#tiña(tina)
Explore tagged Tumblr posts
andreamedina29 · 29 days ago
Text
Tumblr media
*¿Qué es la tiña?*
La tiña, también conocida como tinea, es una infección fúngica que afecta la piel, uñas y cabello. Es causada por hongos del género Trichophyton, Microsporum y Epidermophyton.
*Causas principales*
1. Contacto directo con personas infectadas.
2. Uso compartido de objetos personales.
3. Contacto con animales infectados.
4. Ambientes húmedos y cálidos.
5. Falta de higiene.
6. Sistema inmunológico debilitado.
7. Genética.
*Síntomas*
1. Piel roja, inflamada y con picazón.
2. Manchas circulares o ovales.
3. Descamación y costras.
4. Pérdida de cabello o uñas quebradizas.
5. Dolor o ardor.
*Tipos de tiña*
1. Tiña del cuero cabelludo (Tinea capitis).
2. Tiña del cuerpo (Tinea corporis).
3. Tiña de las uñas (Tinea unguium).
4. Tiña de los pies (Tinea pedis).
5. Tiña de la ingle (Tinea cruris).
*Tratamiento*
*Tratamientos tópicos*
1. Antifúngicos (cremas, ungüentos).
2. Shampoos antifúngicos.
3. Lociones.
*Tratamientos orales*
1. Antifúngicos (tabletas).
2. Medicamentos para reducir la picazón.
*Remedios caseros*
1. Vinagre.
2. Aceite de árbol de té.
3. Ajo.
4. Té de árbol.
*Prevención*
1. Mantener buena higiene.
2. Evitar contacto con personas infectadas.
3. Usar calzado adecuado.
4. Secar bien la piel.
5. Usar ropa suelta.
*Consejos para el cuidado*
1. Consultar un dermatólogo.
2. Realizar exámenes médicos regulares.
3. Informar a familiares y amigos.
4. Mantener un registro de tratamientos.
*Mitos y realidades*
1. La tiña no es contagiosa a través del aire.
2. No es causada por bacterias.
3. Puede afectar a cualquier persona.
0 notes
mundomascotil · 1 year ago
Text
Remedios caseros para la tiña en gatos
https://mundomascotil.com/remedios-caseros-para-la-tina-en-gatos/
Remedios caseros para la tiña en gatos
Tumblr media
La tiña es una infección fúngica común en los gatos que puede causar picazón, enrojecimiento y pérdida de cabello en las áreas afectadas. Aunque es importante llevar a tu gato al veterinario para un diagnóstico y tratamiento adecuados, también existen algunos remedios caseros que pueden ayudar a aliviar los síntomas y acelerar la recuperación. En […] https://mundomascotil.com/remedios-caseros-para-la-tina-en-gatos/
0 notes
pedagogiafamiliarusc · 2 years ago
Text
Laura Dapía Damil
De Medeiros cara o mundo: a historia dunha migrante retornada 
Un 12 de outubro de 1963, naceu María Isabel Damil Domínguez, miña tía, a cal de aquí en adiante chamaremos Isa. Curioso, canto menos, que nacera o día da Hispanidade a persoa máis galeguista que coñecín na miña vida, pero iso é un tema aparte! 
Isa naceu en Medeiros, un pequeno pobo do concello de Monterrei, ao sur da provincia de Ourense, limitando co norte de Portugal (si, ao lado de Verín... Isabel sempre foi moi entroideira, pero tampouco ven ao caso agora!). Foi a maior de tres irmás, que naceron nos anos 1965 e 1973. Isa foi criada no seo dunha familia labrega de orixe humilde. Adicábanse a traballar no campo, coa facenda e co gando, aínda que Ramón, seu pai, tamén facía labores de albañilería en pobos darredor. Pouco despois, terían unha pequena tenda, feito o cal facía que tanto ela coma as súas irmás se sentiran moi privilexiadas, tendo en conta o contexto daquel momento. Na tenda contaban cunha televisión, a cal fóra nada máis nin nada menos que a segunda en chegar a Medeiros, xa que a primeira estaba na casa do cura. 
