#Guitiriz
Explore tagged Tumblr posts
Text
Crónica do Cine de Roca
Feliz día da Galiza! Volvemos das vacacións de verán á fin cun episodio especial, moi especial, por tres motivos: para comezar, volver sempre é un pracer; ademais, xa que este último parón foi bastante longo, tiña ganas de recapitular un chisco arredor da canle, do seu presente e do seu futuro -comezaremos por aquí, se vos parece-; para rematar, que tiña ganas de utilizar o espazo desta semana para facer unha pequena crónica dun pequeno gran festival no que tivemos a honra de participar con Kinocube a principios deste caluroso mes de xullo: o Festival de Cine de Roca. Quedádevos co nome para máis adiante.
Hai uns días estreamos novo vídeo na nosa canle, e trátase dun vídeo moi especial! Compartirmos ideas e reflexións con Ângelo e Sara do podcast Mal de Olho arredor do xénero de cinema italiano Giallo. Se aínda non o víchedes, estades a tempo!
youtube
A oportunidade de seguir a colaborar, e de facelo de maneiras novas, con xente tan sabia e interesante, é un dos azos que nos insta a continuar con isto. O outro é, por suposto, o voso apoio incondicional como audiencia da canle e do blog! En fin, que non será a derradeira vez que convidemos a Ângelo e a Sara nos episodios que veñen, e fican moitas persoas interesantes que poden pasar por aquí a darnos a súa opinión sobre cousas chulas do cinema.
O futuro da canle pasará por isto, e mais por outros moitos cambios que xa iredes vendo co tempo. Imos ser sinceros: a que escribe isto está a ter algo de menos tempo na súa vida para adicarllo a escribir episodios; pero a ilusión non decae e as ganas de seguir compartindo con vós o amor polo cinema e a ansia de seguir aprendendo medran cada día. Seguimos!
De feito, a respecto deste último comentario, quería falarvos da miña experiencia no Festival de Cine de Roca, de Guitiriz. Roca é unha pequena aldea chairega con moita vida grazas á xente de Xermolos, que organiza dende hai dez anos un festival de cinema sobre música. O vencello de Xermolos e Guitiriz coa música está máis que demostrado no Festival de Pardiñas, cunha cita de verán á que estades a tempo de apuntarvos, no que se xunta a música folk, a tradición e o activismo cultural.
Este ano, a xente do Festival propúxome participar nunha mesa redonda, unha rolda de presentación de proxectos relacionados coa divulgación de cinema. Agradézolle de corazón que contaran con nós nesta ocasión perfecta para resaltar tanto a importancia da labor de divulgar o coñecemento e o cariño polo sétimo arte, como a da existencia de citas como o Cine de Roca, que achegan a cultura aos pobos pequenos, que a comparten de maneira interxeracional, que dan voz e representación ás persoas, e que atraen talento e cultura de fóra das nosas fronteiras, sen perder un ápice de cariño e autenticidade. Porque tiven a ocasión de ver en Roca filmes internacionais, filmes nominados a grandes premios estatais, e todo na calidez de sentirse entre amigues (obrigada de novo, Zé!).
Na fotografía, Ángela Arnosa (investigadora e Chanfaineira de San Sadurniño), Sofía Naseiro (a que escribe esta bitácora), Xosé Manuel Veiga (organizador do Festival de Cine de Roca) e Fran Bermúdez ("a Lobeira today"). Foto de Paulo Naseiro.
Na mesa redonda participou unha persoa que de seguro non vos é allea aquí na bitácora: Fran da Lobeira, un compañeiro de Twitch e Youtube que nos convida sempre a todas as ruadas. Cómpre dicir aquí que Fran é presidente da Asociación Cultural Obradoiro Dixital Galego, ou ACODG, onde Kinocube tamén figura como proxecto asociado. A ACODG xurde para dar acubillo a persoas creadoras de contido dixital en liña en galego e dende aquí estamos convencidos de que esta organización ten un grande futuro á hora de tecer redes entre nós e apoiar a aquelas persoas que dean o paso de poñerse a xerar contido en galego nos vindeiros anos. Botádelle un ollo á súa páxina!
A parte de presentar os nosos respectivos proxectos, puidemos debater coa xente de Roca e de Xermolos -reitero, xente de toda caste, xeración, xénero e bagaxe- arredor da nosa paixón común, como non, o cinema. Déuselle voz e voto ao público para que expresara que é o cinema para cada un, e deu lugar a unha das máis fermosas reflexións colectivas que escoitei. Mencionouse o poder do cinema para reflectir as distintas realidades sociais e culturais, como linguaxe na que expresar os arelas dun, como xanela a outros mundos, como ferramenta de cambio e como arma, como altofalante para as voces das persoas. Non puiden resistirme a lembrar aquela escena da que vos teño falado de Orson Welles e a catedral de Chartres: "Go on singing". O cinema é un canto á humanidade, sigamos cantando.
