Tumgik
#Grampoder
iamkrisis · 5 months
Text
Tumblr media
Prohibido pensar de todo.
Inspi: Grampoder. No que vai de ano (2024) levan publicadas dúas cancións nas que pronuncian 34 veces o verbo pensar. Eu preocúpome por esta xente.
0 notes
grampoder · 2 years
Text
Tumblr media
Xa está aquí! O 12’’ de PM en maxestuoso vinilo de 180 gr, listo para o consumo masivo. Bueno, sempre que a masa non pase de 100 unidades, que venderemos nos concertos de Grampoder e á xente que teña un gran interese e nolo pida por privado. Felicità! ❤️‍🔥
Tumblr media
2 notes · View notes
Text
Martiño Suárez e Carlos Meixide conversan sobre o ‘Bestiario do vestiario. Segundo tempo’. E sobre moito máis
Tumblr media
Martiño Suárez, autor do Bestiario do vestiario, e o seu editor, Carlos Meixide, conversan sobre deporte e outros asuntos cando xa superaron a metade de campaña para a edición do 'Bestiario do vestiario. Segundo tempo', na que se pode colaborar PICANDO AQUÍ.
CARLOS MEIXIDE: Bo día, Martiño. Ou non tanto, tendo en conta que o Pontevedra perdeu 3-0 co Guijuelo. O Pontevedra é unha das paixóns deportivas que compartimos, e onde comezaches a curtirte como xornalista deportivo, non si?
MARTIÑO SUÁREZ: Efectivamente, aínda que teño que dicir que o primeiro equipo sobre o que tiven que informar foi o Teucro. Digamos que a miña carreira deportiva comezou de xeito bastante accidentando: comecei un día como bolseiro e á mañá seguinte, por cousas que non veñen a conto, púxenme a facer crónicas de balonmán e logo de fútbol. A primeira vez que fun ver o Teucro confeso que tiven que contar cantos xogaban de cada lado, tal era a miña ignorancia! Do Pontevedra namorei ao instante. Salvo Riazor e Balaídos, non hai ningún estadio en Galicia coa mística (e a mala uva, tamén) de Pasarón. Como te fixeches ti granate?
C.M.: Venme de familia, que pola parte do meu pai é de Lérez. A lenda do 'Hai que Roelo' mameina de pequeno, Meu pai disque sacou o carné de Pontevedra cando estaba en Primeira, inda que despois deixáballo ao meu avó (el prefería aproveitar para mocear coa miña nai).
Así que na miña infancia, nos oitenta, torcía polo Pontevedra. Lembro unha ocasión en que por causa de que meu irmán, que torcía máis polo Arousa (miña nai é de Vilagarcía), quería non sei que zapatillas de baloncesto, paramos no único lugar de Galicia onde sabiamos que as tiñan, un dos templos da roupa deportiva do país: Deportes Piñeiro de Caldas de Reis. Mentres meu irmán probaba as zapatillas, un home falaba con Piñeiro e a min queríame soar. Piñeiro, que era un vendedor de raza, debeu reparar e me presentou a aquel home: era Prol, un dos xogadores máis míticos daquel Pontevedra dos 80. Emocioneime como se fose Maradona. Coido que Prol tamén se emocionou un pouquiño ao sentirse recoñecido con tanta admiración!!!
Dende entón, sendo socio do Dépor ía ver o Pontevedra a Riazor cando xogaba contra o Fabril. Lembro unha anécdota curiosa. Naqueles partidos, malia ser eu socio de xeral, acudía á bancada de Tribuna. Un día, no descanso, atopei a Arsenio Iglesias. Preguntoume onde estaban os baños!!! Fíxome moita graza que o maior mito da Historia do Deportivo non soubera onde estaban os baños do estadio en que facía historia cada semana!!! Arsenio foi, é e será o máis grande!
Por certo, as miñas limitacións futbolísticas fixéronme probar noutros deportes cando era adolescente. Ao final, apostei polo balonmán, e o Teucro é o meu equipo favorito. Fun ao pavillón de Pontevedra ver o Teucro algunha vez nos tempos de Xermán Muíños e Gaby Ben Modo, que formaran parte da Selección Galega que xogara a final do programa aquel de Objetivo 92 que presentaba Daniel Vindel.... Creo que perderamos contra Cataluña, que tiña un equipazo capitaneado por Enric Masip...
Pero volvamos ao fío da conversa. Fútbol e ciclismo son os dous deportes polos que mostras maior devoción. Onde se sitúan os teus gustos futbolísticos: equipos, xogadores, estadios, afeccións...?
