Aqueles compañeiros teus estiveron por aquí.
Aqueles rapaces eran amigos seus.
Onte viñeron os meus avós de Montevideo.
A túa tía é millonaria.
A súa esposa está doente desde hai un mes.
Iso é cousa túa.
Foi culpa súa.
Sempre vai diante túa.
Estaba alí mesmo, por debaixo nosa.
Non o ves, e iso que está detrás vosa.
PON ESTAS FRASES EN PRESENTE
1.As túas declaracións non contribuíron a aclarar o crime.
As túas declaracións non contribúen a aclarar o crime.
2.Permanecín todo o ano atento ás evolucións da bolsa.
Permanezo todo o ano atento ás evolucións da bolsa.
3.Este ano distribuín eu os regalos entre os cativos.
Este ano distribúo eu os regalos entre os cativos.
4.Non coñecín os teus amigos alemáns.
Non coñezo os teus amigos alemáns.
5.Reproducín algúns cadros dese pintor tan nomeado.
Reproduzo algúns cadros dese pintor tan nomeado.
6.Moito temestes a miña reacción
Moito temedes a miña reacción
7.Esta semana concluíron as obras do garaxe.
Esta semana conclúen as obras do garaxe.
8.Conducín con moito tino por mor da neve.
Conduzo con moito tino por mor da neve.
9.Todas as noites metestes as ovellas na corte.
Todas as noites metedes as ovellas na corte.
10.Os paxaros coméronme case todo o millo da veiga.
Os paxaros cómenme case todo o millo da veiga.
11.Ese lobo non trabou a ninguén.
Ese lobo non traba a ninguén.
12.Segundo as premisas, deduciu a conclusión.
Segundo as premisas, deduce a conclusión.
13.Cando o collín coa man, escaldoume.
Cando o collo coa man, escáldame.
14.Colliches o coitelo e cortaches o touciño.
Colles o coitelo e cortas o touciño.
15.Posuíron as mellores motos do barrio.
Posúen as mellores motos do barrio.
16.Amontoei os libros sen os colocar.
Amontoo os libros sen os colocar.
17.Cambiaron o armario de cuarto.
Cambian o armario de cuarto.
18.Afiaron as fouces antes de comezaren a seitura.
Afían as fouces antes de comezaren a seitura.
19.Obedecín todas as túas ordes.
Obedezo todas as túas ordes.
20.Non os destituíron polos nosos asuntos.
Non os destitúen polos nosos asuntos.
2 notes
·
View notes
Photo
Procedo dunha longa tradición de carniceiros. Os meus avós o foron. E os seus catei fillos, incluída a miña nai, tamén. Logo unha ducia de curmáns. Só en Teis chegou a haber 15 carnicerías da miña familia e aínda quedan moitas. Dedicarse a iso entre nós semellaba o destino normal. Crieime, pois, no @mercadodeteis, no posto número 4, o de Marisa Veloso. Mais, dende moi cativo, tiven claro que o meu mundo eran as letras. Os libros. As palabras. Carne e poesía dificilmente podían ir xuntas. Mais hai uns días, en León, atopei isto. E estou profundamente desconcertado. (en León, Spain) https://www.instagram.com/p/B2YayYHCK5J/?igshid=16cpqrk6tc47m
0 notes
Text
ALLI ABAJO
Esta serie de orixe vasco conta a historia dunha parella, formada por unha enfermeira andaluza (Carmen ) e un vasco (Iñaki) que é un cociñeiro que co seu bar “o kaia” e a sua cuadrilla (os seus amigos) vai facer unha viaxe coa súa nai .
A sua nai entra en coma tras unha caida, e isto provocalle a Iñaki ter que quedar en Andalucía.
Tras facer un vínculo coa súa enfermeira, Carmen, namórase e tras moito tempo alí a súa nai esperta e faise moza dun home da clínica.
Oito meses máis tarde tras casar a madre de Iñaki e el con Carmen forman unha familia exemplar .
Volven a Andalucia e Iñaki merca o bar da clínica onde traballa o curmán de Carmen e estando ao borde do despido Iñaki decide mercalo, xa que lle interesa ter outro bar de pinchos fora do norte .
As novas tempadas prometen traer novos sucesos que darán un xiro de acontecementos a esta historia por exemplo que Iñaki e Carmen teñan un fillo.
Na miña opinión recomendoa xa que é unha serie na que comeza mal xeralmente pero ten un bo contido e ainda que non sexa unha super produción ten moito encaixe nestes tempos .
Adeus amiguiños
0 notes
Photo
Amira Yahyaoui (nada o 6 de agosto de 1984 en Ksar Hadada, Túnez) é unha blogueira e activista política, defensora dos dereitos humanos e fundadora de Al Bawsala, unha ONG que traballa no ámbito da política e a responsabilidade pública.
Al Bawsala promove a transparencia e o bo goberno nas institucións públicas, e a defensa dos dereitos e liberdades fundamentais dos cidadáns en Túnez. Para iso, vixía o traballo do Parlamento, a Asamblea Costitucional e os concellos tunecinos, e publica o que está pasando online para os seus miles de seguidores en internet.
Amira vén dunha familia de activistas polos dereitos humanos. Cando tiña 16 anos, o seu pai, un xuíz, foi despedido polo Presidente Zine El Abidine Ben Ali tras escribir sobre a falta de xustiza en Túnez. O seu curmán era un economista que fundou o website satírico TUNeZINE. Morreu en 2005 despois de ser perseguido e torturado polo goberno, pola súa oposición á censura en Túnez.
Amira foi forzada a exiliarse do seu país natal polo seu activismo no movemento que loitou en contra da censura e a favor da liberdade de expresión, e por non deixar de protestar contra o goberno de Ben Ali. Fuxiu a París, onde permaneceu como desprazada durante varios anos e estudiou Matemáticas, ata que o antigo líder foi derrocado na revolución popular tunecina de 2011, que daría lugar á Primaveira Árabe. Durante a revolución foi unha blogueira activa e defensora dos dereitos das mulleres, e despois voltou a Túnez, onde estaba tendo lugar a transición e a redacción da constitución tunecina.
En 2012 gañou o Global Trailblazers Award por ser unha das mulleres que están transformando Oriente Medio e o norte de África. Foi nomeada unha das mulleres árabes máis poderosas por Arabian Business Magazine.
“Temos que mostrarlle ó mundo que nós, Tunecinos, Árabes, Musulmáns, podemos darlles ás mulleres os seus dereitos”
¡Feliz cumpreanos, Amira!
#HeroíñasDeTódolosDías #EverydaySheros #BeautifulPeople #ArteFeminista #FeministArt #Óleo #Oil #Pintura #Painting #Arte #Art #Galicia #ArteGalega
0 notes
Text
Contacontos de Samaín de “Mortiña. Un curmán repugnante”, na libraría Javier Valiente
A libraría Javier Valiente acolle hoxe mércores 30 de outubro, ás 18.30h, un contacontos especial de Samaín que terá como protagonista o libro “Mortiña. Un curmán repugnante”, a segunda entrega da nena zombi editada en galego por Hércules de Ediciones.
Con espectaculares ilustracións e textos de Barbara Cantini e traducida ao galego por Rosa Marta Gómez Pato e Manuel González González, nesta…
View On WordPress
0 notes