#Litografía Viña
Explore tagged Tumblr posts
pacaproyectosartisticos · 7 years ago
Text
Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media
Presentación pública del proyecto Correlaciones Atlánticas VIERNES  27 octubre 2017 | Feria Arte Oviedo  Museo de Bellas Artes de Asturias (sala de conferencias H.18:00 ). 
Ponencia presentada por Laura Gutierrez (gracias por la predisposición para la conferencia y por la amabilidad) y con la participación activa de Virginia Lopez​, Cristina Moneo​ y Álvaro Baena​ como tres de los integrantes del proyecto, exponiendo entre otros asuntos la gestión previa y transcurrida, las interrelaciones entre arte y paisaje y las experiencias de trabajo en otros talleres y de intercambio conceptual y de técnicas con el resto de los artistas.  
Expusimos reflexiones de los artistas y proyectamos imágenes de la obra de Veronica Garcia Ardura​, David Arteagoitia​, Jabier Herrero​, Carlos Pérez y Valle Baranda Ferrero​ de @alchemyprints, Erramun Mendibelanda​, Mario M. Martinez​ y Cristina Moneo.  
"Correlaciones Atlánticas" es una propuesta fruto del acuerdo de colaboración TAN CERCA 2017 Bilbao-Santander-Gijón/Xixón @tancerca17
#CorrelacionesAtlánticas : una lectura sobre la relación campo-ciudad, centro-periferia utilizando el libro de artista, la edición de arte y las artes del libro como soporte material, poético y estético. Artistas invitados al proyecto: David Arteagoitia, Erramun Mendibelanda y Jabier Herrero (Ediciones 4/4) e Itziar Olaizola, Cristina Moneo , AlchemyPrints (Valle Baranda Ferrero & Carlos Pérez), Mario M. Martínez y Veronica Garcia Ardura . 
http://pacaproyectosartisticos.com/artist-in-residence-2/correlaciones-atlanticas-2017/
2 notes · View notes
pacabooks · 8 years ago
Photo
Tumblr media
ESTAMOS TRABAJANDO EN NUESTRA PRÓXIMA PUBLICACIÓN!dentro de unos días estaremos en Litografía Viña experimentando con papel y después con tipografía, ganas!!!
Eigedenken/Recordación. Trabajar para comer Catálogo/edición especial
de la exposición y procesos de residencias Eigedenken/Recordación. Trabajar para comer.  
Presentación del catálogo 21 julio 2017. sala 3| Centro de Cultura Antiguo Instituto (CCAI), Gijón. dentro de la exposición VYKORT.
artistas: Miguel Braceli * Irene Coppola * Claudia Gambadoro Hector Z Siluchi * Tamara Vignati (Tam Ara) * Offmothers Colectivo (Susana Carro Fernandez, Elena de la Puente , Natalia Pastor, Roxana Popelka, Blanca Prendes, Gema Ramos y Eugenia Tejón) * Archivo La Vidéothèque: Anne Charlotte Finel , Isabelle Hayeur, Yasmina Benabderrahmane, d’Ailbhe Ní Bhriain.
Texto razonado de la exposición : Griselda Coro Niembro
PACAbooks (PACAbooks es un proyecto editorial independiente de Virginia López, realizado en el marco de PACA_Proyectos Artisticos Casa Antonino(http://pacabooks.tumblr.com/). 
[proyecto subvencionado por la Fundación Municipal de Cultura y Up del Ayuntamiento de Gijón. Producciones artísticas 2016]
0 notes
seispuntos · 6 years ago
Photo
Tumblr media Tumblr media
N A D A
Edición de 35 ejemplares, incluidos 3 P.A. y 2 H.C., 2017.
Papel Lettra Pearl White de 300gr/m2, hilo de lino, tela con soporte de papel libre de ácido.
Impreso en relieve en una Minerva Boston. Encuadernación en tapa dura con lomo visto y cosido copto, portada, portadilla y colofón estampados en seco.
Formato: 16,3 x 24,2 x 1,7cm.
Proyecto editorial ganador del CONCURSO DE PROYECTOS DE ARTE GRÁFICO Y EDICIÓN, en la modalidad de libro de artista organizado por la Fundación Alvargonzález, Litografía Viña y La Productora SAL.; en colaboración con la Escuela de Arte de Oviedo, en 2017.
