#caluga
Explore tagged Tumblr posts
Text
Les dejo mi reseña sobre Caluga o Menta publicada también por la revista 35 Milímetros :)
#omnivoracultural#reseña#critica de cine#Caluga o Menta#Gonzalo Justiniano#cine#cine chileno#cine latinoamericano
0 notes
Text
caluga das ondas
© Manoel T, 2023
142 notes
·
View notes
Photo
Medal of Honor Monday: Jose Calugas
On this day in 1942, a hero engages in an action that would earn him the Medal of Honor. Jose Calugas served in the Philippine Scouts of the United States Army during World War II. He received the Medal of Honor for his actions during the intense Battle of Bataan.
Who would have known that a mess sergeant on kitchen patrol duty would earn a Medal? Heroes come in all shapes and sizes, don’t they? :)
The Battle of Bataan was fought almost immediately after the Japanese attack on Pearl Harbor. The Japanese had invaded the Philippines, working to seize more and more land in the Pacific. The Philippine Scouts were immediately called into action.
“There was no provision for all the troops in the Philippines,” Calugas’s son later reported of this time. “No air power, no food, no medical supplies, no ammo . . . .” The situation was perhaps unsurprising, given that the United States had just been sucked unexpectedly into a war that it was trying to avoid.
The story continues here: https://www.taraross.com/post/tdih-jose-calugas-moh
#tdih#otd#this day in history#medal of honor monday#medal of honor#us army#world war ii#wwii#sharethehistory
86 notes
·
View notes
Note
Trick or treat? :) 🤲
Hoi! Have a box of calugas wooo!
3 notes
·
View notes
Text
Rosario de Velasco, pintora figurativa e ilustradora
O Museo Thyssen dedica unha retrospectiva aos traballos artísticos de Velasco nas décadas dos 20 a 40 do pasado século, traballos que foran quedando no esquecemento co paso do tempos; circunstancia que lles acontece ás producións de demasiadas mulleres. Ao mesmo tempo, ese museo presenta outra mostra dedicada á Memoria Colonial. Tratarase no fondo da mesma idea? Pódese dicir que recuperar as producións artísticas de tantas mulleres artistas esquecidas é un xeito de “descolonización patriarcal”?
Texto de Lito Caramés
Velasco. Gitanos, 1924
Rosario de Velasco. Museo Thyssen, Madrid
Volver con la frente marchita
Las nieves del tiempo platearon mi sien
Sentir que es un soplo la vida
Que veinte años no es nada
Que febril la mirada, errante en las sombras
Este verán, de calores tan ameazadores, o Museo Thyssen ten a ben programar nas súas salas do Paseo del Prado unha exposición antolóxica dedicada á pintora Rosario de Velasco, unha artista ben coñecida (e recoñecida) neste país nos anos 20 e 30. Unha muller coetánea e compañeira de mulleres e homes da xeración do 27. Agora nas salas desta institución museística é doado contemplar (por exemplo) as ilustracións que Velasco elaborou para o libro de relatos infantís Cuentos para Soñar, de Rosa María León. Outro tanto fixo para a publicación Cuentos a mis nietos, da polifacética Carmen Karr (feminista, escritora, música, ...), editado en 1932. A mostra que recolle un número moi importante de obras (pinturas e mais ilustracións) está organizada polo Thyssen xunto co Museo de Bellas Artes de Valencia. Poder xuntar tantas pezas nunha mesma exhibición sobre unha artista que pasou décadas no ostracismo (como tantas outras), foi un duro traballo, e contouse para este fin mesmo coas redes sociais. En todas esas tarefas de procura estiveron á cabeza os comisarios: Miguel Lusarreta e mais Toya Viudes de Velasco, sobriña neta da artista, o que demostra o interese da propia familia en atopar e revalorizar os traballos da pintora. Con eses empeños puidéronse xuntar máis de trinta pinturas e unha ampla selección de ilustracións.
Rosario de Velasco (Madrid, 1904 - Barcelona, 1991) foi una muller con grandes inquietudes culturais. Nosanos de xuventude tivo a compañía (e mesmo amizade) de mulleres como María Teresa León ou a grande pintora surrealista Maruxa Mallo, así como de Concha Espina e a deportista Lilí Álvarez, á que retratou no ano 1938 e coa que compartía interese e afección por varias actividades deportivas.
