#comezar
Explore tagged Tumblr posts
arisu-artnfics · 3 months ago
Text
Welcome to my YouTube channel??
I just gave up and created a YouTube Channel with this name thinking on update my timelapses for my drawings there. So...
Bienvenidos a mi canal de YouTube??
Me rendí y cree un canal de YouTube con este nombre pensando en subir mis 'timelapses' de mis dibujos ahí. Así que...
¿Debería de comezar de ahora en adelante o con mis dibujos antiguos (tcc cuando descubrí que podia hacer eso)??
Añade todos! De ahora en adelante solamente! Otras sugerecias (poner en las tags) YouTube??
24 notes · View notes
suanzes · 3 months ago
Text
Nós somos...
Estou seguro de que calquera de nós temos máis dunha situación da que arrepentirnos. Non teño dúbidas sobre que todos fixemos sentir incómoda a algunha muller na nosa vida por cuestións de xénero. Podería poñer a man no lume, sen medo a queimarme, a que hai violencias de baixa intensidade que aínda conservamos por moito que sintamos que estamos avanzando no traballo contra o noso machismo. E cada un podemos e debemos analizarnos para mellorar iso, pero estas últimas semanas estase a ver outra vez que hai un asunto no que non avanzamos: o silencio.
E por que calamos? Porque todos temos unha parella, ex parella, amiga, rollo dunha noite ou como queiras chamalo, que se falaramos en voz alta, podería erguer a voz e lembranos aquel día que... Todos! Si, ti tamén, que agora les isto e queres deixar o texto, amolado porque esta xeralización.
Todos sabemos o que fixemos e por onde pasamos. E haberá moitos de vós que non localicen eses momentos. Entón estarás nun estado inicial da túa autoanálise. Ou atoparás algo e a vergoña interna fará que o queiras rexeitar. Ou pensarás que aquela situación foi excepcional. Ou avanzarás algo máis e, aínda entendendo o erro, non quererás afrontalo de cara aos demais. 
SILENCIO. 
Porque falar en voz alta ten un custe moi alto. Cada día máis. Porque o primeiro que escoitarás é que queres excusarte para limpar a túa conciencia, e o segundo que vas de aliado, e o terceiro, moi posiblemente, que es imbécil porque a vida é como é e elas tamén son machistas.
E este texto non pode nin quere nin debe ser un xuizo a ninguén, nin a ti nin a nós, nin a min mesmo. Pero si un chamamento a nós. A entender que a saída a ese silencio abrumador pasa por comezar a falar entre nós desas situacións, sexan pasado ou presente, coa única intención de evitalas nun futuro e de recoñecer que nisto estamos todos. A solución é individual, pero necesitamos aos homes nisto.
Rachemos co silencio, cada un segundo as súas posibilidades, pero fagámolo xa, por elas... e por nós.
2 notes · View notes
kinocube · 2 years ago
Text
Comer e rascar, todo é comezar
youtube
Achéganse as datas do Entroido, unha cousa moi seria na Galiza. É tempo de festexar, de deixarse levar, de desfogarse antes do tempo de recollemento da cuaresma. Tempo de música, danza e baile, de ocultar a identidade tras as máscaras e disfraces para facer trasnadas ou para adoptar roles que o resto do ano non nos son permitidos socialmente. É, por suposto, un tempo de excesos, sobre todo no que se refire á comida e á bebida. Na nosa terra sempre atopamos boas excusas para comer a fartar, para cocidos pantagruélicos -quedádevos con esa palabra- que non rematan nunca, para consumir doces e lambuxos, orellas, bicas, roscas e, sobre todo, a raíña das mesas galegas no Entroido: a filloa -ou freixó-. 
O comer é un concepto propio do cotiá, en canto a que se trata de satisfacer unha necesidade básica para a vida- mais, como vemos, tamén ten o seu de celebración, de cousa excepcional, incluso de ritual social. Xuntarnos a comer -a familia, as amizades, a comunidade, etc.- é motivo de homenaxe e, por que non, de trouleo. Como calquera actividade humana vinculada ao social, está presente tamén nas imaxes que vemos na pantalla do cinema. 
Tumblr media
De maneira xeral, hai máis dun arquetipo vinculado á comida, mais ímonos centrar na idea do festín, é dicir, á mesa posta coa mellor calidade e maior cantidade posible de alimentos destinados non tanto á cubrir a nosa necesidade, senón a satisfacer a vontade de exceso, ambición, e regalía dos sentidos. O que ven sendo un bo cocido no Entroido galego. 
Dende os inicios da historia do cinema, unha comida abundante e exótica adoita representar ás personaxes de boa fortuna, aquelas que poden permitirse pagalo, claro. Representa un valor, económico ou de status social, e polo tanto caracteriza á personaxe a través de aquilo que come. Aplícase aquí a máxima “somos o que comemos” a través, como non, dunha metonimia. Unha espectadora de principios de século só precisaba ver a unha personaxe a comer unha langosta para adiviñar o seu poder adquisitivo; non precisaba unha maior cultura audiovisual para chegar a esa conclusión. 
Existe, por exemplo, unha trama propia da época de auxe do slapstick que é a da personaxe pobre que soña -e incluso conspira- para facerse co preciado botín de comer rico e abundante. Personaxes como the tramp, de Chaplin, vense a miúdo inmersos neste tipo de tramas. Máis tarde, no auxe da animación slapstick, este tipo de tramas leváronse á súa máxima expresión, á maior esaxeración. Falamos das primeiras curtas de Disney, de Fleischer ou Tex Avery. 
Tumblr media
Esta contraposición -entre quen ten fame e quen ten alimento de sobra- serviu tamén para representar a loita de clases ao longo da historia do cinema. A palabra pantagruélico ten algo que ver con esta noción, ao meu xuízo: François Rabelais escribiu no século XVI unha serie de novelas satíricas sobre Gargantúa e Pantagruel, dous xigantes espantosos, pai e fillo, dos que se di que comían e bebían ata fartar en banquetes excéntricos e esaxerados como os que nos ocupan neste episodio. Rabelais utilizou a estas dúas personaxes tamén para parodiar ao poder -da igrexa, dos políticos do seu tempo, etc.- e fai uso do concepto do festín como representante da decadencia das clases dominantes. Gargantúa e Pantagruel, por certo, están ligados á tradición oral e ao Entroido como inspiración da que partiu o seu autor. O do “cocido pantagruélico” ten todo o sentido. 
Tumblr media
Un festín pantagruélico pode resultar moi desagradable de contemplar: ver comer de maneira “pouco civilizada”, polo xeral, non causa pracer, senón repugnancia. Desta maneira, tamén serve a nivel narrativo para caracterizar unha(s) personaxe(s) ou incluso un colectivo, unha comunidade de individuos, unha sociedade enteira, unha época ao completo. Serve para chamar “bárbaras” -usei o termo acuñado polos romanos a propósito- a un conxunto de persoas pola súa maneira de beber e comer. 
Sen chegar aos extremos de voracidade dos xigantes de Rabelais, preparar un banquete pode significar simplemente sentar ás personaxes arredor dunha mesa e facelos interactuar. O importante é que non sexa a mesa de todos os días, senón un evento máis ou menos excepcional de celebración, no que un anfitrión recibe ás persoas convidadas e trata de satisfacelas ou impresionalas. Isto é máis habitual cando representamos ás clases poderosas, económica ou socialmente, mais tamén se teñen representado banquetes de xente humilde, celebración da comunidade, na que a comida será menos luxosa, mais abondosa en relación á frugalidade da vida cotiá. 