1 note · View note
grabado-hechoenchile · 3 years ago
Photo
Tumblr media Tumblr media Tumblr media
Artistas | Virginia Vizcaíno (Los Andes, 1945)
Formada en las escuelas de Bellas Artes de Valparaíso y Viña del Mar, se especializó en litografía en el Taller 99 y en el Tamarind Institute (Estados Unidos). Su trabajo mezcla la figuración y la abstracción, con predominio del carácter experimental y expansivo del grabado, sobreponiendo matrices y texturas desplegadas en grandes formatos. Es representante de la particular historia de las artes gráficas en Valparaíso; contribuyó a la reapertura del Taller de Grabado la Escuela de Bellas Artes de la ciudad puerto –cerrada tras el Golpe de Estado en 1973– donde fue directora y docente, formando a varias generaciones de artistas gráficos porteños.
0 notes
paca-artistinresidence · 6 years ago
Photo
Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media
Visita de Dianora Pérez al taller de estampación Litografía Viña de Gijón, otro imprescindible para la edición de arte y libros de artista. 
http://pacaproyectosartisticos.com/dianora-perez-2019/
0 notes
praza-catalunya · 7 years ago
Text
A Pop Art, coas Campbell’s Soup e mais Marilyn, aterra en Montjuïc
Estes meses están en Caixaforum Barcelona moitas creacións de quen se considera a icona internacional da Pop Art: Andy Warhol. Boa oportunidade para ver de cerca algunhas das súas pezas máis emblemáticas, e mais para coñecer a diversidade da súa produción. A Pop Art quedouse na mercantilización de obras en serie?
Lito Caramés
Tumblr media
Warhol. A arte mecánica
La exposición Warhol. L’Art Mecànic pretende revelar la condición maquinista de un trabajo insertado en una sociedad que ha cambiado de fe en el mito religioso por el consumo masivo transformado en producto perecedero que se puede comprar: una actriz, un político, un alimento o un empresario son transformados en un Warhol al transferir estrategias propias de la publicidad al campo de la producción y la reproducción artística ( José Lebrero Stals, comisario).
A conxunción de esforzos da Fundació LaCaixa e mais do Museo Picasso Málaga deu como froito a extensa exposición Warhol. L’Art Mecànic. Así, o comisario da mostra, José Lebrero Stals --actual director artístico do Museo Picasso Málaga-- consegue presentar en Warhol. L’Art Mecànic 352 pezas saídas das mans e cerebro de Andy Warhol e mais do seu equipo na famosa The Silver Factory. O que se pode atopar nas salas de Caixaforum Barcelona é moi variado. Hai, por suposto pinturas, esculturas e mais deseños, pero tamén abundan as serigrafías, as instalacións, portadas de discos, pósters, revistas, invitacións a concertos, por suposto filmes así como material fotográfico. Segundo o comisario Warhol. L’Art Mecànic pretende ser unha antolóxica con todo o significado, e abranguer desde traballos de xuventude ata outros de pouco antes de morrer. O señor Lebrero é ben coñecido en Barcelona, pois xa foi conservador xefe do MACBA --Museo d’Art Contemporani de Barcelona-- (nestes meses o MACBA ofrece á cidade de Barcelona unha ampla mostra dos traballos de Joan Brossa), marchando posteriormente para Sevilla para converterse no director artístico do Centro Andaluz de Arte Contemporáneo (CAAC).
Para xuntar tanta obra, o señor Lebrero e demais responsables contaron cos préstamos de institucións tan recoñecidas como o Andy Warhol Museum, de Pitsburg, o MOMA de New York, o Centre Geirges Pompidou de París ou a Tate Mosern de London. Importante, tamén, e por iso se lle adica unha gran sala a aportación que fixo o coleccionista canadense Paul Maréchal, (presente na inauguración de Warhol. L’Art Mecànic) que basa a súa colección de pezas de Warhol en obxectos máis ben pequenos e cotiás, como discos, carteis, anuncios, libros, invitacións a concertos dos Rollings, etc. Cando remate a súa estancia na Casa Ramona, antiga fábrica textil e agora sede de Caixaforum Barcelona, a mostra Warhol. L’Art Mecànic viaxará a Caixaforum Madrid, e por suposto ao Museo Picasso Málaga.