M.S.: En canto ao fútbol, sendo eu máis ou menos deportivista son incapaz de entender que ten de malo o Celta. Quen nos dera neste momento ter algún referente da talla de Aspas, ou de Mallo, e non unha recua de futbolistas que en canto lles aprendes o nome xa van noutro equipo. O meu xogador favorito é, desde logo Mauro Silva.
Tamén é certo que son, digamos, "seareiro en negativo". Pásoo moi ben cando palman os grandes, sobre todo o Madrid; eses días de Armagedón de tres pesetas si que merece a pena ler a prensa deportiva da Corte, con perdón pola expresión.
Pero está claro que o meu deporte é o ciclismo. Medrei vendo o Tour de Francia en campings de Catalunya e gozándoa mentres Indurain machucaba ao aspirante que lle tocara. Meu pai é un cicloturista con moitos quilómetros e agora eu tento seguir a súa estela. Recoñezo que lle dedico á bici moito tempo, moitísimo! Deume esa febre deportiva da mediana idade que nos dá a moit*s e se non adestro o que teño que adestrar, vaime mal. En canto ao ciclismo como espectáculo, o que me gusta é que hai, creo eu, menos fanatismo que no fútbol. Realmente non me importa demasiado quen gañe se a cousa é chula. Se hai bicis polo medio, poido tragar calquera cousa: a Roubaix, unha etapa de 200 quilómetros que acaba ao sprint no Tour de Oman, a Copa Galicia de ciclocross, etapas do Tour de hai corenta anos...
C.M. : E ademais de Indurain, cales son os teus ciclistas preferidos?
M.S.: Teño moitos! Por cinguirme aos que vin en activo e non ir aos tempos de María Castaña, os dos oitenta marcáronnos aos que medramos naquela época: Perico, por suposto, e tamén Lejarreta, pero tamén Fignon e Millar, que son a miña debilidade. Hinault, que é un personaxe ao que adoro, xa non recordo velo en directo. Na xeración posterior había grandes ciclistas que quedaron á sombra de Indurain, como Bugno. E da actualidade gústanme moitos. Nibali é o que máis me emociona, desde logo. As últimas veces que me puxen de pé a berrarlle á tele estaba el polo medio: cando na Volta de 2010 perseguía a Mosquera subindo a Bola
C.M.: O ciclismo ten unha compoñente moi vacacional, non? Así o transmites no teu Bestiario do Escartín, as túas vacacións en Biescas... Eu lembro, por exemplo, ver a mítica etapa de Sestrieres de Chiapucci nun hotel de Cataluña... Chiapucci e Pantani son os meus favoritos. Agora tamén me presta Nibali, inda que fose o que lle gañou a Vuelta a Mosquera.
A Vuelta de Pino foi memorable, con Robert Millar a 33 segundos. Tamén lembro con pena aquel tempo no que Pino no BH tiña que traballar para Laudelino Cubino e tiñamos a sensación de que estaba a estragar as súas opcións de gañar outra Vuelta ou aspirar a máis no Tour... Que gran nome Laudelino Cubino, non? Con ese nome só se pode ser ciclista ou pai da Constitución! E que orgullo, imaxino, poder falar con ��lvaro Pino. Só por iso pagou a pena o Bestiario do Vestiario!
M.S.: Pois si, foi na estrea do Bestiario en Ao Contraataque, o programa deportivo das noites na Radio Galega. Pino non sabía, evidentemente, que eu tivera o seu póster durante anos na habitación, foi emocionante. Estoulle moi agradecido á xente que fixo posible que o Bestiario medrase neste último ano, en primeiro lugar aos amigos de Praza Pública, que me permitiron publicar cada semana unha tronada das miñas no seu diario; e a Pedro Pablo Alonso, que me abre a porta da Radio Galega todos os martes.
C.M. : É evidente, en definitiva, que o ciclismo acubilla millóns de historias (o último Mundial de Valverde, por exemplo, emocionoume moito... )
A propia dopaxe, que supuxo a fin da inocencia deste deporte e estragou a súa credibilidade  e as vidas dalgúns ciclistas míticos, tamén é fonte de historias. Armstrong é un personaxe complexo e fascinante. De que maneira alterou a dopaxe a túa afección polo ciclismo?