Tumblr media
Os festíns dos ricos son escenario de conspiracións, tentacións, duelos e ofensas máis ou menos veladas, e son un compoñente case imprescindible de certos xéneros ou ambientacións históricas: o péplum e a decadencia dos patricios romanos, a vida na corte medieval ou a high society europea do século XIX. O banquete forma parte do noso imaxinario de como se vivía nestas épocas, grazas en parte ás representacións artísticas como a literatura, as artes plásticas, ou mesmo o cinema. 
É curioso, porque as representacións retroaliméntanse -desculpade pola chanza- entre si durante séculos, creando unha imaxe que remata por independizarse incluso da realidade histórica. Porén, en ocasións, a vontade dun filme non é representar a realidade senón unha versión estilizada ou deformada da mesma e pode ser totalmente lexítimo que o cinema se basee en arquetipos máis ou menos realistas para transmitir ideas que todos temos na cabeza. Vós que opinades? Déixovos con esta reflexión e vou á cociña a facer o amoado. 
Até o vindeiro episodio!
2 notes · View notes
fortunetellersdilettante · 4 months ago
Text
Envoltos, tan consumidos por todo isto dano Se me preguntas, non sabes onde comezar Enfado, amor, confusión, camiños que non van a ningures Sei que hai algún sitio mellor "porque sempre me levas alí Veu a ti cunha fe rota Deume máis que unha man para aguantar Atrapado antes de golpear o chan Dime que estou seguro, xa me tes Collerías a roda Se perdo o control? Se estou lyin' aquí Levarame para a casa? Poderías coidar Dunha alma rota? Xa me aguantarás? Agarra a pistola á miña cabeza Contía un, dous, tres Se me axuda a marchar, entón é O que necesito Cada minuto é máis fácil Canto máis me fales Racionalizas os meus pensamentos máis escuros Si, fíxaos libres Veu a ti cunha fe rota Deume máis que unha man para aguantar Atrapado antes de golpear o chan Dime que estou seguro, xa me tes
0 notes
notasdecidade · 6 months ago
Text
Polo que poida pasar
Tumblr media
Non é doado precisar que aprendemos na Escola de Arquitectura, pero en certas ocasións, si sabemos como o aprendemos. O ensino, ese particular milagre de comunicación, produciuse seguro coas nosas conversas, entre os libros e revistas da nosa extraordinaria biblioteca, ante contados profesores e grazas a algunha charla memorable. 
Algún cartel debeu anunciar no 96 esto: Enric Miralles arquitecto, venres 13 de decembro, 12 horas, Aula Magna de Arquitectura Técnica. Chegado o momento, tras a expectación xeral, as tres empinadas bancadas e o chan desbordaban estudantes e mestres. A charla comeza ao apagarse as nosas caras alumeadas polo reflexo do linóleo vermello.
Un material inesperado ilustraba, «case sen querelo», o seu arrebatado discurso. Un arsenal de planos, colaxes e maquetas mesturábanse «sen querer separar as cousas». Entre os proxectos presentados, detívose no concurso para a ampliación do Teatro Real de Copenhague, onde o traballo de Christo, Miyake, Kaare Klint ou Feininger e de arquitectos como Semper, Gregotti, Markelius, Poelzig, Palladio ou Stark desfilaban da man. Non eran citas trilladas senón a natural conversa que Miralles dicía manter con todos eles. Ademais de cos seus colaboradores e socias, Pinós primeiro e Tagliabue despois.
Contaxiados, saímos ca ansia de comezar a traballar, canto antes, no que fose. Non para facer algo como aquilo, que sería ridículo, se non para tentar pensalo así, cunha mirada outra sobre as cousas. E sen esquecer xamais esa alegría no facer. Entón impresionounos, máis tarde cremos que algo en nós cambiou, definitivamente.
Hoxe, case 30 anos despois, sei que, sobre todo, aprendemos grazas a el algo fundamental: a valorar e coidar as ideas dos demais. Recordo só outras dúas charlas que alcanzasen esa dimensión xa no doméstico salón de actos da ETSAC. A aparición poderosa de Mendes da Rocha no 99 e a extraordinaria descrición dos proxectos en marcha de Alonso de Santos no 2001. As tres charlas están dispoñibles na nosa biblioteca. Conteñen enormes doses de intelixencia e de verdade, que tan pouco frecuente é que se dean xuntas. Ademais, grazas á tecnoloxía dispoñible entón, e sobre todo, á constancia de Asorey para rexistralas, sorprende poder volver ver con ollos novos o que no seu momento foi de tal intensidade.
De que nos advertían aqueles carteis?, e que se pode anunciar o inesperado? O inventor daquelas colaxes de atractiva composición e clara lectura continúa producíndoos, aínda entre présas e aulas. E o máis grave, o profesor Peña segue asistindo a todas elas, en busca dalgún adxectivo preciso, forma sorprendente ou trazado particular. El acode sempre, entusiasta, polo que poida pasar. 
Grazas, Felipe. Grazas por teimar.
*Este é un dos textos do libro “Os carteis de Felipe Peña: actividades culturais a través da súa propaganda”. Labirinto de paixóns ed. 
**Próxima exposición en Setembro no COAG da Coruña.
Tumblr media
Imaxe // fonte:
1. Carte dixital inventado ao xeito de FP // AAB
2. Escolma do libro "OS CARTEIS DE FELIPE PEÑA"  // Felipe Peña
55 Sermos, nº 613, páx. 27 (06/06/2024)
1 note · View note
praza-catalunya · 9 months ago
Text
We are all Greeks. Cerámicas de Miquel Barceló
Seguramente resulta sorprendente o titular desta reseña sobre unha mostra de cerámicas do gran creador Miquel Barceló. Pero o propio artista denomina así a exposición:Barceló. Ceràmiques.Tots som grecs, tomando prestada esa afirmación do poeta romántico Percy Shelley. Os dous comparten a admiración polos eixos da cultura na Grecia antiga. Barceló é un pintor matérico, mesmo lle agrada procurar a terceira dimensión na pintura. Tamén o é cando traballa a arxila?
Lito Caramés
Tumblr media
Miquel Barceló na Pedrera
Barceló. Ceràmiques.Tots som grecs. La Pedrera
O Attic shape! Fair attitude! with brede / Of marble men and maidens overwrought, / With forest branches and the trodden weed; / Thou, silent form! dost tease us out of thought / As doth eternity: Cold Pastoral! / When old age shall this generation waste, / Thou shalt remain, in midst of other woe / Than ours, a friend to man, to whom thou say’st, / “Beauty is truth, truth beauty, – that is all / Ye know on earth, and all ye need to know.” (John Keats, Ode on a Grecian Urn, 1819).