Imaxe 1.  Isa cos seus pais, Ramón e Milagros, e as súas irmás pequenas 
Tumblr media
Isa vivíu os primeiros anos da súa vida cos seus pais e ca súa irmá Marisol nunha casa pequena que contaba con dúas habitacións, unha para os pais e outra para elas e cunha cociña de ferro cun comedor. As casas do rural daqueles tempos non tiñan baños, e para poder asearse facían uso dunha tina ao lado da cociña de ferro para poder quentar a auga. Cando Isa tiña nove anos, e coincidindo co nacemento de Aurora, a pequena das irmás, mudáronse a unha casa un pouco máis grande. Esta casa tiña unha corte para os animais na parte de abaixo e no faiado, aproveitando as dotes de albañilería de Ramón, había unha pileta para lavarse que puxera el mesmo. 
As características inherentes da sociedade do momento, na última etapa da ditadura franquista, marcarían a infancia de Isa. Ela sempre se considerou moi afortunada, xa non só pola tenda na que traballaba cos seus pais e irmás, senón polas oportunidades que lle brindou ter familia na migración. As tías de Isa, as cales marcharon polo mundo adiante (a Bilbao, Alemaña, e ate a México) en busca dun futuro mellor, cando voltaban a casa traían toda a roupa que xa non lles servía, así coma algún pequeno agasallo. 
Imaxe 2. Isa cas súas irmás, na comunión de Marisol 
Tumblr media
Educada no rural, Isa desde os cinco anos pasou por distintas escolas. A primeira á que foi estaba ubicada nunha casa en fronte de onde vivía a súa tía Herminda, á cal acudían todas as crianzas de Medeiros, sen distinción por idade ou por xénero. Daquela, no pobo só había unha mestra, Doña Joaquina. Isa ía todos os días á escola xunto cos outros/as nenos/as, da man de Aurora a costureira, que era un pouco máis maior que ela. 
Anos máis tarde, construíuse a primeira escola en Medeiros. Era un edificio de dúas plantas, na planta de abaixo estaban as clases para os/as nenos/as e na parte de arriba vivían os mestres. Foi neste momento, coa chegada de dous profesores máis, cando dividiron á cativada en tres clases, diferenciadas por rangos de idade. Ao tratarse dunha escola unitaria, nunca segregaron as aulas por xénero.  
Aínda que na década dos sesenta o país xa se atopase nunha situación de maior apertura, as características da ditadura tiveron un gran impacto na educación dos/as nenos/as do momento. As aulas daquel momento estaban repletas de simboloxía relixiosa e fascista, como por exemplo, varios crucifixos ou a imaxe de Franco.  
Os/as mestres/as no rural naquela época tiñan unha autoridade ben recoñecida por todos/as. Era ben sabido por todo o pobo o que dicía a nai Celsa, avoa de Isa, “a casa na que entra o mestre, o cura ou o médico é unha boa casa”. Doña Joaquina era unha mestra recta e as máximas da disciplina e da orde dirixían a súa metodoloxía na aula. Todos os días, os/as cativos/as tiñan que rezarlle ao Cristo colgado na parede, ademais de saudar á fotografía de Franco, ao entrar e ao saír.  
Isa, moitas veces, estaba cansa e non tiña ganas de dicir toda a oración. Doña Joaquina batíalle na boca e dicía “tomadle la lección a esa burra”. Non era moi grande o cariño que lle tiña a señora mestra á nosa Isa. Este aprecio cambiaba radicalmente unha vez terminada o día de escola, xa que ao saír, moitas veces Doña Joaquina pasáballe o brazo por encima a Isa e dicíalle, “María Isabelcita ven, vamos a casa”, posto que ao pasar ao lado da tenda, Milagros adoitaba regalarlle un anaco de polo ou unha pescadilla. E como non, sempre falando en castelán, xa que o galego estaba relegado ao camiño, ao xogo e á casa; de portas para dentro, tanto Isa coma os demais rapaces/as tiñan prohibido falalo. 
Unha vez rematada a EGB, foi a Cualedro, un pobo veciño máis grande e que si que contaba cun grupo escolar, para realizar un exame co fin de obter o graduado escolar. Cando cumpriu os 15 anos, comezou un ciclo de rama agraria en Verín, nunha escola de Formación Profesional. 