M.S.: A verdade é que con Lance teño unha relación de amor-odio curiosa. Entrevisteino unha vez, nunha das primeiras carreiras que fixo despois do cancro, penso que nunha Volta a Galicia en 1998, e pareceume o típico americano “majo”. Despois pareceume un idiota prepotente e o símbolo dunha época para olvidar. Se les o infome da USADA sobre a dopaxe organizada no US Postal... parecen os Sopranos con traxe de licra. Pero ao final acabou converténdose no chivo expiatorio de toda unha xeración e rematei medio reconciliándome coa súa figura. Os Grampoder fixémoslle unha canción no seu día.
En canto á dopaxe, paréceme evidentemente unha trampa inxustificable, pero hai demasiados matices que se me escapan ou que non sei o que pensar sobre eles. Coma Mulder, quero crer...
Falas de Pantani, de Lance e tamén da dopaxe: ese par no Ventoux no Tour do 2000, ese foi o circo definitivo. 
C.M.: No Bestiario fálase moito de escritores: Tolstoi, Nabokov, Vonnegut... Atráeche especialmente a relación do deporte coa literatura, imaxino. De todos modos, o deporte non é material de ficción preferente na literatura. Hai excepcións, evidentemente. Nalgunha ocasión oínche falar de 'O Xornalista Deportivo' de Richard Ford. Se cadra os americanos teñen unha relación máis desprexuizada co deporte cós europeos, inda que penso agora en obras como Correr de Echenoz, sobre Zatopek (Gómez Nóya recomendábao recentemente nunha entrevista...)... Venme á cabeza tamén a novela de Atxaga, El Hombre solo, ambientado no Mundial 82...
Supoño que ti tes máis referencias ao respecto. Imaxina que montas un club de lectura chamado Deporte e Literatura. Que obras recomendarías?
M.S.: Pois mira, o de Echenoz non o coñecía, anótoo, grazas.
En canto ao do deporte e a literatura, se falamos de ficción (máis ou menos), non vou ser demasiado orixinal. Os libros que máis me gustan seguen sendo O ciclista, de Tim Krabbé; e Fever Pitch, de Nick Hornby. Un, porque retrata como ningún o que se sente andando na bici e levando o corpo ao límite; o outro, porque describe moi ben ata que punto nos volvemos idiotas e infantís os seres humanos (algúns) cando se trata de seguir a un equipo ou animar a algunha figura do deporte.
Eu recomendo sobre todo libros de non ficción sobre deporte, porque os hai boísimos que van máis alá de "fulano fixo tal, gañou tal cousa ou arrasou en tales Xogos Olímpicos". Para iso está a prensa e, sinceramente, non é o que máis me interesa. Penso en libros como In Search of Robert Millar ou Slaying the Badger, de Richard Moore, que me parece un autor fenomenal; ou Mountains of the Mind, de Robert McFarlane. Nelas o aspecto deportivo é o de menos, ou case, porque normalmente os grandes deportistas son grandes personaxes, sobre todo os de deportes terribles coma o ciclismo, o alpinismo, o atletismo, o xadrez...
Que máis me recomendas?
C.M. : Gústoume moito a obra de teatro de Juan Mayorga, Reikjiavik, a partir da final do mundial de xadrez entre Fischer e Spassky en 1972. James Salter escribiu novelas interesantes inspiradas na súa paixón polo montañismo. Pero quedo coa mellor partida de waterpolo da Historia do Cine: Palombella Rossa de Nanni Moretti, partido de waterpolo como metáfora do Partido Comunista Italiano; o penalti a cámara lenta e toda a piscina a cantar E ti vengo a cercare de Franco Battiato; a frase recorrente: Ao húngaro! Ao húngaro!...
Cambiando de tema. No Bestiario son habituais as historias de pioneiros e sobre todo pioneiras: persoas que teñen que rachar cos prexuízos machistas, racistas ou homófobos da sociedade. Dá a impresión de que aínda quedan moitas pioneiras e pioneiros por aparecer. Non che parece?
M.S.: Desde logo. O deporte feminino vaise normalizando pouco a pouco, e fíxate, paréceme que o ciclismo é un dos casos máis salientables (na última década hai poucas estrelas coma Marianne Vos, por exemplo). A homosexualidade é, iso si, a última fronteira, pero imaxino que tarde ou cedo acabará caendo.
Por certo, e falando de pioneir*s, unha das cousas que che teño que agradecer é que desde que comezamos isto do Bestiario, en 2011, pareceume importante escribir algo deste xénero en galego. Penso o mesmo da túa fantástica saga xuvenil: se o galego como lingua literaria ten algunha mínima posibilidade de pervivir é se se diversifica e se demostra que é capaz de tocar todos os paus. Que o é, coma calquera outro idioma.