Quizais sorprenda bastante comezar os comentarios sobre unha exposición temporal de cerámica, instalada no edificio gaudiniano de La Pedrera, reproducindo a derradeira estrofa do poema do escritor romántico John Keats (1795-1822) Ode on a Grecian Urn. É certo que hai unha ligazón: o poeta mostra a súa admiración por unha urna grega. Keats foi un romántico arquetípico, xa pola súa escrita, xa pola súa biografía, morreu con 25 anos. Como outros románticos británicos, e doutras latitudes, Keats acabou sendo un gran admirador da cultura clásica, grecolatina. A súa devoción polos modelos estéticos que se presumía dirixían a vida da Grecia antiga e mais da Roma imperial provén, como non!, dos traballos e loitas dun home fundamental na historia da arte europea (aínda cando el non era artista). Johann Joachim Winckelmann (1717-1768) é o responsable principal de que en Europa xermolase un novo concepto estético no século XVIII e que se perpetuou pola seguinte centuria, e mesmo ata a actualidade. Como reacción fronte ao Rococó, Winckelmann propuxo (e mesmo inventou) volver aos harmónicos canons que trufaran la Grecia clásica, e que xa se recuperaran perante os tempos do Renacemento. Nestes tempos nos que é aconsellable ter como fundamento de análise a concepción de que os acontecementos históricos sempre son froito de accións colectivas, soa moi forte afirmar que unha soa persoa (Winckelmann) sexa a responsable de cambios tan fondos e duradeiros nas filias estéticas. Para quen queira coñecer os avatares biográficos de Johann Winckelmann (e para moitas outras cousas), recoméndase o libro Peregrinos de la Belleza Viajeros por Italia y Grecia, da entusiasta escritora María Belmonte. Calquera persoa que teña interese polas culturas mediterráneas debería coñecer e ler este magnífico libro.
Keats, romántico e namorado desas estéticas clásicas que, poucos anos antes espallara en artigos e estudos Winckelmann. E a admiración que leva ao poeta a compor estrofas cantando a aquela urna de máis de 2000 anos de antigüidade, tamén o empurra a rematar a súa oda coa rotunda afirmación (que é o compendio do clasicismo): Beauty is truth, truth beauty, – that is all / Ye know on earth, and all ye need to know. E a beleza está neses restos gregos que se poden admirar polas xeografías europeas. Percy B. Shelley, outro importante poeta romántico británico (a tríada seguramente son estes dous citados e mais Lord Byron, que tamén andaba canda eles por xeografías europeas), que tamén admiraba as serenas e cheas de naturalidade estéticas clásicas -ao ler os versos do seu amigo Keats- escribiu We are all Greeks. Our laws, our literature, our religions, our arts have their root in Greece. Unha declaración de amor a todas as creacións executadas na Grecia antiga.
Tumblr media
Barceló. Sin título, 1998
Todos somos gregos ( We are all Greeks) a vella sentenza de Shelley é empregada agora por Miquel Barceló para dar título á exposición que nestes meses primeiros de 2024 enche o piso Principal da Casa Milà, La Pedrera. Unha mostra que xunta os traballos de Barceló perante 30 anos en cerámica, principalmente cerámica; traballos con barros e arxilas. Poida que non sexan os traballos máis coñecidos do autor da decoración da capela do Santísimo, na catedral de Palma de Mallorca, pero leva anos e anos dedicando tempo e esforzos á creatividade con eses materiais tan básicos, tan nas raizames de calquera cultura. Quizais por iso, tamén, Barceló afirma que la ceràmica és la mare de la pintura. Pintura amplificada. Se Barceló titula a súa propia antolóxica con esa declaración de Shelley é porque el comparte a reverencia polos logros estéticos e conceptuais da Grecia antiga. Como balear sempre hai -na base de todas as súas actividades- un recoñecemento mediterráneo. Poida que sinta ben identificado coa cantiga de Joan Manuel Serrat.
Xa se sabe que Miquel Barceló, un dos artistas contemporáneos máis recoñecidos a nivel mundial, ten traballado moitos eidos plásticos. É pintor e escultor, pero tamén se lle coñece e moito polos seus traballos como debuxante e ilustrador. Só para Círculo de Lectores ten ilustrado varias obras literarias das máis emblemáticas de Occidente: La Divina Comedia, de Dante, por exemplo. A mostra Barceló. Ceràmiques. Tots som grecs xunta máis de 100 obras do artista, cerámicas que están acompañadas (e completadas) con pinturas, debuxos e bastantes cadernos nos que ía tomando notas; así como dous vídeos que axudan moito a comprender os xeitos de traballar de Barceló. A visita realízase de maneira cronolóxica, comezando polas súas primeiras cerámicas, alá polo ano 1984 e chegando ata o día de hoxe.
A exposición compleméntase con moitas actividades (faladoiros, concertos de música) pola cidade de Barcelona, e algunhas outras pola cidade de Palma, como a que se presenta na Fundació Toni Catany; trátase de fotografías que o excelso fotógrafo -Toni Catany- tirou de cerámicas e obras de Barceló. E tamén coa edición dun magnífico e interesante catálogo no que se poden ler artigos de estudosos das súas creacións, así como comentarios do propio artista sobre pezas concretas. Así a carón da vasilla Vase de Pêche, 1996, Barceló comenta: Probablement ces oevres avec hameçons sont à l’origine de parois de la chapelle à Palma. Pas à cause des hameçons mais de la manière dont les poissons sortent de la boue, de l’argile. C’est à ce moment-là que j’ai eu envie d’agradir le geste. L’argile devient peinture.
Tumblr media
Barceló. Peixos, 2003
Barceló. Ceràmiques. Tots som grecs. Harmattan. Accións físicas, creating action
A orixe das cerámicas de Barceló (...) sitúase a mediados dos anos 1990 perante unha estancia do artista en África. O propio Barceló xa contou que estando no País Dogón, unha zona remota da república de Mali, África Occidental, en 1995, e despois de días con vendavais intensos que enchían todo de po, sendo imposible debuxar ou pintar, comezou a traballar co barro.(E. Juncosa, Una història de la matèria, comisario no catálogo da exposición).
O País Dogón é unha rexión situada aproximadamente no centro de Mali, preto da fronteira con Buekina Faso. É unha zona particular, onde viven as comunidades Dogón, e instalada en pleno sahel, a ancha franxa estremeira co propio deserto do Sáhara; un clima árido, tropical semidesértico. No inverno, cando as temperaturas son máis baixas (rondando os 20º) sopra o vento harmattan, un vento alisio do nordeste que sopra en dirección ao Golfo de Guinea, moi seco e forte, e mormente entre os meses de novembro e marzo. Ese vento que chega do Sáhara levanta moito po e provoca unha atmosfera molesta e abrancazada. Nesas condicións atopouse Miquel Barceló no inverno de 1994, que estaba pasando uns meses precisamente alí. Posteriormente volveu moitas veces. Ao non poder pintar nin debuxar porque todo se inzaba de area, obrigando a ter todo pechado, Barceló, para non estar sen facer nada, comezou a mirar que facían as mulleres (as responsables de elaborar os útiles de barro para usos domésticos). E dese xeito comezou a traballar o barro para logo pasar a facer algunha pezas concretas. Dese primeiro inverno (as primeiras pezas que coceu Barceló están agora expostas na Pedrera) o que máis destacan son as cabezas; cabezas bastas, primitivas -case caveiras humanas e de outros animais- que o artista elaborou seguindo os pasos que levaban centos de anos executando as mulleres dogón.