Imaxe 3. Isa e os seus compañeiros/as, nunha aula da primeira escola unitaria de Medeiros 
Tumblr media
A vida de Isa pegou un xiro totalmente inesperado. Tan só aos dezaséis anos quedou embarazada, feito que impediu que completase o ciclo comezado o ano anterior e que a obrigou a contraer matrimonio co seu mozo daquel momento, o que sería o pai da súa filla, Emilio. Naquel entonces, non se contemplaba outra solución para ela que non fora casar, polo mal visto que estaba ter un fillo/a fóra da unión matrimonial, e o aborto era unha cuestión totalmente impensable para a sociedade daquel momento. Embarazada, sen uns estudos rematados, cun futuro incerto e debido á situación económica da súa contorna máis próxima, seguiu o camiño marcado por outras tantas persoas de Medeiros; o camiño da emigración.  Nun primeiro momento, marchou a Bilbao, cidade na que deu a luz, e con dezasete anos recén cumpridos deixou a Begoña cos seus pais e marchou a Suiza, co fin de ganar máis diñeiro para levar a casa e asegurarlle unha boa vida á súa filla.  
Imaxe 4.  Isa ca súa filla Begoña, duns meses de idade 
Tumblr media
Isa non era máis que unha nena cando tivo que separarse dela. Durante os primeiros nove anos de vida de Begoña, só podía vela durante un período de tres meses, xa que tiña a obriga de estar oito meses seguidos traballando en Suiza, país ao cal chegou sen saber ningún dos catro idiomas que alí se falaban (italiano, romancho, francés e alemán) e que tivo que aprender desde cero.  
Non foi nada fácil para a nosa protagonista vivir a maternidade na distancia, perdéndose as primeiras andainas de Begoña, a súa primeira palabra e vendo como, pouco a pouco, ía descubrindo e coñecendo o mundo e todo o que o rodeaba, pero sen ela. Unha carta cada mes, unha postal de cando en vez e algunha foto, se é que tiñan a sorte de contactar con alguén que dispoñese dunha cámara, era o único contacto que mantiña coa súa pequena. Era moi difícil manter o recordo vivo coa súa filla... Tanto que un dos primeiros veráns que voltou a casa, Begoña nin a recoñecía, suceso que marcaría a Isa para sempre. Por se non fóra pouco, a todo isto temos que sumarlle a ausencia do pai de Begoña, quen nunca se implicou na súa crianza. 
A finais da década dos 80, despois de todo o vivido nun país moito máis adiantado que a España daquel momento, Isa volveu a Galicia sentíndose inmigrante do lugar que a viu crecer, pero cunha morea de esperanza, ilusións e co soño de facer da súa terra un paraíso. Xa asentada, exerceu como Vicepresidenta da APA, co obxectivo de conseguir melloras para o grupo escolar, construído durante os seus anos na emigración.  Grazas a ela, a cativada de Medeiros tivo a oportunidade de gozar de actividades extraescolares, como baile galego, gaita e kárate. 
Durante este tempo, entregouse en corpo e alma para defender a todas as persoas galegas que tiveron que marchar, desde o seu papel de emigrante retornada. Anos despois, Isa convertiuse na primeira muller do concello de Monterrei en encabezar as listas das eleccións municipais, presentándose polo Bloque Nacionalista Galego. Aínda que non resultara alcaldesa, isto non foi suficiente para poder parala; sendo membro da Plataforma Sanitaria, encheuse de loitar para conseguir a construción do actual Hospital de Verín, así coma tamén formou parte da Plataforma en Defensa do Ensino Público.  
Imaxe 5. Carné do Bloque Nacionalista Galego de Isa  
Tumblr media
A vida de Isa xa parecía tranquila e asentada, pero non durou moito tempo. Despois de tantos anos nos que tivo que cargar coa responsabilidade total da crianza e da educación da súa filla desde a emigración, cun pai totalmente ausente e nunca relación sen amor, armouse de valor e tomou cartas no asunto. Nun contexto onde a palabra “divorcio” non era sonada máis que sobre o papel, Isa decidiu separarse de Emilio. Aínda que Begoña xa fóra maior e non supuxera un evento traumático para ela, xa que para ela o seu pai sempre foi o seu avó Ramón, Isa tivo que cargar co feito de ser a primeira muller divorciada do pobo, con todo o peso social que iso conleva. As críticas, os prexuízos, as miradas de mágoa ou desprezo... Xa sabemos como poden ser as malas linguas das aldeas. Por sorte, Isa sempre co contou co cariño e o apoio dunha familia que a coida e que a respalda, polo que levantou a cabeza ben alto e seguiu para adiante, como levaba facendo o resto dos seus anos de vida. 