Tumblr media
Screen Tests, cine experimental  
Unha sala de Caixaforum Barcelona está destinada exclusivamente a unha das producións de Warhol e mais da The Silver Factory, que veñen sendo os Screen Tests. Traducido pódese dicir que son probas de  cámara. Andy Warhol creou estas probas entre os anos 1964 e 1966. Para iso convidaba a persoas ben coñecidas a que fosen á The Silver Factory, e alí puña a cada unha das personalidades diante dunha cámara durante 3 ou 4 minutos. A cámara, unha Bolex, inmóbil, cargada con rolos de película de 16 mm en branco e negro. Deixábaa fixa, estática, e sen so, e captando ás personalidades nun primeiro plano. E a/o convidado podía estar estático ou, por contra, ir facendo xestos. O que pretendía o deseñador de Pittsburg con ese exercicio era retratar a vida de persoas singulares, buscaba persoas xeniais que se atrevesen a ser elas mesmas diante da cámara ao longo de 3 ou 4 minutos. Dicíalles que se comportasen con absoluta naturalidade, que permanecesen sentados e mirasen á cámara. Pasados eses minutos, Warhol apagaba a cámara, e xa estaba feito o filme. Unha das persoas que pasou no ano 1966 por The Silver Factory foi Salvador Dalí. Daquela Dalí xa era ben coñecido pola súa propia autopromoción e mais pola súa fasquía mediática. A primeira Screen Test titulárona Upside Down Dalí, e nela o artista de Portlligat aparecía boca abaixo, nun exercicio ben surrealista. Logo fixeron outra (a que agora se pode contemplar en Caixaforum) en condicións normais, e Dalí estivo un anaco, pero na metade da proba marchou e nunca regresou.
Warhol chegou a facer preto de 500 probas de cámara. Entre as personalidades que se expuxeron a esas probas estaban Allen Ginsberg, Lou Reed, Bob Dylan, Edie Sedgwick, Dennis Hopper, Marcel Duchamp ou Salvador Dalí. Aínda que se pretenda dicir que Warhol foi pioneiro nestes traballos con novos medios de reprodución, non é de todo certo. Warhol usará na preparación e execución dos seus traballos publicitarios e artísticos ferramentas como o fotomatón, o proxector de diapositivas, a cámara cinematográfica ou a cámara Polaroid. Pero iso xa o fixeran nos anos 20 Man Ray, Chevalier, Carrington e tantas e tantos incluídos dentro do movemento surrealista. Nestes meses hai unha mostra de creacións surrealistas na Galería Mayoral, L’Espai dels Somnis, unha exposición de alto nivel e digna de ser vista.
Tumblr media
Blotted line technique & Storm door
Cando Andy tiña traballo no estudo de publicidade, precisaba alguén que lle axudase. Axudeille cunhas cinco horas diarias. Cando Andy tiña algunha cita co New York Times ou algunha revista de moda, viña cargado con zapatos, alfaias, frascos de perfume, pezas de roupa e outros obxectos de moda para realizar ilustracións das mesmas. O traballo consistía en facer detallados deseños dos obxectos e, ás veces, idear unha maqueta cos mesmos. Logo os debuxos eran calcados en outro papel e despois aplicábase o procedemento do Blotting. Ao final tiñamos os deseños acabados coas características liñas interrumpidas (Nathan Gluck, un dos primeiros colaboradores de Warhol).