C.M. : Si. E é moi bonito ver como o proxecto medra, en Praza, na radio Galega... Eu estou convencido de que temos aínda moitos públicos que conquistar, o idioma non é un problema para os que facemos libros en galego,contra o que moitos poidan pensar. A rapazada de Vigo ou Coruña que non usa o galego na vida, non ten problema en cambio para ler un libro en galego se o tema lle interesa, só que hai que saber como chegar a ela. Nada me move máis en todo isto que estou a facer coa autoedición que saber como chegar a eses públicos. É unha aventura excitante, como calquera conquista, como alcanzar o Everest, a Lúa, ou Polo Norte. Prestaría a colaboración das institucións e dos medios, pero non existindo (debe existir e esa loita si que é pertinente), non debemos deixar de intentalo.
Dá gusto compartir contigo, Martiño, esta aventura do Bestiario, ver como medra... Esperemos que este Verkami no que andamos, resulte. Unha aperta, compañeiro!!!
M.S.: O mesmo digo. Espero que moita xente poida pasar por https://www.verkami.com/projects/21666 para deixar un peso neste proxecto, e que lles preste.
0 notes
buladeremedios · 7 years
Link
RILAN NASAL 4% Cromoglicato dissódico Solução nasal com aplicador dosimetrado
Uso adulto e (ou) pediátrico
Composição de Rilan Nasal
Cada ml contém: Cromoglicato dissódico 40 mg; Veículo q.s.p 1 ml.
Informações ao Paciente de Rilan Nasal
Conservar o produto ao abrigo do calor excessivo e da luz. O prazo de validade é de 36 meses a partir da data de fabricação. Não utilizar o produto fora de seu prazo de validade, sob o risco de não produzir os efeitos desejados.
Instruções para uso
Remova a tampa e só então retire o grampode segurança.
Pressione o frasco para cima com o polegar, e então deixe voltar até que libere um único jato.
Com o frasco na posição vertical, introduza a ponta na narina e pressione o frasco totalmente para cima e solte. Isto representa uma dose. Repita o procedimento na outra narina.
Ao término do uso, limpe a ponta do frasco e coloque a tampa. Para evitar o acionamento acidental, recoloque também o grampo de segurança.
Ação Esperada de Rilan Nasal
RILAN é um medicamento de efeito comprovado no tratamento preventivo1 da rinite2 alérgica e, como tal, deve ser usado regularmente, mesmo na ausência de sintomas3. O efeito terapêutico máximo pode levar alguns dias para ser atingido.
Todo medicamento deve ser mantido fora do alcance das crianças.
Não use remédio sem o conhecimento do seu médico. Pode ser perigoso para sua saúde4.
Informações Técnicas de Rilan Nasal
O cromoglicato dissódico, substância ativa de RILAN, usado topicamente na mucosa5 nasal, inibe a liberação de mediadores químicos dos mastócitos6 sensibilizados, tais como a histamina7, a substância de reação lenta de anafilaxia8 (SRL-A) e fatores quimiotáticos que são responsáveis pela reação alérgica9. A inibição da liberação destas substâncias irá prevenir os sintomas3 da rinite2 alérgica.
Indicações de Rilan Nasal
Tratamento profilático e sintomático10 da rinite2 alérgica.
Contra-Indicações de Rilan Nasal
RILAN é contra-indicado em pacientes que apresentem hipersensibilidade ao cromoglicato dissódico, ou outros componentes da sua fórmula.
Precauções de Rilan Nasal
Como regra geral aplicável a todos os medicamentos, deve-se evitar o seu emprego nos primeiros 3 meses da gestação. Não se sabe se a droga é excretada no leite humano, como também não há informações que sugiram que o uso do cromoglicato dissódico por lactantes11 tenha qualquer efeito indesejável para a criança.
Reações Adversas de Rilan Nasal
Durante os primeiros dias de uso pode ocorrer uma irritação local. Em raros casos podem ocorrer dificuldades respiratórias ou chiados.
Superdosagem de Rilan Nasal
Devido ao excepcional baixo nível de taxicidade local e sistêmica do cromoglicato dissódico, é improvável que a superdosagem cause algum problema, porém, caso for suspeitado, o tratamento deve ser de suporte e direcionado ao controle dos sintomas3 relevantes.