Figura 6. Isa ca súa filla Begoña e cos seus sobriños/as Edu, Leti, Dani e Laura, no bautizo desta última 
Tumblr media
Os nove anos que pasou Isa no estranxeiro servíronlle para saber que non quería volver a alonxarse do seu fogar. Desde entón, traballou no sector da hostelería e pasou trece anos na pastelería Primavera, en Verín, e outros sete no restaurante Paella, sen deixar de militar e de reivindicar as súas demandas.  
Fai uns cuantos anos, Isa tivo que deixar de traballar para axudar á súa nai a ocuparse das labores propias do campo e do fogar, así como a atender a Ramón, seu pai, quen faleceu a causa dunha dura enfermidade no ano 2019. A día de hoxe, Isa non regresou ao mundo laboral, xa que agora é súa nai, Milagros, quen precisa deses coidados. 
Imaxe 7. Isa, actualmente, con Polarys 
Tumblr media
Nada me parece máis bonito que o feito de poder darlle voz a unha das persoas que me ensinou a loitar para que nunca silenciasen a miña. Se algo distingue á miña tía Isabel é a resiliencia coa que enfrontou todas os acontecementos que conformaron a súa vida desde cativa, marchando cara un país estranxeiro e descoñecido, facendo fronte a unha maternidade temperá, pasando polo retorno a un lugar que xa non sentía como seu e ás consecuencias sociais que implicaban a separación matrimonial no pasado.    
Nos ollos da miña tía vexo a forza do meu avó Ramón, ao que tanto votamos de menos. Ela ensinoume a non darme por vencida, a poñer a outra meixela e a dalo todo polas persoas ás que queres, sen esquecer de onde procedes. Isabel transmite o máis grande sentimento de pertenza e amor pola terra que endexamáis puiden contemplar; poucas persoas fixeron tanto por Medeiros como ela. É imposible amosar a admiración que sinto, por todo o que me ensinou e por todos os valores que representa.  
Vivo coa sorte de contar cun forte legado familiar feminino, desde a miña avoa ata as dúas máis pequeniñas da casa, que non terán problema en abrirse camiño. Non hai un amor parecido ao que eu vivín con elas. Sinto o calor do fogar en cada recuncho no que me deron a man; no sofá da casa do campo, diante da cheminea da casa da tía Isabel, paseando pola aira, correndo polas escaleiras do casa do portelo ou en calquer sitio onde esté miña nai ao meu carón.  
Non podo concluir doutra forma que non sexa afirmando que todo o que son e todo o que chegarei a ser é grazas as mulleres que me ensinaron a selo. 
Imaxe 8. De esquerda á dereita: Milagros, Isa, Marisol e Aurora 
Tumblr media
0 notes
bandsonfilm · 5 years ago
Photo
Tumblr media Tumblr media
Tiña // The Shacklewell Arms // 18.01.2020
3 notes · View notes
thebittersweetdistractor · 6 years ago
Audio
TIÑA - I Feel Fine
‘I Feel Fine’ is the new single from London’s Tiña, new on Speedy Wunderground. The track, produced by the label’s Dan Carey and featuring Goat Girl vocalist Lottie Pendlebury, is a dreamy, psych pop gem that recalls some early 90′s brit pop vibe. Listen above.
'I Feel Fine’ is out now digitally and on limited edition 7″ single.
3 notes · View notes
Audio
Track of the day // Tiña - I Feel Fine
3 notes · View notes
castoffcrown · 6 years ago
Audio
vaginas in my miiiiiind
1 note · View note
massfuentes · 5 years ago
Photo
Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media
A última estrea da Aula de Teatro da USC propón unha reflexión sobre o medo e como este pode condicionar a vida. Este é o fío de ‘A muller que tiña medo e marchou vivir ao Carrefour’
A peza, a partir de textos e dirección de Roberto Salgueiro, ten unha duración de 47 minutos e é apta para todos os públicos. O reparto intégrano, por orde de intervención, Lara Pouso, Xiana Fole, Antía González e Inma Fernández. Completan o elenco Gerardo Fuentes (cartel e programa) e Javier López Jorge (piano).