Posteriormente, xa en Mallorca, Barceló foi afondando nos coñecementos da artesanía dos oleiros, aos comezos quixo saber iso: as técnicas artesanais. A creación artística virá despois. As cerámicas de Barceló pódense entender como unha extensión da súa pintura. Visitar na Pedrera Barceló. Ceràmiques. Tots som grecs é asistir á celebración creadora deste artista matérico. Barceló nas súas pinturas máis coñecidas e en diversas épocas sempre aposta por introducir nos lenzos, nas pinturas moita materia; tense dito, e é doado comprobalo, que moitas pinturas de Barceló teñen tres dimensións: nalgunha que se pode ver agora na Pedrera o artista meteu por riba do lenzo tramas metálicas que lle permitisen precisamente iso: a terceira dimensión.
Tumblr media
Barceló. Cossiol amb flor vermella, 2012
A cerámica é unha forma extrema de pintura -ten declarado Miquel Barceló- a min permitiume dar un salto e pasar do Neolítico ao século XXI. As cerámicas, por tanto, son parte importante da creatividade do autor da cúpula da sala XX das Nacións Unidas, confeccionada entre 2007 e 2008. Esa cúpula en teoría está pintada, pero pintada en relevos, con estalactitas, como unha cova na que habita a humanidade.
Como se pode apreciar nas numerosas obras expostas en Barceló. Ceràmiques. Tots som grecs, Barceló é un artista que aposta polo esforzo físico. Xa o fai coas pinturas. A imaxe típica de Barceló é se presente coa roupa chea de materia, xa pictórica, escultórica ou de arxila. É artista de acción. Na presentación da exposición Barceló declarou que a relación coa cerámica é física. Trabállase co corpo. Un partidario da creating action, da acción, da actividade fronte a calquera material. Máis aínda na cerámica que xa per se esixe o amasado, a preparación, o traballo no torno (ou manual). Barceló é un creador físico. Agora na Pedrera está instalado un vídeo moi revelador do que se está a dicir: Paso doble (2006). Paso doble foi un encargo que o festival de Teatro de Avignon lle fixo a Barceló, unha performance en toda regra. No vídeo -interesatísimo- vese ao propio Barceló e ao coreógrafo Josef Nadj que actúan sobre unha base de barro xa preparado que ten dúas partes, unha horizontal, no chan, e outra vertical, como unha parede de fondo. Perante máis de 40 minutos os dous artistas van atacando o barro coas súas mans, con todo o corpo, con ferramentas agrarias e de xardinería, todo para acabar convertendo aquelas superficies lisas de barro en paisaxes, faces e todo tipo de representación que se queira aceptar. Hai moita improvisación. O resultado é un xigantesco espectáculo; espectáculo físico. Barceló ten afirmado que, cando facían Paso Doble quedaban moi cansos.
Ese cansazo ten moito que ver cos xeitos “físicos” de traballar do artista, e tamén co seu respecto por todo o que sexa traballo manual; polas artesanías. Cando traballou arreo para inzar de decoración a capela do Santísimo da catedral de Palma, el mesmo declarou que estaba a traballar e a seguir as liñas que lle marcaban Antoni Gaudí, que xa fixera unha intervención nas ábsidas desa catedral, e mais dun dos axudantes fundamentais do arquitecto: Josep María Jujol, arquitecto e gran amante da natureza. Por iso agora as cerámicas de Barceló encaixan perfectamente no Principal de La Pedrera, o edificio emblemático de Gaudí e no que tamén traballou moito Jujol. Por outra parte, e seguindo coa artesanía, Barceló ten afirmado que viaxou polas xeografías españolas seguindo un libro de Llorens Artigas, o gran ceramista da segunda metado do século XX. Llorens Artigas -que rematou por ter un taller con varios fornos en Gallifa- estudou no Xapón e foi amigo e compañeiro de Joan Miró. As numerosas e diversas cerámicas de Miró (incluíndo os paneis que fixo para moitas institucións) son impensables sen as aprendizaxes de Llorens Artigas.
Tumblr media
Barceló. Família, 2015
Agora na Pedrera pódese apreciar como o azar xoga un papel importante na creación das pezas do artista. El mesmo comenta que comeza unha peza pero non sabe ben cal será o resultado final. No proceso creativo está parte da orixinalidade. A carón da peza que leva por título Deserto Giallo (1999), Barceló escribe: El cos de les cabres i ases està fet amb trossos de lava. Pedres de lava recollides al Vesuvi. Evidentment, la lava pot sobreviure al forn de 12.110 graus. O que fixo o creador foi elaborar a peza no torno e, mentres estaba a arxila fresca, foi tirando con forza contra a cerámica pedras negras de lava, que agora se poden ver incrustadas, e posteriormente pintou os corpos dos animais. As pedras foron impactar onde o azar determinou.
Nun intre do percorrido polas salas chégase a unhas mesas onde se atopan vasillas negras. A cerámica negra ten moitos e moitos séculos de antigüidade. O que quizais non sabe Barceló é que no concello de Sober (sur de Lugo, Ribeira Sacra) na parroquia de Gundivós elabórase cerámica negra moi estilizada e elegante desde sempre; unha cerámica de alta calidade.
Para rematar a exposición Barceló. Ceràmiques. Tots som grecs Barceló instalou nun recuncho unhas cantas pezas que el mesmo titula Tótems. Trátase de ladrillos de grande dimensións (poida que de metro por metro), amoreados uns por riba de outros, e logo intervidos. Xa se sabe como “intervén” Barceló as pezas: atacándoas con¡as mans e ferramentas. Ao ver eses tótems con pezas esaxeradamente grandes a referencia ao Pop Art vén soa. Estará a transitar esas estéticas agora o artista balear?
Lito Caramés
EXPOSICIÓN: Barceló. Ceràmiques. Tots som grecs.
Fundació Catalunya-La Pedrera
ata o 30 de xuño de 2024
Tumblr media
Barceló. Tótems, 2018
0 notes
marco-cl15 · 1 year ago
Text
En cada noche
He tratado de comezar a escribir para poder desahogarme de todo lo que me esta consumiendo por dentro, pero aveces he preferido no decir nada, creo que todos tenemos muchos problemas con los cuales toca lidiar y no nos interesa saber de problemas de otras personas, pero al escribir por este medio me ayuda a poder desahogarme por que puedo ir leyendo y mejorando mis argumentos,
mi vida se ha convertido en constantes cambios ultimamente dado que he tenido que salir de donde estaba estancado, si me refiero a mi antiguo trabajo, donde dedicaba mas de 12 horas de trabajo incluso algunos dias pasaban de las 16 horas, si tal vez suena algo loco pero cuando tienes la mentalidad en ayudar y sacrificar cosas por otras personas que en algun momento ni te han de agradecer llegas a un punto donde todo tu circulo social se reduce a un circulo de personas tan reducido que no se termina el interes de si conoces o te conocen.
ahora que le he dado ese cambio a mi vida me esta costando mucho salir de el estado mental en el que me encontraba y es por eso que todo mis problemas creo que son mentales.
0 notes
nonoticia · 2 years ago
Text
25 mil millones de razones
Tumblr media
Los próximos nueve meses el gobierno´, hasta el recambio y el próximo gobierno hasta pasado el verano, deberán hacer todo tipo de gestiones, tomar todo tipo de medidas y ser muy dinámicos, para enlazar este plan forzado de estabilización con el ingreso de dólares por exportaciones; si es que no hay alguna ayuda externa con dólares frescos para cubrir esta falta de flujo.