Interações Medicamentosas de Rilan Nasal
Não foi observada nenhuma evidência de interação com outros fármacos.
Modo de Usar de Rilan Nasal
Uso tópico12.
Dosagem de Rilan Nasal
Adultos e crianças: Uma aplicação em cada narina, 2 a 4 vezes ao dia ou a critério médico. Observação: O frasco está parcialmente cheio para permitir o funcionamento adequado do dosímetro.
Nota - Sendo RILAN uma medicação profilática, é importante que o paciente mantenha uma dosagem regular, mesmo na ausência de sintomas3.
Apresentação de Rilan Nasal
Frasco plástico dotado de aplicador nasal dosimetrado, contendo 13 ml da solução. Cada jato dosimetrado corresponde a 5,2 mg de cromoglicato dissódico.
Venda Sob Receita Médica.
UCI-FARMA Indústria Farmacêutica Ltda.
O seguinte site RILAN NASAL 4% foi originalmente publicado para: Bulário
0 notes
inconcerts · 11 years
Photo
Tumblr media
Grampoder (Record Store Day Galicia 2013, Miranda, 20 de abril de 2013, Santiago de Compostela)
0 notes
projectomourente · 12 years
Text
Ao vivo em Lalim nesta 6F
Já está na hora de nos desenferrujarmos. Nesta sexta feira (21/09) iremos a Lalim para fazer algumas músicas ao vivo cos Grampoder no Café Barriga Verde. Será a partir das 22h. Faremos só umas poucas canções e alguma surpresinha que bem pode acabar em desfeita. Divertido decerto... e só por 5€! Cruzamos os dedos?
Tumblr media
3 notes · View notes
grampoder · 3 years
Link
1 note · View note
Text
Presentación do Bestiario do vestiario en Ferrol (27 xan)
Presentación do libro Bestiario do vestiario, de Martiño Suárez, editado porCarlos Meixide. O grupo Grampoder interpretará un miniconcerto con cancións dedicadas ao deporte. No Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena 202-204, Ferrol). Pioneiras incomprendidas, goleadores borrachos, nazis, ciclistas drogados, 'hooligans' bizantinos, campións negros, perdedores exemplares, rastafaris, filósofos gregos, santos, espías da RDA, Elvis e Bob Marley... Bestiario do vestiario xunta un zoolóxico de deportistas desviados en cincuenta historias nas marxes do heroísmo habitual do xénero, regadas con sangue, alcohol, épica e humor. Estes textos do Bestiario do Vestiario (fóra tres escritos para a ocasión) foron publicados orixinalmente en DIOIVO na sección do mesmo nome e tiveron unha excelente acollida por parte dos lectores.
Tumblr media
0 notes
grampoder · 10 years
Photo
Tumblr media
Á Coruña con Caxade e Retroalimentación. Entre outras moitas cousas fabulosas, facer parte de Discos da Máquina permítenos compartir escenario de vez en cando con varios dos nosos músicos favoritos. É o caso de Caxade, con quen estaremos mañá na Coruña (Sala Mardi Gras, 22.00h, 6/8€). O amigo Javier Becerra, de La Voz de Galicia, tivo a xentileza de convidarnos a un dos seus concertos de Retroalimentación, e nós ben que llo agradecemos.
Outra cousa máis: o martes que vén, día 28, tocamos en formato dúo na Reixa, Santiago D.C. Xa vos contaremos!
0 notes
grampoder · 10 years
Photo
Tumblr media
Ribas de Sil e máis alá. Mañá sábado 23 os Grampoder tocamos en Ribas de Sil ás 22.00, na praia fluvial. O sitio é moi chulo, así que a noite promete. 
E aínda temos máis cousas que facer antes de que remate o verán. O venres 12 de setembro pola tarde teremos a enorme honra de abrir o festival WOS INC. en Santiago DC. O cartel quita o hipo: gracias por acordarvos de nós! Ao día seguinte, o sábado 13, iremos a Burela para facer unhas cantas cancións no tamén recén creado Osa do Mar. Tocamos contra as seis e media da tarde, tamén rodeados de grupazos.
Xa para o outono estaremos na Coruña, con Caxade, na Mardi Gras, nos concertos de Retroalimentación (o 24 de outubro). Hai algunha cousa máis en carteira, xa vos iremos contando.