Velasco. Adán y Eva, 1932
Segundo contan agora os descendentes da artista, para pintar sempre escoitaba música. Xa fose música clásica (como Mozart) ou pezas máis do seu tempo como fados, boleros, tangos e outros máis. Quizais lle agradase escoitar o tango Volver, composto por Carlos Gardel e mais o poeta Alfredo Le Pera en 1934, e que tan ben interpreta Estrella Morente no filme almodovariano Volver. Así, Volver serve tamén como referencia a que a súa visibilidade, a súa presenza artística regresa pola porta grande.
Como dato importante respecto da súa carreira artística, vale o dato de que no ano 1935 a súa pintura Gitanos foi seleccionada para participar na Carnegie International, unha mostra internacional montada polo Carnegie Museum of Art de Pittsburgh. Gitanos compartiu espazos con pezas de Georgia O’Keeffe, Edwuard Hopper, Dalí ou Picasso. Esa mesma obra -dunha factoría magnífica- tamén serve para valorar esta exposición do Thyssen: estivo moitos anos en lugar descoñecido e, os traballos para esta mostra, permitiron dar con ela e tela agora en Madrid.
Velasco. Lavanderas. 1934
Rosario de Velasco. Quattrocento, Volta á orde
Contan que mirei para tras por curiosidade. / Pero, máis aló da curiosidade, puiden ter outros motivos. / Mirei para tras do��da pola miña escudela de prata. / Por descoido, ao atarme unha sandalia. / Para deixar de ver a caluga xusticeira / do meu home, Lot. / Pola súbita convicción de que se morría / el nin se detería. / Por desobediencia propia de mansos / da persecución. (W. Szymborska, A muller de Lot, 1997).
A poeta polaca Szymborska dedica un revelador poema a unha muller: A Muller de Lot. Esta muller, que consta na Biblia nos episodios de Sodoma e Gomorra (que rematou a súa vida de xeito tráxico), non ten nome! É tanto o desprezo cara ela que nin se lle dá nome. Negarlle a mínima identidade é condenala á non existencia. Algo similar aconteceulle (e acontece aínda) a moitas mulleres que, pese os seus méritos na disciplina que sexa, permanecían no absoluto esquecemento. Mulleres que foron desprezadas ao longo do extenso dominio do patriarcado.
Velasco. Pajaro Azul (ilustración), 1927
Rosario de Velasco (1904-1991) tivo unha boa formación pictórica e, desde os anos 20, comeza a súa carreira artística. Sempre sentiu atracción especial pola pintura figurativa, e en especial por artistas do Quattrocento italiano. Na súa obra Lavanderas, por exemplo, hai toda unha homenaxe a pintores como dese século XV. As árbores que conforman o fondo da pintura logo fan pensar nos fondos de moitas das pinturas de Botticelli, así como a rotundidade escultórica das figuras femininas lembran os corpos de Mategna. Como moitos outros artistas daqueles anos, moitas das creacións de Velasco pódense inscribir no que deu en chamar “Retorno á Orde”, algo así como un movemento que pretendeu ignorar as vangardas e tornar á reivindicación da arte clásica, figurativa. Un dos artistas que encabezou este movemento foi o revolucionario Pablo Picasso; e por iso algunha das pinturas de Velasco recordan as obras de Sunyer, por exemplo, ou mesmo algunhas de Maruxa Mallo.
As creacións de Rosario de Velasco “desapareceron” perante décadas. Hai persoas que afirman que o esquecemento, neste caso concreto, pódese deber á súa coñecida militancia falanxista. Quizais se sumaron as dúas cousas: ser muller e tamén ser falanxista. De todos xeitos, cómprew recoñecer que homes creadores de recoñecida militancia falanxista como Álvaro Cunqueiro ou Josep Plà levan décadas contando con recoñecementos públicos e notorios. Por tanto, non é desacertado concluír que, no caso de Rosario de Velasco,m pesa máis o feito de ser muller artista que as súas militancias políticas.