A partir de marzo o abril de 2024 los dólares deberían comezar a fluir por exportaciones tradicionales, por IED si se mantiene el nivel de actualización de la divisa y si la política, las elecciones y la puja electoral no hace volar todo por el aire antes.
Solo la política, los políticos y sus ambiciones pueden generar un escenario explosivo y de quiebre.
Si este gobierno hasta diciembre y quien asuma hasta marzo, no hace grandes cambios, evita un salto devaluatorio y una espiralización de inflación-devaluación, el flujo por ciclo natural de crecimiento debería volver y con un plan básico de estabilizacíón, equilibrar la macro para volver a crecer de modo genuino.
Esto es difícil de creer desde la sociedad, no lo siente la gente-- todo lo contrario -- y no lo va a sentir en bastante tiempo. Me refiero al crecimiento, a la estabilizacón y a que se recupere algún poder adquisitivo razonable. Y el lógico que eso sea así, porque nunca el ajuste de variables, las deudas que no sirvieron para crecer y el exceso de gasto lo pagan los Agentes Económicos que pueden mantenerse en valores constantes --dólares-- ni el porcentaje mínimo de la sociedad de hoy que tiene capacidad de ahorro afuera del sistema. El ajuste siempre lo paga la gente con inflación, caida en el poder adquisitivo, caída en el valor de sus bienes y mayor precarización laboral y de calidad de vida.
Si este gobierno y alguno que tenga una continuidad en un plan básico y hasta modesto de estabilización lograran que no explote, a partir del primer trimestre de 2024 por recuperar el flujo de dólares y tener menos salida de divisas por: acuerdos de importaciones con Brasil y China y solo por no tener que importar gas-- aunque todavía no se exporte-- ya habrá suficientes dólares para defender el valor del peso, poder bajar la tasa de interés, activar la economía interna --más de lo activada que está pese a la crisis y los altos costos y que menos tasa, menos agrandamiento de la base monetaria y menos presión sobre la brecha del dólar, permita bajar la emisión y se frene la inflación.
Va a seguir -- se supone-- el acuerdo con el Fondo que de por si es inflacionario, porque obliga a tener tasas positivas y no permite gran intervención en el mercado de cambio -- aunque se interviene-- pero con ingreso de dólares por arriba de la demanda importadora, de viajes al exterior y de ahorro, el peso deberá devaluarse menos vía menos emisión y más respaldo de moneda dura.
Esto es así sí no explota, sí los que anticipan "patear el tablero" cambiar todas las reglas de juego -- que aunque no son las mejores, el crecimiento igual sucede y se pueden mejorar-- y los que generan pánico -- de cerrar el Banco Central, dolarizar y no dan certeza a que nivel cambiario-- no terminan muy arriba en las Paso y tienen chances reales de ganar (lease sobre todo: Bullrich y Milei)
En suma para cerrar la idea, Argentina tiene un grave problema de flujo de divisas temporario, las causas las conocemos pero la más cercana fue la sequía y la grave situación que hoy vive y se va a extender hasta el verano el propio agro, que no va a contar tampoco con dinero. Ahora, no importa quien gobierne sí no hace cambios radicales que distorsionen, en 8 a 9 meses debería volver ell flujo y volver a arrancar un período de crecimiento genuino que comenzó en 2021 y que va a tener potenciadores a corto plazo con el gas, el litio e importantes inversiones extranjeras en distintos sectores.
Llegamos en plena crisis, con ingresos deteriorados por inflación y hasta con precarizacón laboral, a más de 13 millones de empleos registrados, esto es mucho y en el gobierno con mayor cantidad de factores externos que lo perjudicaron, sumado al endeudamiento recibido y a la sombra del FMI sobre todo.
En el próximo gobierno y sin dar nombres propios ni indicar ninguna pertenencia, si hay moderación, equilibrios en las medidas y consensos con el mayor arco político posible, el crecimiento va a ser imparable y va a llegar a la gente, bajando la inflación, defendiendo el valor del peso que es la moneda en la que cobra la gente y con medidas que apunten a inversiones n pymes productivas y comerciales, además de fomentar aún más el conocimiento.
Sin embargo hay un número no menor, que más allá de pertenencias políticas, identificaciones, indignaciones y hasta odio o bronca, nos debe hacer reflexionar. Ese número es la deuda el dólares que se deberá enfrentar en 2024 para no caer en default.
De no poder pagar, de no tener la suficiente confianza para canjear bonos, de no poder tener un mínimo equilibrio macro y que eso prometa un mayor crecimiento, un default sería impensable el desastre que provocaría.
Sin contar nada para FMI, hay cerca de 25 mil millones de dólares por pagar o canjear.
La sociedad siempre termina pagando todo, los ajustes, los errores y los que se les ocurre experimentar con modelos que no tiene ningún país del mundo. Los que pueden estar dólarizados, los agentes económicos y los grupos de pooder no pagan nada, solo esperan las grandes devaluaciones, los cambios de moneda y ¿una posible dolarizacón? para hacer mejores negocios, pagar menos y ganar más.
La gente en cambio cada quiebre es más pobre, tiene menos poder adquisitivo, menos bienes y le queda más lejos poder tener su propia casa.
Hay además de todo lo que ya tenemos, el año que viene, 25 mill millones de razones para no equivocarse este año en la elección de quien siga gobernando.
Pablo Villaverde
0 notes
pedagogiafamiliarusc · 2 years ago
Text
MEMORIAS DUNHA MULLER LABREGA
Relato escrito por María Capelán Fraga, en voz da súa avoa, no que se conta a historia de Dolores Barbeito Barbeito.
Podería comezar este relato como o fixo Xosé Neira Vilas en Memorias dun Neno Labrego: “Eu son Balbino. Un rapaz da aldea. Como quen di, un ninguén.” Pero, nin me chamo Balbino, nin son un rapaz, e tampouco son unha ninguén. Eu son Lola, unha rapaza, de aldea si, pero fixen moito nesta vida como para ser unha ninguén.
En realidade, o meu nome é Dolores, pero sempre, dende moi pequeniña,  me coñecen por Lola, excepto nos médicos, pois son máis formais.
O de rapaza xa me queda un pouco lonxe, aínda que o espírito e as forzas que tiña de nova, parece que seguen acompañándome aínda que con menos intensidade, pero están, que é o que importa. Mellor, imos cambialo por muller, considerando que nacín no ano 1941, e non queda moi ben dicir “unha rapaza de 82 anos”. Tampouco me gusta que digan que son unha “persoa maior” ou unha “vella”, porque vellos son os trapos. Eu son unha muller, e a moita honra.
Tumblr media
Esta son eu cando aínda se me podía chamar rapaza.
Nacer no 1941, é nacer en mal ano a verdade, debido ó momento histórico polo que estaba pasando España, e como non, Galicia. Se non vos situades temporalmente, recórdovolo eu: a Ditadura franquista. Foron malos anos comparándoo con agora, pero a verdade e que ser da aldea salvoume de moitas represalias das que outros e outras non se salvaron. Ao vivir nun recuncho afastado de todos os lados no que non molestabamos a ninguén, e ninguén nos molestaba a nós, Franco e os seus discípulos non sabían nin que existíamos, polo menos durante a miña infancia. Así é que toda a miña vida falei en galego e nunca aprendín a falar castelán, incluso na etapa na que estaba prohibido falar a nosa lingua.