Como se recolle no programa desta obra “se algo caracteriza o medo é a súa capacidade mimetismo. Coma os insectos que se confunden entre as follas das árbores ou os roedores que, inmóbiles, pasan desapercibidos entre a herba dos prados, o medo coñece perfectamente o medio onde se desenvolve e pon en marcha as estratexias necesarias para non ser recoñecido”. 
https://auladeteatrodausc.com/2019/06/17/xoves-20-e-venres-21-de-xuno-a-muller-que-tina-medo-e-marchou-vivir-ao-carrefour-na-sala-roberto-vidal-bolano/
Diseño gráfico: Gerardo Fuentes    
2 notes · View notes
notigatos · 6 years ago
Photo
Tumblr media
Tiña felina: síntomas y tratamiento
Cuando nos referimos a la tiña felina estamos hablando de la dermatofitosis, este es el nombre científico de la enfermedad…
Sigue leyendo en https://www.notigatos.es/tina-felina/
3 notes · View notes
josemanuelerre · 7 years ago
Video
youtube
(vía https://www.youtube.com/watch?v=USEwk_55PFQ)
Artista: http://incompetech.com/
¿Tu gato tiene caspa? Remedios para solucionar la caspa en gatos.
La caspa es algo que nos afecta e incomoda a muchas personas, pero no es algo que sea exclusivo de los humanos. Nuestros gatos también pueden sufrir este problema.
La caspa puede estar motivada por muchos motivos, desde sequedad en la piel a una posible obesidad o enfermedad del gato, pasando por ácaros y dermatitis que pueden estar motivadas por múltiples factores.
En este vídeo te ayudamos a identificar la caspa en tu gato y te damos algunos remedios que puedes llegar a cabo para solucionarla.
Aunque recuerda, este vídeo pretende ser informativo y ayudarte a localizar el problema. Si la caspa persiste en tu gato, debes acudir a tu veterinario para que lo examine en detalle y te dé un diagnóstico con su correspondiente tratamiento.
Por favor, recuerda suscribirte al canal si aún no lo has hecho.
Artículo relacionado: “Tiña y los felinos. Su piel tiene la clave”.
https://www.mascotasyfamiliasfelices.com/tina-y-los-felinos-su-piel-tiene-la-clave/
Vídeo relacionado: “Obesidad en gatos. ¿Cómo está consiguiendo adelgazar Totoro?”.
https://youtu.be/rjzFcvBYLOg
Te animamos a que te unas a nuestro recién estrenado grupo de Facebook. Allí podrás compartir con nosotros tus dudas y preguntas sobre perros y gatos:
https://www.facebook.com/groups/102028243948175/
Síguenos en  
Facebook https://www.facebook.com/MascotasyFamiliasFelices/
Twitter: https://twitter.com/manualvet
Google +: http://ow.ly/qTbC30eHw2A
Música utilizada:
- "Music For Podcasts 04" de Lee Rosevere.
- “Bonos” de Coyote Hearing.
- “We Wish You A Merry Xmas” de Audionautix
Artista: http://audionautix.com/
- Ashton Manor - Stings de Kevin MacLeon.
Fuente: http://incompetech.com/music/royalty-free/index.html?isrc=USUAN1300043
Artista: http://incompetech.com/
Canciones sujetas a una licencia de Creative Commons Attribution (https://creativecommons.org/licenses/by/4.0/)
Fuente: http://incompetech.com/music/royalty-free/index.html?isrc=USUAN1100256
1 note · View note
musikblog · 4 years ago
Photo
Tumblr media
Tiña - Positive Mental Health Music „Positive Mental Health Music“ betiteln Tiña ihr aktuelles Album. Ein Albumname, der Konkretes von der Band aus London erwarten lässt – und auch das Meiste davon einhält. Tiña sorgen für Slacker-Selbsthilfe vom Feinsten, die mit zitierfähigen Lyrics und melancholischen Folk-Charme aufwartet. Los geht es mit „Buddha“. „Everyone I know is doing better than me“, singt […] #Tiña https://www.musikblog.de/2020/11/tina-positive-mental-health-music/
0 notes
mundomascotil · 1 year ago
Text
Cómo cuidar la tiña en perros con remedios caseros
https://mundomascotil.com/como-cuidar-la-tina-en-perros-con-remedios-caseros/
Cómo cuidar la tiña en perros con remedios caseros
Tumblr media
La tiña es una infección cutánea común en los perros que puede causar molestias tanto para las mascotas como para sus dueños. Si te enfrentas a este problema, es posible que te preguntes si existen opciones de tratamiento casero para aliviar la tiña en tu perro. En este artículo, te proporcionaremos una guía completa sobre […] https://mundomascotil.com/como-cuidar-la-tina-en-perros-con-remedios-caseros/
0 notes
pedagogiafamiliarusc · 2 years ago
Text
Serxio Estévez Souto
Unha historia de vida contada por Mercedes Souto Rodríguez, a chispa.