Velasco. Carnaval. Antes de 1936
Lito Caramés
EXPOSICIÓN: Rosario de Velasco
Museo Thyssen, Madrid.
ata o 15 de setembro de 2024
1 note
·
View note
Video
youtube
Contra: Operation Caluga Demo Gameplay [4K PS5]
0 notes
Note
Sube algo que muestres un poquito porfi
Y Zaz!!! Baneada de tumblr skdndks
Nah, no tengo mucho pero lo que tengo es trabajo honesto uwu
Ojalá algún día tener calugas que mostrar pero me alejo de ello con cada papa frita ;u;
Algún día si me da la gana en volá si, por mientras es solo agtee provocadora sjsjsj
0 notes
Photo
forma?
o ar esfarela ese instante outro non de sede íspense as ondas dos beizos tallase o leito da túa caluga
escuma sen ondas movemento que nunca morre instante das formas do xeito ninguén morre de ser nada
© Manoel T, 2022
79 notes
·
View notes
Text
I always thought shadow was the 2nd to fall due to a fever like the Roman emperor Caluga who was nice sweet and sane before he fell really ill witch may have fried his brain and after he got better he became a dictator.
And eternal sugar was first having stopped caring about shadow milk and leaving him
time for some beasts headcanons, share your own thoughts if you want! Also I said corrupted/corruption a lot in this post. And a lot of them are about shadowmilk, bet you can guess who my favorite it.
Shadowmilk was the last one to become corrupted in my opinion, cause you know he was the virtue of Knowledge, and with that well knowledge surely he'd be able to fight off the corruption for at least a bit longer than the others. Also I can see there being more about their corruption then we've been told/shown, I mean lies almost always contain a bit of truth so maybe there's something more in the beasts pasts that caused them to become well beasts
I like to imagine that while they were still sane or not corrupted, or whatever you wanna call it, I like to believe they might've felt the opposite of their Virtues at times, so there may have been times that Eternal Sugar felt angry and maybe got mean, and times when Shadowmilk felt like maybe he wasn't as smart, these essential self doubts for them may also have been a reason of their corruption.
I also like to imagine they had meetings or whatever similar to how the ancients have meetings, I think this is pretty self explanatory, I mean they atleast were friends.
Eternal Sugars devil wings, were originally a smaller set of angel wings, and she didn't have a devil tail either, although I like the idea that maybe she just looked like that originally too.
Burning Spices kingdom/domain is extremely hot, It just makes sense, Shadowmilk, and silent salts I see being cold, and Mystic Flours, and Eternal Sugars are a Inbetween, the silver kingdom probably was also Inbetween maybe a bit colder though.
Eternal Sugar and Shadowmilk are the closest of the beasts before and after corruption.
The beasts before corruption were called 'The divine Saviors' or just 'the saviors' which were titles given by cookies.
Shadowmilk is far sighted, which means if your far away he can't see you all that well, he wore glasses cause of this but kinda just stopped wearing them after corruption because they didn't fit the whole jester vibe, he suffers in silence for an act he's that devoted.
Burning Spice and Shadowmilk got into banters about how hot/cold the others kingdom/domain was it occasionally would end with someone throwing something at them mostly Mystic Flour and a plate would be thrown.
Eternal Sugar used to sing lullabies for orphan cookies to help them sleep, she surprisingly still did in her corruption
Even when they were corrupted they never intentionally hurt young cookies.
There were much more prowlers back in the beasts time, and not just Snowy Peak prowlers but many other kinds, Shadowmilk is/was the only cookie in history that's been able to 'tame' one.
Mystic Flour was always more aloof then the others, but constantly got hugged, mostly by Shadowmilk or Eternal Sugar.
Shadowmilk didn't create Blueberry Yogurt Academy, but he did know Blueberry Yoghurt cookie and he actually wrote some of the very old history books that can be found in the schools library he also helped build it, this was before corruption, but that's a bit obvious I'd assume.
Silent Salt if he ever speaks would have a very rough voice from not speaking in centuries. Shadowmilk would tease him for it probably
The beasts are either the first 'gods' that the Witches made but when they were sealed the Witches created the elementals, or the elementals potentially helped the Witches create the beasts with some of their essences.
Silent Salt would've probably had a similar reaction to Dark Cacao if they were accused of something like what the ancients were, this is also before corruption.
Shadowmilk if he got upset at one of the other would take off his glasses so he didn't have to see them clearly, he'd also just act like a disappointed parent in general.
And that's all for now.