O caso é que nacín, vivín e crieime en Sorija, que pertencía á parroquia das Encrobas e ao concello de Cerceda, na provincia da Coruña. É normal que non vos sone, e se o buscades no trebello ese dos mapas do teléfono tampouco vos aparecerá. Xa vos explicarei máis adiante o por que.
Alí vivíamos nunha casa pequena catorce persoas: meus oito irmáns máis eu, os meus pais, os meus avós por parte de nai e unha tía. E cando digo casa pequena, non estou mentindo, pois ademais de vivir toda esa cantidade de xente baixo o mesmo teito, a metade da parte de abaixo da vivenda era para o gando. Antes non había calefacción e había que quentarse co que había, e as vacas daban calor, por iso estaban dentro da casa.
Con isto que vos acabo de dicir, xa vos podedes imaxinar a que se dedicaban meus pais e meus avós, e máis tarde nós. Éramos labregos e tamén tiñamos gando para labrar a terra. É dicir, tíñamos unha economía de subsistencia: labrábamos para  obter alimentos, e os animais que tíñamos, cando xa non valían para labrar, comiámolos.
Aínda que non tiñamos moitas terras para labrar nin tampouco gran cantidade de cabezas de gando, o mundo da agricultura e o coidado dos animais precisa de moito tempo e dedicación. Na nosa casa, os avós xa eran maiores, e os meus irmáns máis eu tivemos que axudar no que se necesitara na casa, case dende o momento no que sabíamos andar. Malia isto, non significou que os nosos pais non se preocuparan pola nosa educación. Eles inculcábannos que se queríamos chegar a algún lado, tiñamos que ir á escola, pois dicíannos que as persoas que estudaron foron os únicos que acabaron gañando algo de cartos.
Pola contra, na nosa aldea e na parroquia non houbo escolas públicas ata 1950 aproximadamente, e meus pais buscaron unha “escola privada” na zona. Ata me da risa dicir escola privada, porque non era máis ca un home, veciño noso, que a diferenza da maioría, sabía ler, escribir, sumar, restar, multiplicar e dividir. Chamábase escola privada porque meus pais tiñan que pagar para que nos ensinaran a min e aos meus irmáns máis maiores, aínda que non con cartos, porque non había, pero facíano con produtos da horta.
Empecei nesta “escola privada” aos 7 anos, xa que era a media de idade coa que se empezaba. Non había aulas diferenciadas por idade, nin por curso, nin moito menos, senón que a partir dos 7 anos, estabamos todos na mesma clase, que facendo un apuntamento era a cociña da casa. Cada un aprendía ao seu ritmo e o profesor ía subindo de nivel a medida que xa sabíamos facer as cousas.
Dous anos despois, cando eu tiña nove anos máis ou menos, abriu unha escola pública na nosa parroquia, aínda que estaba lonxe da casa. Para ir a esta escola tiña que andar uns catro quilómetros, e aínda así, nunca cheguei tarde. Como di o refrán “Quen ten cu, ten medo”, e eu por medo ás represalias do profesor, prefería chegar cedo ca tarde. Os profesores de antes tiñan permitido todo, e caíannos labazadas por calquera motivo, ou incluso sen existir motivo. Sen embargo, non podo queixarme moito, pois había compañeiros que lle daban ca man aberta día si, e día tamén.
Aínda que a escola fose pública, seguía a ser unha casa, a nosa aula era, de novo, na cociña, e as cousas que aprendíamos eran as mesmas; nunca souben facer máis que ler, escribir, sumar, restar, multiplicar e dividir. O único que cambiaba da escola pública á privada, era que na pública empregabamos libros que nos daban, coma o Silabario para aprender a ler e escribir. Se o penso, eu digo que aínda tiven sorte, porque amigas miñas que coñecín máis tarde e que estudaron en cidades máis grandes, no colexio só aprendían a facer labores da casa; sen embargo, os nenos tiñan a oportunidade de aprender as cousas que aprendín eu. Pero coma na nosa parroquia só había un mestre, tiñan que xuntarnos a nenos e nenas, sendo as mesmas aprendizaxes para ambos sexos.
Tamén hei de dicir que, tanto na escola pública como na privada, íamos só se non había traballo que facer na casa. Por exemplo, cando era a época de apañar no millo, non podíamos ir á escola porque meus pais non daban feito solos e había que quedar na casa para axudar. Agora si, como non tivéramos nada que facer, íamos aínda que estivese caendo o diluvio universal. Ademais que cando eu ía á escola, non había vacacións nin festivos nin nada diso; a escola funcionaba durante todo o ano, excepto na festa do patrón da vila, o San Román, e festividades relixiosas importantes, polo que tanto en verán como en inverno, tíñamos que ir á clase.
Nesta escola estiven ata os 12 anos. Esa idade era a óptima para pórse a traballar, e así o fixen. A verdade e que non estudamos nin unha cuarta parte do que se estuda agora, polo menos os que non tiñamos cartos. Aínda que, eu sendo muller, aínda menos opcións de estudo tiña naquel momento, e, polo tanto, a única solución para gañar cartos era comezar a traballar nas casas, limpando, coidando nenos, ou dando servizo.
Pois con tan só 12 anos, marchei á Coruña a traballar. O traballo conseguíramo meu pai, non podo contarvos exactamente o como porque non o sei. Eu só sei que cheguei a un edificio alto, modesto e que xa aparentaba que nel vivía xente adiñeirada. E acertei de cheo. Alí comecei a ser a “muller do servizo”, mais non era outra cousa que a criada, xa que tiña que limpar, cociñar, coidar dos nenos ou facer de costureira se fose preciso.
Traballaba moitas horas ao día, e non recibía moitos cartos a cambio, pois tamén me daban aloxamento e comida e iso reducía o meu salario. Non pensedes que me importaba demasiado o que gañaba, pois non mo daban a min, senón que llo enviaban a meu pai. Anos despois a situación cambiou, e unha parte do que me pagaban quedaba para min.
Aínda que traballaba moito, algún tempo libre tamén o tiña, e desfrutábao indo ao parque de Santa Margarida a pasear, e onde coñecín a outras rapazas da miña idade e coas que fixen boas amizades. Cando podía e tiña uns días libres, ía á casa a Sorija a visitar os meus pais, irmáns e avós.
Tras 8 anos traballando na Coruña, cando logrei aforrar algo, decidín emigrar a Londres con tan só 20 anos. Non foi unha decisión sinxela, pero marchar fóra de España era a única opción que tiña se quería conseguir un bo soldo. Pónseme a pel de galiña só de acordarme de todo o que se me pasou pola cabeza cando estaba montada no tren de camiño ao Reino Unido; sentía que xa botaba de menos a miña terra, a morriña, a familia que deixaba alí, obrigada pola situación na que estaba inmersa Galicia. Todo isto sen viaxe de volta, polo que dependía do que pasara aló.
