#Árbores
Explore tagged Tumblr posts
Text
'Trees were the temples of the spirits, and in conformity with original ritual, simple country places even now dedicate a tree of exceptional height to a god; nor do we pay greater worship to images shining with gold and ivory, than we do to the groves and to the very silences that they contain'. Pliny the Elder.
As árbores; estes eran os templos dos espíritos, e de acordo cos ritos antigos, os lugares rurais sinxelos, aínda agora dedican unha árbore preeminente a un deus; nin adoramos as imaxines que brillan de ouro e de marfil maís que aos bosques e os mesmos silencios neles'. Plinio o Vello
'Arbores..Haec fuere nummum templa, priscoque ritu simplicia rura etiam nunc deo praecellentem arborem dicant; nec magis auro fulgentia atque ebore simulacra quam lucos et in iis silentia ipsa adoramus'. Gaius Plinius Secundus.
6 notes
·
View notes
Text
Teixo dos Tenreiro
by Pablo Romay Cea
4 notes
·
View notes
Text
Federico García Lorca
frescor do raio onde hai auga de nada a nena e a árbore beizos de auga salgada noite de día como ollada como frío noite que estivo fronte á túa trenza nena
é de auga esa cobra de luz? do como o teu amor pendurado da sombra do dor cartilla do verso onde escorregou un fío de ciencia errante noite pintada como fonte sombras como de choiva
réquiem fonte negra ti e o bico abolorecido dos asasinos bico frío e frío
© Manoel T, 2024
#finisterrae#atlantic ocean#minimalism#fotógrafos galegos#original poem#galego#federico garcía lorca
149 notes
·
View notes
Text
Ignacio de Ries: A Árbore da Vida, 1653
31 notes
·
View notes
Photo
In the Ría de Vigo estuary in northwestern Spain, the archaeologist cooperative Árbore Arqueoloxía unearthed a six-inch stone penis they think was used to sharpen weapons.
[x]
25 notes
·
View notes
Text
Marchou co vento
youtube
O vento, a partir da chegada do cinema sonoro, converteuse un dos grandes inimigos da produción cinematográfica. Complícao todo, máis que nada a recollida de son directo, pois débese protexer con delicadeza a microfonía para evitar que a forza do aire a golpee xerando un ruído feo, case imposible de eliminar en posprodución, e que soa sempre por riba dos diálogos e dos efectos de son directo. A nivel de imaxe, o vento pode impedir aos intérpretes actuar con naturalidade e incluso pode chegar a danar os equipos e as lentes.
Porén, o vento trátase un dos recursos de narrativa visual máis fermosos e efectivos na arte cinematográfica. Merece a pena, entón? Merece!
O vento ten a particularidade de tratarse dun fenómeno natural non visible. Na vida real sabemos que venta a través do tacto; notamos como bate en nós, como nos despraza, porque é unha forza viva. Iso, de momento, non podemos trasladalo á pantalla. Non podemos facer que os espectadores noten a través da súa pel o efecto.
Na animación non é inusual representar o vento de maneira visual, como un fluír de cores ou liñas. Porén, ao igual que outros recursos non visibles, é posible representar doutra maneira o vento mantendo a súa calidade invisible, tanto en animación como en acción real, a través dos efectos que provoca, é dicir, empregando a metonímia. Sabemos que existe o vento porque percibimos como move as cousas, como empurra aos actores, abanea as pólas das árbores, despraza os obxectos que non están firmemente ancorados no chan, enche de po o ambiente, enreda os cabelos...
Non hai nada máis poético, de feito, que o movemento lene que provoca a brisa sobre a tea, sobre o cabelo, sobre a vexetación. Aporta un lirismo precioso, que pode estar tamén cargado de significado, como a escena da voda de Angharad en How green was my valley (John Ford, 1941), no que o veo da protagonista se move con liberdade a pesar de que o noivo tenta dominalo, como metáfora do espírito indomable da muller.
Doutra banda, cando o vento é forte, altera todos os elementos do plano, nunha grande axitación que afecta a todo o que vemos na pantalla. O plano vólvese ruidoso, intenso. Pode chegar a converterse nun furacán, nun trebón, que en si mesmo constitúe un recurso narrativo excelente para meter en -ou sacar de- problemas aos protagonistas. Mais non é necesario chegar a tal punto para que o vento constitúa unha ferramenta importante para a tensión dramática dunha escena.
Todos estes usos do arquetipo que nos ocupa esta semana teñen unha motivación. O vento funciona moi ben en cámara, a pesar das limitacións que comporta, porque é capaz de xerar significado e aportar valor narrativo ao tempo que transforma o plano de maneira visual, dándolle vida a través do movemento. Cada refacho xera movemento, un movemento ademais moi direccional, que crea liñas cinéticas dun lado a outro da pantalla a maior ou menor velocidade, e polo tanto aportando ao ritmo interno do plano -en contraposición ao ritmo externo, que se acada na montaxe-.