Cando Warhol era mormente deseñador gráfico para casas de moda cada vez máis prestixiosas, usou unha técnica denominada blotted line. En inglés o termo blot pode significar mancha ou manchar, mentres que blotter vén sendo o papel secante usado para que a tinta das plumiñas non lixe3 o papel sobre o que se está a traballar. A técnica de reprodución consiste en copiar nun papel transparente e non absorbente e con tinta chinesa as liñas básicas dun deseño orixinal. Logo esa copia das liñas lévase a outro papel -neste caso ben poroso, para que queden así reproducidos os perfís principais. Warhol, con tal técnica que usou de estudante e ata os anos 50, desprezaba o concepto da obra orixinal, da obra única, e remitindo ao que na vida artística de Warhol será unha constante: a reprodución en serie con cores que nada teñen que ver co orixinal. Esta técnica que para algúns estudosos de Warhol foi decisiva, está na liña da calcografía ou a litografía, técnicas ben coñecidas séculos atrás. Neste vídeo é doado observar a técnica da Blotted line. Un exemplo perfecto da utilización desa técnica é a peza Judy Garland (1956), Warhol copia unha bota da actriz coa citada técnica, aínda que logo remátaa con pan de ouro.
No ano 1960 Warhol pinta (porque aínda que non pareza é pintura) a peza Storm door. Trátase dunha obra rara, inquietente na traxectoria do autor das series das sopas Campbell. A pintura de máis dun metro cadrado, mostra na parte alta o que parece o marco dunha porta, a medio pintar e inacabado. No centro á dereita xorde a porta, a medio abrir e con reflexos oblicuos na súa superficie, o que invita a pensar nunha porta de vidro. Unha porta dun domicilio calquera que se bate reiteradamente cos ventos da treboada? E no centro á esquerda sobresaen os números do que debería ser un prezo: un 12 de gran tamaño, e a seguir, menos da metade de grande un 88 (12 d´lares con 88 centavos?). Xusto debaixo destes números o lema “MADE TO “. A obra está pintada a man e con óleo, non se trata de ningunha reprodución mecánica, todo en branco e negro, con pinturas grises escuras e algunha sombra esbozada en marróns. Por riba a factura é descoidada: as liñas comezan e non acaban, a pintura escorre polo lenzo abaixo... Este descoido, este malfacer, é unha choscadela ao expresionismo abstracto, contra o que se rebelou Warhol? Esa pintura escorrendo é continuidade do dripping?
A importancia da obra Storm door vén sendo que a partir de pezas coma esta Warhol entrará a traballar o cómic. Algo tan popular e de consumo masivo como eran os cómics en EEUU nos anos 60 e 70 non podía escapar á disección e seriación do artista pop máis recoñecido e que soubo mesturar arte múltiple e mercantilización.
Tumblr media
Marilyn, Campbell’s Soup, serigrafías 
Sendo neno tiven tres depresións nerviosas, sempre con intervalos dun ano: unha con oito anos, outra con nove e outra con dez. Os ataques, que se presentaban baixo a forma de Baile de San Vito, comezaban sempre o primeiro día das vacacións de verán. Pasaba o verán enteiro tumbado na cama, escoitando a radio co meu boneco Charly McCarthy e os meus recortables sen recortar esparexidos. O meu pai sempre estaba lonxe traballando na mina. A miña nai líame contos tan ben como podía co seu acento checo (Andy Warhol).
A parte do traballo, xa publicitario, xa artístico, máis coñecido de Warhol son as súas serigrafías, creacións a partir de fotografías ou deseños e reproducidos en serie, usando cores moi arbitrarios e propios. As serigrafías son o resultado do paso da profesionalidade publicitaria de Warhol ao nivel que el pretendía alcanzar, o de artista. De todas as series famosas que logrou elaborar e converter e iconas populares, pop art, en Caixaforum, na mostra Warhol. L’Art Mecànic, é doado contemplar as sopas Campbell, ou varias das Marilyn que chegou a producir e reproducir na The Silver Factory. Respecto da sopa Campbell sábese que durante anos de infancia Julia, a nai de Warhol, lle deu algunha das variadas sopas que a firma Campbell elaboraba todos os días para cear. Tal reiteración alimenticia podería explicar a fixación que Warhol tiña con esas sopas e mais co seu envase cilíndrico e metálico.