Pasei por Francia, onde fixemos transbordo, e alí fun consciente de que ía a ter un problema grave co idioma. Eu non sabía nin inglés nin ningún outro idioma que non fose o galego. Parece que foi o demo que naqueles momentos se acordou de min e xusto, nun momento de despiste, perdín as maletas, con todas as miñas pertenzas dentro. Pola angustia de perder todas as miñas cousas, pero chea de valentía, achegueime a un policía que había na estación, e díxenlle:
-Bos días señor. Poderíame axudar? Perdín as miñas maletas.
+ Ne compred pas - Contestoume o policía.
Este foi a primeira dificultade cos idiomas. Claro, eu entendíalle “No compro pan”. E entón contesteille:
-Pero señor, eu o que quero é que me axude a encontrar as miñas maletas.
+Ne compred pas – volveume a contestar.
E tras repetir isto mínimo cinco veces, a min xa se me estaba acabando a paciencia,  e daquela respondinlle:
-Señor! Que eu non quero pan, quero as miñas maletas!
Anos despois entendín que o señor estaba a dicirme que non me entendía, e que a conversación non tiña nada que ver co pan.
Este foi o primeiro dos problemas, pero cando cheguei a Londres, cunha man diante e outra detrás, sen as miñas maletas e, como quen di, empezando con mal pé, alí esperábame a odisea do inglés.
Ao pouco de chegar, xunteime con outra rapaza galega, que xa levaba traballando alí uns anos, e foi grazas a ela que conseguín un traballo nunha casa na que estaban a buscar unha muller que coidara dos nenos. Non me chego a imaxinar se teño que ir buscando traballo en galego nun país anglo falante.
O caso é que xa ese mesmo día comecei a traballar de Nanny, como lle chamaban en Londres á persoa que se dedicaba ao coidando os nenos dunha familia inglesa adiñeirada. A comunicación tanto cos nenos coma cos meus xefes era a través de xestos, non fai falta que diga o por que de novo.
A verdade e que Londres foi unha etapa inesquecible para min, tiven momentos malos nos que me din conta na pobreza na que vivía en Galicia, e que me facía sentir frustrada ao pensar que non ía volver á miña terra. Por poñer un exemplo, houbo unha vez na que un teléfono comezou a soar cando eu estaba soa na casa. Eu nunca un teléfono vira, e moito menos, contestalo. Eu achegueime ao trebello, e dinlle setecentas voltas e non había forma de contestar; non comprendía o funcionamento dese instrumento. Sentíame avergoñada ao terlle que contar aos meus xefes que non puiden contestar porque non sabía collelo, non quería parecer unha inútil.
Pero tamén me levei recordos moi bonitos, pois alí tiven o aniversario máis especial da miña vida, mellor dito, o único. Nunca celebrara o meu aniversario ata aquel momento, incluso case nunca se acordaban del; na casa non había cartos, e as festividades eran días normais para nós. Pois tras una accidente doméstico que me provocou o ingreso nun hospital londiniense durante tres meses, as enfermeiras fixéronme unha festa sorpresa, cunha comida especial con todos os enfermos da planta, flores e agasallos. Sorprendeume tanto, que nunca me sentira tan arroupada fóra da casa. Por primeira vez na estancia, non me sentía soa.  
Tras catro anos en Londres, e con algúns cartos no peto, decidín volver á miña terriña, a Galicia, á miña casa. O que non me esperaba do regreso á casa, e que me ía a namorar no traxecto de volta.
Nun bus, de camiño ás Encrobas, namoreime do meu home, Hipólito, e tal foi a intensidade do romance, que un mes despois xa estabamos casados.
Tumblr media
Voda de Hipólito e Lola.
Hipólito vivía preto miña, na mesma parroquia, pero en distinta aldea, na Ferraría, aínda que naceu en Brasil xa que seus pais emigraran alí anos antes de el nacer.  Caseime con el, e iso supoñía ir para a súa casa a vivir, xunto cos seus pais. Recoñezo que foi complexo establecer unha relación sa coa súa familia, pois tiñan uns valores moi arraigados á cultura brasileira. Eran moi supersticiosos e practicaban moitos rituais e lendas que metían o medo no corpo. Mesmo a miña sogra coñecíana como a meiga do pobo, debido a que sabía "apagar o lume da pel", que traducido ó idioma actual, sería aliviar as queimaduras. Aínda que Galicia coñécese por ser terra de meigas, eu prefería absterme de todo ese mundo.
Só tres meses despois de casarnos, eu xa estaba embarazada, e en total, tivemos sete fillos, pero tres deles morreron sendo moi pequeniños. Din á luz na casa, e as circunstancias non eran as mesmas que agora, polo que cando o médico chegou á casa, xa era moi tarde.
A nosa vida ía ben, a pesar destes obstáculos que a dificultaron e a tinguiron de negro por momentos. Perder tres fillos e seguir loitando polos que están en vida é unha labor difícil para a cabeza, pero sempre quixen darlle o mellor aos meus fillos, nunca me rendín, e iso fixo que me crecera ante as adversidades.
Tumblr media
Foto xunto co meu marido e os meus catro fillos.
Pero anos máis tarde, a principios de 1977, todo ía a cambiar drasticamente. Uns inversores afíns ao réxime franquista, atoparon carbón baixo as nosas casas. Dun momento para outro, quixeron botarnos da nosa aldea, deixándonos sen nada. O único que tíñamos era a nosa casa e a nosa leira, da cal dependía a nosa economía, e querían quitárnolo todo sen nada a cambio. O pobo encarouse a aqueles gardas civís que querían expropiar as nosas leiras sen o noso consentimento, e todos e cada un de nós erguémonos a loitar polo que era noso. 
Foi o 15 de febreiro do mesmo ano cando empezaron as revolucións máis fortes contra “os poderosos”, e eu acababa de parir á miña última filla. Todas as emocións que recorreron o meu corpo ao verme cunha bebé acabada de nacer, xunto cos meus outros tres fillos, sen un fogar no que resgardalos do frío e, sobre todo, sen un traballo mediante o cal darlles de comer. Dun momento para outro podíamos perdelo todo. Un dato curioso deste momento de loita é que se fixeron moi famosas as imaxes dunha muller ameazando a un garda civil co seu paraugas; pois esa muller, era miña sogra. Esas imaxes son a máxima representación do poder, das ganas e da valentía que tiñamos as mulleres das Encrobas.
Tumblr media
Imaxe da miña sogra golpeando a un garda civil cun paraugas. Ilustración de Xosé Castro.
Por isto dicía ao principio que seguramente non coñecerades o nome da aldea na que nacín, na que me criei, e na que naceron os meus fillos, xa que hoxe non existe; agora, toda a miña infancia está somerxida nun lago, posto que gran parte das Encrobas foi transformada nunha mina que logo encheron de auga.
Quédame mágoa de non ensinarlle ás miñas seis netas a terra onde están todas as miñas raíces, un lugar cheo de lendas e vivencias inesquecibles. Sen embargo, creo que todas as vivencias narradas que conforman a miña historia, fan que as miñas netas se sintan orgullosas de min, e tamén é unha forma de apreciar todo o que teñen elas agora.
0 notes
kinocube · 1 year ago
Text
Recomendacións de Inverno 2023
Que pasou? Non hai artigo?