Mesa redonda na Eira de Roca. Foto de Paulo Naseiro.
Nas verbas daquelas persoas estaba a verdade que tento transmitir cada episodio; non é que eu inventara nada. O significado do cinema está aí, no sentir das multitudes; pero tamén no corazón do colectivo. Sigamos cantando, sigamos vendo filmes e filmando vidas, xuntándonos para celebrar as artes e levando a cultura a todos os corazóns.
Até o vindeiro episodio!
#Youtube#festivais de cinema#film fest#crónica#episodio especial#Cine de Roca#Guitiriz#Cinema#Cine#Folk
0 notes
Text
Brais Porto
Hi! My name is Brais. I'm from Guitiriz. I'm 17 years old. I'm studying a vocational training module in manufacturing and assembly . My favourite style of music is trap and my favourite singer is JC REYES. What about you?
0 notes
Text
Brais Porto
Hi! My name is brais Im from guitiriz Im 17 years old . I m studing a vacatationd training madel in manuactiving and motorbike . My favorite style of music trap and my favorite band is a JCREYES.What about you?
1 note
·
View note
Photo
Xiros, de Bisqato maravilloso queso de Guitiriz. En #elcantodelvi #santacolomagastronomica #santacolomadegramenet #santacoloma #santacolomadegusta #gramanet #grameneturisme #gramanetcomerç #gramamoneda #gramenetcomerç #gramaneturisme #gramaneturisme #gramecomerç @bisqato (en El Cantó del vi) https://www.instagram.com/p/CohHGljM0fJ/?igshid=NGJjMDIxMWI=
#elcantodelvi#santacolomagastronomica#santacolomadegramenet#santacoloma#santacolomadegusta#gramanet#grameneturisme#gramanetcomerç#gramamoneda#gramenetcomerç#gramaneturisme#gramecomerç
0 notes
Text
Apunts de Guitiriz.
3 notes
·
View notes
Photo
Hórreo
1 note
·
View note
Photo
#Streetart by #Nesui @nesui.src in #Guitiriz, Spain, for #UrbanWitiricus @urbanwitiricus More info at: https://barbarapicci.com/2022/10/21/streetart-nesui-guitiriz-spain/ #streetartGuitiriz #streetartspain #spainstreetart #art #graffiti #murals #murales #urbanart #muralism #muralismo #streetarteverywhere #instastreetart #streetartphotography #streetartpics #streetartaddicted #streetartlover #igersstreetart #graffitiart #arteurbana #wallart #spraypaint #spraypaintart #contemporaryart #artecontemporanea https://www.instagram.com/p/Cj-gh9EIE6w/?igshid=NGJjMDIxMWI=
#streetart#nesui#guitiriz#urbanwitiricus#streetartguitiriz#streetartspain#spainstreetart#art#graffiti#murals#murales#urbanart#muralism#muralismo#streetarteverywhere#instastreetart#streetartphotography#streetartpics#streetartaddicted#streetartlover#igersstreetart#graffitiart#arteurbana#wallart#spraypaint#spraypaintart#contemporaryart#artecontemporanea
0 notes
Photo
Art by Spanish Diego AS (@diegoas_graffiti) for Festival Paradiños 2022 in Guitiriz, Spain #diegoas #festivalparadinos #guitiriz #streetart #lamolinastreetart 📷 via artist bit.ly/3IEeoZQ (bij Guitiriz) https://www.instagram.com/p/CgmhFhKKyBS/?igshid=NGJjMDIxMWI=
0 notes
Text
Un crimen impune en Guitiriz (Lugo)
Un crimen impune en Guitiriz (Lugo)
Ruta da auga, Guitiriz A mediados de la década de los ochenta del siglo pasado, Guitiriz, la villa termal por excelencia de la provincia de Lugo y una de las principales de Galicia, había iniciado ya un cierto retroceso en el esplendor del que había gozado en etapas pretéritas. En aquel entonces se iniciaba el progresivo desmantelamiento de lo que en su día fue el mítico Centro de Internamiento…
View On WordPress
0 notes
Photo
Von Santiago de Compostela nach Lugo (Galicien) Vollständiger Bericht bei: https://www.als-aargauer-unterwegs.ch/2019/05/20/von-santiago-de-compostela-nach-lugo-galicien Schon geht es nach dem Ruhetag in Santiago de Compostela wieder weiter. Diesmal sogar wirklich in Richtung Heimat, jedenfalls vorerst in östlicher Richtung. Das GPS registrierte 119.4 KM und 1517 Höhenmeter.