O vento, ao igual que outros arquetipos relacionados co clima, tamén pode funcionar como metáfora do estado anímico das personaxes. E funciona, ao igual que moitos dos recursos climáticos que xa tratamos nesta bitácora, cara ambos os dous sentidos, positivo e negativo.
No senso negativo é evidente. O vento é a axitación, o deixarse levar -ou caer- cara a perdición, o obstáculo insuperable ou a memoria do que perdemos. Unha personaxe pode sentir no vento a presenza dun espírito, ou notar o aire que ven da terra que deixou atrás, materializando a morriña e a saudade. Pero tamén pode predicir a chegada dun personaxe perigoso ou negativo, representando o medo ou a ameaza.
Porén, o vento é tamén forza motriz, fai avanzar, empurra ás personaxes cara o seu destino, cara a vitoria. Pois é a corrente de aire a que permite o desprazamento das velas dos barcos, que dependen de que a dirección do vento lles sexa favorable. “Ter o vento en contra” ou telo “a favor” é aínda hoxe unha expresión usada en calquera situación, na realidade, polo que comprendemos tamén o seu uso metafórico trasladado á pantalla. Da mesma maneira, un cambio de dirección súbito do vento adoita significar un cambio de dirección na trama, tanto positivo como negativo, do que as personaxes adoitan ser conscientes.
Trátase dun dos motivos visuais máis cinematográficos, xa que apela -como vimos dicindo ao longo do artigo- ao principio básico que define á sétima arte e a diferencia das demais: a representación do movemento. Despois de todo, son as moving pictures, as imaxes en movemento, as que engaiolaron ao público por primeira vez un 28 de decembro de 1895 no Salon indien du Grand Café de París.
Até o vindeiro episodio!
8 notes
·
View notes
Photo
This rare piece of ancient craftsmanship was accidentally discovered by archaeologists investigating a site listed for construction in Rollsbo, Sweden and archaeologist Gisela Ängeby, speaking to the Göteborgs-Posten, said the carved penis was initially thought to be a paving stone. It was only after the rocks were excavated the researchers saw something that “deviated from everything else” - a 2 foot (52 centimeter) long stone shaped like a penis.
The artifact was found amidst the debris near Torre de Meira, a 14th-15th century tower that fell victim to peasant uprisings against the nobility, resulting in its destruction in 1476 during the Irmandiño War in Spain. This conflict emerged as a result of the peasants and citizens rebelling against the oppressive feudal system, leading to the destruction of approximately 130 castles, towers, and fortresses, reports Art News.
According to Peña from the Árbore Arqueoloxía team, sharpening stones are commonly discovered at medieval sites, and can have different forms. The archaeologists determined the function of the stone penis by observing a distinct pattern of wear on one side of the phallic whetstone.
the best part about studying the ancient world is that, every once in a while, a new discovery will bring with it an amazing article title like this
2K notes
·
View notes
Text
Xornadas Tecnolóxicas 2024 en el espectacular Mirador de San Pedro de A Coruña
Xornadas Tecnolóxicas 2024 R organiza una nueva edición de sus Xornadas Tecnolóxicas en el Mirador de San Pedro de A Coruña, en el restaurante “Árbore da Veira”. Este evento se centrará en la fascinante dualidad de las “Intelixencias”, explorando la simbiosis entre el intelecto humano y la Inteligencia Artificial. Se discutirá cómo esta fusión puede acercarnos a un futuro lleno de…
0 notes
Text
3 notes
·
View notes
Text
I love the trees in my village, and they look so lovely at this time of year with their vibrantly green leaves. I particularly love Jupiter's trees, the oaks, I get transfixed looking up from underneath them - the complex patterns of their twisty branches & leaves contrasted against the blue of the sky is absolutely mesmerising to me. Encántanme as árbores da miña aldea. Teñen un aspecto tan fermoso nesta época do ano coas súas follas tan verdísimas. Encántanme en particulár as árbores de Xúpiter, os carballos. Quédome hipnotizado mirándolles: as complicadas formas das súas pólas reviradas e as follas contrastadas co azul do ceo, é fascinante para min.
0 notes
Text
Buxus sempervirens (Pazo de Oca)
by Pablo Romay Cea
#buxus sempervirens#xardinvivo#gardening#pazo de oca#Formacións senlleiras#Catálogo de árbores senlleiras#galicia#Boj
1 note
·
View note
Text
De tempo
ela porque se só eu toda feito que el o que mesmo ela non vexo desexala como ir podo vexo De árbores faina ausencia e imaxino a présa como xa gustar só e andar cousa son estase máis non se mira xa un en sei alá é que todo aínda ausencia pensamento de fronte sinto trémoos son Comigo por ver me como ela tempo é non unha non ha de ser tanto realidade vendo visible calquera eu ela todo compañía ou espello pero sei Amor que abandona o tempo son árbores só e xa con realidade feitos que pensamento imaxino desexarche como Aínda se é vendo ir sinto vexo de como ver ausencia porque si está todo camiño e ela
© Manoel T, 2023
140 notes
·
View notes