97 notes
·
View notes
Text
"The Discovery of The Philippines"
By Ferdinand Magellan of Portugal in honor of the King of Spain.
March 16, 1521
"Easter Sunday 2023"
April 9, 2023
March 16, 1521 - April 9, 2023
502 years and 24 days later.
"The Day of Valor"
Philippines
April 9, 2023
On Easter Sunday, April 9, 2023, after 502 years and 24 days of uncertainties, the Philippines celebrated "The Day of Valor," paying tribute to the truly brave heroes of the country. These heroes include Lapu-Lapu of Mactan, Cebu, and Sergeant Jose Calugas of Leon, Iloilo – the last two men standing who defended the Philippines out of love for their country, loyalty, dedication, and bravery.
—
Images:
CTTO
—
#Courage
0 notes
Text
Medal of Honor Monday: Army Capt. Jose Calugas
View Online Medal of Honor Monday: Army Capt. Jose Calugas May 1, 2023 | By Katie Lange Army Capt. Jose Cabalfin Calugas wasn’t a U.S. citizen during World War II, but he fought valiantly for America when the Japanese invaded his homeland, the Philippines. He earned the Medal of Honor while doing so, but to receive it, he had to survive nearly two brutal years in captivity. Calugas was born on…
View On WordPress
0 notes
Text
María Blanchard, cubismo e moito máis
María Blanchard, cubismo e moito máis
A pintora María Blanchard é un de tantos casos nos que as mulleres artistas foron silenciadas, desprezadas. Estes meses o Museo Picasso de Málaga fai xustiza ás súas excelentes cualidades profesionais e presenta a mostra María Blanchard. Pintora a pesar del cubismo. É unha ocasión perfecta para coñecer toda a traxectoria artística desta muller que se negou a ser ninguneada en vida. Agora trátase de reparar décadas de silencia e desprezo.
Lito Caramés
Blanchard. Pintora a pesar del cubismo
María Blanchard. Pintora a pesar del cubismo. Museo Picasso Málaga
Contan que mirei para tras por curiosidade. / Pero, máis aló da curiosidade, puiden ter outros motivos. / Mirei para tras doída pola miña escudela de prata. / Por descoido, ao atarme unha sandalia. / Para deixar de ver a caluga xusticeira / do meu home, Lot. / Pola súbita convicción de que se morría / el nin se detería. / Por desobediencia propia de mansos… (W. Szymborska, A muller de Lot, 1997).
Nas derradeiras décadas do século XIX houbo grupos de mulleres artistas, valentes e rachadoras, que probaron e seguiron vieiros ata entón reservados a homes. Unha desas mulleres artistas foi Marie Krysinska que polos anos 80 daquela centuria foi das primeiras poetas en iniciar a práctica da poesía sen rima, dos poemas sen métrica; prácticas de escrita libre que Krysinska empregaba en paralelo a autores máis coñecidos, como Baudelaire ou Rimbaud. Krysinska lía os seus poemas en clubs de Montmartre como o famoso Le Chat Noir, e outros. Ao seu carón participaban de actividades diversas mulleres como Louise Michel, persoa que acabou por afiliarse ao comunismo e sempre defendeu as súas posicións feministas. Pedagoga, escritora e militante política foi unha figura destacada de Le Commune, sendo nomeada presidenta do Comité de Vixilancia Republicana de Montmartre. Así mesmo, Louise France participou -como escritora e como actriz- con regularidade nos espectáculos que se programaban en Le Chat Noir, e noutros cabarets e teatros como o Théâtre Libre que aparecían e desaparecían por Montmartre. Son mulleres que, ata hai moi pouco, permanecían no absoluto esquecemento. Mulleres que foron desprezadas ao longo do extenso dominio do patriarcado. Un exemplo é o que reivindica a poeta polaca Szymborska, A Muller de Lot, a quen lle decida un magnífico poema. Esta muller, que consta na Biblia nos episodios de Sodoma e Gomorra (que rematou a súa vida de xeito tráxico), non ten nome! É tanto o desprezo que nin se lle dá nome; negarlle a mínima identidade é condenala á non existencia.