0 notes
grampoder · 10 years
Photo
Tumblr media
Festigal. Mañá venres 25 temos a honra de participar no Festigal (21.30, zona do Café Concerto). Este era un concerto previsto para hai un ano e que se tivo que suspender por causa do accidente do Alvia en Angrois. Estamos enormemente agradecidos á organización por repescar aos grupos que tiñan apalabrados para entón; aínda que parece o máis lóxico, non sempre é o que se fai. 
Así que para a ocasión xuntaremos de novo a nosa formación trébol con Xalo Sub Rosa aos teclados, cunha primeira parte acústica e unha segunda máis ruidosa. 
A principios de agosto estaremos no Feito a Man, na zona vella de Santiago D.C. O día 23 tocaremos en Ribas de Sil, na praia fluvial (moitas ganas!). Seguramente faremos algunha cousa máis, así que atentos ao transistor.
5 notes · View notes
grampoder · 10 years
Photo
Tumblr media
Atardecer no Gaiás. O sábado que vén, 5 de xullo, ás 21.00 horas, tocaremos na Cidade da Cultura de Galicia, que tivo a ben incluirnos no seu programa Atardecer no Gaiás. El@s poñen unhas vistas espectaculares; nós algo de música (en dous sets, acústico e cochino) e unha sorpresa aos teclados.
0 notes
grampoder · 10 years
Photo
Tumblr media
Lugo forevah. Os Grampoder vamos repartir o verán entre Santiago DC e Lugo, que é o futuro e vós sabédelo. 
Estas son as datas nas que poderemos vernos na ruta durante os próximos meses:
Sábado 5 de xullo: Atardecer no Gaiás (Cidade da Cultura, Santiago DC). Venres 11 de xullo: Festival Vraó (Foz). Venres 25 de xullo: Festigal (Santiago DC). Sábado 23 de agosto: Ribas de Sil Venres 12 / sábado 13 de setembro: Festival Osa do Mar (Burela).
1 note · View note
grampoder · 10 years
Photo
Tumblr media
O venres 16 Grampoder + Os da Ría. Se para algo serve o Día das Nosas Letriñas, que o dubidamos, é para que os grupos deamos concertos senlleiros coma o que nos vai xuntar aos Grampoder con Os da Ría o venres á noite en Pontevea (Teo). Nós iremos en formación trébol, con Cristovo aos teclados e ganas de facer algo máis ruído do habitual, e rendidos aos pés dunha das bandas que máis nos influenciou ao longo dos anos.
Porque falar de Arturito Puy e de Fabián Santomé é falar de lendas vivas da canción galegueira. E se a iso sumamos que o baixista da súa espectacular banda de apoio é cravadiño a Le Roi, mel sobre follellas.
O concerto é no Centro Cultural Ponte Vella de Pontevea ás 22.30h, e custa 8€ (6 na entrada anticipada). Para os que non coñezades o sitio, se vides de Santiago colledes a estrada da Estrada (esa) e xusto ao chegar a Pontevea, antes do consultorio, hai un letreiro que leva ao campo de fútbol do Praíña. Colledes o desvío e aí é.
0 notes
grampoder · 10 years
Photo
Tumblr media
Na Coruña. Con este cartel tan fermoso os Grampoder presentámonos mañá sábado por primeira vez na Coruña. Estaremos nun sitio singular e xerenciado por uns bos amigos, o Extramuros - Espazo de Colisións Artísticas. Está na zona de Catro Camiños e é súper fácil chegar a el, mesmo para uns lugueses coma nós; ou precisamente por iso, porque un lugués oriéntase na Coruña case tan ben coma un ourensán en Vigo.
En fin, que o letreiro é obra de LeRoi e nel aparece o noso admirado Louis Antoine de Saint-Just, inxustamente alcumado pola historia "o anxo da morte"; non o era para quen non o tiña que temer.
Vai por ti, Sinju.
0 notes
grampoder · 11 years
Photo
Tumblr media
Amigos. Seguimos en ruta mentres o Doutor Chou cociña o máster do noso próximo single para Discos da Máquina, Tigerland. O sábado temos unha cita con Os Amigos dos Músicos nun dos locais máis chulos do país, o Café Pop Torgal. Iremos en formación trébol con Cristovo ás teclas. O próximo concerto vai ser xa en abril, o sábado 5, noutra sala especial, o Extramuros da Coruña. O noso amigo Roi Fernández (responsable, xunto con Isaac Cordal, daquel vídeo precioso de Calamar na nosa anterior vida) montou alí un local multidisciplinar que nos apetece moito visitar. Quen dixo medo tendo tan bos amigos.
0 notes