Escrita por Serxio Estévez Souto, o seu fillo.
Este relato xira arredor da vida de Mercedes –Merche para os coñecidos–; nai miña e de meu irmán Xoán. As seguintes liñas son unha oportunidade para agradecerlle, ante ollos alleos e case descoñecidos, todo o que fixo por nós e pola xente do seu arredor.
Meu nome é Mercedes Souto Rodríguez (mellor se me chaman Merche), pertenzo á familia dos chispa (porque prendemos moi rápido). Nacín un 5 de abril do ano 1970, fai agora pouco máis de 53 anos, en Fornelos da Ribeira, parroquia do Concello de Salvaterra de Miño. Por cousas da época no meu DNI aparece que son do 7 de abril, pero sempre me dixeron que nacín o 5. Seica era algo habitual o de rexistrar aos fillos nun día no que non naceran.
A casa na que miña nai me trouxo á vida, e na que vivín ata os 8 anos, era pequena. En dúas habitacións durmíamos oito persoas: meu pai, José; miña nai,  Rosa; e meus 6 irmáns. Por ter non tiñamos nin baño. Meu pai fixo no seu momento unha especie de váter, co que recollíamos todo o que alí se facía para despois usalo como abono nas leiras.
E como vos lavabades? Cunha tina. No verán estaba guai, porque a auga que empregabamos estaba quente, había que aproveitar.
Cando tiña 8 ou 9 anos fomos vivir á unha nova casa que miña avoa lle deixara á miña nai en herdanza. Era moi grande en comparación á anterior. De feito, tiñamos unha cama para cada dúas persoas, iso era espectacular. Debaixo dese teito pasei o resto da miña xuventude.
Tumblr media
Figura 1. Meus pais e irmáns. Eu, á dereita.
Comecei a escola aos 6 anos, no mesmo colexio ao que foron meus fillos, o CEIP Infante Felipe de Borbón, situado na vila de Salvaterra. Os profesores non eran como os de agora. Daban leña e eran moi serios todos. Menos Doña Sara, a de naturales, a miña materia favorita. Todos queríamola ben por como nos falaba e por como se preocupaba por nós, polo que facíamos fora do colexio. De cando en vez levabámoslle flores. Houbo un curso no que tivemos unha compañeira que parecía ter algunha discapacidade ou algo así e todos os profesores a mandaban para atrás, para que non molestara (falaba moito ela; era moi cariñosa). Doña Sara facía todo o contrario, implicábaa nas tarefas que houbera que facer cada día. Facíaa partícipe e non renegaba dela.
Que era o que máis che gustaba das clases de Doña Sara? Que nos sacaba fora. Aprendiamos vendo e tocando. Ía máis aló dos libros.
Aínda agora crúzome con ela e saúdame.
Eu era mala estudanta. Non me gustaba nada o que nos mandaban aprender e tiven que repetir varios cursos. Non me acordo de cantos, pero varios. Os meses de verán miña nai mandábame a clases particulares e alí, por ser zurda, recordo que aos 7 ou 8 anos atábanme a man esquerda á cadeira, obrigándome a escribir coa dereita. Eu choraba porque non era capaz. Ao final cansáronse e quedei así.
Entre pitos e frautas, cando non estaba na escola, o que me gustaba era ir ó torreiro e xogar alí coas miñas amigas e amigos. Era o punto de encontro. Cada domingo, aproveitando que nos víamos na misa, quedabamos a tal hora nas Fraguiñas e xogábamos á pita, ao escondite inglés, ao elástico, á corda... Había días que se nos facía tarde e mamá chamábanos dende o balcón da casa.
Tumblr media
Figura 2. O torreiro de festas As Fraguiñas.
Cando non xogaba nin estaba na escola, ía ao xornal para xente da parroquia e a axudarlle á miña avoa, Pura la molinera. Ela sempre nos daba algo, por pouco que fora. Tiña un muíño, ao que a xente da zona ía moer o gran. Tempo atrás a familia saíu adiante grazas a iso.
Ademais, xunto a meus irmáns íamos roubar cereixas por aí; participaba no coro da igrexa; e gustábame ler as novelas románticas que vendían no quiosco ao lado da escola. No meu grupo de amigas era o cotilleo, falabamos das personaxes e das historias. Compartiámolas entre nós. Á miña nai non lle gustaban nada, ao mirarmas sempre as tiraba. Nunca tiven tempo para aburrirme, a verdade. Incluso, aproveitando que meu pai era condutor de autobús, puidemos facer algunha viaxe á Illa da Toxa ou a Carnota sen pagar nada.