Entre as moitas pezas coas que conta a mostra Warhol. L’Art Mecànic están retratos, retratos ou series de retratos, feitos a partir de serigrafías de mulleres famosas. Entre elas á gran icona do cine de Hollywood, Marilyn Monroe. Tamén fixo o mesmo con Elizabeth Taylor ou con Jacqueline Kennedy. As pezas sobre Marilyn comezou a facelas en 1962, xusto despois de morrer a actriz en Los Ángeles. Algo había no interior de Warhol que o impelía a fixarse nos retratos de mulleres famosas cando estas morrían ou pasaban por un transo moi difícil da súa vida. Quizais a constatación de que a beleza sempre é efémera? Nunha entrevista de 1978, Warhol respondeu sobre as series de Marilyn: Para min é unha muller máis. E se se trata ou non dun acto simbólico pintala con tales cores rechamantes, o único que podo dicir: Só me importa a beleza e ela é fermosa; e se hai algo que sexa fermoso, eso son as cores bonitas. Iso é todo.  
Respecto dos retratos de Liz Taylor afirmou nunha entrevista de 1963: Comecei a facer as serigrafías de Liz hai tempo, cando ela estaba tan enferma que todo o mundo pensaba que ía morrer. E o mesmo se pode dicir das series sobre Jacqueline, son a reprodución da fotografía da viúva Kennedy no cemiterio de Arlington no funeral e enterro do home. Algún periodista preguntoulle como era que só facía traballos de mulleres famosas en situacións de vulnerabilidade, en momentos dramáticos. Warhol respondeu que non era consciente de que fixese eses traballos xusto neses intres tan delicados para as mulleres; que comezou a ser consciente cando elaborou as series sobre Marilyn. O tema da morte estivo bastante presente na vida de Andy Warhol, xa fose acometendo traballos que explicitamente aludían a ela, xa pola súa preocupación (case obsesión) polo seu corpo, o seu físico.
Tumblr media
Mao Zedong, de icona comunista a icona pop capitalista
En Warhol. L’Art Mecànic se muestra al actor que ha creado un personaje de sí mismo, que se presenta a la sociedad co o un artista sincretista capaz de aunar las figuras del chamán, del empresario, del genio o del editor cultural. Warhol explicado por el fenómeno colectivo “universo Warhol”, aparece como un personaje mítico, por inescrutable y seductor, por su elusiva belleza (José Lebrero Stals, comisario).
Sempre atento á vida que pasaba polo seu carón, sempre atento a nividades, viñesen esas de onde viñesen, Andy Warhol le na revista Life do 3 de marzo de 1972 un artigo titulado “Nixon in the land of Mao”. A reportaxe falaba da histórica e primeira visita dun presidente dos EEUU á China comunista, feito que ergueu moitas protestas daqueles que eran partidarios dos boicots e da man dura aplicada nos anos da Guerra Fría. Pois ben, para a exposición que se ía celebrar en París, no Palais Galliera, Warhol selecciona unha soa imaxe, unha imaxe do presidente da República Popular Chinesa, Mao Zedong. Deste xeito Warhol utiliza esa imaxe aproveitando o rebumbio, a polémica que provocara a visita de Nixon ao país asiático comunista. A imaxe que Warhol utiliza para manipular ao seu antollo é o retrato oficial do dirixente autor do famoso –por aqueles mesmos anos-- Libro Vermello, de obrigado estudo en China e moi popular entre as intelectualidades occidentais. O retrato oficial, que en China repetíase de xeito obsesivo por todo o país, estaba editado en branco e negro, frontal. Por contra o artista de Pittsburg enche a face, os beizos, o pelo e o austero vestido “mao” de cores rechamantes e arbitrarios. Que consegue? Anacronismos, críticas, burlas; entrar no xogo das contradicións. O inimigo da liberdade de expresión móstrase aquí como un adaíl das liberdades estéticas, ao aparecer cheo de xogos pictoricistas e expresionistas. O paradoxo. Mao en París, a toda cor, semella celebrar e homenaxear a liberdade artística, o capitalismo, a pluralidade vital.