Si, si que o hai, só tedes que clicar na ligazón. O que pasa é que estreamos web nova (kinocubecinema.com) e imos comezar a usar Tumblr como rede social máis que como CMS.
Agardo que o cambio non vos supoña moitas molestias aquí axs seguidorxs de Tumblr. Éranos hora de ter unha páxina propia, que nos facilitara as cousas á hora de publicar texto e máis personalizable.
Sentídevos libres de explorala :) Seguideres tendo por aquí a nova dos novos artigos publicados a partir de agora.
Até o novo episodio e boas festas!
Tumblr media
1 note · View note
y-s-i-s · 2 years ago
Text
camaras panasonic en la web
hola todos
antes de comezar quiero decir que esto no lo hago con intencion de dañar sino que se puedan mejorarlos sistemas, y dicho eso pues aqui les va mi historia.
me puse a buscar en internet camaras ip que no estuvieran aseguradas y entre las muchas que me encontre me paso algo espesifico con algunas panasonic, especificamente los siguientes modelos.
bb-sc384b
bb-sc382
wv-s6530
busque de un sitio las url para poder buscar en google y escogi las cgi, especificamente puse esto en el buscador:
inurl:CgiStart  ?page= lenguage
y empece a entrar a las camaras que siempre habia visto pero luego de entrar a una me mando este mensaje
Tumblr media
la URI era <ip>/CgiStart?page=Single&Language=1 y hasta aqui lo podria dejar pero probe borrando todo, dejando solo la ip y recargar la pagina, automaticamente la URI se modifica y nos redirige a una ventana como esta
Tumblr media
que es una carretera en japon (creo) y como esta habian mas, todas tenian en comun la marca y algunas el modelo pero no se si esto se debe a una mala configuracion de sus usuarios o un error en este tipo de camara igual  aqui les dejo
no se ¿creen que es normal o puede haber un error en las camaras?
0 notes
onosolar · 2 years ago
Photo
Tumblr media
Rematadas as #ferronews desta finde, agora a comezar a organizar a semana que vén: Consello Social da USC, executiva @CIGEnsino, reunións preparatorias da eleccións sindicais na USC, concentración… e claro está #pádel e taxi #hóckey que semella que esta semana vai tocar. https://www.instagram.com/p/CpIrLmZsQQ9/?igshid=NGJjMDIxMWI=
0 notes
notasdecidade · 1 year ago
Text
Beirarrúas por asfalto
Tumblr media
Non se pode transformar de súpeto unha cidade pero podemos comezar a cambiala, rúa a rúa, cun obxectivo claro. Ata o de agora, o plan foi máis coches, en diante, será dobrar o espazo peonil. 
Necesitamos reverter a situación actual para que o 70% do espazo asfaltado transfórmese en anchas beirarrúas. Será tamén un cambio de velocidade, do pasar ao pasear; e será sen perigos, da estrada ao bulevar. Pasaremos da cidade baseada na produción/mobilidade, de casa ao traballo, á cidade amable que recuperará, sorprendentemente, a distribución espacial peóns/coches de hai un século anterior a cidade do vehículo privado.  
Aquí e agora. Como acadalo de forma inmediata, sinxela e económica?, é o que se propuxeron en 2010 o grupo “Next Generation of New Urbanist” co Urbanismo Táctico, “accións a curto prazo para cambios a longo prazo”. Urbanismo graffiti, punk ou activista chámano os seus detractores, sen caer en que é máis importante empezar xa que o seu aspecto inicial.
Pódese modificar o uso das rúas sen investimento algún, só impedindo o tráfico como xa comprobamos na pandemia. Observamos ademais que, como xa acontecía en cada corte por obras, a cidade se reaxusta aos poucos días, demostrando que así podería quedar. 
Para acelerar o cambio é necesaria, sobor de todo, vontade política sen agardar grandes orzamentos. Máis ambición e menos actuacións inaugurables. As escasas intervencións realizadas, sinxelas pero drásticas, conseguiron algo importante, que se debata sobre a cidade, máis sobre o dereito á cidade e menos sobre dereito a aparcar, inexistente pero esixido. 
O “baleiro” inicial da rúa non debe desacougar, o éxito é modificar a aberración rodada actual, non é necesario enchela de obstáculos “útiles”, o espazo gañado debe ser respectado. Sabemos que con frecuencia “a verdade tardou en ser verdade” e non esquecer que gañar espazo non pode ser só facerlle sitio as necesarias terrazas.
O criterio de intervención ha ser claro, que sexa urxente non quere dicir improvisado ou sen proxecto. O necesario é sempre máis interesante que o vistoso. O espazo debe darnos máis liberdade, con elementos lixeiros para poder equivocarnos e axustable para modificalo ao ir analizando os resultados. 
A compoñente experimental será fundamental: por que debería ser de usar e tirar?, que probar?, podería ter zonas cubertas?, que chans e plantacións tería?, como podería ser o seu mobiliario e disposición? Un exemplo, poderiámonos recostar -evidencia de máximo confort urbano- onde antes podiamos ser atropelados. Cun proxecto sen zonificacións, o espazo autocelebraría esta conquista como “campo dá festa”: bailes, comidas ou mercados.
E en paralelo a estas intervencións, a fórmula de éxito coñecida para a mobilidade, chamada sostible: máis camiñar, bicicleta e bus ou tranvía. Mentres, tanto este urbanismo táctico como o acougado de tráfico a 30 km/h, os pasos peonís elevados ou a accesibilidade sen resalte algún serán medidas transitorias. 
Para poder chegar finalmente á chamada “cidade dos coidados”, atenta aos máis débiles, con diversidad funcional ou anciáns, e que debería permitir, ademais, que unha nena ou neno de seis anos poida ir andando ao colexio como xa acontece en Tokyo. 
E é que na cidade como en todas partes, sabemos que o que é bo para máis xente é sempre mellor.
Tumblr media Tumblr media
Imaxe // fonte:
1. Rúa céntrica comercial peonil na fin de semana  // busurbano.blogspot.com
2. Park(ing) day ou no que nun estacionamento cabería // park(ing) day Compostela
3. Pintado e uso inmediato da urbanización proxectada // Google maps
47 Sermos, nº 578, páx. 27 (04/11/2023)
0 notes
expertriya · 1 year ago
Text
0 notes
alfredoferreiro · 2 years ago
Text
35 anos de teatro Chévere!
Dar cabo ao ano con teatro e comezar o ano con el ten para min un aquel de refundación, como agora vos contarei. O evento Manuel Lourenzo, Patricia de Lorenzo, Xesús Ron e Xosé Ballesteros na libraría Berbiriana da Coruña A vinte e sete de decembro acudín á libraría Berbiriana da Coruña para asistir a unha presentación singular: o extraordinario libro que sobre o grupo Chévere a editorial…
Tumblr media
View On WordPress
1 note · View note
mary-ocean · 2 years ago
Text
Tu voz
Hoy cogi el móvil para volver a escuchar tus audios porque poco a poco me estoy olvidando  tu voz  me estoy olvidando de tu sonrisa , de los ruidos extraños  que hacías cuando comías  , quería sentirte cerca mío... No sabes cuanto te extraño   aun recuerdo perfectamente la ultima vez que nos vimos , el ultimo abrazo y el ultimo beso.                                                                               M..D 
2 notes · View notes