Tumblr media
Figura 2. De dereita a esquerda: avoa materna, avoa paterna, avó paterno, miña nai e meu pai. O neno é meu irmán Alfredo.
En sétimo de EXB deixei os estudos, aproveitando que miña nai enfermara e que as fillas tiñamos que facer por ela as labores da casa (discutíamos bastante por iso, sempre eramos as mulleres as que traballábamos no fogar, os homes nunca). A min dábame igual con tal de traballar. Todo, menos estudar, aínda que ao final saqueime o certificado da educación básica pola Radio ECCA. Por ese tempo foi cando tiven o accidente.
Tumblr media
Figura 3. Con 16 anos.
Eran as festas en Fornelos, no 85 ou 86, se mal non lembro. Estabamos na recta, vindo de Salvaterra cara Ponteareas, onde estaba a carnizaría antes. Había alí 13 persoas. Manolo o Baralloco, José, Margarita e eu estabamos na carreteira, xa que había pouca acera, e os demais estaban cara dentro. A partir de aquí non me lembro moi ben. Polo que me contaron un coche levounos por diante aos catro. Espertei xa no hospital, na mesma habitación que Manolo e que José. Preguntei por Margarita pero dicíanme que falecera momentos despois de ingresar.
Tumblr media
Figura 4. Ingresada. Meu irmán Alfredo dándome de beber.
Estiven no hospital 2 meses. Nese tempo sempre estiven acompañada por alguén. Todos os días. O único bico que recordo de meu pai foi nada mais espertar da anestesia. De miña nai non me lembro nese momento.
Cando ingresei lémbrome de que as árbores estaban sen folla. Cando saín estaban cheas delas. Estaba todo moi verde.
Despois dun tempo, cambiáronnos de hospital e fomos para o San Francisco. Alí foi onde coñecín a Juan, o meu primeiro amor e o meu marido ata hoxe. A el ingresárano despois de ter un accidente co tractor, e na súa habitación foi onde estaba Manolo O Baralloco. A partires de aí comezamos a intercambiar algunha conversa. As persoas que ían visitalo a el ían tamén a verme a min e viceversa. Pero a cousa quedou aí.
Algúns meses despois de saír do hospital, aos 17 anos (cumprinos durante o ingreso), comecei a traballar nunha empresa de madeiras, por consello dunha de aquí de Fornelos. Nesa fábrica botei dende o 1987 ata o 1999, cando tiven ao meu primeiro fillo, Xoán. Dese ano cara adiante xa falarei máis tarde, volvamos ao salseo.
Meses despois, de saír do hospital cadramos por Fornelos e falamos para ir ás festas de Pesqueiras, unha parroquia bastante achegada aquí. Dende ese día de festa comezamos a vernos ás agochadas a miúdo (aínda que estou case segura de que meus pais algo cheiraban). Aproveitando que miña nai non estaba eu levábao á casa e facíamos cositas.
Tumblr media
Figura 5. Juan á esquerda i eu á dereita, de mozos, na voda duns amigos.
Isto seguiu así ata que no 1992 (eu con 22 e el con 24 anos), despois de pasar máis tempo por aí fora que na casa, decidimos casar e, polo tanto, ir vivir xuntos. O día antes recordo que me emborrachei e non quería facelo. En fin, a clásica.
Xusto despois de casar, comezamos a construír a nosa casa. Como de momento no tiñamos onde meternos estivemos de aluguer nun piso en Ponteareas, un pobo a 5 minutos de Fornelos. Durante varios anos estivemos traballando no eido, herdanza de miña avoa, para poder vivir nel o antes posible e deixar o piso (nin eu nin el eramos de piso, sempre preferimos a liberdade dunha casa). Unha vez tivemos a primeira planta rematada fomos vivir para aí. Meus pais sobre a voda nunca me apoiaron nin tampouco se puxeron na contra. O vello sempre me dicía: o que ben fai a cama ben se deita nela, e éche ben certo.
Tumblr media
Figura 6. Juan i eu no día da voda.
No 1999, ao ter a Xoán, deixei de traballar na fábrica de madeira para poder coidar del. Dende ese ano ata que Serxio, o meu segundo fillo, nado no 2000, comezou a Educación Primaria, estiven na casa. Mentres, Juan mantivo o seu posto de traballo na empresa de cementos na que xa levaba un tempo.