Como é hábito nel, Warhol fixo moitas pezas a partir dese retrato oficial de Mao Zedong, como se pode comprobar nesta ligazón. En todas as cores, formatos, ata foi quen de imprimir papel pintado para paredes coa face de Mao. A imaxe que do dirixente comunista chinés está agora en Caixaforum, dentro de  Warhol. L’Art Mecànic, é unha peza de 1972, procedente da colección Josep Suñol, de Barcelona. Trátase dun retrato de gran formato, elaborado con varias técnicas: serigrafía, e sobre ela pintura acrílica e óleo. Nesta obra dominan as tonalidades azuis (o fondo, o uniforme), mentres que na parte dereita da face (a parte sombreada) ten unha mancha de cor vermella, ben similar ao vermello dos beizos do personaxe. Quizais sexa a peza máis espectacular e de máis calidade de toda a exposición. Toda unha parodia dunha icona política que miraba de representar un universo oposto ao de Warhol. Por estas datas, tamén, na Fundació Suñol hai a mostra Fernando Vijande. Retrato: 1971-1987, na que se poden ver creacións de 51 artistas. Fernando Vijande foi un afamado galerista e marchante de arte que axudou e apoiou aos artistas que traballaron entre 1970 e 1986. Un dos artistas que apoiou foi Andy Warhol.
Tumblr media
Electric Chair & Skull
Nunca comprendín por que cando morres non te desvaneces sin máis e todo segue igual coa simple diferencia de que xa non estás aí. Sempre pensei que me gustaría que a miña tumba estivese en branco, sen epitafio, sen nome. Ben, en realidade, gustaríame que dixese “foi un produto da imaxinación” (Warhol, no seu libro América).
As relacións da obra de Warhol coa morte ten moitas caras, unha delas é cando alude directamente ao feito de desaparecer deste mundo. Nos anos 80 Warhol chegou a confesar nunha entrevista: Decateime de que todo o que fago ten relación coa morte. Tamén nos anos 60 comezará unha longa serie sobre a cadeira eléctrica (Electric Chair), serie que a The Silver Factory se encargará de reproducir e reproducir. A cadeira eléctrica que Warhol reproducirá en diversos formatos e cores, vén sendo unha cadeira eléctrica que era usada nos anos 60 e 70 no penal de Sin Sin (N. York). Na prensa novaiorquina saíron fotografías da cadeira onde serían executados, o día 13 de xaneiro de 1963, dos cidadáns norteamericanos, Julius e Ethel Rosenberg, baixo a acusación de ter pasado información sobre a bomba atómica a Rusia perante a II Guerra Mundial. Logo da execución, Warhol comeza a súa serie. Tema macabro?, tería compradores esta serie tan explícita, a aínda de denuncia? A isto respondeu o propio Warhol: Un non crería canta xente ten na súa casa o cadro da cadeira eléctrica –sobre todo cando a cor fai xogo coas cortinas. Sen comentarios. A pop art banaliza calquera terma.
Seguindo coas referencias á morte na obra de Warhol, cómpre citar as pinturas Skulls (caveiras), e tamén a serie Sef-Portrait with Skull, confeccionadas a mediados dos anos 70. As primeiras, aínda que tamén as segundas, son reflexións directas, ou alusións irónicas ao cristián memento mori. Como tantos outros artistas Warhol acaba por recoñecer a mortalidade, a propia e mais a universal para todos os humanos. As Skulls non deixan de ser vanitas que, desde o barroco veñen sementando o camiño dos séculos e mais da arte. Poderíase dicir que de vanitas están os museos cheos. Ata hoxe, como demostran os irmáns Santilari coas súas series de recente creación. Co seu estilo habitual (serigrafía máis pinturas) Warhol remarca as sombras dos ollos ou da boca nas súas policromas caveiras, o que incrementa o efecto de sorriso burlón e irónico do que un día foi a cabeza dun humano, e remata por ser un resto símbolo das parcas. En moitas delas, ao contrario, a sombra que proxecta a caveira toma formas próximas á forma dun bebé ou un feto. O deceso e o nacemento, a morte e a vida. A dualidade, o ciclo vital. Así mesmo, esas Skull de tantas cores –vermellos, azuis, verdes, amarelos, rosa-- non deixan de ser un xogo macabro, e unha referencia ás caveiras de azucre  que, pintadas, son un dos doces que México de ofrecen de regalo polo Día dos Mortos.
Lito Caramés
Tumblr media
EXPOSICIÓN: Warhol. L’Art Mecànic
Caixaforum Barcelona
ata o 31 d decembro de 2017
0 notes