#A Bagulleira#A Lavacella#Cumbraos#Fernfahrt#Frühling#Galicien#Guitiriz#Lugo#O Camino Real#Outeiro de Rei#Portecarreira#Rabade#San Marcos#Santiago de Compostela#Santiso#Spanien#Teixeiro
0 notes
Photo
My backyardview
#galicia #spain #guitiriz #landscape #landscapephotography #hay #field #fujifilmxe2 #fujifilmglobal #fujifilm_global #augustfields #august #agosto #backyard #backyardview (en Parga, Spain) https://www.instagram.com/p/B0_ao1mBamY/?igshid=1ppisveemvlex
#galicia#spain#guitiriz#landscape#landscapephotography#hay#field#fujifilmxe2#fujifilmglobal#fujifilm_global#augustfields#august#agosto#backyard#backyardview
0 notes
Photo
#Streetart by #DiegoAS @diegoas_graffiti in#Guitiriz, Spain, for #FestivalDePardiñas @xermolos @urbanwitiricus More info at: https://barbarapicci.com/2021/11/29/streetart-diego-as-guitiriz-spain/ #arte #art #graffiti #murals #murales #arteurbana #urbanart #muralism #muralismo #cultureisfreedom #artisfreedom #curiositykilledtheblogger #artblogging #photooftheday #artaddict #artistsoninstagram #artcurator #artwatchers #artcollectors #artdealer #artlover #contemporaryart #artecontemporanea https://www.instagram.com/p/CW32itpIxu1/?utm_medium=tumblr
#streetart#diegoas#guitiriz#festivaldepardiñas#arte#art#graffiti#murals#murales#arteurbana#urbanart#muralism#muralismo#cultureisfreedom#artisfreedom#curiositykilledtheblogger#artblogging#photooftheday#artaddict#artistsoninstagram#artcurator#artwatchers#artcollectors#artdealer#artlover#contemporaryart#artecontemporanea
0 notes
Text
Un crimen impune en Guitiriz (Lugo)
Un crimen impune en Guitiriz (Lugo)
Ruta da auga, Guitiriz
A mediados de la década de los ochenta del siglo pasado, Guitiriz, la villa termal por excelencia de la provincia de Lugo y una de las principales de Galicia, había iniciado ya un cierto retroceso en el esplendor del que había gozado en etapas pretéritas. En aquel entonces se iniciaba el progresivo desmantelamiento de lo que en su día fue el mítico Centro de…
Ver en WordPress
0 notes
Photo
Mi pasión y mi locuraaaa más nadaaaaaa feliz de vivir y dedicarme a esto sí señor sambroso...... Comenzamos el mes de abril en tierras lucenses. Hoy #PANORAMA2018 presentaremos nuestro #DELUXETOUR en #OSVILARES #GUITIRIZ, donde nos espera una fiesta por todo lo alto. NO TE LA PIERDAS!!!
0 notes
Text
ACTUALIZACIÓN: O ‘Bestiario do vestiario’, dispoñible en...
SANTIAGO
Palacios
Os mundos de Carlota
Númax
Couceiro
Pedreira
Cronopios
Follas Novas
Chan da Pólvora
A Reixa Tenda
BERTAMIRÁNS
Lenda
Máinomen
A CORUÑA
Sisargas
Berbiriana
Lume
Moito Conto
Suévia
PONTEVEDRA
Cao
Seijas
Cronopios
Paz
BURELA Nobel
LUGO
Lectocosmos
Trama
OURENSE
Tanco
Eixo
Káthedra
Punto e Coma
VIGO
Librouro
Andel
Cartabón
LALÍN
Vagalume
SILLEDA
Conto Contiño
A ILLA:
Castelao
CANGAS
Viláfer
Maraxe
Wells
BUEU
Miranda
BETANZOS
Biblos
FERROL
Cenral Librera
Cantón 4
REDONDELA
Carambola
O CARBALLIÑO
Escolma
ALLARIZ
Aira das Letras
GUITIRIZ
Castaño
BOIRO
Deportes Hermida
VILANOVA DE AROUSA
Nobel
MOAÑA
Nobel
PADRÓN
Sar
NOIA
Sementeira
SIGÜEIRO
La Repro
Aula 10
MALPICA
Miguens
CARBALLO
Punto e Coma
RIANXO
Ben
SANTA COMBA
Ler
2 notes
·
View notes
Text
Streetart – Nesui @ Guitiriz, Spain
Nesui @ Guitiriz, Spain Location: Guitiriz, Spain Artists: Nesui For: Urban Witiricus USEFUL LINKS: Nesui in this blog | InstagramStreetart – Nesui @ Guitiriz, Spain
View On WordPress
0 notes