Tumblr media
Figura 7. Dándolle o peito a Serxio, horas despois de nacer.
Polo tanto, vímonos con 2 fillos e un soldo que malamente pasaba dos mil euros ao mes. Como dicía, cando Serxio comezou Primaria, volvín a traballar. Unha cuñada precisaba a alguén para limparlle a casa algunhas horas á semana, polo que estiven alí durante uns anos. Posteriormente, deixei ese traballo e comecei novamente na fábrica. Esta vez con horario nocturno (de 22:00 a 6:00), para non deixar aos fillos solos durante o día. Estiven así varios anos, ata o 2014. Chegaba ás 6 da mañá, durmía ata as 7:30 (se durmía), espertaba aos rapaces para coller o autobús do colexio, volvía durmir e facía a comida. Pola tarde, algúns días tiñan piscina e outros tiñan adestramento de fútbol; e os fins de semana partido. Sempre para adiante e para atrás.
Pero entón cando durmías? Moitos días quedei sen durmir.
Tumblr media
Figura 7. Meus fillos. Serxio, no remolque; e Xoán, conducindo.
Despois de estar nesa empresa, probei a botar currículum a outra de pizzas en Salvaterra. Nesa estiven de xeito intermitente: traballaba 20 días, mandábanme 1 semana para casa; traballaba 30 días e outra semana para casa. En total quizais estiven 4 anos aí. Finalmente, volvín de novo á empresa de madeira xa para quedarme de maneira definitiva ata hoxe, en horario de mañá e de tarde, alternado por semanas.
De xeito paralelo a estes traballos, sempre busquei outras cousas por aí. Coidei a unha señora de Pesqueiras durante algúns anos varios días á semana. Tamén traballei nas leiras e coidei das galiñas, porcos e vacas da casa (sígoo facendo); e na actualidade estou indo algúns días á semana á casa dunha vella, que me trata coma unha filla. Por último (de verdade que sí), as fins de semana estou traballando de cociñeira nunha bodega, algo que me gusta facer porque o paso ben, vexo caras e falo coa xente.
Queda un pouco estraño rematar esta historia de vida falando de traballo, pero é o que coñezo e é o que sempre fixen: traballar. Tamén é certo que entre unha cousa e a outra imos por aí e desfrutamos da vida (ultimamente máis que antes, nunca é tarde).
Tumblr media
Figura 8. A miña familia (e Porky).
Algo que sempre lle digo ao meu fillo Serxio é que aproveite, que o bo remátase cedo. Que estude. Que os cartos son moi bonitos, pero que estude e que o siga facendo.
Hola. Si, son Serxio. Non cabe dúbida de que máis de 50 anos de vida non collen en tan poucas liñas. Dicir que en todos este tempo non coñecín a unha persoa con tanta capacidade de seguir adiante e de esforzo como miña nai. Aínda que a vida a fixera parecer pouco sensible -por algunhas cuestións non comentadas neste relato- tampouco coñecín nunca a ninguén con tanta vontade de facer cousas boas polos demais a pesares de que, como Chispa, perda as formas de cando en vez.
A ti, mamá, grazas por todo o sacrificio, por todo o amor incondicional, por todas as túas noites sen durmir, por todo o traballo, pola túa convicción en criarnos da mellor maneira, por querer sempre o mellor para nós, e por antepoñernos en tantas decisións. Polos valores e pola humildade que, xunto a papá, nos transmitiches. E perdoa por tan pouco. Quérote.
1 note · View note
saludverde · 4 years ago
Link
0 notes
maikfuerst · 5 years ago
Link
La tiña inguinal (o llamada tiña crural, tiña de la ingle, picazón de la entrepierna y picazón de Dhobi) suele ser una infección micótica causada por un tipo de hongo conocido como tiña (un tipo de levadura).
0 notes
tarotbudista · 4 years ago
Text
Remedios Caseros para la Tiña del cuerpo
[orbital_cluster categories=”2644″ order=”DESC” postperpage=”3″]
Remedios para la Tiña del cuerpo
Latina es una infección micótica superficial común que aparece en forma de parche circulares y escamosos en la piel del tronco, brazos, piernas, cuello o incluso en la cara.
El nombre científico de la tiña del cuerpo es tinea corporis. La tiñaes el nombre popular con el que se conoce a las…
View On WordPress
0 notes