Blanchard. La comulgante, 1914
Coas artistas acontece (e aconteceu o mesmo). Hai uns anos o Museo Picasso de Málaga programou a fantástica (e loitadora) exposición Somos plenamente libres. Las mujeres artistas y el surrealismo, unha mostra onde se presentaron obras de 18 , 18 mulleres artistas (fotógrafas, pintoras, debuxantes) que optaron polas propostas e estéticas surrealistas. Onde se falaba delas ata agora? Non se falaba e, se se facía, era para valorar aspectos que nada tiñan que ver coas súas valías profesionais, e si con outros aspectos vitais, en pasivo. Os exemplos abundan: da magnífica fotógrafa Lee Miller o que se leva comentado perante décadas é se fora ou non fora amante de Man Ray; esquecendo a súa valía profesional, como avalan as súas instantáneas. Outro tanto se pode dicir do porvir de Tina Modotti: nada de informar e gabar os seus traballos como fotógrafa das Revolucións Mexicanas, non; interesou máis saber dos seus affairs amorosos.
Onde estivo ata agora a pintora María Blanchard?
A extensa e completa exposición María Blanchard. Pintora a pesar del cubismo (Museo Picasso de Málaga) vén encher un baleiro clamoroso sobre as creacións dunha muller valente, de probada fortaleza, que foi quen de traballar e facerse valer a carón de “vacas sacras” da arte como Picasso, Gris ou Matisse.
Blanchard. Dama del Abanico, 1913-16
María Blanchard. Pintora a pesar del cubismo. Clasicismos, cubismo.Suzanne Valadon
Moderna (Blanchard) a la vez que dialogante con la historia de la pintura europea, hábil en el dominio técnico y valiente estilísticamente, su original y heterodoxo modo de resolver el reto de la representación, despertó en el círculo parisino de sus colegas pintores el respeto que la ha convertido en una figura de gran valor tanto estético como ético. (José Lebrero Stals, comisario, 2024).
A mostra María Blanchard. Pintora a pesar del cubismo é unha magnífica oportunidade para coñecer polo miúdo a figura creadora de María Blanchard (1881-1932). Monográfica e cronolóxica, nas salas do Museo Picasso de Málaga vanse sucedendo as liñas pictóricas polas que van circulando as sensibilidades desta artista. Blanchard foi unha muller comprometida socialmente e tamén como artista. En 1909, con 30 anos, viaxa por primeira vez a París, daquela a capital mundial da arte, das vangardas, das efervescencias creadoras; e logo entra en contacto con aqueles homes (iso si, homes) que parece ser que eles sós están a crear a arte nova: Picasso, Gris, Diego Rivera, Anglada Camarasa e outros. Blanchard, muller culta e reivindicativa, rachou os estereotipos de xénero que se agardaba que respectase daquela. En novembro de 1908 o famoso crítico de arte Louis Vauxcelles, tras asistir á presentación dunha exposición de pinturas de G. Braque escribiu: “...réduit tout, sites figures maisons, à des schémas géométriques, à des cubes” Deste xeito o crítico daba nome a unha nova vangarda, o Cubismo (Vauxcelles tamén é responsable de dar nome ao Fauvismo). Aos poucos meses María Blanchard está instalada en París, en plena efervescencia creativa e revolucionaria das artes. Ela logo se apunta ao cubismo.
Antes de viaxar á capital francesa, a artista fixera a súa formación no seu Santader de orixe. Os primeiros anos Blanchard segue as modas que, máis ou menos, se seguen en España: retratos, mormente de familiares e coñecidos, outras obras de temática costumista, sen esquecer escenas mitolóxicas de corte romántico. Da visión romántica tamén se apunta a autora de La Comulgante cando se trata de vender a imaxe sensual e ficcionada da “xitana”. Por ese carreiros ían moitos artistas a finais do XIX e comezos do seguinte. Na Exposición Universal de París de 1900, a representación que tivo máis éxito foi l’Andalousie au temps de maures. O mesmo se pode dicir da dedicación de Nonell á pintura de xitanas na súa Barcelona natal.
Blanchard. Naturaleza muerta, 1917
A pintura La Comulgante é unha obra inquietante. Por unha banda están eses anxos que inzan os ceos coas súas cores e corpos tan peculiares; mesmo semella que lle deben algo ás pinturas de Chagall. A rapaza vestida de primeira comuñón non se sabe ben se ofrece aos espectadores a súa inocencia, ou se xa se presenta como unha noiva a punto de ser muller. O cortinón, a face da protagonista non convidan a entender que se trata dunha escena serena e festiva.
E logo inicia a súa etapa cubista, a que ata agora foi coñecida. En 1915, en Madrid e acompañada de Diego Rivera e outros pintores, Blanchard expón na mostra organizada e titulada por Gómez de la Serna, Pintores Íntegros. Pretendía ser unha exposición de arte cubista e vangardista. A experiencia acabou mal, a mostra foi clausurada, e Blanchard, por ser muller, levou a peor parte, críticas machistas. No Defensor de Córdoba púidose ler: Ayer fué el último día de exposición de mamarrachadas cubistas, con la que, durante algunos dias, los pintores íntegros han divertido á algunos madrileños, enojado á los más y entristecido a muchos […]. Jamás pudo ocurrírsenos pensar en que había de sobrevenir un tiempo en el cual viéramos tamaña necedad y tan desatinada audacia... Despois de tamaña (e conservadora) experiencia, Blanchard abandona España para sempre e entra de cheo nos cenáculos de artistas cubistas. A súa etapa cubista é a máis coñecida de todas e a pintora acaba por ser unha das importantes protagonistas do movemento cubista internacional.
Na mostra María Blanchard. Pintora a pesar del cubismo, que tan acertadamente presenta o Museo Picasso de Málaga, están presentes moitas pinturas da súa etapa cubista. La Dama con Abanico é unha demostración de como -desde ben cedo- comeza a estudar e a descompoñer espazos e figuras para procurar rachar a perspectiva única e achegarse aos diversos puntos de vista que procuraban os cubistas. Blanchard ten, ademais, a peculiaridade de que, aínda que mire de crear figuras xeométricas identificables nas que esfarelar a figura de muller, non renuncia ás cores. O cromatismo é unha das súas sinais de identidade. Outro tanto é doado afirmar das diversas e magníficas naturas mortas que estes meses enchen salas do Picasso. Son estruturas xeometrizantes que poden competir coas de Gris, Picasso ou Braque; coa diferenza de que a pintora de Santander non se achega aos collages. (Non sería estraño que nalgúns casos se pretendese vender algunha peza de Blanchard como se fose de autoria dalgún dos seus compañeiros masculinos).
María Blanchard remata a aventura cubista en poucos anos. E regresa ao figurativismo. Pódese dicir que, tamén neste caso, vai ao compás de moitos outros creadores, e inaugura a que deu en chamar Regreso á orde, a un certo clasicismo alá polos anos 20. Nesta terceira etapa centra as súas pesquisas no mundo cotiá e feminino ou infantil, na súa meirande parte. Regresa ao figurativismo cheo de cores, cousa que nunca abandonou. Nestes anos obsérvase a pegada que nela deixaron mestres clásicos como Velázquez ou Manet, Goya ou Murillo.
Blanchard. Niña de negro y rosa, 1926
María Blanchard tivo toda a vida que loitar contra os estereotipos, contra o machismo imperante no munda da arte (como en toda a sociedade). Nese sentido o seu caso pode ter paralelismos coa lota que tamén tovo que exercer Suzanne Valadon (actualmente cunha magnífica exposición no MNAC de Barcelona), a muller de familia pobre que comezou sendo modelo para artistas como Puvis de Chavannes, Renoir ou Toulousse-Lautrec e loitando, loitando rematou por se unha gran pintora. María Blanchard negouse sempre a aceptar o que a sociedade e aépoca lle querían impor: renunciar a ser artista, traballar no campo íntimo e doméstico, e saber que sempre ía estar excluída das estruturas da historia da arte.
Lito Caramés
EXPOSICIÓN: María Blanchard. Pintora a pesar del cubismo
Museo Picasso Málaga
ata 29 de setembro de 2024
0 notes
Text
Cities I’ve visited in the Russia.
Central Federal District Moscow
Mosobl: Sergiev Posad, Kolomna, Sierpuchow Yarobl: Rostov, Pereslavl-Zalessky, Godenovo, Yaroslavl Kosobl: Kostroma Belobl: Belgorod, Grayvoron Tvrobl: Tweŕ Vldobl: Wladimirz, Suzdahl Klgobl: Caluga Razobl: Räzań
Southern Federal District Kuban: Anapa
Northwestern Federal District Saint Petersburg
0 notes